Curtis - ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA POR EXPEDICIÓN DE DOCUMENTOS ADMINISTRATIVOS E OUTROS SERVIZOS ADMINISTRATIVOS
Artigo 1.-Fundamento e natureza.
No uso das facultades concedidas polos artigos 106 da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local, e de conformidade co disposto nos artigos 15 a 19 do Real Decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido la Lei reguladora das facendas locais, este concello establece a taxa por expedición de documentos administrativos e outros servizos administrativos que se rexerá pola presente Ordenanza Fiscal.
Artigo 2.-Feito impoñible.
1. Constitúe o feito impoñible da taxa a actividade administrativa desenrolada con motivo da tramitación, a instancia de parte, dos expedientes e para a expedición dos documentos que se indican no art. 6 desta ordenanza.
2. A estes efectos, entenderase tramitada a instancia de parte calquera documentación administrativa que fora provocada polo particular ou redunde no seu beneficio aínda que non mediara solicitude expresa do interesado.
3. Non estará suxeita a taxa a tramitación de documentos e expedientes que estean gravados por outra taxa municipal ou polos que se esixa un prezo público por este Concello, nin tampouco os expedientes de devolución de ingresos indebidos.
Artigo 3.-Suxeito pasivo.
Son suxeitos pasivos desta taxa, en concepto de contribuíntes, as persoas físicas ou xurídicas, así como as entidades ás que se refire o artigo 33 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, Xeral Tributaria, que soliciten, provoquen ou en cuxo interese redunde a tramitación do documento ou expediente de que se trate.
Artigo 4.-Responsábeis.
1. Responderán da débeda tributaria, xunto cos debedores principais, outras persoas ou entidades. A estes efectos, consideraranse debedores principais os obrigados tributarios do parágrafo 2 do artigo 35 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, Xeral Tributaria.
2. Agás precepto legal expreso en contra, a responsabilidade será sempre subsidiaria.
Artigo 5.-Cota tributaria.
1.-A cota tributaria determinarase por unha cantidade fixa sinalada segundo a natureza dos documentos ou expedientes a tramitar, de acordo coa tarifa que contén o artigo seguinte.
2.-A cota de tarifa corresponde á tramitación completa, en cada instancia, do documento ou expediente de que se trate, desde a súa iniciación ata a súa resolución final, incluída a certificación e notificación ao interesado do acordo recaído.
Artigo 6.-Tarifas.
A taxa á que se refire esta ordenanza rexerase polas seguintes tarifas, que se estruturan nos epígrafes seguintes:
Epígrafe primeiro: censo de poboación de habitantes.
- Certificados de empadroamento para os que sexa necesario consultar padróns de habitantes anteriores ao 1 de maio de 1996: 4 €.
- Outros certificados de empadroamento: 1 €.
- Informe ou certificado do informe de convivencia ou residencia: 1 €.
Epígrafe segundo: documentos catastrais.
- Certificacións catastrais: 3 €.
- Certificacións catastrais negativas: 1 €.
Epígrafe terceiro: documentos relativos ao servizo de urbanismo.
- Licenzas de obra ou presentación de comunicacións previas de obras: 1% do orzamento de execución material.
- Prórroga de licenzas: aplicaranse as seguintes porcentaxes sobre o orzamento de execución material do proxecto para o que obtivo licenza:
Prórroga ata 1 ano: 0,20%
Prórroga de 1 a 2 anos: 0,40%
Prórroga de 2 a 3 anos: 0,60%
- Licenza de segregación ou agrupación parcelaria: 60 € por parcela resultante ou por cada parcela previa á agrupación, respectivamente.
- Cambio de uso: 35 €.
- Cambio de titularidade das licenzas e demais actividades suxeitas á presente taxa: 30 €.
- Demolición de edificacións: 3% do orzamento de execución material.
- Solicitude (de informe) de declaración de ruína ou de antigüidade de vivendas: 300 €.
- Declaración de incursión dunha edificación fóra de ordenación total ou parcial: 70 €.
- Expedientes iniciados a instancia de parte relativos a infraccións legais que requiran un informe técnico de inspección con traslado ao lugar dos feitos: 30 €.
- Certificado ou informe de prescrición de infracción urbanística: 300 €.
- Outros informes ou certificados urbanísticos: 30 €.
Epígrafe cuarto: certificacións, informes e outros servizos administrativos.
- Certificacións de acordos de órganos municipais ou de expedientes administrativos con máis de cinco anos de antigüidade: 10,00 €.
- Certificacións de acordos de órganos municipais ou de expedientes administrativos hasta cinco anos de antigüidade: 5 €.
- Licenzas e cambios en materia de taxis: 30 €.
- Bastanteos de poderes para a participación en procesos de selección de contratistas: 15 €.
- Dereitos de exame: segundo o grupo funcionarial ao que corresponda o proceso selectivo, ou o asimilado para persoal laboral.
Grupo A1 e A2: 50 €.
Grupo B: 30 €.
Grupo C1 e C2: 20 €.
Outras agrupacións profesionais: 10 €.
Non estarán suxeitos a esta taxa aqueles procedementos de selección dos grupos C1 e C2 e outras agrupacións profesionais, cando nos mesmos se prevea un tempo de duración do contrato de menos de trece meses.
- Entrega de documentación administrativa en CD-ROM: 3 €.
- Realización de fotocopias de documentación municipal: 0,05 €/fotocopia.
Non se cobrará a fotocopia da folla na que leve o rexistro de entrada do Concello.
- Relación de fincas que consten no padrón fiscal do IBI: 3 €.
- Calquera outro informe ou certificado non especificado nestas tarifas: 6 €.
Artigo 7.-Devengo.
1. Devéngase a taxa e nace a obriga de contribuír cando se presente a solicitude que inicie a tramitación do expediente ou pola que se solicite a expedición do documento administrativo suxeito ao tributo.
2. Ademais, o devengo prodúcese cando teñan lugar as circunstancias que den lugar a actuación municipal de oficio ou cando esta se inicie sen previa solicitude do interesado mais redunde no seu beneficio.
Artigo 8.-Declaración e ingreso.
1. A taxa esixirase en réxime de autoliquidación, e no suposto de que o expediente se inicie de oficio, mediante a liquidación practicada pola administración.
Os/as interesados/as na expedición dun documento administrativo ou na tramitación dun dos expedientes suxeitos a taxa presentarán, xunto coa solicitude, a acreditación de ter efectuado o ingreso que corresponda no impreso de autoliquidación debidamente cumprimentado.
2. Os escritos presentados persoalmente no Rexistro de Entrada do Concello e os recibidos polos condutos aos que fai referencia o artigo 66 da Lei de Procedemento Administrativo, que non veñan debidamente reintegrados, serán admitidos provisionalmente mais non poderá dárselles curso sen que se subsane a deficiencia, para esta finalidade requirirase ao interesado para que, no prazo de dez días abone as cotas correspondentes e así o acredite ante o Concello, co apercibimento de que, transcorrido dito prazo sen efectualo, teranse os escritos por non presentados e será arquivada a solicitude.
Artigo 9.-Infraccións e sancións.
En todo o relativo á cualificación de infraccións tributarias, así como das sancións que ás mesmas correspondan en cada caso, estarase ao disposto nos artigos 77 e seguintes da Lei Xeral Tributaria.
Disposición derrogatoria
Coa entrada en vigor da presente ordenanza queda derrogada a ¿Ordenanza reguladora da taxa por prestación de servizos urbanísticos" (BOP n.º 145, de 26/06/2009) e a ¿Ordenanza reguladora da taxa por expedición de documentos" (BOP n.º 187 de 25/08/2009)
Disposición final
A presente ordenanza fiscal, aprobada definitivamente, entrará en vigor e será de plena aplicación ao día seguinte ao da súa publicación no BOP, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derogación expresa.