Boqueixón - ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA PARA A PRESTACIÓN DO PAVILLÓN POLIDEPORTIVO E OUTRAS INSTALACIÓNS ANÁLOGAS

Publicación provisional: 28/12/2011 BOP Nº: 246
Publicación definitiva: 10/02/2012 BOP Nº: 29
Aplicable dende: 11/02/2012

ARTIGO 1 CONCEPTO

De conformidade co previsto no artigo 56 da Lei 2/2004, de 5 de marzo , reguladora das facendas locais, o Concello de Boqueixón establece a taxa pola utilización do pavillón municipal.

ARTIGO 2 FEITO IMPOÑIBLE

Constitúeo a utilización do pavillón polideportivo de propiedade e xestión municipal.

ARTIGO 3 OBRIGACIÓN DE CONTRIBUIR

Orixínase pola utilización do pavillón polideportivo municipal do Concello de Boqueixón.

ARTIGO 4 SUXEITO PASIVO

Están obrigados o pagamento:

a) As persoas naturais ou xurídicas que soliciten a utilización das instalacións.

b ) As entidades, organismos, asociacións, federacións, clubs, etc, en nome das que solicite no concello autorización para a utilización das instalacións.

ARTIGO 5 BASE DE GRAVAME E TARIFAS

A) Instalacións deportivas

Instalacións do ximnasio municipal:

* Sala de actividades monitorizadas, 12 euros/mes; comprende unha hora de actividade á semana. Seis euros máis pola segunda actividade. As actividades que requiran dun monitor alleo ao concello, terán uns prezos especiais dependendo do tipo de actividade e do número de alumnos.

* Sala de musculación 12 euros/mes.

* Non empadroados : 24 € / mes.

* Pista de pádel 5 euros/hora.

Campo de fútbol:

* 30 euros sen luz, medio campo.

* 40 euros con luz, medio campo.( 2 focos ) , 60 € torre completa.

* 60 euros sen luz, todo o campo.

* 70 euros con luz todo o campo.( 2 focos ) , 90 € torre completa.

Os horarios de luz son: sen luz ata as 17:00 horas.Con luz desde as 17:00 horas ata as 23:00 horas.

3)Pavillón polideportivo:

a) Empadroados no concello de Boqueixón : 7 euros hora polo consumo de enerxía eléctrica.

b) Non empadroados no concello de Boqueixón : 10 euros hora pola utilización do pavillón, máis 7 euros hora, polo consumo de enerxía eléctrica.

4) Aluger das instalacións para actividades alleas ao concello, 200 euros/día

Os prezos aplicables ás persoas non empadroadas no municipio serán o dobre do regulado nos apartados anteriores , salvo a utilización do pavillón polideportivo que será o importe establecido no segundo parágrafo do apartado 3 deste artigo.

B) Espectáculos deportivos especiais e culturais alleos ó concello:

a) Con entrada libre: 18.51 €/hora

b) Sen entrada libre: 30,86 €/hora

ARTIGO 6 EXENCIÓNS E BONIFICACIÓNS

Non estarán suxeitas a esta taxa as utilizacións das instalacións que correspondan:

6.1) Horas destinadas á educación fisica escolar ou actividades escolares dos centros de ensaios coa supervisión dun profesor, en horario lectivo.

6.2 ) Actividades de clubs deportivos entidades coas que se conveñan algún tipo de actividades (escolas deportivas, actividades do deporte de base, etc )

6.3 ) Actividades de colectivos especiais.

6.4) Actividades deportivas doutros departamentos municipais.

6.5 ) As actividades non deportivas autorizadas expresamente polo concello.

Os interesados na obtención de exencións ou bonificacións sobre o importe das tarifas deberán solicita-lo ó concello facendo constar as circunstancias que xustifiquen a súa solicitude.

ARTIGO 7 DISPOSICIÓN ADICIONAL PRIMEIRA

- A taxa orixinarase no momento en que se inicie a prestación do servizo.

- O concello poderá esixir un depósito previo ós organizadores dalgún acto feito nas súas instalacións.

ARTIGO 8 DISPOSICIÓN ADICIONAL SEGUNDA

Os usuarios deberán abonar as tarifas nas oficinas municipais o na conta bancaria disposta polo concello, cando obteñan a correspondente autorización de uso.

ARTIGO 9 DISPOSICIÓN ADICIONAL TERCEIRA

As débedas por este concepto poderanse esixir pola vía de prema.

ARTIGO 10 DISPOSICIÓN ADICIONAL CUARTA

A non celebración do espectáculo só dará dereito á devolución da taxa pagada cando sexa o propio concello o responsable, non tendo dereito o solicitante a reclamar por danos e perdas, sempre que a anulación do permiso se notifique con 24 horas de antelación.

DISPOSICIÓN DERROGATORIA

Queda derrogada a Ordenanza fiscal reguladora da taxa para prestación do pavillón polideportivo e outras instalacións análogas, anteriormente aprobada.

DISPOSICIÓN FINAL

A presente Ordenanza entrará en vigor o día seguinte da súa íntegra publicación no BOP, e permanecerá en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresa.