Carballo - ORDENANZA FISCAL Nº 4, REGULADORA DO IMPOSTO SOBRE CONSTRUCCIÓNS, INSTALACIÓNS E OBRAS, E ORDENANZA XERAL REGULADORA DALGÚNS ASPECTOS XERAIS SOBRE AS LICENCIAS URBANÍSTICAS

Publicación provisional: 10/05/2004 BOP Nº: 105
Publicación definitiva: 10/08/2004 BOP Nº: 183
Aplicable dende: 09/05/2018

ARTIGO 1º.- FUNDAMENTO E RÉXIME.

1.- No uso das facultades conferidas pola Constitución, polo artigo 106 da Lei 7/1985, do 2 de abril, de bases do réxime local, e dacordo co previsto no artigo 59.2. do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei de facendas locais (TRLRHL en diante), este Concello establece o Imposto sobre Construccións, Instalacións e Obras.

2.- Este imposto rexerase polo disposto nos artigos 100 a 103 do TRLRHL, polas disposicións que o desenvolvan e polo disposto na presente Ordenanza.

ARTIGO 2º.- FEITO IMPOÑIBLE.

1.- O Imposto sobre Construccións, Instalacións e Obras é un tributo indirecto, e o seu feito impoñible está constituido pola realización, dentro do termo municipal, de calquera construcción, instalación ou obra para a que se esixa a obtención da correspondente licenza de obras ou urbanística, téñase obtido ou non a dita licenza, ou para a que se esixa a presentación de declaración responsable ou comunicación previa -nos termos previstos na Ordenanza municipal reguladora do exercicio de actividades de apertura de establecementos e da realización de determinadas obras menores -sempre que a expedición da licenza ou a actividade de control corresponda ao Concello de Carballo.

2.- Son actos suxeitos a previa licenza -ou susceptibles de se incorporar a unha comunicación previa ou declaración responsable, segundo estableza a normativa vixente-, sen prexuízo das demáis autorizacións que poidan esixirse segundo a lexislación que sexa aplicable ao caso concreto, e constitutivos do feito impoñible deste imposto, entre outros:

a) Obras de construcción de edificacións e instalacións de toda clase de nova pranta.

b) Obras de ampliación de edificios e instalacións de todas as clases existentes.

c) Obras de modificación ou reforma que afecten á estructura dos edificios e instalacións de todas as clases existentes.

d) Obras de modificación do aspecto exterior dos edificios e instalacións de todas as clases existentes.

e) Obras que modifiquen a disposición interior dos edificios.

f) Obras e usos que se teñan que realizar con carácter porvisional no caso en que estean xustificadas, que deberán demolerse cando o acorde o Concello, sen dereito a indemnización.

g) Movementos de terra, tales coma desmontes, explanacións, escavacións e terrapléns, obras de instalacións de servizos públicos e, en xeral, as relacionadas coa urbanización, excepto que estes actos fosen detallados e programados como obras a executar nun proxecto de urbanización definitivamente aprobado ou de edificación que dispoña de licenza outorgada.

h) A demolición das construccións, agás nos casos declarados de ruína inminente.

i) As instalacións subterráneas adicadas a estacionamentos, actividades industriais, mercantís ou profesionais, servizos públicos ou calquera outro uso a que se destine o subsolo.

k) As obras de construcción de infraestructura civil, agás que estes actos fosen detallados e programados coma obras a executar nun plan especial ou nun instrumento de ordenación territorial, sen prexuízo do disposto na lexislación sectorial aplicable.

l) As construccións nas zonas de dominio público, sen prexuízo do disposto na lexislación sectorial aplicable.

m) A instalación ou radicación de casas prefabricadas e instalacións similares, provisionais ou permanentes, agás que se efectúen dentro de campamentos legalmente autorizados e nas zonas expresamente previstas para a dita finalidade.

n) A instalación de invernadoiros.

ñ) A colocación de carteis e paneis de propaganda visibles desde a vía pública, sempre que non estean en locais pechados.

o) Os cerramentos e valados de predios.

p) As obras de apertura de accesos a parcelas en solo rústico, agás as autorizadas polo organismo competente en materia agraria e/ou forestal.

q) Obras de fontanería e sumidoiros.

r) Instalación de elementos permanentes, tales coma postes, torretas, etc..., de telefonía móbil, transmisións e similares, sobre inmobles.

s) Obras nos cemiterios.

t) Calquera outra construcción, instalación ou obra que requira licenza urbanística segundo o previsto na lexislación vixente sobre o solo.

3.- Son actos suxeitos a comunicación previa ou declaración responsable os que así estean previstos na normativa vixente, e, en concreto, os sinalados na Ordenanza municipal reguladora do exercicio de actividades de apertura de establecementos e da realización de determinadas obras menores.

ARTIGO 3º.- EXENCIÓNS.

Está exenta do pagamento do imposto a realización de calquera construcción, instalación ou obra da que sexa titular o Estado, a Comunidade Autónoma de Galicia ou a Deputación Provincial de A Coruña, que, estando suxeitas ao mesmo, vaian ser directamente destinadas a estradas, ferrocarrís, portos, aeroportos, obras hidráulicas, saneamento de vilas e das súas augas residuais, aínda que a súa xestión se leve a cabo por organismos autónomos, tanto se trate de obras de inversión nova coma de conservación.

ARTIGO 4º.- SUXEITOS PASIVOS.

1.- Son suxeitos pasivos deste imposto, a título de contribuintes, as persoas físicas, as persoas xurídicas ou entidades do artigo 35.4 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria, que sexan donos da construcción, instalación ou obra, sexan ou non propietarios do inmoble sobre do que se realice aquela. A este efectos previstos, terá a consideración de dono da construcción, instalación ou obra quen soporte os gastos ou o custe que comporte a súa realización.

2.- No suposto de que a construcción, instalación ou obra non sexa realizada polo suxeito pasivo contribuinte, terán a condición de suxeitos pasivos substitutos do mesmo aqueles que soliciten as correspondentes licenzas ou presenten as correspondentes declaracións responsables ou comunicacións previas, ou quenes realicen as construccións, instalacións ou obras. O susbtituto poderá esixir do contribuinte o importe da cota tributaria satisfeita, consonte ás normas do Dereito Privado.

ARTIGO 5.- BASE IMPOÑIBLE.

1.- A base impoñible do imposto está constituida polo custe real e efectivo da construcción, instalación ou obra, entendéndose por tal, a estes efectos, o custe de execución material daquela.

Non forman parte da base impoñible:

a) O Imposto sobre o Valor Engadido e demáis impostos análogos propios de réximes especiais.

b) As taxas, prezos públicos e demáis prestacións patrimoniais de carácter público local relacionadas, no seu caso, coa construcción, instalación ou obra.

c) Os honorarios de profesionais.

d) O beneficio empresarial do contratista, no suposto de que éste esista. Nos supostos de autopromoción polo propio construtor non se poderá deducir o beneficio empresarial de terceiros subcontratistas que facturen directamente ao promotor-construtor que sexa dono da obra.

e) Calquera outro concepto que non integre, estrictamente, o custe de execución material.

2.- O cálculo da base impoñible a efectos da liquidación provisional do imposto realizarase:

a) Nos supostos de obra menor, polos propios interesados, para cumprimentar a obriga de autoliquidación do imposto, no modelo normalizado aprobado pola Alcaldía, tomando como referencia para a contificación da mesma o Presuposto de Execución Material segundo os módulos establecidos no Anexo da presente Ordenanza, esto é, os módulos do Anexo I, se resultasen de aplicación ao caso, ou, no seu defecto, os do Anexo II, coa excepción prevista no parágrafo segundo do art. 14.2 da presente Ordenanza, é dicir, aqueles supostos de obra menor que soliciten a aplicación dalgunha das bonificacións previstas no art. 11 desta norma, nos que será determinada pola Administración segundo o previsto no parágrafo seguinte.

b) Nos supostos de obra maior, será determinada pola Administración, a través da Área de Urbanismo e Obras, tomando como referencia o Anexo I desta Ordenanza, e o Anexo II para os supostos nos que sexa de imposible aplicación o previsto no Anexo I.

c) Cando do proxecto ou solicitude presentada se infira que o orzamento presentado polo interesado consonte á súa propia valoración, sendo superior ao determinado consonte aos módulos expresados nos apartados a) e b), é máis axeitado á realidade da obra, estarase ao aportado polo interesado.

ARTIGO 6º.- OBRAS MAIORES.

Terán a consideración de obras maiores:

a) Obras de construcción de edificacións e instalacións de toda clase de nova pranta, sexa cal sexa a súa entidade.

b) Obras de ampliación de edificios e instalacións de todas as clases existentes.

c) Obras de modificación ou reforma que afecten á estructura dos edificios e instalacións de todas as clases existentes, e obras de rehabilitación integral.

d) Substitución de cubertas de calquera edificio ou instalación., cando non supoñan a mera substitución do material de cuberta, senón que supoñan a substitución, reforma, ampliación, reforzo, ou calquera outra operación sobre da substentación da cuberta.

e) Obras de modificación do aspecto exterior dos edificios e instalacións de todas as clases existentes, salvo os pintados de fachadas

f) Obras que modifiquen a disposición interior de calquera edificio ou instalación., ou supoñan a alteración do número de locais e/ou vivendas.

g) Obras que supoñan a alteración das instalacións e servizos de uso común de calquera edificio ou instalación.

h) Obras que supoñan a alteración do volume ou do uso de calquera edificio ou instalación.

i) Obras que afecten á cimentación de calquera edificio ou instalación.

j) Obras que impliquen a sobreelevación de calquera edificio ou instalación.

k) Obras que incidan nas condicións de habitabilidade e seguridade de calquera edificio ou instalación

l) As parcelacións urbanísticas.

m) A realización de muros de contención.

n) Calquera actuación en edificacións declaradas bens de interese cultural.

o) Os movementos de terras tales coma dragaxes, defensas de ríos e rectificación de leitos, abancalamentos, desmontes, recheos e outras análogas que supoñan alteracións de topografía, segundo o previsto no art. 331 a) da Lei 9/2002, de Galicia.

p) As obras de demolición de edificacións.

ARTIGO 7º.- OBRAS MENORES.

Terán a consideración de obras menores:

a) Os pintados nas fachadas, as reparacións de fachadas de escasa entidade, e a substitución de fiestras por outras análogas.

b) Os cambios de material de cubrición, sen afectar directa ou incidentalmente á estructura e sempre que non supoñan un incremento do volume da edificación.

c) Os cerramentos de parcela distintos aos previstos no artigo anterior.

d) Aquelas sinaladas no art. 15 da Ordenanza municipal reguladora do exercicio de actividades de apertura de establecementos e da realización de determinadas obras menores.

e) As demáis que, pola súa escasa entidade, así o aconsellen.

ARTIGO 8º.- DOCUMENTACIÓN A ACHEGAR. OBRAS MAIORES.

1.- Os interesados en solicitar licenzas de obras ou urbanísticas calificadas coma maiores deberán presentar, en todo caso:

a) Proxecto completo redactado por técnico competente, visado nos casos nos que regulamentariamente resulte esixible, cun exemplar para cada un dos organismos que teñan que informar a solicitude. O dito proxecto é o conxunto de documentos que definan as actuacións a realizar co suficiente contido e detalle para permitir á Administración coñecer o obxecto das mesmas e decidir se se axusta ou non á normativa urbanística aplicable e ás condicións legalmente esixibles, debendo conter unha memoria urbanística coma documento independente, indicando o uso e finalidade da construcción ou actuación proxectada, razoando a súa adecuación á normativa vixente, con expresa indicación da clasificación e calificación do solo obxecto da actuación e da normativa e ordenanza aplicables ao mesmo, razoando o cumprimento da súa adaptación ao ambiente. b) Acompañaranse planos de situación, sobre a cartografía do planeamento municipal vixente, a escala adecuada, e calquera información gráfica que resulte precisa para respaldar o seu contido.

c) Memoria xustificativa do cumprimento da condicións de accesibilidade e supresión de barreiras arquitectónicas.

d) Documento acreditativo da titularidade dalgún dereito real ou de superficie sobre do solo ou inmoble sobre o que se pretende edificar, ou calquera outro que habilite legalmente para a realización dos labores solicitados.

e) En todo caso, localización en plano catastral da parcela sobre da que se pretenda actuar, ou identificación con referencia catastral do inmoble ou parcela.

2.- Ademáis do disposto, con carácter xeral, no parágrafo primeiro deste artigo, deberanse presentar, en cada un dos seguintes casos particulares:

2.1.- Obras de construcción e instalacións de nova planta, ampliación, modificación, reforma, alteración do volume, sobreelevación ou que incidan nas condicións de habitabilidade, seguridade e/ou accesibilidade de calquera edificación ou instalación:

a) Proxecto asinado por técnico competente segundo a Lei 38/99 de ordenación da edificación (L.O.E. en diante), e visado polo correspondente Colexio Profesional nos casos en que regulamentariamente sexa esixible, no que se incluirán todos os apartados e anexos xustificativos do cumprimento da normativa urbanística e das condicións de accesibilidade, habitabilidade, seguridade e salubridade.

b) Nomeamentos dos técnicos encargados da dirección das obras e da súa execución, segundo o especificado na L.O.E. ou lexislación que a substitúa.

c) Folla de estatística de edificación e vivenda.

d) Anexo de control de calidade segundo o esixido pola normativa vixente.

e) Estudio de seguridade e saúde nos supostos contemplados no art. 4.1.a) do R.D. 1627/1997, do 24 de outubro, polo que se establecen disposicións mínimas de seguridade e saúde nas obras de construcción.

f) Estudio básico de seguridade e saúde nos proxectos de obras non incluidos nos supostos do art. 4.1.a) do R.D. 1627/1997.

g) Acreditación da superficie da parcela naqueles casos que resulte necesario pola aplicación da Ordenanza urbanística particular correspondente. Esta acreditación farase mediante calquera medio de proba admisible en Dereito.

h) Certificación catastral descritiva e gráfica, e de titularidade, da parcela sobre da que se pretenda actuar, se esta parcela se atopase inscrita no Catastro Inmobiliario coma un ben inmoble de natureza rústica. Non obstante, esta certificación poderá ser substituida por ficha catastral expedida polo propio Concello de Carballo, ou copia do último recibo do Imposto sobre Bens Inmobles, se se tratase dunha parcela inscrita no Catastro Inmobiliario coma un ben inmoble de natureza urbana ou un ben inmoble de características especiais.

i) Proxecto técnico de infraestructura común de telecomunicacións asinado por técnico competente segundo o regulamentariamente establecido, nos casos contemplados pola lexislación aplicable.

j) Cando se trate de actuacións en solo urbano consolidado, nos casos en que resulte necesario completar a obra urbanizadora para que a parcela alcance a condición de solar, deberase presentar o correspondente proxecto ordinario de obras de urbanización.

k) Cando se trate de actuacións en solo de núcleo rural, cando resulte necesario deberase presentar proxecto de obra ordinaria de urbanización para a regularización do viario e conexión cos servizos existentes no núcleo.

l) Reportaxe fotográfica, con vistas da parcela/edificación tomadas desde a vía pública á que dea fronte, nas que se reflicta o seu estado actual, tanto da parcela/solar/edificación, como da vía e urbanización.

2.2.- Obras de nova construcción e edificación de escasa entidade e de ocupación ocasional (galpóns agrícolas, cobertizos, locais para garda de ferramenta ou aperos...), e sempre que non superen os 25 metros cadrados:

a) Proxecto asinado por técnico competente segundo a L.O.E., no que queden claras as condicións constructivas e formais da edificación, no que se incluirá memoria xustificativa do cumprimento da normativa urbanística, e plano de situación sobre cartografía urbanística do concello.

b) Acreditación da superficie da parcela mediante calquera medio de proba aceptado en Dereito.

2.3.- Substitución de cubertas de calquera edificio ou instalación., cando non supoñan a mera substitución do material de cuberta, senón que supoñan a substitución, reforma, ampliación, reforzo, ou calquera outra operación sobre da substentación da cuberta, por afectar ao deseño exterior e supór un risco para as condicións de seguridade do edificio, dos predios colindantes e dos viandantes durante a súa execución; obras de modificación do aspecto exterior dos edificios e instalacións de todas as clases existentes, salvo os pintados de fachadas; obras que modifiquen a disposición interior de calquera edificio ou instalación., ou supoñan a alteración do número de locais e/ou vivendas; obras que supoñan a alteración das instalacións e servizos de uso común de calquera edificio ou instalación; obras que supoñan a alteración do volume ou do uso de calquera edificio ou instalación; obras que afecten á cimentación de calquera edificio ou instalación; obras que afecten á realización de muros de contención:

a) Proxecto técnico completo, asinado por técnico competente segundo a L.O.E. e visado polo Colexio profesional correspondente nos casos regulamentariamente esixibles, no que se incluirán os apartados e anexos xustificativos do cumprimento da normativa urbanística e das condicións de seguridade.

b) Nomeamento de técnico encargado da dirección e da dirección de execución das obras.

c) Estudio de seguridade e saúde ou estudio básico de seguridade e saúde, segundo proceda en aplicación do art. 4 do R.D. 1627/1997.

2.4.- Parcelacións urbanísticas. O proxecto de parcelación contará, como mínimo, con:

a) Plano de situación na cartografía urbanística municipal.

b) Certificación expedida polo Rexistro da Propiedade. Se a finca/s non estiveran inscritas, indicarase tal circunstancia na solicitude, acompañándose o título/s adquisitivo/s do/s que se disponía, así coma de certificación catastral descritiva, gráfica e de lindeiros das parcelas.

c) Memoria descritiva da finca inicial, sinalando lindeiros e accidentes, topografía superficie e demáis características das fincas, de forma inequívoca e precisa.

d) Memoria descritiva das fincas resultantes, sinalando os mesmos extremos que no disposto na letra anterior.

e) Copia do último recibo de I.B.I. de cada finca. Se non constase, referencia catastral de cada unha das fincas afectadas.

f) Plano da finca/s inicial a escala axeitada, e como mínimo a 1:1000, asinado por técnico competente onde se reflictan todas as características da finca e das edificacións existentes, no seu caso, sinaladas nas memorias.

g) Plano das fincas resultantes a escala axeitada, e como mínimo a 1:1000 coas mesmas indicacións que na letra anterior.

h) No caso de que existan edificacións nas mesmas, aportarase, ademáis, unha memoria indicando a superficie, o número de prantas e a distancia á vía pública e aos lindeiros de cada unha das fincas. Deberase realizar un estudio de edificabilidade e ocupación consumida polas ditas construccións, realizando unha comparativa de cumprimento de normativa, preferiblemente enforma de cadro comparativo de parámetros. Tamén, neste caso, se deberá aportar copia do último recibo de I.B.I.U.

i) No caso de agrupación e posterior parcelación, aportarase un plano similar aos anteriores -como mínimo a escala 1:1000- onde se identifique a parcela total resultante da agrupación.

j) Indicarase nas Memorias e nos Planos, para cada parcela resultante, a superficie de cesión prevista, a superficie de parcela bruta e a superficie de parcela neta).

2.5.- Obras de demolición de edificacións.

2.5.1.- Demolicións ordinarias.

a) Proxecto asinado por técnico competente e visado polo correspondente Colexio Profesional, nos casos regulamentariamente esixibles, no que consten, alomenos, os seguintes datos:

- Autor do encargo.

- Autor do proxecto.

- Datos do solar no que se asente o edificio (situación, forma, lindeiros, superficies e orientación).

- Descrición do sistema constructivo do edificio a derrubar, estado da construcción e idade aproximada.

- Indicación de se o edificio está nalgún catálogo que impida o seu derrubamento total ou parcial.

- Procedemento a utilizar para o seu derrubamento.

- Descrición da forma na que se realizará o derrubamento.

- Plano de situación sobre cartografía urbanística municipal.

- Plano de cada unha das plantas diferentes, a escala mínima de 1:100

- Alzado de todas as fachadas, a escala mínima de 1:100

- Sección, a escala.

- Fotografías de todas as fachadas e da urbanización colindante.

- Presuposto detallado, desglosándoo por partidas, ou ben simple en función da superficie do edificio a derrubar e do custe de derrubamento por metro cadrado.

b) Nomeamento do técnico encargado da direción e da direción de execución das obras, segundo o establecido na L.O.E. ou lexislación que a sustituia

c) Folla de estatística de edificación e vivenda.

d) Estudio ou estudio básico de seguridade e saúde, segundo proceda en virtude do disposto no art. 4 do R.D. 1627/1997.

2.5.2.- Demolicións inminentes.

Son aqueles casos declarados expresamente polo Concello, onde abonda coa realización da fase de dirección.

a) Folla de encargo.

b) Plano de emprazamento.

c) Fotografías de cada unha das fachadas do edificio a derrubar.

d) Fotocopia da declaración de ruina inminente.

e) Poderá acompañarse informe previo ou, no seu caso, paralelo ao derrubamento.

2.6.- Actuacións en edificacións declaradas bens de interese cultural ou incluidas no catálogo:

a) A documentación a presentar será a establecida nos apartados anteriores, segundo o caso, coa singularidade de ter que presentar proxecto por duplicado polo motivo de tramitación da autorización preceptiva do órgano competente en materia de protección do patrimonio histórico-cultural

2.7.- Movementos de terras.

a) Proxecto asinado por técnico competente, visado polo Colexio profesional correspondente, nos casos en que regulamentariamente sexa esixible, no que constarán, alomenos, os seguintes documentos:

- Plano de emprazamento referido á planimetría urbanística do Concello.

- Plano topográfico da parcela/s a que se refire a solicitude a escala axeitada e non menor de 1:1000, do estado actual no que se indiquen as cotas de altimetría, edificacións, arboreda existente, cursos fluviais, escorrentías e a posición en pranta e altura das fincas ou construccións veciñas que poidan ser afectadas.

- Plano topográfico a escala axeitada e non menor de 1:1000 do estado reformado coa mesma información ca no anterior.

- Plano de aliñacións oficiais se as houbera, e dos perfís que sexan necesarios para apreciar o volume e os efectos sobre do medio ambiente, vías públicas e propiedades colindantes, tanto do estado inicial coma do reformado.

- Memoria técnica complementaria, referida á documentación dos apartados anteriores.

- Comunicación da aceptación do facultativo designado coma director da obra.

2.8.- Obras en núcleos rurais.

a) No caso de edificacións de nova planta ou ampliacións en horizontal, coa finalidade de mostrar a integración da vivenda no terreo, o proxecto conterá un plano topográfico da parcela de emprazamento (planta e perfiles) reflexando, tanto o estado previo da parcela, como o estado tras da construcción da obra, no que se representará a edificación nos planos topográficos de planta e perfiles en congruencia cos planos de arquitectura de alzados.

b) Plano de emprazamento no que se reflexarán os catro servizos urbanísticos necesarios para edificar, co seguinte detalle e información:

- Vial de acceso: representación do viario colindante coa parcela, con acotación do seu largo e indicación do tipo de pavimentado co que conta.

- Abastecemento de auga: representación da forma de abastecemento (rede municipal, traída veciñal, pozo de captación, ¿). No caso de rede ou traída, trazarase a situación da conducción; no caso de pozo, sinalizarase a súa ubicación concreta na parcela.

- Evacuación de augas sucias: representación da solución da evacuación de augas grises e de pluviais (rede de sumidoiros municipal, fosa séptica, ¿). No caso de rede, trazarase a situación da conducción, no caso de fosa reflectirase a súa ubicación concreta na parcela.

- Suministro de electricidade: grafiado de liña de suministro (xeralmente de baixa tensión), tanto no caso de tendido eléctrico aéreo como no caso de rede soterrada.

c) No caso de edificacións en Núcleo Histórico-Tradicional, o proxecto conterá un apartado ou anexo de xustificación do cumprimento de condicións de edificación establecidas na lexislación do solo (artigo 29 da Lei 9/2002 de Ordenación Urbanística e Protección do Medio Rural de Galicia, ou lexislación que a sustituia). Dita memoria urbanística de cumprimento de condicións edificatorias, en congruencia co medio tradicional no que se insertan, contará con fotografías desde o interior da parcela que, como mínimo, reflictan as visuais existentes hacia os catro ventos principais.

3.- O incumprimento do deber de presentación de calquera elemento da documentación prevista na presente Ordenanza, unha vez requerido para a súa complitude, provocará a caducidade do expediente, que se arquivará sen máis trámite, notificándollo ao interesado.

ARTIGO 9º.- DOCUMENTACIÓN A ACHEGAR. OBRAS MENORES.

1.- Os interesados en solicitar licenzas de obras ou urbanísticas calificadas coma menores, sempre que non se trate das incluidas no procedemento simplificado de tramitación recollida no Capítulo VI da Ordenanza municipal reguladora do exercicio de actividades de apertura de establecementos e da realización de determinadas obras menores, deberán presentar, en xeral:

a) Memoria descritiva detallada, que será proporcionada en cada caso ao volume e envergadura das obras.

b) Presuposto detallado de execución material das obras.

c) En caso de que resulte necesario achegarase un croquis explicativo da obra a nivel básico.

d) Planos de situación sobre a planimetría urbanística municipal.

e) Localización en plano catastral da parcela/edificación sobre da que se pretenda actuar, ou indicación da referencia catastral completa.

f) No caso de licenza para actuar sobre unha edificación preexistente, copia do último recibo de I.B.I.U. ou no seu caso copia da solicitude de alta catastral.

g) Fotografías de estado actual da edificación, local ou parcela, segundo proceda. As imaxes presentadas permitirán observar o estado previo as obras solicitadas. E así, segundo o tipo de actuación, as fotografías mostrarán o seguinte:

- Obras en fachadas: vistas dos alzados afectados.

- Obras de cubertas: vistas de fachada-cuberta desde dous ou máis ángulos.

- Obras no interior de locais ou vivendas: vistas interiores dos elementos afectados e da fachada do inmoble.

- Cerramentos de parcela: vistas do vial contra o que se pretende pechar.

h) Indicarase a forma de xestión dos residuos da construcción xerados (e disporase en obra da documentación que acredite a xestión dos mesmos por xestor autorizado), todo elo en aplicación do Real Decreto 105/2008, polo que se regula a produción e xestión dos residuos da construción e demolición.

i) Identificación do promotor, do contratista, e do propietario da obra.

j) Xustificante do pago de tributos da autoliquidación do imposto, cando sexa procedente.

2.- Para o caso de obras menores de tramitación abreviada, con declaración responsable, o documentación a presentar será a especificada no Capítulo VI da Ordenanza municipal reguladora do exercicio de actividades de apertura de establecementos e da realización de determinadas obras menores.

3.- O incumprimento do deber de presentación de calquera elemento da documentación prevista na presente Ordenanza, ou da prevista no no Capítulo VI da Ordenanza municipal reguladora do exercicio de actividades de apertura de establecementos e da realización de determinadas obras menores, unha vez requerido para a súa complitude, provocará a caducidade do expediente, que se arquivará sen máis trámite, notificándollo ao interesado.

ARTIGO 10º.- COTA TRIBUTARIA ÍNTEGRA.

1.- A cota tributaria virá determinada pola aplicación do tipo de gravame sobre a base impoñible.

2.- O tipo de gravame queda fixado en:

a) Para os feitos impoñibles realizados sobre dos terreos calificados coma urbanos, xa sexan urbanos consolidados ou non consolidados, e urbanizables, delimitados ou non delimitados, consonte ás definicións contidas nos artigos 11, 12 e 14 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia e demáis normativa aplicable, o tipo de gravame será do ................................................. 2,5 %,

b) Para os feitos impoñibles realizados sobre dos terreos calificados coma solo de núcleo rural no artigo 13 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia e demáis normativa aplicable, así coma dos calificados coma rústicos no artigo 15 da mesma norma e demáis normativa aplicable, o tipo de gravame será do .................. 2 %.

ARTIGO 11º.- BONIFICACIÓNS POTESTATIVAS DO TRLRHL 2/2004.

1.- O Concello de Carballo, en virtude do previsto no art. 103.2 do TRLRHL establece as seguintes bonificacións:

1.1.- BONIFICACIÓN DO ART. 103.2. a) TRLRHL.

Dacordo co previsto no artigo 103.2. a) do TRLRHL, o Pleno da Corporación poderá conceder unha bonificación de ata o 95 por 100 sobre a cota tributaria en favor das construccións, instalacións ou obras destinadas á realización de actividades industriais ou comerciais, cando as mesmas sexan declaradas en cada caso concreto de especial interés ou utilidade municipal polo devandito órgano, por concorrer circunstancias que poñan de manifesto a creación de emprego (apartado A) ou servan para a modernización do comercio de locais comerciais (Apartado B). As bonificacións previstas en cada un dos apartados serán incompatibles entre sí, debéndose cumprir os seguintes requisitos:

A) BONIFICACIÓN POLA CREACIÓN DE EMPREGO:

A.1) Creación de emprego na pequena e mediana empresa:

A bonificación poderá ser concedida ás pequenas e medianas empresas, considerándose coma tales as que se adiquen á fabricación ou venda de productos en áreas únicas de superficie inferior a 400 metros cadrados, ou, ainda en superficies superiores, cando non poidan ser encadradas nas actividades do epígrafe A.2) do presente artigo, se cumpren os requisitos que seguen:

1.º.-Creación de novos postos de traballo por parte promotor ou titulado do establecemento mercantil das obras, que deben ser cubertos por persoas empadroadas en Carballo con alomenos dous anos de antigüidade e que non tivesen unha relación laboral dependente co promotor ou titulado do establecemento mercantil nos últimos cinco anos. Se o número de postos creado fose igual ou superior a catro, o 25% dos novos contratos ha de ser de carácter indefinido. Cando resulte un número de contratos indefinidos non enteiro, redondearase ao enteiro inferior.

2.º.-Que a execución material das construccións, instalacións ou obras sexa realizada por un empresario que teña o seu domicilio fiscal establecido en Carballo con alomenos un ano de antigüidade.

Acreditado o cumprimento destes dous requisitos, a porcentaxe de bonificación determinarase en función do presuposto de execución material da construcción, instalación ou obra e do número de novos postos de traballo creados, de acordo cos seguintes cadros:

PRESUPOSTOS DE EXEC. MATERIAL

PUNTOS

POSTOS DE TRABALLO DE NOVA CREACIÓN

PUNTOS

Ata 100.000 €

1

1

4

100.000,01 a 150.000 €

2

2

6

150.000,01 a 200.000 €

3

3

7

200.000,01 a 250.000 €

4

4 ou máis

8

Máis de 250.000 €

5

 

 

Porcentaxe de bonificación:

PUNTOS

% BONIFICACIÓN

5

50%

6

60%

7

70%

8

80%

9

95%

A.2) Creación de emprego por superficies comerciais e áreas de comercio mixto ou multiproducto:

Considéranse áreas de comercio mixto ás superficies de comercio en grandes almacéns, entendendo por tales aqueles establecementos que ofrezan un surtido amplo e, en xeral, profundo, de varias gamas de productos -principalmente artículos para o equipamento do fogar, confección, calzado, perfumería, alimentación, etc- presentados en departamentos múltiples, con ou sen a asistencia de persoal de venda, e que poñen, ademáis, diversos servizos a disposición dos clientes, sempre e cando a superficie total, incluidos toda clase de locales de explotación vinculada ou dependente, supere os 400 metros cadrados.

En tal sentido, considérase como única explotación aquela que, constando de diversos módulos constructivos, físicamente independentes, sexa xestionada directa ou indirectamente pola mesma entidade mercantil ou por outras vinculadas á mesma ou pertencentes ao mesmo grupo de sociedades, aínda que desenvolvan actividades non estrictamente encadradas no grupo 66 da Clasificación Nacional de Actividades Económicas contemplada no R.D. 1175/1990, do 28 de setembro, polo que se aproban as Tarifas e a Instrucción do Imposto sobre Actividades Económicas.

Os requisitos para a concesión da bonificación nestes casos son os que seguen:

1.º.-Creación de novos postos de traballo por parte do promotor ou titulado do establecemento mercantil das obras, que deben ser cubertos por persoas empadroadas en Carballo con alomenos dous anos de antigüidade e que non tivesen unha relación laboral dependente co promotor ou titulado do establecemento mercantil nos últimos cinco anos. En todo caso, o 25% dos novos contratos ha de ser de carácter indefinido. Cando resulte un número de contratos indefinidos non enteiro, redondearase ao enteiro inferior.

2.º.-Que a execución material das construccións, instalacións ou obras sexa realizada por un empresario que teña o seu domicilio fiscal establecido en Carballo con alomenos un ano de antigüidade.

Acreditado o cumprimento destes dous requisitos, a porcentaxe de bonificación determinarase en función do presuposto de execución material da construcción, instalación ou obra e do número de novos postos de traballo creados, de acordo cos seguintes cadros:

 

Puntuación dos requisitos:

PRESUPOSTOS DE EXEC. MATERIAL

PUNTOS

POSTOS DE TRABALLO DE NOVA CREACIÓN

PUNTOS

Ata 3.000.000 €

1

15-50

1

De 3.000.000,01 a 6.000.000 €

2

51-125

2

De 6.000.000,01 a 9.000.000 €

3

126-200

3

De 9.000.000,01 a 12.000.000 €

4

201-275

4

De 12.000.000,01 a 15.000.000 €

5

Máis de 275

5

Máis de 15.000.000 €

6

 

 

Porcentaxe de bonificación:

PUNTOS

% BONIFICACIÓN

7

50%

8

60%

9

70%

10

80%

11

95%

2.-A bonificación regulada no apartado anterior será de carácter rogado, debendo presentar o suxeito pasivo a correspondente solicitude, coa que se adxuntarán os documentos acreditativos do cumprimento dos requisitos establecidos en cada caso. Para xustificar o requisito da contratación de traballadores abondará inicialmente coa presentación dunha declaración xurada por parte do promotor ou titulado mercantil das obras, na que figuren os datos dos traballadores que van a ser contratados cando se rematen as obras. Neste suposto, a bonificación concederase baixo condición resolutoria, de maneira que de non presentarse copia autenticada dos correspondentes contratos de traballo no prazo de seis meses desde o remate das obras, quedará sen efecto a bonificación concedida e a Tesourería Municipal esixirá o importe da bonificación pola vía de constrinximento.

3.-As construccións, instalacións ou obras que se inicien sen terse concedido a licenza municipal -sempre e cando sexa preceptiva e non se trate do suposto previsto no Capítulo VI da Ordenanza municipal reguladora do exercicio de actividades de apertura de establecementos e da realización de determinadas obras menores,, ou presentado a declaración responsable ou comunicación previa, no seu caso, non poderán acorllerse aos beneficios fiscais previstos neste artigo.

B) MODERNIZACIÓN DE LOCAIS COMERCIAIS DA PEQUENA E MEDIANA EMPRESA.

Seguindo os criterios de delimitación dos casos previstos para o apartado A), cando cumpran os seguintes requisitos:

1º/ Que se trate de obras de reforma, rehabilitación ou reparación de comercios abertos con máis de cinco anos de antigüidade.

2º/ Que as obras sexan executadas por un empresario que teña o seu domicilio fiscal establecido en Carballo con alomenos un ano de antigüidade.

Acreditado o cumprimento destes dous requisitos, a porcentaxe de bonificación virá determinada polo importe do presuposto de execución material da obra, segundo o seguinte cadro:

PRESUPOSTO DE EXEC. MATERIAL

PORCENTAXE BONIFICACIÓN

Ata 18.000 €

25 %

De 18.000,01 a 30.000 €

50 %

Mais de 30.000 €

95 %

2.- A bonificación regulada no apartado anterior será de carácter rogado, debendo presentar o o suxeito pasivo a correspondente solicitude, coa que se adxuntarán os documentos acreditativos do cumprimento dos requisitos establecidos en cada caso. Para xustificar o requisito da contratación de traballadores abondará inicialmente coa presentación dunha declaración xurada por parte do promotor ou titulado mercantil das obras, na que figuren os datos dos traballadores que van a ser contratados cando se rematen as obras. Neste suposto, a bonificación concederase baixo condición resolutoria, de maneira que de non presentarse copia autenticada dos correspondentes contratos de traballo no prazo de seis meses desde o remate das obras, quedará sen efecto a bonificación concedida e a Tesourería Municipal esixirá o importe da bonificación pola vía de constrinximento.

3.-As construccións, instalacións ou obras que se inicien sen terse concedido a licenza municipal -sempre e cando sexa preceptiva e non se trate do suposto previsto no Capítulo VI da Ordenanza municipal reguladora do exercicio de actividades de apertura de establecementos e da realización de determinadas obras menores,, ou presentado a declaración responsable ou comunicación previa, no seu caso, non poderán acorllerse aos beneficios fiscais previstos neste artigo.

1.2.- BONIFICACIÓN DO ART. 103.2. b) TRLRHL.

Gozarán dunha bonificación do 95 % da cota do imposto as construccións, instalación ou obras que consistan en incorporar sistemas para o aproveitamento término ou eléctrico da enerxía solar, restrinxida ao custe de instalación e obra dos ditos sistemas, e non extensible, por tanto, ao custe total da instalación, construcción ou obra. A bonificación deberá solicitarse xunto coa petición da licenza municipal ou coa presentación da declaración responsable ou comunicación previa, e deberá desglosarse o presuposto e compoñentes da actuación que se refiren á montaxe e incorporación do sistema. A aplicación desta bonificación quedará condicionada a que as instalacións para a producción de calor inclúan colectores que dispoñan da correspondente homologación da Administración competente.

1.3.- BONIFICACIÓN DO ART. 103.2. d) TRLRHL.

Gozarán dunha bonificación do 50 % as construccións, instalacións ou obras referentes ás vivendas de protección oficial. Deberá solicitarse xunto coa petición de licenza municipal.

1.4.- BONIFICACIÓN DO ART. 103.2. e) TRLRHL.

Gozarán dunha bonificación do 90 % todas as construccións, instalacións ou obras tendentes a facilitar as condicións de acceso e habitabilidade dos discapacitados, tan só sobre do custe referido á adaptación ou mellora. Deberá solicitarse xunto coa petición de licenza municipal ou coa presentación da comunicación previa ou declaración responsable, e estará supeditada á posterior comprobación do cumprimento das condicións urbanísticas aplicables á adaptación para persoas minusválidas.

2.- As bonificacións dos parágrafos 1.3 e 1.4 serán aplicables simultáneamente, de xeito que se aplicará primeiro a do parágrafo 1.3, e, sobre a cota restante, a do parágrafo 1.4.

3.- A bonificación do parágrafo 1.2. non será simultaneable con ningunha das outras.

4.- A bonificación prevista no parágrafo 1.1 non será compatible coas previstas nos parágrafos 1.2 e 1.3, senón tan só coa prevista no parágrafo 1.4 deste artigo.

ARTIGO 12º.- COTA TRIBUTARIA LÍQUIDA.

A cota tributaria líquida será o resultado de practicar, no seu caso, sobre da cota tributaria íntegra, as bonificacións previstas nesta Ordenanza, que reducirá a súa contía na porcentaxe a que haxa dereito.

ARTIGO 13º.- DEIVINDICACIÓN: NACEMENTO DA OBRIGA TRIBUTARIA.

1.- O imposto retribuirase no momento de comenzar a construcción, instalación ou obra, aínda que non se obtivera a correspondente licenza, ou non se tievera presentado a preceptiva comunicación previa ou declaración responsable.

2.- Nos supostos de inicio das obras sen se teren presentado as preceptivas solicitudes de licenza, ou comunicación previa ou declaración responsable, a data de inicio das obras será tida en conta aos efectos de determinar a falta de ingreso das cotas, que suporá a esixibilidade dos recargos de constriximento ou a comisión de infracción tributaria por falta de ingreso do imposto.

ARTIGO 14º.- NORMAS DE XESTIÓN.

1.- O procedemento de xestión do tributo será diferenciado en función do tipo de obra do que se trate.

2.- No suposto de solicitude de licenzas de obra menor, ou da presentación de declaracións responsables ou comunicacións previas que comporten a realización de obras de tal condición, o interesado deberá acompañar á solicitude da licenza, á comunicación previa ou á declaración responsable, o xustificante de pagamento da autoliquidación do I.C.I.O. no modelo normalizado aprobado polo Concello, determinándose a base impoñible da súa declaración-liquidación aplicando os módulos establecidos no Anexo desta Ordenanza. A Administración tributaria poderá ditar unha liquidación provisional modificando a autoliquidación nos supostos nos que se aprecie un erro na confección da mesma, xa sexa aritmético ou formal coma de interpretación dos elementos determinantes da aplicación dos módulos previstos na presente Ordenanza, que determine unha errónea estimación da base impoñible ou do tipo de gravame, sen prexuízo da ulterior comprobación da obra efectivamente executada para efectuar a liquidación definitiva do imposto.

Nos supostos de obras menores que desexen acollerse ás bonificacións contidas no art. 11 da presente Ordenanza, non será de aplicación o réxime de autoliquidación, someténdose ao réxime de liquidación administrativa previsto no parágrafo seguinte para as obras maiores.

3.- No suposto de solicitude de licenza de obra maior, cando se tome o acordo de conceder a licenza, aprobarase asimesmo a correspondente liquidación provisional, que deberá ser notificada de inmediato ó suxeito pasivo nos termos establecidos na Lei Xeral Tributaria.

4.- Á vista das construccións, instalacións ou obras realizadas e do custe real e efectivo das mesmas, o Concello, previa a oportuna comprobación administrativa, modificará, no seu caso, a base impoñible e practicará a correspondente liquidación definitiva, esixindo ao suxeito pasivo ou devolvéndolle, no seu caso, a cantidade que corresponda. Esta devolución terá o carácter de devolución derivada das normas do propio tributo segundo o previsto no art. 31 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, Xeral Tributaria.

O prazo máximo para realizar a Administración ou solicitar o interesado a comprobación definitiva será de catro anos, contados desde a data que sexa acreditada coma de finalización de obra. A estes efectos, a dita data será a da escritura notarial de finalización da obra. Os certificados emitidos polos técnicos competentes en materia de edificación non terán validez acreditativa por sí sós, sendo, simplemente considerados coma indicios de proba.

Corresponde ao Servizo de Xestión e Inspección Tributaria e Catastral, mediante o oportuno expediente de comprobación ou inspección, determinar o custe real e efectivo de realización da obra, para o que poderá acudir aos seguintes medios:

a) Estimación directa: mediantes facturas, certificacións de obra, exame da contabilidade do suxeito pasivo, presupostos de obra e calesquera outros medios directos de proba admisibles en dereito.

b) Estimación indirecta: mediante os medios previstos na Lei xeral Tributaria. En especial, mediante informes ou ditames emitidos polos técnicos competentes da Área de Urbanismo e Obras aos efectos de determinar o coste de execución material das obras.

5.- Os suxeitos pasivos virán obrigados a presentar solicitude de licenza urbanística, comunicación previa ou declaración responsable, nos casos e modos que sinala a normativa aplicable ao solo e á edificación, tanto estatal, coma autonómica e local, así coma

A dita solicitude de licenza urbanística, presentación de declaración responsable ou comunicación previa, terá o valor de declaración tributaria, por canto dos elementos que acompañan a aquela poderase deducir a base impoñible do imposto. De non mediar solicitude de licenza, comunicación previa ou declaración responsable, antes do inicio das obras, a conducta, sen prexuízo das súas repercusións urbanísticas, constituirá unha infracción tributaria, segundo o disposto no artigo seguinte.

ARTIGO 15º.- INFRACCIÓNS E SANCIÓNS.

En materia de infraccións e de sancións, serán aplicables, segundo dispón o artigo 11 do TRLRHL, o disposto na Lei xeral tributaria, e nas disposicións que a complementen e desenvolvan.

DISPOSICIÓN TRANSITORIA PRIMEIRA.

Esta Ordenanza será aplicable, nos seus aspectos tributarios, a todas aquelas obras que aínda non fosen iniciadas na data da súa entrada en vigor, aínda que a solicitude das mesmas fora anterior á data de entrada en vigor da Ordenanza, e incluso aínda que teñan obtido a pertinente licenza con anterioridade á entrada en vigor da mesma, se aínda non se tivera iniciado a construcción, instalación ou obra.

Esta Ordenanza non se aplicará, nos seus aspectos non tributarios, até a súa entrada en vigor, unha vez transcorrido o prazo previsto no art. 65.2 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local. Polo tanto, os procedementos iniciados con anterioridade á entrada en vigor desta Ordenanza seguirán o seu curso sen aplicar as normas clasificatorias que sexan de nova creación, salvo que o estado de tramitación aínda puidera permitir a aplicación nalgunha fase do procedemento administrativo, e sempre que elo non conleve a denegación dunha licenza que, doutro xeito, se tivera outorgado.

DISPOSICIÓN TRANSITORIA SEGUNDA.-

As declaracións responsables ou comunicacións previas que, presentadas antes da entrada en vigor desta Ordenanza, se referisen a obras que, á data de entrada en vigor aínda non se atopen iniciadas, suxeitaranse ao sistema de xestión de liquidación administrativa, practicándose pola Administración a liquidación provisional do imposto en calquera momento antes do remate das obras, ao longo do procedemento de verificación administrativa recollido na Ordenanza municipal reguladora do exercicio de actividades de apertura de establecementos e da realización de determinadas obras menores.

DISPOSICIÓN TRANSITORIA TERCEIRA.

A modificación operada nas contías do presuposto de execución material do art. 11.1.1.A), modificando as contías dos tramos de puntuación a efectos da bonificación por fomento do emprego local, aplicarase a todas aquelas solicitudes que aínda non tivesen obtido a licenza municipal, ou a conformidade á comunicación previa, ou ás obras iniciadas con posterioridade á entrada en vigor da mesma, se o dito inicio non fose constitutivo de infración urbanística.>>

DISPOSICIÓN DERRADEIRA.-

Esta Ordenanza entrará en vigor ao día seguinte ao da publicación do anuncio da súa aprobación definitiva no Boletín Oficial da Provincia, agás no establecido no parágrafo segundo da Disposición Transitoria Primeira.

ANEXOS

ANEXO I:

CÁLCULO DO PRESUPOSTO DE EXECUCIÓN MATERIAL DE OBRAS MAIORES

1. NORMAS XERAIS

1.1. CRITERIOS DE VALORACIÓN

1.1.1.- Un traballo considerarase incluido no apartado que lle corresponde dacordo co destino predominante da superficie, desglosándose ou non, segundo o bo xuízo do arquitecto, as superficies destinadas a usos minoritarios.

1.1.2. - A superficie total construida é a suma da superficie de cada unha das prantas do edificio, medida dentro dos límites definidos polas líneas perimetrais das fachadas, tanto exteriores coma interiores, e os eixos dos medianís compartidos, de ser o caso.

Nos edificios de vivendas, as superficies de desváns accesibles, que polas súas características constructivas e tipolóxicas sexan susceptibles de seren destinadas a vivenda, serán incluídas no cómputo cando a súa altura libre sexa superior a 1,5 mts. e serán valoradas co uso de vivenda.

1.2. TRABALLOS POR FASES

1.2.1.- En aplicación do R.D. 2512/1977 sempre será posible contratar e realizar un traballo por fases.

1.2.2.- Cando un traballo se realice por fases, aplicarase en cada fase o Módulo básico Mb vixente no momento da comprobación de cada unha delas. Nos Proxectos de Execución aplicarase o mesmo módulo que no Proxecto Básico se aínda non transcorreron seis meses desde a tramitación deste último. No caso contrario, e se o Módulo básico vixente fose distinto, aplicarase o novo módulo.

1.2.3.- Cando o encargo sexa en misión completa, xunto co Proxecto básico poderán acompañarse os oficios de dirección.

1.2.4.- Nos Proxectos de Execución incluiranse medicións e presuposto de execución material con desglose suficiente por unidades de obra e capítulos, presuposto que poderá ser estimado por calquera método de cálculo, aínda que se recomenda utilizar como valor de referecia o resultante da aplicación deste Manual.

1.2.5.- Nos encargos que contemplen exclusivamente o Proxecto Básico, ou o Proxecto Básico e de Execución, non se entregarán os oficios de dirección por non estar contratada esta fase.

2.-ESTIMACIÓN SIMPLIFICADA DOS PRESUPOSTOS DE EXECUCIÓN MATERIAL DA EDIFICACIÓN

2.1.- DEFINICIÓNS

Mb.- Módulo Básico.

Cg.- Coeficiente xeográfico.

Mc.- Módulo de construcción ou de referencia.

S.- Superficie total construida, en m2.

Si.- Superficie construida por uso dacordo co destino predominante nela, en m2.

Ct.- Coeficiente corrector en función do tipo da edificación.

Cu.- Coeficiente corrector en función do uso da edificación.

PMb.- Presuposto de Execución Material segundo Módulos Básicos.

PEM.- Presuposto de Execución Material do proxecto.

2.2. VALORES DE APLICACIÓN

2.2.1. MODULO BÁSICO: Mb.

Establece un precio en euros/m2 de edificación en función de datos coñecidos, tanto de carácter oficial -Prezo básico Nacional, Módulos Ponderados, índices de prezos do consumo e do custo da vivenda, actualizacións catastrais, cadros de prezos oficiais de organismos públicos (IGVS), licitacións e adxudicacións de obras oficiais- como de carácter xeral que proveñan do mercado da construcción e do mercado inmobiliario.

O Módulo Básico (Mb) establecido inicialmente por esta ordenanza, e que estará vixente mentras non sexa actualizado e modificado por un acordo posterior, é de 520,00 Euros.

2.2.2. COEFICIENTE XEOGRÁFICO: Cg

É un coeficiente corrector por situación xeográfica dacordo co reparto das áreas establecidas no Decreto 345/1998, publicado no D.O.G. do 4 de decembro de 1998, que modifica a inclusión dos concellos da Comunidade Autónoma nas áreas vixentes ata esa data (circular colexial nº 107/1998).

Coeficiente xeográfico para a Área 1: Cg = 1. Este coeficiente será aplicable ao Concello de Carballo, por se atopar na dita área.

2.2.3. SUPERFICIE CONSTRUIDA POR USO: Si.

Un traballo considerarase incluído no apartado que lle corresponda dacordo co destino predominante da superficie, desglosándose ou non as superficies destinadas a usos minoritarios, tal e coma se especifica no apartado 1.1.1.

2.2.4. COEFICIENTE TIPOLOXÍAS: Ct.

Ct.- Tipo edificatorio

1. En Edificacións de Nova Planta e Adicións.

1,20 Edificación illada (4 fachadas). Vivenda unifamiliar illada. Sótanos a partir do 3º

1,10 Agrupación en ringleira. Sotos 1º e 2º.

1,00 Edificio en quinteiro pechado. Edificación aberta vivenda colectiva.

2. En Obras de Reforma e Rehabilitación

1,20 Rehabilitación total, incluíndo a desmontaxe de fachadas.

1,00 Adecuación interior de prantas baixas e entreprantas.

Rehabilitación integral do edificio conservando exclusivamente as fachadas.

0,65 Reforma interior de instalacións e acabados conservando a estructura existente.

0,50 Reformas de elementos estructurais.

0,35 Rehabilitación de fachadas. Substitución de carpinterías e cerramentos (aplicado á superficie de fachada).

0,30 Reformas de pouca entidade que non afecten a elementos estructurais nin a instalacións (acabados interiores).

0,02 Demolicións e derrubos (aplicada á superficie total das plantas que se van derrubar)*

* = Coeficiente por uso Cu=1

2.2.5. COEFICIENTE DE USOS: Cu.

1.Edificación:

Cu.- Usos da edificación.

1,60 Auditorios. Museos. Teatros. Hoteis 5*. Edificios bancarios.

1,50 Hospitais. Laboratorios. Igrexas.

1,40 Bibliotecas. Facultades e Escolas Universitarias. Hoteis 4*. Edificios penitenciarios. Terminais Marítimas e Aéreas.

1,30 C!ubes sociais. Cines. Centros de Saúde. Balnearios. Hoteis 3*. Salas de festas. Discotecas. Colexios con Residencia.

1,20 Casas da Cultura. Casas Consistoriais. Locais Bancarios. Consultorios. Residencias 3ª idade. Apart-Hoteis. Tanatorios. Centros de culto. Cuarteis. Matadoiros.

1,10 Vivenda. Hoteis 2**. Residencias Universitarias. Moteis.

1,00 Residencial VPO. Oficinas. Garderías. Centros docentes. Hoteis 1*. Ambulatorios. Hostais-Residencias. Restaurantes. Estacións de autobuses. Salas de exposicións. Piscinas cubertas.

0,90 Bares. Mercados.

0,80 Centro comercial. Pavillóns deportivos cubertos. Vestiarios. Bungalows. Servizos camping.

0,65 Edificios de aparcamentos. Local comercial. Establecementos comerciais industria escaparate.

0,50 Piscinas descubertas. Cemiterios.

0,40 Locais en planta baixa ou semisoto se uso específico. Garaxes e Aparcamentos. Estacións de Servizo.

0,35 Trasteiros. Pórticos, soportais e terrazas abertas.

0,30 Almacéns e naves industriais. Instalacións deportivas descubertas. Naves. Granxas. Alpendres, pendellos ou cubertos. Depósitos. Graderíos. Panteóns (por nicho).

0,10 Proxectos de Urbanización (adscritos á edificación). Parcelas campings **.

0,05 Xardíns. Camiños de terra e formigón. Tratamento de espacios exteriores. Acondicionamento de terreos **.

** Coeficiente por tipo edificatorio Ct = 1

2.3. OBTENCIÓN DO PRESUPOSTO DE EXECUCIÓN MATERIAL SEGUNDO MÓDULOS BÁSICOS: PMb.

Como xa quedou dito, o valor obtido polo procedemento exposto neste manual é un custe de avaliación aproximada, que se recomenda utilizar coma valor de referencia, de carácter orientativo, e que cobre as esixencias legais e deontolóxicas de congruencia, veracidade, responsabilidade civil profesional e credibilidade do traballo de arquitectura.

O custe da execución material de todo tipo de proxectos e traballos de edificación que os arquitectos leven a cabo poderá obterse en función do Módulo de construcción, Mc, e da superficie construida para cada uso, segundo as seguintes fórmulas:

2.3.1. MÓDULO DE CONSTRUCCIÓN:

O Módulo de Construcción, Mc, obtense pola seguinte fórmula:

Mc = Mb x Cg x Ct x Cu

Sendo:

Mc = Módulo de construcción.

Mb = Módulo básico.

Cg = Coeficiente xeográfico.

Ct = Coeficiente por tipo edificatorio.

Cu = Coeficiente por uso.

Nos casos nos que un proxecto non se axuste aos tipos edificatorios ou aos usos antes definidos, aplicarase a media entre os que máis se lle asemellen.

2.3.2. PRESUPOSTO DE EXECUCIÓN MATERIAL SEGUNDO MÓDULOS BÁSICOS: PMb

PMb. = - (Mci x Si)

Sendo:

PMb = Presuposto de Execución Material segundo Módulos Básicos.

Mci = Módulo de construcción dacordo co destino predominante da superficie.

Si = Superficie construida por cada uso parcial dacordo co destino predominante nela.

ANEXO II:

IMPOSTO SOBRE CONSTRUCCIÓNS, INSTALACIÓNS E OBRAS.

ANEXO DE VALORACIÓNS DE OBRAS MENORES.

Este cadro de módulos valorativos tan só se aplicará cando sexa imposible aplicar, por razón da concreta obra menor, o módulo xeral Mb de obra maior do Anexo I.

:

I. CERRAMENTOS DE FINCAS

Executados con bloque de formigón ou semellante ....... 40,00 €/m2

Executados con malla plástica ou semellante.¿¿¿.¿ 10,00 €/m2

Executados con postes e arame.........¿¿¿¿¿¿¿... 15,00 €/m2

Executados con elementos vexetais......¿¿¿¿¿.¿... 7,00 €/m2

Executados con pedra ou semellante......¿¿¿¿¿..... 55,00 €/m2

II. CUBERTAS

(Medición en planta)

Cubrición estructura cuberta con tella curva.¿¿¿¿.... 23,00 €/m2

Cubrición estructura de cuberta con lousa..¿¿¿¿¿... 32,00 €/m2

Cubrición estructura cuberta con tella plana¿¿¿¿¿.. 23,00 €/m2

Cubrición estructura cuberta con fibrocemento¿¿¿¿. 20,00 €/m2

Formación de vertentes de cuberta con estructura de madeira ou mediante forxa de formigón armado..... 37,00 €/m2

Cuberta de tella curva completa. Inclúese a estructura de soporte (madeira, fibrocemento, etc.) e o material de cubrición............................ 60,00 €/m2

Cuberta de lousa completa..................¿¿¿¿¿¿ 70,00 €/m2

Cuberta de fibrocemento completa..........¿¿¿¿ 57,00 €/m2

Cano vertical de pluviais PVC ou mat. pintado¿¿........ 17,00 €/ml

Cano horizontal de pluviais PVC ou mat.pintado¿... 17,00 €/ml

III. REMATES DE FACHADA

Cachotería con espesor mínimo 25 cms..................... 85,00 €/m2

Pintura impermeable en fachadas, descontando os ocos de portas e ventás¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿........ 8,00 €/m2

Selado de xuntas en fachadas con morteiro de cemento branco coloreado........................................... 5,00 €/m2

Enfoscado mestreado e alisado en paramentos verticais exteriores pintado con pintura impermeable..... 19,00 €/m2

Limpeza de fachadas de pedra con auga ou con area a presión............................................................. 5,00 €/m2

Repicado de enfoscados en fachadas........¿¿¿¿....... 5,00 €/m2

Rexuntado de muros de pedra, incluido limpeza previa e sen descontar ocos carpintería¿¿¿¿¿¿¿ 16,00 €/m2

IV. CARPINTERIA EXTERIOR

Pintura e/ou restauración de carpintería exterior ............. 21,00 €/m2

Porta de balcón con contra de madeira para pintar ou varnizar, incluso ferraxes de colgar, seguridade e acristala-mento............¿¿....¿¿¿.... 220,00 €/m2

Porta de balcón de aluminio lacado ou PVC, incluido acristalamento........................................... 170,00 €/m2

Porta de entrada a vivenda de madeira maciza, para pintar ou varnizar, incluso ferraxes de colgar, seguridade e acristalamento (Ude.).................................................... 420,00 €/m2

Porta de entrada a vivenda de aluminio lacado ou PVC, incluido acristalamento (Ude.)......................... 380,00 €/m2

Ventá con contra de madeira para varnizar ou pintar, incluso ferraxes de colgar, seguridade e acristalamento........ 220,00 €/m2

Ventá ou galería de aluminio lacado ou PVC, incluso acristalamento................................ 170,00 €/m2

V. REMATES INTERIORES

Porta de paso en madeira pintada ou vernizada, incluidas ferraxes de colgar e seguridade ........ 130,00 €/ude

Chan con pavimento cerámico ou terrazo pulido e abrillantado con rodapé ......................... 25,00 €/m2

Obras con azulexo (descontaranse os ocos) ..¿............. 23,00 €/m2

Chan con madeira incluido rodapé .......¿¿................. 25,00 €/m2

División interior de ladrillo enfoscado ...¿¿............... 31,00 €/m2

VI. OBRAS DIRIXIDAS A GARANTIR AS CONDICIONS HIXIENICO - SANITARIAS E DE HABITABILIDADE

Arqueta de rexistro ......................................................... 85,00 €/ude

Tubería de formigón ....................................................... 18,00 €/ml

Fosa séptica con capacidade para unhas dez persoas...... 900,00 €/ude

Lavado (incluídas billas con conexión á rede de auga fría e quente e desaugadoiro) ................... 150,00 €/ude

Bañeira (incluidas billas con conexión á rede de auga fría e quente e desaugadoiro) ...................... 170,00 €/ude

Bidé (incluidas billas con conexión á rede de auga fría e quente e desaugadoiro) ......................... 130,00 €/ude

Inodoro (incluidas billas con conexión á rede de auga fría e quente e desaugadoiro) ................. 160,00 €/ude

Quentador de auga de 10 litros ............................. 250,00 €/viv

Acometida xeral de auga .........¿......¿.......................... 170,00 €/ude

Instalación de desaugadoiro para lavadora automática ou lavapratos ............... 120,00 €/ude

Depósito de auga con capacidade mil litros¿.................. 380,00 €/viv

Rede interior de auga fría e quente .................¿.¿.... 530,00 €/viv

Instalación interior de gas ...........¿..........¿¿¿.. 120,00 €/viv

VII. ACONDICIONAMENTO TERMICO, ILLAMENTO E ESTANQUEIDADE DA VIVENDA

Formación de cámara de aire con fábrica de Ladrillo, enfoscado, pintado e illamento interior ¿...... 23,00 €/m2

Doble acristalamento con vidrios incoloros, cámara e selado con xunta plástica ¿¿¿¿.......... 60,00 €/m2

Instalación completa de calefacción.....¿¿.................. 4.000,00 €/viv

VIII. INSTALACIONS ELECTRICAS

Instalación eléctrica en vivenda, totalmente rematada, incluso acometida e mecanismos de protección conforme aos vixentes regulamentos. Grao de electrificación medio........ 2.300,00 €/viv

IX. VARIOS

Desbroce e limpeza manual de terreo............................ 5,00 €/m2

Movemento de terras ......................¿¿¿................... 3,00 €/m2

Forxado de viguetas de formigón pretensado e Bovediñas de formigón (sen vigas nen pilares).............. 30,00 €/m2

Soleira de formigón e encachado de pedra.¿¿¿......... 28,00 €/m2

Muros de contención de formigón armado (de 15 a 35 cm de espesor)........................... 210,00 €/m2

Demolición de tabiquería interior .......¿¿¿¿............ 4,00 €/m2

NOTA: En caso de que unha obra non atope un encadre directo nas distintas aquí tipificadas, aplicaráselle a tarifa que máis se aproxime por identidade de razón entre os supostos tipificados neste Anexo II, salvo que o suxeito pasivo aduza razóns suficientes para desestimar a valoración realizada.