Bergondo - Ordenanza fiscal reguladora da taxa por expedición de documentos administrativos

Publicación provisional: 27/04/2009 BOP Nº: 94
Publicación definitiva: 19/06/2009 BOP Nº: 139
Aplicable dende: 20/06/2009

Artigo 1º.- Fundamento e natureza

En uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución e polo artigo 106 da Lei 71985, de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local, e de conformidade có disposto nos artigos 15 a 19, e 20.4 a) do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais (TRLRFL), este Concello establece a ¿Taxa por expedición de documentos administrativos" que se rexerá pola presente Ordenanza Fiscal, da que as súas normas atenden ó prevido no artigo 57 do citado TRLRFL.

Artigo 2º.- Feito Impoñible

1. Constitúe o feito impoñible da taxa a actividade administrativa desenvolvida con motivo da tramitación, a instancia de parte, de toda clase de documentos que expida e de expedientes de que entenda a Administración ou as autoridades municipais.
2. A estes efectos, entenderase tramitada a instancia de parte calquera documentación administrativa que fose provocada polo particular ou redunde no seu beneficio aínda que non mediase solicitude expresa do interesado.
3. Non estará suxeita a esta taxa a tramitación de documentos e expedientes que estean gravados por outra taxa municipal ou polo que se esixa un prezo público por este Concello, nin tampouco os expedientes de devolución de ingresos indebidos.

Artigo 3º.- Suxeito Pasivo

Son suxeitos pasivos contribuíntes as persoas físicas e xurídicas e as entidades ás que se refire o artigo 35.4 da Lei xeral tributaria que soliciten, provoquen ou que no seu interese redunde a tramitación do documento ou expediente de que se trate.

Artigo 4º.- Responsables

Responderán solidaria e subsidiariamente de este tributo as persoas físicas e xurídicas a que se refiren os artigos 41, 42 e 43 da Lei Xeral Tributaria.

Artigo 5º.- Exencións

De conformidade co disposto no artigo 9.1 do TRLRFL, non se recoñecen outros beneficios fiscais que os expresamente previstos nas normas con rango de Lei ou os derivados da aplicación do tratados internacionais.

Artigo 6º.- Cota Tributaria

1. A cota tributaria determinarase por unha cantidade fixa sinalada segundo a natureza dos documentos ou expediente a tramitar, de acordo coa tarifa que conten o artigo seguinte.
2. A cota de tarifa corresponde á tramitación completa, en cada instancia, do documento ou expediente de que se trate, desde a súa iniciación ata a súa resolución final, incluída a certificación e notificación ó interesado do acordo recaído.

Artigo 7º.- Tarifa

A Tarifa á que se refire o artigo anterior estrutúrase do seguinte xeito:
Certificacións de documentos de acordos municipais do ano en curso
14,00 euros
Certificacións de documentos de acordos municipais de anos anteriores
21,00 euros
Informes de convivencia e outros
8,00 euros
Certificacións e informes de padróns fiscais
8,00 euros
Resto de certificacións, agás as relativas a Padrón
14,00 euros
Bastanteo de poderes
14,00 euros
Certificacións emitidas por técnicos municipais non reguladas noutras ordenanzas
21,00 euros
Copia da cartografía en soporte de papel
4,00 euros
Copia da cartografía en soporte informático
8,00 euros
Contratos administrativos: en toda clase de contratos administrativos, xa sexan obras pública, servizo público, subministro e demais contratos nominados ou innominados en xeral, e calquera que sexa a forma de adxudicación e atendendo ás diversas fases do expediente administrativo, aplicaranse as seguintes tarifas:
Contratos administrativos: Formalización, cada folio
4,00 euros
Ademais da cota resultante do número anterior, por contía do contrato que ven determinada polo orzamento de adxudicación aplicarase a modalidade de alicota por escalos:
Polo exceso entre 50.000,01 euros (sen IVE) ata 200.000,00 euros (sen IVE)
36,00 euros
Polo que excede de 200.000,00 euros (sen IVE)
48,00 euros
Dereitos de exame.
Para acceso, como funcionario de carreira, ó grupo de titulación A1, ou como laboral fixo ó nivel 1
33,00 euros
Para acceso, como funcionario de carreira, ó grupo de titulación A2, ou como laboral fixo ó nivel 2
27,00 euros
Para acceso, como funcionario de carreira, ó grupo de titulación C1, ou como laboral fixo a niveis equivalentes
21,00 euros
Para acceso, como funcionario de carreira, ó grupo de titulación C2, ou como laboral fixo a niveis equivalentes
14,00 euros
Para acceso, como funcionario de carreira, ó grupo de titulación AP, ou como laboral fixo a niveis equivalentes
8,00 euros
Por razón de empadroamento ou cambios no mesmo:
Sempre e cando se realizase para un mesmo suxeito máis dun cambio nos últimos doce meses
17,00 euros

Artigo 8º.-Bonificación da Cota

Ás cotas tributarias indicadas no artigo anterior aplicaráselles unha redución do 50%, no caso de que os contribuíntes, persoas físicas que teñan escaseo de recursos económicos ou persoas xurídicas sen ánimo de lucro ou con fins sociais ou benéficos, sempre que así o acredite un informe dos Servizos Sociais do Concello e previa solicitude individualizada en cada caso.

Artigo 9º.- Devengo

Devengarase a Taxa e nace a obriga de contribuír cando se presente a solicitude que inicia a tramitación dos documentos e expedientes suxeitos ó Tributo.
Nos casos a que se refire o número 2 do artigo 2º, o devengo prodúcese cando teñan lugar as circunstancias que provean a actuación municipal de oficio ou cando esta se inicie sen previa solicitude do interesado pero redunde no seu beneficio.

Artigo 10º.- Declaración e Ingreso

1. A Taxa poderá esixirse en réxime de autoliquidación, debendo presentarse o acreditativo de pago da taxa xunto coa solicitude, ou escrito presentado.
2. Os escritos recibidos polo condutos a que fai referencia o artigo 38 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común que non veñan debidamente reintegrados, serán admitidos provisionalmente, pero non poderán dárselles curso sen que se emende a deficiencia, de forma que se requirirá ó interesado para que no prazo de dez días abone as cotas correspondentes co apercibimento de que , transcorrido dito prazo sen efectualo, terase os escritos por non presentados e será arquivada a solicitude.
3. As certificacións ou documentos que expida a Administración Municipal en virtude de oficio de Xulgados ou Tribunais par toda clase de preitos, non se entregarán nin remitirán sen que previamente se satisfaga a correspondente cota tributaria.

Artigo 11º.- Infraccións e Sancións

En todo o relativo á cualificación de infraccións tributarias, así como das sancións que ás mesmas correspondan en cada caso, estarase ó disposto nos artigos 183 e seguintes da Lei xeral tributaria e demais normativa aplicable que a desenvolve.

DISPOSICIÓN FINAL

A presente ordenanza fiscal, foi aprobada polo Pleno da corporación na sesión que tivo lugar o día 26 de marzo de 2009 e entrará en vigor ó día seguinte ó da súa publicación definitiva no Boletín Oficial da Provincia.

DISPOSICIÓN DERROGATORIA

A presente ordenanza derroga a aprobada polo Pleno o 9 de maio de 2002 publicada no BOP número 171 do 27 de xullo de 2002.
Faise constar igualmente que contra o acto de aprobación definitiva, que pon fin á vía administrativa, os interesados poderán interpoñe-lo recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo que é o competente por razón do territorio, no prazo de dous meses que contan a partir do día seguinte ó da publicación deste acordo no Boletín Oficial da Provincia (segundo o artigo 46.1 da Lei 29/98 de 13 de xullo, lei da xurisdicción contencioso-administrativa).