Miño - ORDENANZA FISCAL Nº 13, REGULADORA DA TAXA POR EXPEDICION DE DOCUMENTOS.

Publicación provisional: 29/10/2005 BOP Nº: 248
Publicación definitiva: 22/12/2005 BOP Nº: 291
Aplicable dende: 11/08/2017

Artigo 1°.- Fundamento e Natureza

En uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución  Española e polo artigo 106 da Lei 7/1985, de 26 de abril, reguladora das Bases de Réxime Local, e de conformidade co disposto nos artigos 15 a 19 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das Facendas Locais, este Concello establece a exacción da Taxa por expedición de documentos administrativos, que se rexerá pola presente ordenanza fiscal, da que as normas atenden ao previsto no artigo 57 do Real Decreto Lexislativo 2/2004.

Artigo 2°.- Feito impoñible

1. Constitúe o feito impoñible da Taxa a actividade administrativa desenrolada con motivo da tramitación, a instancia de parte, de toda clase de documentos que expida e de expedientes de que entenda a Administración ou as Autoridades Municipais.

2. A estes efectos, entenderase tramitada a instancia de parte calquer documentación administrativa que hai provocada polo particular ou redunde no seu beneficio aínda que non haxa mediado solicitude expresa do interesado.

3. Non estará suxeita a esta Taxa a tramitación de documentos e expedientes necesarios para o cumprimento de obrigacións fiscais, así como as consultas tributarias, os expedientes de devolución de ingresos indebidos, os recursos administrativos contra resolucións municipais de calquer índole e os relativos á prestación de servizos ou realización de actividades de competencia municipal e á utilización privativa ou o aproveitamento especial de bens do dominio público municipal que estean gravados por outra Taxa Municipal ou polos que se esixa un prezo público por este Concello.

Artigo 3°.- Suxeito pasivo

Son suxeitos pasivos contribuíntes as persoas físicas e xurídicas e as entidades a que se refire o artigo 35.4 da Lei Xeral Tributaria que soliciten, provoquen o en interés das cales redunde a tramitación do documento ou expediente de que se trate.

Artigo 4°.- Responsables

1. Responderán solidariamente das obrigacións tributarias do suxeito pasivo as persoas físicas e xurídicas a que se refiren os artigos 42 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, Xeral Tributaria.

2. Serán responsables subsidiarios os administradores das sociedades e os síndicos, interventores ou liquidadores quebras, concursos, sociedades e entidades en xeral, nos supostos e co alcance que sinala o artigo 43 Lei 58/2003, de 17 de decembro, Xeral Tributaria.

Artigo 5°.- Exención subxetivas

Terán una exención subxetiva aqueles contribuíntes que acrediten a súa falta de capacidade económica para o pago da cota correspondente, segundo informe dos servizos sociais do Concello de Miño ao respecto.

Artigo 6°.- Cota Tributaria

1. A cota tributaria determinarase por unha cantidade fixa sinalada segundo a natureza dos documentos ou expedientes a tramitar, de acordo coa Tarifa que contén o artigo seguinte. 

Artigo 7.º.- Tarifa

A tarifa a que se refire o artigo anterior estrutúrase da seguinte maneira:

1. DOCUMENTOS RELATIVOS URBANISMO:

Certificacións calificacións urbanísticas

20 €

Expedientes acreditativos da antigüidade das edificacións

35 €

Expedientes sobre incoación ou non de expediente de reposición da legalidade ou sancionador:

-Se hai expediente de solicitude de licenza

35 €

-Se non hai expediente de solicitude de licenza:

  -Ata 100m2 de superficie

600 €

  -De 101 a 150 m2 de superficie

750 €

  -De más de 150 m2 de superficie

900 €

  -Expedientes de ruína de edificacións

150 €

  -Informes urbanísticos

40 €

  -Outras certificacións urbanísticas

50 €

2. OUTROS DOCUMENTOS:

Exemplar de ordenanzas fiscais

24 €

Exemplar de orzamentos municipais

60 €

Bastanteo de poderes

12 €

Expedientes de celebración de vodas civiles:

-Se algún dos contraentes é veciño do municipio

50 €

-Se ningún dos contraentes é veciño

100 €

Inscrición no libro Rexistro de parellas de feito

12 €

Certificacións de empadroamento do Padrón vixente

2 €

Certificacións de empadroamento de padróns anteriores

4 €

certificacións de acordos municipais

-Do ano en curso

10 €

-De anos anteriores

12 €

Informes da policía local relativos a accidentes de circulación

30 €

Outros informes da policía local

12 €

Outros informes non comprendidos nos apartados anteriores

3 €

Outros certificados non comprendidos nos apartados anteriores:

-Se necesitan informe técnico

12 €

-Se non necesitan informe técnico

3 €

-Cambio de titularidade de apertura de establecementos

250 €

3. PLANOS, FOTOCOPIAS E DOCUMENTOS TÉCNICOS:

Por cada documento que se expida en fotocopia

 

- Por cada folio en tamaño A4

0,10 €

- Por cada folio A3

0,20 €

- Por cada folio tamaño maior de A3

0,50 €

Por cada copia de planos do planeamento municipal, ou obrante nos expedientes de licenzas de obras:

-Por cada folio tamaño A4

1 €

-Por cada folio tamaño A3

2 €

-Por cada folio tamaño A2

5 €

-Por folio tamaño A1

12 €

-Por folio tamaño A0

24 €

-Planos dixitalizados editados en serie (CD)

90 €

-Por cada contrato administrativo

0,50% do orzamento de licitación con un mínimo de 12 € y un máximo de 151 €.

4. DOCUMENTACIÓN CATASTRAL:

Copia da cartografía en papel:

-Copias en A4

1 €

-Copias en A3

2 €

Expedición de copias de información non gráfica de expedientes

0,30 €/folio

Informes catastrais sobre bens urbanos/rústicos

4 €

Certificacións catastrais:

-Certificacións catastrais literais, bens urbanos

4 € documento + 4 € ben inmoble

-Certificacións catastrais literais, bens rústicos

4 € documento + 4 € parcela

-Certificacións catastrais descritivas e gráficas referidas unicamente a una unidade urbana ou unha parcela rústica

15,50 €

Cando as certificacións descritivas e gráficas incorporen, a petición do interesado, datos de outros inmobles (como por exemplo lindeiros), a contía incrementarase en 4 € por cada inmoble.

Artigo 8.º.-Bonificacións da cota

Non se concederá bonificación algunha dos importes das cotas tributarias sinaladas na tarifa desta taxa.

Artigo 9.º.-Devengo

1. Devengarase a Taxa e nace a obrigación de contribuír cando se presente a solicitude que inicia a tramitación dos documentos e expedientes suxeitos ao tributo.

2. Nos casos a que se refire o número 2 do artigo 2.º, o devengo prodúcese cando teñan lugar as circunstancias que provean a actuación municipal de oficio o cando esta se inicie sen previa solicitude do interesado pero redunde no seu beneficio.

Artigo 10.º.-Declaración en ingreso

1. A taxa esixirase en réxime de autoliquidación, polo procedemento do selo municipal adherido de solicitude da tramitación do documento ou expediente, ou nestes mesmos se aquel escrito non existira, ou a solicitude non fora expresa.

2. Os escritos recibidos polos condutos a que fai referencia o artigo 38 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, reguladora do réxime xurídico das administracións públicas e procedemento administrativo común, que non veñan debidamente reintegrados, serán admitidos provisionalmente, pero non poderán darlle curso, sen que se subsane a deficiencia, para esta finalidade requerirase ao interesado para que, no prazo de dez días abone as cotas correspondentes co apercibimento de que, transcorrido dito prazo sen efectualo, teranse os escritos por non presentados e archivarase a solicitude.

3. As certificación ou documentos que expida a Administración Municipal en virtude de oficio de Xulgados ou Tribunais para toda clase de pleitos, non se entregarán  sen que previamente se satisfaga a correspondente cota tributaria.

Artigo 11.º -. Infraccións e sancións

En todo o relativo á calificación de infraccións tributarias, así como das sancións que as mesmas correspondan en cada caso, estarase ao disposto nos artigos 178 e seguintes da Lei Xeral Tributaria e a súa normativa.

Disposición final

A presente Ordenanza Fiscal, entrará en vigor ao día seguinte da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresa.