Pontedeume - ORDENANZA N.º 15: ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA POR SUBMINISTRO DE AUGA POTABLE

Publicación provisional: 29/12/1999 BOP Nº: 297
Publicación definitiva: 29/12/1999 BOP Nº: 297
Aplicable dende: 01/01/2005

Artigo 6.º .-Tarifas.

1. A cota tributaria da taxa regulada nesta Ordenanza será a cantidade resultante de aplica-las tarifas seguintes, que serán incrementadas, de acordo coa lexislación vixente, co correspondente IVE:

USO DOMÉSTICO
Ata 36 m3 /trimestre 0,28 euros/m3
De 36 a 48 m3 /trimestre 0,36 euros/m3
De 48 a 60 m3 /trimestre 0,39 euros/m3
Máis de 60 m3 /trimestre 0,44 euros/m3
USO INDUSTRIAL
Ata 60 m3 /trimestre 0,39 euros/m3
Máis de 60 m3 /trimestre 0,45 euros/m3

 

2.- Teñen a consideración de Abonados industriais na prestación do servicio de subministro de auga potable os establecementos comerciais e industriais.

3.- A cota tributaria da taxa polo dereito de acometida consistirá nunha cantidade fixa de 6.500 ptas ou 39,07euros., sendo de conta do usuario o importe do presuposto da obra a realizar.

Disposición final.

A presente modificacion foi aprobada polo Pleno do Concello, en sesión ordinaria do 28 de outubro de 2004, entrará en vigor logo da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia, o día un de xaneiro de 2005, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresas.