Miño - ORDENANZA FISCAL Nº 13, REGULADORA DA TAXA POR EXPEDICION DE DOCUMENTOS.
Artigo 1°.- Fundamento e Natureza
En uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución Española e polo artigo 106 da Lei 7/1985, de 26 de abril, reguladora das Bases de Réxime Local, e de conformidade co disposto nos artigos 15 a 19 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das Facendas Locais, este Concello establece a exacción da Taxa por expedición de documentos administrativos, que se rexerá pola presente ordenanza fiscal, da que as normas atenden ao previsto no artigo 57 do Real Decreto Lexislativo 2/2004.
Artigo 2°.- Feito impoñible
1. Constitúe o feito impoñible da Taxa a actividade administrativa desenrolada con motivo da tramitación, a instancia de parte, de toda clase de documentos que expida e de expedientes de que entenda a Administración ou as Autoridades Municipais.
2. A estes efectos, entenderase tramitada a instancia de parte calquera documentación administrativa que hai provocada polo particular ou redunde no seu beneficio aínda que non haxa mediado solicitude expresa do interesado.
3. Non estará suxeita a esta Taxa a tramitación de documentos e expedientes necesarios para o cumprimento de obrigacións fiscais, así como as consultas tributarias, os expedientes de devolución de ingresos indebidos, os recursos administrativos contra resolucións municipais de calquera índole e os relativos á prestación de servicios ou realización de actividades de competencia municipal e á utilización privativa ou o aproveitamento especial de bens do dominio público municipal que están gravados por outra Taxa Municipal ou polos que se esixa un prezo público por este Concello.
Artigo 3°.- Suxeito pasivo
Son suxeitos pasivos contribuíntes as persoas físicas e xurídicas e as entidades a que se refire o artigo 35.4 da Lei Xeral Tributaria que soliciten, provoquen o en interés das cales redunde a tramitación do documento ou expediente de que se trate.
Artigo 4°.- Responsables
1. Responderán solidariamente das obrigacións tributarias do suxeito pasivo as persoas físicas e xurídicas a que se refiren os artigos 42 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, Xeral Tributaria.
2. Serán responsables subsidiarios os administradores das sociedades e os síndicos, interventores ou liquidadores quebras, concursos, sociedades e entidades en xeral, nos supostos e co alcance que sinala o artigo 43 Lei 58/2003, de 17 de decembro, Xeral Tributaria.
Artigo 5°.- Exención subxectivas
Terán una exención subxectiva aqueles contribuíntes que acrediten a súa falta de capacidade económica para o pago da cota correspondente, segundo informe dos servizos sociais do Concello de Miño ao respecto.
Artigo 6°.- Cota Tributaria
1. A cota tributaria determinarase por unha cantidade fixa sinalada segundo a natureza dos documento es ou expedientes a tramitar, de acordo coa Tarifa que contén o artigo seguinte.
Artigo 7º.- Tarifa
A tarifa a que se refire o artigo anterior estructurase da seguinte maneira:
Concepto | Importe |
DEREITOS A EXAMEN: | |
Grupo A | 30 euros |
Grupo B | 24 euros |
Grupo C | 18 euros |
Grupo D | 12 euros |
Grupo E | 9 euros |
DOCUMENTOS RELATIVOS URBANISMO: | |
Certificacións calificacións urbanísticas | 20 euros |
Expedientes acreditativos da antigüedade das edificacións | 35 euros |
Expedientes sobre incoación ou non de expediente de reposición de la legalidade ou sancionador: | |
-Se hai expediente de solicitude de licenza | 35 euros |
-Se non hai expediente de solicitude de licenza: | |
-Ata 100m2 de superficie | 600 euros |
-De 101 a 150 m2 de superficie | 750 euros |
-De más de 150 m2 de superficie | 900 euros |
-Expedientes de ruína de edificacións | 150 euros |
-Informes urbanísticos | 40 euros |
-Outras certificacións urbanísticas | 50 euros |
OUTROS DOCUMENTOS: | |
Exemplar de ordenanzas fiscais | 24 euros |
Exemplar de orzamentos municipais | 60 euros |
Bastanteo de poderes | 12 euros |
Expedientes de celebración de vodas civiles: | |
-Se algún dos contraíntes é veciño do municipio | 50 euros |
-Se ningún dos contraíntes é veciño | 100 euros |
Inscrición no libro Rexistro de parellas de feito | 12 euros |
Certificacións de empadroamento do Padrón vixente | 2 euros |
Certificacións de empadroamento de padróns anteriores | 4 euros |
certificacións de acordos municipais | |
-Do ano en curso | 10 euros |
-De anos anteriores | 12 euros |
Informes da policía local relativos a accidentes de circulación | 30 euros |
Outros informes da policía local | 12 euros |
Outros informes non comprendidos nos apartados anteriores | 3 euros |
Outros certificados non comprendidos nos apartados anteriores: | |
-Se necesitan informe técnico | 12 euros |
-Se non necesitan informe técnico | 3 euros |
-Cambio de titularidade de apertura de establecementos | 250 euros |
PLANOS, FOTOCOPIAS E DOCUMENTOS TÉCNICOS: | |
Por cada documento que se expida en fotocopia | |
- Por cada folio en tamaño A4 | 0,10 euros |
- Por cada folio A3 | 0,20 euros |
- Por cada folio tamaño maior de A3 | 0,50 euros |
Por cada copia de planos do planeamento municipal, ou obrante nos expedientes de licenzas de obras: | |
-Por cada folio tamaño A4 | 1 euros |
-Por cada folio tamaño A3 | 2 euros |
-Por cada folio tamaño A2 | 5 euros |
-Por folio tamaño A1 | 12 euros |
-Por folio tamaño A0 | 24 euros |
Polas compulsas de documentos: | |
-Primeira compulsa | 1,20 euros |
-Segunda e seguintes | 0,30 euros cada unha |
-Compulsas de documentos esixidos para a obtención de prestación dos servizos municipais, ou de axuda ás familias por fillos cursando estudios (becas de estudios), por folios | 0 euros |
Planos dixitalizados editados en serie (CD) | 90 euros |
Por cada contrato administrativo | 0,50% do orzamento de licitación con un mínimo de 12 euros y un máximo de 151 euros. |
DOCUMENTACIÓN CATASTRAL: | |
Copia da cartografía en papel: | |
-Copias en A4 | 1 euros |
-Copias en A3 | 2 euros |
Expedición de copias de información non gráfica de expedientes | 0,30 euros/folio |
Informes catastrais sobre bens urbanos/rústicos | 4 euros |
Certificacións catastrais: | |
-Certificacións catastrais literais, bens urbanos | 4 euros documento + 4 euros ben inmoble |
-Certificacións catastrais literais, bens rústicos | 4 euros documento + 4 euros parcela |
-Certificacións catastrais descritivas e gráficas referidas unicamente a una unidade urbana ou unha parcela rústica | 15,50 euros |
Cando as certificacións descritivas e gráficas incorporen, a petición do interesado, datos de outros inmobles (como por exemplo lindantes), a contía incrementarase en 4 euros por cada inmoble. |
Artigo 8º.- Bonificacións da cota
Non se concederá bonificación algunha dos importes das cotas tributarias sinaladas na Tarifa desta Taxa.
Artigo 9º.- Devengo
1. Devengarase a Taxa e nace a obrigación de contribuír cando se presente a solicitude que inicia a tramitación dos documentos e expedientes suxeitos ao tributo.
2. Nos casos a que se refire o número 2 do artigo 2º, o devengo prodúcese cando teñan lugar as circunstancias que provean a actuación municipal de oficio ou cando esta se inicie sen previa solicitude do interesado pero redunde no seu beneficio.
Artigo 10º.- Declaración en ingreso
1. A taxa esixirase en réxime de autoliquidación, polo procedemento do selo municipal adherido de solicitude da tramitación do documento ou expediente, ou nestes mesmos se aquel escrito no existira, ou a solicitude non fora expresa.
2. Os escritos recibidos polos conductos a que fai referencia o artigo 38 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, reguladora do réxime xurídico das administracións públicas e procedemento administrativo común, que non veñan debidamente reintegrados, serán admitidos provisionalmente, pero non poderán darlle curso, sen que se subsane a deficiencia, para esta finalidade requirirase ao interesado para que, no prazo de dez días abone as cotas correspondentes co apercibimento de que, transcorrido dito prazo sen efectualo, teranse os escritos por non presentados e archivarase a solicitude.
3. As certificación ou documentos que expida a Administración Municipal en virtude de oficio de Xulgados ou Tribunais para toda clase de pleitos, non se entregarán sen que previamente se satisfaga a correspondente cota tributaria.
Artigo 11º -. Infraccións e sancións
En todo o relativo á calificación de infraccións tributarias, así como das sancións que as mesmas correspondan en cada caso, estarase ao disposto nos artigos 178 e seguintes da Lei Xeral Tributaria e a súa normativa.
Disposición final
A presente ordenanza aprobouse polo Pleno de la Corporación e entrou en vigor o un de xaneiro de mil novecentos noventa e cinco.
Foi modificada por acordo plenario de vinteoito de outubro de mil novecentos noventa e oito.
A presente modificación foi aprobada polo Pleno do Concello en sesión celebrada o día 17 de outubro de 2005, entrando en vigor, despois da súa publicación no BOP, o día 1 de xaneiro de 2006, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derogación expresa.
Nota do Servizo de Asistencia Económica a Municipios
BOP nº 142 de 29/07/2014:
Corrección de erros no edicto publicado no BOP número 118, do 23 de xuño de 2014, relativos a modificación da ordenanza fiscal.