Curtis - ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA POR EXPEDICIÓN DE DOCUMENTOS ADMINISTRATIVOS E OUTROS SERVIZOS ADMINISTRATIVOS

Publicación provisional: 11/04/2017 BOP Nº: 69
Publicación definitiva: 09/06/2017 BOP Nº: 108
Aplicable dende: 16/08/2017

Artigo 1.–Fundamento e natureza.

No uso das facultades concedidas polos artigos 106 da Lei 7/1985, do 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local, e de conformidade co disposto nos artigos 15 a 19 do Real Decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido la Lei reguladora das facendas locais, este concello establece a Taxa por expedición de documentos administrativos e outros servizos administrativos que se rexerá pola presente Ordenanza Fiscal.

Artigo 2.–Feito impoñible.

1. Constitúe o feito impoñible da taxa a actividade administrativa desenrolada con motivo da tramitación, a instancia de parte, dos expedientes e para a expedición dos documentos que se indican no art. 6 desta ordenanza.

2. A estes efectos, entenderase tramitada a instancia de parte calquera documentación administrativa que fora provocada polo particular ou redunde no seu beneficio aínda que non mediara solicitude expresa do interesado.

3. Non estará suxeita a taxa a tramitación de documentos e expedientes que estean gravados por outra taxa municipal ou polos que se esixa un prezo público por este Concello, nin tampouco os expedientes de devolución de ingresos indebidos.

Artigo 3.–Suxeito pasivo.

Son suxeitos pasivos desta taxa, en concepto de contribuíntes, as persoas físicas ou xurídicas, así como as entidades ás que se refire o artigo 33 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, Xeral Tributaria, que soliciten, provoquen ou en cuxo interese redunde a tramitación do documento ou expediente de que se trate.

Artigo 4.–Responsábeis.

1. Responderán da débeda tributaria, xunto cos debedores principais, outras persoas ou entidades. A estes efectos, consideraranse debedores principais os obrigados tributarios do parágrafo 2 do artigo 35 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, Xeral Tributaria.

2. Agás precepto legal expreso en contra, a responsabilidade será sempre subsidiaria.

Artigo 5.–Cota tributaria.

1.–A cota tributaria determinarase por unha cantidade fixa sinalada segundo a natureza dos documentos ou expedientes a tramitar, de acordo coa tarifa que contén o artigo seguinte.

2.–A cota de tarifa corresponde á tramitación completa, en cada instancia, do documento ou expediente de que se trate, desde a súa iniciación ata a súa resolución final, incluída a certificación e notificación ao interesado do acordo recaído.

Artigo 6.–Tarifas.

A taxa á que se refire esta ordenanza rexerase polas seguintes tarifas, que se estruturan nos epígrafes seguintes:

Epígrafe primeiro.–Censo de poboación de habitantes:

– Certificados de empadroamento para os que sexa necesario consultar padróns de habitantes anteriores ao 1 de maio de 1996: 4 €.

– Outros certificados de empadroamento: 1 €.

– Informe ou certificado do informe de convivencia ou residencia: 1 €.

Epígrafe segundo.–Documentos catastrais:

– Certificacións catastrais: 3 €.

– Certificacións catastrais negativas: 1 €.

Epígrafe terceiro.–Documentos relativos ao servizo de urbanismo:

– Licenzas de obra ou presentación de comunicacións previas de obras: 0,5% do orzamento de execución material.

– Prórroga de licenzas: aplicaranse as seguintes porcentaxes sobre o orzamento de execución material do proxecto para o que obtivo licenza:

Prórroga ata 1 ano: 0,20%

Prórroga de 1 a 2 anos: 0,40%

Prórroga de 2 a 3 anos: 0,60%

– Licenza de segregación ou agrupación parcelaria: 60 € por parcela resultante ou por cada parcela previa á agrupación, respectivamente.

– Cambio de uso: 35 €.

– Cambio de titularidade das licenzas e demais actividades suxeitas á presente taxa: 30 €.

– Demolición de edificacións: 3% do orzamento de execución material.

– Solicitude (de informe) de declaración de ruína ou de antigüidade de vivendas: 300 €.

– Declaración de incursión dunha edificación fóra de ordenación total ou parcial: 70 €.

– Expedientes iniciados a instancia de parte relativos a infraccións legais que requiran un informe técnico de inspección con traslado ao lugar dos feitos: 30 €.

– Certificado ou informe de prescrición de infracción urbanística: 300 €.

– Outros informes ou certificados urbanísticos: 30 €.

Epígrafe cuarto.–Certificacións, informes e outros servizos administrativos:

– Certificacións de acordos de órganos municipais ou de expedientes administrativos con máis de cinco anos de antigüidade: 10,00 €.

– Certificacións de acordos de órganos municipais ou de expedientes administrativos hasta cinco anos de antigüidade: 5 €.

– Licenzas e cambios en materia de taxis: 30 €.

– Bastanteos de poderes para a participación en procesos de selección de contratistas: 15 €.

– Dereitos de exame: segundo o grupo funcionarial ao que corresponda o proceso selectivo, ou o asimilado para persoal laboral.

Grupo A1 e A2: 50 €

Grupo B: 30 €

Grupo C1 e C2: 20 €

Outras agrupacións profesionais: 10 €

Non estarán suxeitos a esta taxa aqueles procedementos de selección dos grupos C1 e C2 e outras agrupacións profesionais, cando nos mesmos se prevea un tempo de duración do contrato de menos de trece meses.

– Entrega de documentación administrativa en CD-ROM: 3 €.

– Realización de fotocopias de documentación municipal: 0,05 €/fotocopia.

Non se cobrará a fotocopia da folla na que leve o rexistro de entrada do Concello.

– Relación de fincas que consten no padrón fiscal do IBI: 3 €.

– Calquera outro informe ou certificado non especificado nestas tarifas: 6 €.

Artigo 7.–Devengo.

1. Devéngase a taxa e nace a obriga de contribuír cando se presente a solicitude que inicie a tramitación do expediente ou pola que se solicite a expedición do documento administrativo suxeito ao tributo.

2. Ademais, o devengo prodúcese cando teñan lugar as circunstancias que den lugar a actuación municipal de oficio ou cando esta se inicie sen previa solicitude do interesado mais redunde no seu beneficio.

Artigo 8.–Declaración e ingreso.

1. A taxa esixirase en réxime de autoliquidación, e no suposto de que o expediente se inicie de oficio, mediante a liquidación practicada pola administración.

Os/as interesados/as na expedición dun documento administrativo ou na tramitación dun dos expedientes suxeitos a taxa presentarán, xunto coa solicitude, a acreditación de ter efectuado o ingreso que corresponda no impreso de autoliquidación debidamente cumprimentado.

2. Os escritos presentados persoalmente no Rexistro de Entrada do Concello e os recibidos polos condutos aos que fai referencia o artigo 66 da Lei de Procedemento Administrativo, que non veñan debidamente reintegrados, serán admitidos provisionalmente mais non poderá dárselles curso sen que se subsane a deficiencia, para esta finalidade requirirase ao interesado para que, no prazo de dez días abone as cotas correspondentes e así o acredite ante o Concello, co apercibimento de que, transcorrido dito prazo sen efectualo, teranse os escritos por non presentados e será arquivada a solicitude.

Artigo 9.–Infraccións e sancións.

En todo o relativo á cualificación de infraccións tributarias, así como das sancións que ás mesmas correspondan en cada caso, estarase ao disposto nos artigos 77 e seguintes da Lei Xeral Tributaria.

Disposición derrogatoria

Coa entrada en vigor da presente ordenanza queda derrogada a “Ordenanza reguladora da taxa por prestación de servizos urbanísticos” (BOP n.º 145, do 26/06/2009) e a “Ordenanza reguladora da taxa por expedición de documentos” (BOP n.º 187, do 25/08/2009)

Disposición final

A presente ordenanza fiscal, aprobada definitivamente, entrará en vigor e será de plena aplicación ao día seguinte ao da súa publicación no BOP, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derogación expresa.