Boqueixón - ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA PARA A PRESTACIÓN DO PAVILLÓN POLIDEPORTIVO E OUTRAS INSTALACIÓNS ANÁLOGAS

Publicación provisional: 28/12/2011 BOP Nº: 246
Publicación definitiva: 10/02/2012 BOP Nº: 29
Aplicable dende: 15/09/2016

Artigo 1.-Concepto.

De conformidade co previsto no artigo 56 da Lei 2/2004, de 5 de marzo , reguladora das facendas locais, o Concello de Boqueixón establece a taxa pola utilización do pavillón municipal.

Artigo 2.-Feito impoñible.

Constitúeo a utilización do pavillón polideportivo de propiedade e xestión municipal.

Artigo 3.-Obrigación de contribuír.

Orixínase pola utilización do pavillón polideportivo municipal do Concello de Boqueixón.

Artigo 4.-Suxeito pasivo.

Están obrigados o pagamento:

a) As persoas naturais ou xurídicas que soliciten a utilización das instalacións.

b) As entidades, organismos, asociacións, federacións, clubs, et.c, en nome das que solicite no Concello autorización para a utilización das instalacións.

Artigo 5.-Base de gravame e tarifas.

A) Instalacións deportivas.

1) Instalacións do ximnasio municipal:

Sala de actividades monitorizadas, 12 €/mes; comprende unha hora de actividade á semana. Seis € máis pola segunda actividade. As actividades que requiran dun monitor alleo ao Concello terán uns prezos especiais dependendo do tipo de actividade e do número de alumnos.

Sala de musculación 12 €/mes.

Pista de pádel 5 €/hora.

2) Campo de fútbol:

30 € sen luz, medio campo.

40 € con luz, medio campo (2 focos), 60 € torre completa.

60 € sen luz, todo o campo.

70 € con luz todo o campo (2 focos), 90 € torre completa.

Os horarios de luz son: sen luz ata as 17.00 horas. Con luz desde as 17.00 horas ata as 23.00 horas.

3) Pavillón polideportivo:

7 € hora polo consumo de enerxía eléctrica.

4) Aluguer das instalacións para actividades alleas ao Concello, 200 €/día.

B) Espectáculos deportivos especiais e culturais alleos ó Concello:

a) Con entrada libre: 18.51 €/hora.

b) Sen entrada libre: 30,86 €/hora.

Artigo 6.-Exencións e bonificacións.

Non estarán suxeitas a esta taxa as utilizacións das instalacións que correspondan:

6.1) Horas destinadas á educación física escolar ou actividades escolares dos centros de ensaios coa supervisión dun profesor, en horario lectivo.

6.2) Actividades de clubs deportivos entidades coas que se conveñan algún tipo de actividades (escolas deportivas, actividades do deporte de base, etc.)

6.3) Actividades de colectivos especiais.

6.4) Actividades deportivas doutros departamentos municipais.

6.5) As actividades non deportivas autorizadas expresamente polo Concello.

Os interesados na obtención de exencións ou bonificacións sobre o importe das tarifas deberán solicita-lo ó Concello facendo constar as circunstancias que xustifiquen a súa solicitude.

Artigo 7.-Disposición adicional primeira.

- A taxa orixinarase no momento en que se inicie a prestación do servizo.

- O Concello poderá esixir un depósito previo ós organizadores dalgún acto feito nas súas instalación.

Artigo 8.-Disposición adicional segunda.

Os usuarios deberán abonar as tarifas nas oficinas municipais o na conta bancaria disposta polo Concello cando obteñan a correspondente autorización de uso.

Artigo 9.-Disposición adicional terceira.

As débedas por este concepto poderanse esixir pola vía de prema.

Artigo 10.-Disposición adicional cuarta.

A non celebración do espectáculo só dará dereito á devolución da taxa pagada cando sexa o propio Concello o responsable, non tendo dereito o solicitante a reclamar por danos e perdas, sempre que a anulación do permiso se notifique con 24 horas de antelación.

Disposición derrogatoria

Queda derrogada a Ordenanza fiscal reguladora da taxa para prestación do pavillón polideportivo e outras instalacións análogas, anteriormente aprobada.

Disposición final

A presente Ordenanza entrará en vigor o día seguinte da súa íntegra publicación no BOP, e permanecerá en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresa.