Bergondo - ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA POR EXPEDICIÓN DE DOCUMENTOS ADMINISTRATIVOS

Publicación provisional: 27/04/2009 BOP Nº: 94
Publicación definitiva: 19/06/2009 BOP Nº: 139
Aplicable dende: 05/01/2018

Artigo 1º.- Fundamento e natureza

En uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución e polo artigo 106 da Lei 71985, de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local, e de conformidade có disposto nos artigos 15 a 19, e 20.4 a) do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais (TRLRFL), este Concello establece a “Taxa por expedición de documentos administrativos” que se rexeirá pola presente Ordenanza Fiscal, da que as súas normas atenden ó previsto no artigo 57 do citado TRLRFL.

Artigo 2º.- Feito Impoñible

Constitúe o feito impoñible da taxa a actividade administrativa desenvolvida con motivo da tramitación, a instancia de parte, de toda clase de documentos que expida e de expedientes de que entenda a Administración ou as autoridades municipais.

A estes efectos, entenderase tramitada a instancia de parte calquera documentación administrativa que fose provocada polo particular ou redunde no seu beneficio aínda que non mediase solicitude expresa do interesado.

Non estará suxeita a esta taxa a tramitación de documentos e expedientes que estean gravados por outra taxa municipal ou polo que se esixa un prezo público por este Concello, nin tampouco os expedientes de devolución de ingresos indebidos.

Artigo 3º.- Suxeito Pasivo

Son suxeitos pasivos contribuíntes as persoas físicas e xurídicas e as entidades ás que se refire o artigo 35.4 da Lei xeral tributaria que soliciten, provoquen ou que no seu interese redunde a tramitación do documento ou expediente de que se trate.

Artigo 4º.- Responsables

Responderán solidaria e subsidiariamente de este tributo as persoas físicas e xurídicas a que se refiren os artigos 41, 42 e 43 da Lei Xeral Tributaria.

Artigo 5º.- Exencións

De conformidade co disposto no artigo 9.1 do TRLRFL, non se recoñecen outros beneficios fiscais que os expresamente previstos nas normas con rango de Lei ou os derivados da aplicación do tratados internacionais.

Artigo 6º.- Cota Tributaria

A cota tributaria determinarase por unha cantidade fixa sinalada segundo a natureza dos documentos ou expediente a tramitar, de acordo coa tarifa que conten o artigo seguinte.

A cota de tarifa corresponde á tramitación completa, en cada instancia, do documento ou expediente de que se trate, desde a súa iniciación ata a súa resolución final, incluída a certificación e notificación ó interesado do acordo recaído.

Artigo 7º.- Tarifa

A Tarifa á que se refire o artigo anterior estructúrase do seguinte xeito:

Certificacións de documentos de acordos municipais do ano en curso

14,00 euros

Certificacións de documentos de acordos municipais de anos anteriores

21,00 euros

Informes de convivencia e outros

8,00 euros

Certificacións e informes de padróns fiscais.

8,00 euros

Por cada certificación catastral literal expedida polo Punto de Información Catastral, agás as certificacións negativas que non devengarán taxa algunha.

8,00 euros

Por cada certificación catastral descritiva e gráfica expedida polo Punto de Información Catastral

14,00 euros

Resto de certificacións, agás as relativas a Padrón

14,00 euros

Bastanteo de poderes

14,00 euros

Certificacións emitidas por técnicos municipais non reguladas noutras ordenanzas

21,00 euros

Copia da cartografía en soporte de papel

4,00 euros

Copia da cartografía en sopote informático

8,00 euros

Contratos administrativos: en toda clase de contratos administrativos, xa sexan obras pública,

servicio público, subministro e demais contratos nominados ou innominados en xeral, e calquera

que sexa a forma de adxudicación e atendendo ás diversas fases do expedente administrativo,

aplicaranse as seguintes tarifas:

Contratos administrativos: Formalización, cada folio

4,00 euros

Ademais da cota resultante do número anterior, por contía do contrato que ven determinada

polo orzamento de adxudicación aplicarase a modalidade de alicota por escalóns:

Polo exceso entre 50.000,01 euros (sen IVE) ata 200.000,00 euros (sen IVE)

36,00 euros

Polo que excede de 200.000,00 euros (sen IVE)

48,00 euros

Dereitos de exame.

Para acceso, como funcionario de carreira, ó grupo de titulación A1, ou como laboral fixo ó nivel 1

33,00 euros

Para acceso, como funcionario de carreira, ó grupo de titulación A2, ou como laboral fixo ó nivel 2

27,00 euros

Para acceso, como funcionario de carreira, ó grupo de titulación C1, ou como laboral fixo a niveis equivalentes

21,00 euros

Para acceso, como funcionario de carreira, ó grupo de titulación C2, ou como laboral fixo a niveis equivalentes

14,00 euros

Para acceso, como funcionario de carreira, ó grupo de titulación AP, ou como laboral fixo a niveis equivalentes

8,00 euros

Por razón de empadroamento ou cambios no mesmo:

Sempre e cando se realizase para un mismo suxeito máis dun cambio nos últimos doce meses

17,00 euros

Artigo 8º.-Bonificación da Cota

Ás cotas tributarias indicadas no artigo anterior aplicaráselles unha reducción do 50%, no caso de que os contribuíntes, persoas físicas que teñan escasez de recursos económicos ou persoas xurídicas sen ánimo de lucro ou con fins sociais ou benéficos, sempre que así o acredite un informe dos Servicios Sociais do Concello e previa solicitude individualizada en cada caso.

Artigo 9º.- Devengo

Devengarase a Taxa e nace a obriga de contribuír cando se presente a solicitude que inicia a tramitación dos documentos e expedientes suxeitos ó Tributo.

Nos casos a que se refire o parágrafo 2 do artigo 2º, o devengo prodúcese cando teñan lugar as circunstancias que provean a actuación municipal de oficio ou cando esta se inicie sen previa solicitude do interesado pero redunde no seu beneficio.

Artigo 10º.- Declaración e Ingreso

A Taxa poderá esixirse en réxime de autoliquidación, debendo presentarse o acreditativo de pago da taxa xunto coa solicitude, ou escrito presentado. Non realizándose trámite algún, sen o pago da mesma.

As certificacións ou documentos que expida a Administración Municipal en virtude de oficio de Xulgados ou Tribunais para toda clase de preitos, non se entregarán nin remitirán sen que previamente se satisfaga a correspondente cota tributaria.

Artigo 11º.- Infraccións e Sancións

En todo o relativo á calificación de infraccións tributarias, así como das sancións que ás mesmas correspondan en cada caso, estarase ó disposto nos artigos 183 e seguintes da Lei xeral tributaria e demáis normativa aplicable que a desenvolve.