Ordes - Ordenanza fiscal nº 22 reguladora da taxa por licenza de apertura de establecementos e pola realización de actividades de control nos supostos nos que a esixencia de licenza estivese substituída pola presentación de declaración responsable ou comunicación
Artigo 1º. Fundamento e natureza.
Artigo 2º. Feito impoñible.
Artigo 3º. Suxeito pasivo
Artigo 4º. Responsables.
Artigo 5º. Base impoñible.
Artigo 6º. Cota tributaria.
- Con carácter xeral 3,29 €/m².
- No caso de actividades agrogandeiras, dada a gran superficie necesaria para exercer a actividade, así como o seu escaso rendemento por m², a tarifa a aplicar será, en xeral, de 0,66 €/m² , aplicándose unha tarifa de 0,17 €/m² no caso de que a dita explotación sexa prioritaria, debendo neste caso presentar certificación de figurar no rexistro público correspondente.
2- Dada a maior complexidade e conseguintemente o maior custe de tramitación, incrementarase nun 50% a cota resultante no caso de actividades suxeitas ao procedemento de avaliación de incidencia ambiental ás que se refire a Lei 9/2013, do 19 de decembro, do emprendemento e da competitividade económica de Galicia.
3- A cota tributaria esixirase por unidade de local. Para os efectos de determinar a superficie computable do local aplicaranse as regras do Anexo II do Real Decreto Lexislativo 1175/1990 de 28 de setembro polo que se aproban as tarifas e a instrución do Imposto de Actividades Económicas.
4- Nos casos de variación ou ampliación de actividade a desenvolver no establecemento suxeito, da cota que resulte por aplicación dos apartados anteriores deste artigo, deducirase o devindicado por este concepto tributario con ocasión da primeira apertura e de ulteriores variacións ou ampliación da actividade, así como da ampliación do local. A cantidade a ingresar será a diferenza resultante, sen que en caso ningún esta poida ser negativa.
5- Por cambio de titularidade a cota a satisfacer será de 55,00 €.
6 - Salvo o sinalado no parágrafo precedente, en caso ningún a cota será inferior a 122,00 € nin superior a 4.500,00 €.
7- No caso de desistimento formulado polo solicitante con anterioridade á concesión da licencia ou a comprobación municipal, as cotas a liquidar será o 25% das sinaladas no número anterior, sempre que a actividade municipal se tivera iniciado efectivamente.
Artigo 7º. Exencións e bonificacións.
Artigo 8º. Devengo.
1- A taxa devindícase e nace a obriga de contribuír, cando se inicie a actividade municipal que constitúe o feito impoñible. Para estes efectos, entenderase iniciada a dita actividade na data de presentación da oportuna solicitude de licenza, declaración responsable ou comunicación previa, se o suxeito pasivo formulase expresamente esta.
2- Cando a apertura xa tivera lugar sen ter obtido a oportuna licencia ou presentado a oportuna comunicación previa ou declaración responsable, a taxa devindicarase cando se inicie efectivamente a actividade municipal conducente a determinar se o establecemento reúne ou non as condicións esixibles, con independencia da iniciación do expediente administrativo que poda instruírse para autorizar a apertura do establecemento ou decretar o seu peche, se non fora autorizable a dita apertura.
3- A obriga de contribuír, unha vez nacida, non se verá afectada en modo algún pola denegación da licencia solicitada ou pola concesión desta condicionada á modificación das condicións do establecemento, ou a realización polo concello das oportunas comprobacións, nin pola renuncia ou desistimento do solicitante.
Artigo 9º. Declaración.
1- As persoas interesadas na apertura de establecemento presentarán previamente, no rexistro xeral, a oportuna solicitude, declaración responsable ou comunicación previa, con especificación da actividade ou actividades a desenvolver no local, acompañada da declaración de superficie do local.
2- Se despois de formulada a solicitude de licenza de apertura, comunicación previa ou declaración responsable, se variase ou ampliase a actividade a desenvolver no establecemento, ou se alterasen as condicións proxectadas por tal establecemento, ou ben se ampliase o local inicialmente previsto, estas modificacións deberán de poñerse en coñecemento da administración municipal co mesmo detalle e alcance esixidos na declaración prevista no número anterior.