Pontedeume - ORDENANZA FISCAL Nº 15, REGULADORA DA TAXA POLO SUBMINISTRO DE AUGA POTABLE
Artigo 1º. Fundamento e natureza.
No uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución e polo artigo 106 da Lei 7/85, de 2 de abril, reguladora das Bases do Réxime Local, e de conformidade co disposto nos artigos 15 a 19 do RD Lexislativo 2/2004 de 5 de Marzo, Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais (TRFL), este Concello establece a Taxa por subministro de auga potable, que se rexirá pola presente Ordenanza Fiscal, na que as súas normas atenden ó prevenido no artigo 58 do TRFL .
Artigo 2º.- Feito impoñible.
Constitúe o feito impoñible desta taxa a actividade municipal desenvolvida para presta-lo servicio de abastecemento de auga a domicilio, o seu mantemento e desenvolvemento e os dereitos de acometidas.
Artigo 3º.- Suxeito pasivo.
1 1.- Están obrigados ó pago da Taxa en concepto de suxeitos pasivos contribuíntes as persoas físicas ou xurídicas e as entidades, a que se refire o artigo 35 da Lei xeral tributaria, seguintes:
a) Cando se trate de dereitos de conexión á rede, o propietario, usufructuario ou titular do dominio útil da finca.
b) No caso de prestación do servicio de subministro de auga potable e o seu consumo, os ocupantes ou usuarios das fincas do término municipal beneficiarias deste servicio, calquera que sexa o seu título: propietarios, usufructuarios ou arrendatarios, mesmo en precario.
2.- En todo caso, terá a consideración de suxeito pasivo substituto do contribuínte o propietario destes inmobles, quenes poderán trasladar, no seu caso, as cotas satisfeitas sobre os respectivos beneficiarios do servicio.
Artigo 4º.- Responsabilidades.
1.- Responderán solidariamente das obrigas tributarias do suxeito pasivo as persoas físicas ou xurídicas a que se refiren os artigos 41 e 42 da Lei xeral tributaria.
2.- Serán responsables subsidiarios os administradores das sociedades e os síndicos, interventores ou liquidadores de crebras, concursos, sociedades e entidades en xeral, nos supostos e co alcance que sinala o artigo 43 da Lei Xeral Tributaria.
Artigo 5º.- Devengo
1.- Devéngase a taxa e nace a obriga de contribuír:
a) Cando se presente a solicitude de conexión á rede, se o suxeito pasivo a formulase expresamente.
b) Tratándose da prestación de novos servicios, dende que teña lugar a efectiva conexión á rede de auga municipal, é dicir, cando se inicie a efectiva prestación do servicio. A percepción por esta modalidade da taxa producirase con independencia de que se teña obtido ou non a licencia de conexión e sen prexuízo da iniciación do expediente administrativo que poida instruirse para a súa autorización.
Tratándose de servicios xa autorizados e prorrogados, o 1 de xaneiro de cada ano e o período impositivo comprenderá o ano natural, salvo nos supostos de inicio e cese na prestación do servicio, en cuio caso o período impositivo axustarase a esa circunstancia co conseguinte prorrateo da cota por trimestres naturais.
Artigo 6º.- Tarifas.
1. A cota tributaria da taxa regulada nesta ordenanza será a cantidade resultante de aplicar as tarifas seguintes, que serán incrementadas, de acordo coa lexislación vixente, co correspondente IVE:
USO DOMÉSTICO | |
Ata 36 m3/trimestre (consumo mínimo) | 0,326879 €/m3 |
De 36 a 48 m3/trimestre | 0,428324 €/m3 |
De 48 a 60 m3/trimestre | 0,462138 €/m3 |
Máis de 60 m3/trimestre | 0,518496 €/m3 |
USO INDUSTRIAL | |
Ata 60 m3/trimestre (consumo mínimo) | 0,462138 €/m3 |
Máis de 60 m3/trimestre | 0,529769 €/m3 |
3.- A cota tributaria da taxa pola realización das labores técnicas e administrativas tendentes a verifica-la existencia do dereito de acometida consistirá nunha cantidade fixa de 39,07euros.,debendo acreditarse o seu ingreso no momento de formularse a solicitude, e sendo de conta do usuario o importe do presuposto da obra a realizar.
Artigo 7º.- Exencións e bonificacións.
Non se concederá exención ou bonificación ningunha no pago da taxa.
Artigo 8º.- Normas de xestión e ingreso.
1.- No suposto de licencia de acometida, o contribuínte formulará a oportuna solicitude e ó mesmo tempo practicará a autoliquidación da taxa, adxuntando xustificante de realizaren o ingreso correspondente ás labores de comprobación da procedencia ou non da licencia.
2.- Os suxeitos pasivos substitutos do contribuínte formularán as declaracións de alta e baixa no censo de suxeitos pasivos da taxa, no prazo que media entre a data en que se produza a variación na titularidade da finca e o último día do mes natural seguinte. Estas últimas declaracións producirán efecto a partir do primeiro trimestre natural seguinte, unha vez finalizado o prazo de presentación destas declaracións de alta e baixa.
A inclusión inicial no censo farase de oficio unha vez concedida a licencia de acometida á rede.
As cotas esixibles por esta taxa serán obxecto de liquidación de ingreso por recibo, nas oficinas da Recadación municipal ou entidades colaboradoras sinaladas ó efecto e durante o prazo establecido polo Concello no seu calendario fiscal.
3.- As débedas por esta taxa esixiranse polo procedemento administrativo de conxistrimento, de conformidade co estipulado na Lei xeral tributaria e no Regulamento xeral de recadación.
Artigo 10º.- Infraccions e sancións.
En todo o relativo á cualificación de infraccións tributarias, así como das sancións que ás mesmas correspondan en cada caso, estaráse ó disposto nos artigos 77 e seguintes da Lei xeral tributaria.
DISPOSICION FINAL
Esta ordenanza fiscal, unha vez aprobada polo pleno do Concello de Pontedeume en sesión ordinaria do 30/10/2014, entrará en vigor o día da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia e comezará a aplicarse o 01/01/2015, continuando a súa vixencia ata que se acorde a súa modificación ou derrogación expresa.