Sada - Ordenanza fiscal nº 8, reguladora da taxa por licenzas urbanísticas
Artigo 1º.- Fundamento e natureza
En uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución e polo artigo 106 da Lei 7/1985 , de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local , e de conformidade co disposto nos artigos 15 e 20.4.h) do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, reguladora das facendas locais, este Concello establece a taxa por licenzas urbanísticas, que se rexerá pola presente ordenanza fiscal, as normas da cal atenden ao prevenido no artigo 57 do citado Real decreto lexislativo 2/2004.
Artigo 2º. - Feito impoñible.
1. Constitúe o feito impoñible da taxa a actividade municipal, técnica e administrativa tendente a verificar se os actos de edificación e uso do solo a que se refire o artigo 142 da Lei 2/2016, de 10 de febreiro, do Solo de Galicia, así como a súa normativa de desenvolvemento, e que teñan que realizarse no término municipal, se axustan ao planeamento e lexislación urbanísticas e, no suposto de licenzas de primeira ocupación, se a edificación pode destinarse ao uso pretendido, se se axusta ao proxecto técnico amparado por licenza e se cumpriron as condicións desta e os deberes urbanísticos a ela vencellados.
2. Non estarán suxeitas a esta taxa as obras de mero ornato, conservación e reparación que se realicen no interior das vivendas, sempre e cando non precisen de licenza de acordo coa normativa urbanística.
Artigo 3º. - Suxeito pasivo.
1. Son suxeitos pasivos contribuíntes as persoas físicas ou xurídicas e as entidades a que se refire o artigo 35.4 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, xeral tributaria:
a) Solicitantes da licenza ou que presenten comunicación previa."
Solicitantes da respectiva licenza.
b) Executantes das instalacións, construcións e obras cando se procedera sen a preceptiva licenza.
2. En todo caso, terán a condición de substitutos do contribuínte, os construtores e contratistas das obras, por imperativo expreso do artigo 23.2 b) do Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais (RD Lexislativo 2/2004 de 5 de marzo), que virán obrigados o pagamento da Taxa e con eles entenderanse as actuacións municipais relativas á xestión e cobro do tributo.
Artigo 4º. - Responsables.
Serán responsables solidarios cos suxeitos pasivos os propietarios ou posuidores, ou, no seu caso, arrendatarios dos inmobles nos que se realicen as construcións, instalacións ou obras.
Artigo 5º. - Cota tributaria.
1. A cota tributaria determinarase por unha cantidade fixa sinalada segundo a natureza do expediente a tramitar, de acordo coa tarifa que contén o artigo seguinte.
2. A cota de tarifa corresponde á tramitación completa do expediente de que se trate, dende a súa iniciación ata a súa resolución final, incluída a certificación e notificación ao interesado do acordo recaído.
Artigo 6º. - Tarifa.
1. A contía da taxa, para as comunicacións previas, licenzas de edificación, demolición e primeira ocupación será o resultado de aplicar ao orzamento de execución material ou, no seu caso, orzamento-memoria detallado, a tarifa sinalada:
CONCEPTO | TARIFA (%) |
Obras de nova planta, ampliación, reconstrución ou mellora: | |
Vivendas unifamiliares | 0,50 |
Vivendas plurifamiliares | 1,00 |
Naves, locais e outras instalacións: - ≤ - > | 0,50 1,00 |
Licenzas de primeira ocupación | |
Vivendas unifamiliares | 0,50 |
Vivendas plurifamiliares | 1,00 |
Naves, locais e outras instalacións: - ≤ - > | 0,50 1,00 |
Demolición de construcións e movemento de terras: | 1,00 |
Outras obras non descritas en apartados anteriores: | 1,00 |
2.- A contía da taxa para os cambios de titularidade de licenzas é de 60 €.
3.- A contía da taxa por carteis visibles desde a vía pública é de 15,00 €/m2
Artigo 7º. - Exencións.
No suposto de obras de rehabilitación interior de vivendas ou de reforma de locais con destino a actividades industriais ou comerciais gozarán de exención subxectiva aqueles contribuíntes que acrediten no momento da solicitude estar en situación legal de desemprego e non teñan ingresos anuais computables superiores ao IPREM vixente en cada momento e referido a toda a unidade familiar.
Artigo 8º. - Devengo.
1.Devéngase a taxa e nace a obriga de contribuír cando se inicie a actividade municipal que constitúe o seu feito impoñible. Para os efectos, entenderase iniciada dita actividade na data de presentación no Rexistro da oportuna solicitude da licenza urbanística ou a comunicación previa.
2. Cando as obras se iniciasen ou executasen sen ter obtido a oportuna licenza, a taxa devengarase cando se inicie efectivamente a actividade municipal do expediente de reposición da legalidade urbanística.
Artigo 9º. -Solicitude.
1. As persoas interesadas na obtención dunha licenza urbanística presentarán, previamente, no rexistro xeral a oportuna solicitude, achegando proxecto técnico visado polo Colexio Oficial respectivo, ou, no suposto de que a natureza do feito impoñible non requira ou esixa proxecto técnico, achegarase un orzamento-memoria detallado das obras a realizar.
As licenzas de obras menores por precedemento simplificado e actuacións comunicadas estarán o disposto na ordenanza municipal reguladora do exercicio de actividades de servizo e da realización de obras menores no concello de Sada.
2. Se despois de formulada a solicitude de licenza se modificase ou ampliase o proxecto inicial deberá poñerse en coñecemento da Administración Municipal, achegando o novo orzamento ou o reformado e, no seu caso, planos e memorias da modificación ou ampliación.
Artigo 10º. - Réxime de ingreso.
1.- De acordo previsto no artigo 27 do Real Decreto lexislativo 2/2004, establécese o réxime de autoliquidación da taxa, segundo o modelo establecido polo Concello. Para os efectos, o solicitante presentará, de xeito simultáneo á solicitude da licenza, xustificante de ter ingresado a cota tributaria correspondente.
2.- As autoliquidacións, unha vez comprobadas, tenrán natureza de liquidación provisional
Unha vez rematadas as obras, e previa comprobación dos servizos municipais, practicarase a liquidación definitiva e, no seu caso, conxuntamente coa licenza de primeira ocupación.
Artigo 11º. - Infraccións e sancións.
En todo o relativo á cualificación de infraccións tributarias, así como das sancións que ás mesmas corresponden en cada caso, estarase ao disposto nos artigos 178 e seguintes da Lei xeral tributaria e a súa normativa de desenvolvemento.
Disposición Derradeira.
A presente Ordenanza fiscal, que foi aprobada polo Pleno da Corporación en sesión celebrada o día 26 de xaneiro de dous mil dezasete, entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia e será de aplicación a partir de dita data, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresas.