Carballo - ORDENANZA FISCAL Nº 4, REGULADORA DO IMPOSTO SOBRE CONSTRUCCIÓNS, INSTALACIÓNS E OBRAS, E ORDENANZA XERAL REGULADORA DALGÚNS ASPECTOS XERAIS SOBRE AS LICENCIAS URBANÍSTICAS
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS
Vista a necesidade de harmoniza-la redacción e o contido da Ordenanza Fiscal nº 4 do Concello de Carballo, reguladora do Imposto sobre Construccións, Instalacións e Obras á normativa contida no novo Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais (B.O.E. nº 59, do 9 de marzo de 2004), e ao disposto na Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria, que substitúe á lonxeva norma xeral tributaria, Lei 230/1963, do 28 de decembro de 1963, e, ante a carencia neste Concello de Ordenanzas reguladoras da tramitación das licencias de obra ou urbanísticas, tendo en conta a evidente conexión deste tributo coa concesión de licencias urbanísticas, por canto constitúe un dos requisitos do seu feito imponible -a suxeción do acto a licencia urbanística ou de obras-, este Concello considera convinte aprobar, nun mesmo texto regulamentario, a regulación dos aspectos tributarios e de certos aspectos de tipo xeral ou administrativo da concesión de licencias urbanísticas ou de obras.
Así, o presente texto ten o carácter de texto mixto, configurándose coma Ordenanza Fiscal do I. C. I. O. e Xeral de Licencias de obras ou urbanísticas, resultando, xa que logo, unha refundición das dúas normativas nun só texto, o que pode facilitar ós actores da vida constructiva unha visión máis completa dos dous principais aspectos da súa relación coa Administración municipal á hora de obter unha licencia de obra: o tributario e o urbanístico.
A presente Ordenanza non ten o obxecto de esgota-la regulación dos aspectos xerais ou administrativos da tramitación das licencias, senon tan só aclara-los seus principias aspectos, fundamentalmente os relativos á configuración das obras -maiores ou menores-, e á documentación que será esixible neste Concello para a tramitación dos respectivos expedientes conducentes á concesión ou denegación da preceptiva licencia municipal.
Ao mesmo tempo, aprovéitase a nova redacción para establecer un novo Módulo-base de valor do metro cadrado construido en obra maior, adoptando, coma sucedía nas anteriores versións da Ordenanza, o criterio establecido polo Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia para o cálculo dos presupostos de execución material das obras a efectos de visado colexial.
ARTIGO 1º .- FUNDAMENTO E RÉXIME
1. No uso das facultades conferidas pola Constitución, polo artigo 106 da Lei 7/1985, do 2 de abril, de bases do réxime local, e dacordo co previsto no artigo 59.2. do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei de facendas locais (TRLRHL en diante), este Concello establece o Imposto sobre Construccións, Instalacións e Obras.
2. Este imposto rexerase polo disposto nos artigos 100 a 103 do TRLRHL, polas disposicións que o desenvolvan e polo disposto na presente Ordenanza.
ARTIGO 2º .- FEITO IMPOÑIBLE
1.- O Imposto sobre Construccións, Instalacións e Obras é un tributo indirecto, e o seu feito impoñible está constituido pola realización, dentro do termo municipal, de calquera construcción, instalación ou obra para a que se esixa a obtención da correspondente licencia de obras ou urbanística, téñase obtido ou non a dita licencia, sempre que a súa expedición corresponda ó Concello de Carballo.
2.- Son actos suxeitos a previa licencia, sen prexuízo das demáis autorizacións que poidan esixirse segundo a lexislación que sexa aplicable ó caso concreto, e constitutivos do feito impoñible deste imposto:
Obras de construcción de edificacións e instalacións de toda clase de nova pranta.
Obras de ampliación de edificios e instalacións de tódalas clases existentes.
Obras de modificación ou reforma que afecten á estructura dos edificios e instalacións de tódalas clases existentes.
Obras de modificación do aspecto exterior dos edificios e instalacións de tódalas clases existentes.
Obras que modifiquen a disposición interior dos edificios.
Obras e usos que se teñan que realizar con carácter porvisional no caso en que estean xustificadas, que deberán demolerse cando o acorde o Concello, sen dereito a indemnización.
Movementos de terra, tales coma desmontes, explanacións, escavacións e terrapléns, obras de instalacións de servicios públicos e, en xeral, as relacionadas coa urbanización, excepto que estes actos fosen detallados e programados como obras a executar nun proxecto de urbanización definitivamente aprobado ou de edificación que dispoña de licencia outorgada.
A demolición das construccións, agás nos casos declarados de ruína inminente.
As instalacións subterráneas adicadas a estacionamentos, actividades industriais, mercantís ou profesionais, servicios públicos ou calquera outro uso a que se destine o subsolo.
As obras de construcción de infraestructura civil, agás que estes actos fosen detallados e programados coma obras a executar nun plan especial ou nun instrumento de ordenación territorial, sen prexuízo do disposto na lexislación sectorial aplicable.
As construccións nas zonas de dominio público, sen prexuízo do disposto na lexislación sectorial aplicable.
A instalación ou radicación de casas prefabricadas e instalacións similares, provisionais ou permanentes, agás que se efectúen dentro de campamentos legalmente autorizados e nas zonas expresamente previstas para a dita finalidade.
A instalación de invernadoiros.
A colocación de carteis e paneis de propaganda visibles desde a vía pública, sempre que non estean en locais pechados.
Os cerramentos e valados de predios.
As obras de apertura de camiños e accesos a parcelas en solo rústico, agás as autorizadas polo organismo competente en materia agraria e/ou forestal.
Aliñacións e rasantes.
Obras de fontanería e sumidoiros.
Instalación de elementos permanentes, tales coma postes, torretas, etc..., de telefonía móvil, transmisións e similares, sobre inmobles.
Obras nos cemiterios.
Calquera outra construcción, instalación ou obra que requira licencia urbanística segundo o previsto na lexislación vixente sobre o solo.
ARTIGO 3º .- EXENCIÓNS
ARTIGO 4º .- SUXEITOS PASIVOS
1.- Son suxeitos pasivos deste imposto, a título de contribuintes, as persoas físicas, as persoas xurídicas ou entidades do artigo 35.4 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria, que sexan donos da construcción, instalación ou obra, sexan ou non propietarios do inmoble sobre do que se realice aquela.
Aos efectos previstos no parágrafo anterior, terá a consideración de dono da construcción, instalación ou obra quen soporte os gastos ou o custe que comporte a súa realización.
2.- No suposto de que a construcción, instalación ou obra non sexa realizada polo suxeito pasivo contribuinte, terán a condición de suxeitos pasivos substitutos do mesmo aqueles que soliciten as correspondentes licencias ou realicen as construccións, instalacións ou obras.
O susbtituto poderá esixir do contribuinte o importe da cota tributaria satisfeita.
ARTIGO 5.- BASE IMPOÑIBLE
1.- A base impoñible do imposto está constituida polo custe real e efectivo da construcción, instalación ou obra, entendéndose por tal, a estes efectos, o custe de execución material daquela.
Non forman parte da base impoñible:
a) O Imposto sobre o Valor Engadido e demáis impostos análogos propios de réximes especiais.
b) As taxas, prezos públicos e demáis prestacións patrimoniais de carácter público local relacionadas, no seu caso, coa construcción, instalación ou obra.
c) Os honorarios de profesionais.
d) O beneficio empresarial do contratista.
e) Calquera outro concepto que non integre, estrictamente, o custe de execución material.
2.- Para o cálculo da base impoñible non se terá en conta o presuposto presentado polos interesados, senón que será determinada pola Oficina Técnica Municipal tomando como referencia o Anexo I desta Ordenanza para as Obras maiores e o Anexo II para as Obras menores ás que lles sexa de imposible aplicación o previsto no Anexo I.
ARTIGO 6º .- OBRAS MAIORES
Terán a consideración de obras maiores:
a) Obras de construcción de edificacións e instalacións de toda clase de nova pranta, sexa cal sexa a súa entidade.
b) Obras de ampliación de edificios e instalacións de tódalas clases existentes.
c) Obras de modificación ou reforma que afecten á estructura dos edificios e instalacións de tódalas clases existentes.
d) Substitución de cubertas de calquera edificio ou instalación., cando non supoñan a mera substitución do material de cuberta, senón que supoñan a substitución, reforma, ampliación, reforzo, ou calquera outra operación sobre da substentación da cuberta.
e) Obras de modificación do aspecto exterior dos edificios e instalacións de tódalas clases existentes, salvo os pintados de fachadas
f) Obras que modifiquen a disposición interior de calquera edificio ou instalación., ou supoñan a alteración do número de locais e/ou vivendas.
g) Obras que supoñan a alteración das instalacións e servicios de uso común de calquera edificio ou instalación.
h) Obras que supoñan a alteración do volume ou do uso de calquera edificio ou instalación.
i) Obras que afecten á cimentación de calquera edificio ou instalación.
j) Obras que impliquen a sobreelevación de calquera edificio ou instalación.
k) Obras que incidan nas condicións de habitabilidade e seguridade de calquera edificio ou instalación
l) As parcelacións urbanísticas.
m) A realización de muros de contención.
n) Calquera actuación en edificacións declaradas bens de interese cultural.
o) Os movementos de terras tales coma dragaxes, defensas de ríos e rectificación de leitos, abancalamentos, desmontes, recheos e outras análogas que supoñan alteracións de topografía, segundo o previsto no art. 331 a) da Lei 9/2002, de Galicia.
p) As obras de demolición de edificacións.
ARTIGO 7º .- OBRAS MENORES
Terán a consideración de obras menores:
a) Os pintados nas fachadas, as reparacións de fachadas de escasa entidade, e a substitución de fiestras por outras análogas.
b) Os cambios de material de cubrición, sen afectar directa ou incidentalmente á estructura e sempre que non supoñan un incremento do volume da edificación.
c) Os cerramentos de parcela distintos aos previstos no artigo anterior.
d) As demáis que, pola súa escasa entidade, así o aconsellen.
ARTIGO 8º .- DOCUMENTACIÓN A ACHEGAR. OBRAS MAIORES.
1.- Os interesados en solicitar licencias de obras ou urbanísticas calificadas coma maiores deberán presentar, en todo caso:
a) Proxecto completo redactado por técnico competente, cun exemplar para cada un dos organismos que teñan que informa-la solicitude. O dito proxecto é o conxunto de documentos que definan as actuacións a realizar co suficiente contido e detalle para permitir á Administración coñece-lo obxecto das mesmas e decidir se se axusta ou non á normativa urbanística aplicable e ás condicións legalmente esixibles, debendo conter unha memoria urbanística coma documento independente, indicando o uso e finalidade da construcción ou actuación proxectada, razoando a súa adecuación á normativa vixente, con expresa indicación da clasificación e calificación do solo obxecto da actuación e da normativa e ordenanza aplicables ao mesmo, razoando o cumprimento da súa adaptación ó ambiente. Non se admitirán proxectos básicos que non reflexen o de execución ao mesmo tempo.
b) Acompañaranse planos de situación, sobre a cartografía do P.X.O.M., a escala adecuada, e calquera información gráfica que resulte precisa para respalda-lo seu contido.
c) Memoria xustificativa do cumprimento da condicións de accesibilidade e supresión de barreiras arquitectónicas.
d) Documento acreditativo da titularidade dalgún dereito real ou de superficie sobre do solo ou inmoble sobre o que se pretende edificar, ou calquera outro que habilite legalmente para a realización dos labores solicitados.
e) En todo caso, localización en plano catastral da parcela sobre da que se pretenda actuar.
2.- Ademáis do disposto, con carácter xeral, no parágrafo primeiro deste artigo, deberanse presentar, en cada un dos seguintes casos particulares:
2.1.- Obras de construcción e instalacións de nova planta, ampliación, modificación, reforma, alteración do volume, sobreelevación ou que incidan nas condicións de habitabilidade, seguridade e/ou accesibilidade de calquera edificación ou instalación:
a) Proxecto completo, entendendo como tal o básico e de execución -non se admiten proxectos básicos tan só-, asinado por técnico competente segundo a Lei de ordenación da edificación (L.O.E. en diante), e visado polo correspondente Colexio Profesional, no que se incluirán tódolos apartados e anexos xustificativos do cumprimento da normativa urbanística e das condicións de accesibilidade, habitabilidade, seguridade e salubriedade.
b) Nomeamentos dos técnicos encargados da dirección das obras e da súa execución, adecuados en cada caso a quen sexa o redactor do proxecto segundo a L.O.E.
c) Folla de estatística de edificación e vivenda.
d) Anexo de control de calidade para aquelas obras con presuposto total de contratación (I.V.E. engadido) que supere os 300.506,05 ?.
e) Estudio de seguridade e saúde nos supostos contemplados no art. 4.1.a) do R.D. 1627/1997, do 24 de outubro, polo que se establecen disposicións mínimas de seguridade e saúde nas obras de construcción.
f) Estudio básico de seguridade e saúde nos proxectos de obras non incluidos nos supostos do art. 4.1.a) do R.D. 1627/1997.
g) Acreditación da superficie da parcela naqueles casos que resulte necesario pola aplicación da Ordenanza urbanística particular correspondente. Esta acreditación farase mediante calquera medio de proba admisible en Dereito.
h) Certificación catastral descritiva e gráfica, e de titularidade, da parcela sobre da que se pretenda actuar, se esta parcela se atopase inscrita no Catastro Inmobiliario coma un ben inmoble de natureza rústica. Non obstante, esta certificación poderá ser substituida por ficha catastral expedida polo propio Concello de Carballo, ou copia do último recibo do Imposto sobre Bens Inmobles, se se tratase dunha parcela inscrita no Catastro Inmobiliario coma un ben inmoble de natureza urbana ou un ben inmoble de características especiais.
i) Proxecto técnico de infraestructura común de telecomunicacións asinado por enxeñeiro ou enxeñeiro técnico de telecomunicacións, nos casos contemplados no art. 3 do R.D. 401/2003, do 4 de abril, polo que se aproba o Regulamento regulador do I.C.T.
j) Cando se trate de actuacións en solo urbano consolidado, nos casos en que resulte necesario completa-la obra urbanizadora para que a parcela alcance a condición de solar, deberase presenta-lo correspondente proxecto ordinario de obras de urbanización.
k) Cando se trate de actuacións en solo de núcleo rural, cando resulte necesario deberase presentar proxecto de obra ordinaria de urbanización para a regularización do viario e conexión cos servicios existentes no núcleo.
2.2.- Obras de nova construcción e edificación de escasa entidade e de ocupación ocasional (galpóns agrícolas, cobertizos, locais para garda de ferramenta ou aperos...), e sempre que non superen os 25 metros cadrados:
a) Proxecto asinado por técnico competente segundo a L.O.E., no que queden claras as condicións constructivas e formais da edificación, no que se incluirá memoria xustificativa do cumprimento da normativa urbanística, e plano de situación referido ao P.X.O.M.
b) Acreditación da superficie da parcela mediante calquera medio de proba aceptado en Dereito.
2.3.- Substitución de cubertas de calquera edificio ou instalación., cando non supoñan a mera substitución do material de cuberta, senón que supoñan a substitución, reforma, ampliación, reforzo, ou calquera outra operación sobre da substentación da cuberta, por afectar ó deseño exterior e supór un risco para as condicións de seguridade do edificio, dos predios colindantes e dos viandantes durante a súa execución; obras de modificación do aspecto exterior dos edificios e instalacións de tódalas clases existentes, salvo os pintados de fachadas; obras que modifiquen a disposición interior de calquera edificio ou instalación., ou supoñan a alteración do número de locais e/ou vivendas; obras que supoñan a alteración das instalacións e servicios de uso común de calquera edificio ou instalación; obras que supoñan a alteración do volume ou do uso de calquera edificio ou instalación; obras que afecten á cimentación de calquera edificio ou instalación; obras que afecten á realización de muros de contención:
a) Proxecto técnico completo, asinado por técnico competente segundo a L.O.E. e visado polo Colexio profesional correspondente, no que se incluirán os apartados e anexos xustificativos do cumprimento da normativa urbanística e das condicións de seguridade.
b) Nomeamento de técnico encargado da dirección das obras.
c) Estudio de seguridade e saúde ou estudio básico de seguridade e saúde, segundo proceda en aplicación do art. 4 do R.D. 1627/1997.
2.4.- Parcelacións urbanísticas. O proxecto de parcelación contará, como mínimo, con:
a) Plano de situación na cartografía municipal a escala mínima de 1:2000.
b) Certificación expedida polo Rexistro da Propiedade. Se a finca/s non estiveran inscritas, indicarase tal circunstancia na solicitude, acompañándose o título/s adquisitivo/s do/s que se disponía, así coma de certificación catastral descritiva, gráfica e de lindeiros das parcelas.
c) Memoria descritiva da finca inicial, sinalando lindeiros e accidentes, topografía superficie e demáis características das fincas, de forma inequívoca e precisa.
d) Memoria descritiva das fincas resultantes, sinalando os mesmos extremos que no disposto na letra anterior.
e) Copia do último recibo de I.B.I. de cada finca. Se non constase, referencia catastral de cada unha das fincas afectadas.
f) Plano da finca/s inicial a escala axeitada, e como mínimo a 1:1000, asinado por técnico competente onde se reflictan tódalas características da finca e das edificacións existentes, no seu caso, sinaladas nas memorias.
g) Plano das fincas resultantes a escala axeitada, e como mínimo a 1:1000 coas mesmas indicacións que na letra anterior.
h) No caso de que existan edificacións nas mesmas, aportarase, ademáis, unha memoria indicando a superficie, o número de prantas e a distancia á vía pública e ós lindeiros de cada unha das fincas. Deberase realizar un estudio de edificabilidade e ocupación consumida polas ditas construccións, realizando unha comparativa de cumprimento de normativa, preferiblemente enforma de cadro comparativo de parámetros. Tamén, neste caso, se deberá aportar copia do último recibo de I.B.I.U.
i) No caso de agrupación e posterior parcelación, aportarase un plano similar aos anteriores -como mínimo a escala 1:1000- onde se identifique a parcela total resultante da agrupación.
j) No caso de estar en solo urbano, indicarase nas Memorias e nos Planos a superficie de cesión.
2.5.- Obras de demolición de edificacións.
2.5.1.- Demolicións ordinarias.
a) Proxecto asinado por técnico competente e visado polo correspondente Colexio Profesional no que consten, alomenos, os seguintes datos:
- Autor do encargo.
- Autor do proxecto.
- Datos do solar no que se asente o edificio (situación, forma, lindeiros, superficies e orientación).
- Descrición do sistema constructivo do edificio a derrubar, estado da construcción e idade aproximada.
- Indicación de se o edificio está nalgún catálogo que impida o seu derrubamento total ou parcial.
- Procedemento a utilizar para o seu derrubamento.
- Descrición da forma na que se realizará o derrubamento.
- Plano de situación sobre cartografía do P.X.O.M.
- Plano de cada unha das plantas diferentes, a escala mínima de 1:100
- Alzado de tódalas fachadas, a escala mínima de 1:100
- Sección, a escala.
- Fotografías de tódalas fachadas.
- Presuposto detallado, desglosándoo por partidas, ou ben simple en función da superficie do edificio a derrubar e do custe de derrubamento por metro cadrado.
b) Nomeamento do técnico encargado da dirección das obras.
c) Folla de estatística de edificación e vivenda.
d) Estudio ou estudio básico de seguridade e saúde, segundo proceda en virtude do disposto no art. 4 do R.D. 1627/1997.
2.5.2.- Demolicións inminentes.
Son aqueles casos declarados expresamente polo Concello, onde abonda coa realización da fase de dirección.
a) Folla de encargo.
b) Plano de emprazamento.
c) Fotografías de cada unha das fachadas do edificio a derrubar.
d) Fotocopia da declaración de ruina inminente.
e) Poderá acompañarse informe previo ou, no seu caso, paralelo ao derrubamento.
2.6.- Actuacións en edificacións declaradas bens de interese cultural ou incluidas no catálogo:
a) A documentación a presentar será a establecida nos apartados anteriores, segundo o caso.
b) Con carácter previo á solicitude da licencia, deberase obte-la autorización da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural ou do órgano competente en materia de protección do patrimonio histórico-cultural que proceda. Non se tramitarán as solicitudes que non acompañen a dita autorización.
2.7.- Movementos de terras.
a) Proxecto asinado por técnico competente, visado polo Colexio profesional correspondente, no que constarán, alomenos, os seguintes documentos:
- Plano de emprazamento referido á planimetría do P.X.O.M.
- Plano topográfico da parcela/s a que se refire a solicitude a escala axeitada e non menor de 1:1000, do estado actual no que se indiquen as cotas de altimetría, edificacións, arboreda existente, cursos fluviais, escorrentías e a posición en pranta e altura das fincas ou construccións veciñas que poidan ser afectadas.
- Plano topográfico a escala axeitada e non menor de 1:1000 do estado reformado coa mesma información ca no anterior.
- Plano de aliñacións oficiais se as houbera, e dos perfís que sexan necesarios para aprecia-lo volume e os efectos sobre do medio ambiente, vías públicas e propiedades colindantes, tanto do estado inicial coma do reformado.
- Memoria técnica complementaria, referida á documentación dos apartados anteriores.
- Comunicación da aceptación do facultativo designado coma director da obra, visado polo Colexio oficial correspondente.
2.8.- Obras en núcleos rurais.
Tendo en conta o previsto no art. 29 b) da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, así como no apartado referido ás "condicións estéticas para os núcleos rurais" contido no Capítulo II do Título IV da Normativa do Plan Xeral de Ordenación Municipal de Carballo, e coa finalidade de poder determina-las condicións ambientais do núcleo, a morfoloxía do asentamento e a tipoloxía das edificacións do lugar, deberanse incorporar ao proxecto técnico correspondente ao tipo de obra que proceda, ademáis do previsto nos apartados anteriores, un Anexo, que comprenderá unha reportaxe fotográfica co seguinte contido:
a) Fotografía na que se reflicta o conxunto das edificacións existentes no núcleo rural.
b) Fotografías tomadas desde o interior da parcela/edificio, que, como mínimo, reflictan o existente cara aos catro ventos principais.
c) Fotografías das edificacións tradicionais existentes no núcleo rural, entendento como tales as que teñan unha idade estimada igual ou superior a cincuenta anos, nas que se poidan aprecia-las súas características volumétricas, tipolóxicas e de acabados.
d) Fotografía da parcela/edificación tomada desde a vía pública á que dea fronte, na que se reflicta o seu estado actual.
3.- O incumprimento do deber de presentación de calquera elemento da documentación prevista na presente Ordenanza, unha vez requerido para a súa complitude, provocará a caducidade do expediente, que se arquivará sen máis trámite, notificándollo ó interesado.
ARTIGO 9º .- DOCUMENTACIÓN A ACHEGAR. OBRAS MENORES.
1.- Os interesados en solicitar licencias de obras ou urbanísticas calificadas coma menores deberán presentar, en todo caso:
a) Memoria descritiva detallada, que será proporcionada en cada caso ao volume e envergadura das obras.
b) Presuposto de execución material das obras.
c) En caso de que resulte necesario achegarase un croquis explicativo da obra a nivel básico.
d) Planos de situación a escala mínima 1:2000, en zona de solo urbano ou asimilado, e 1:5000, en zona rústica.
e) Localización en plano catastral da parcela sobre da que se pretenda actuar.
f) Se se pretende obter unha licencia para actuar sobre unha edificación preexistente, copia do último recibo de I.B.I.U. ou no seu caso copia da solicitude de alta catastral.
g) Se se tratase de actuacións sobre dunha parcela, referencia catastral completa con tódolos díxitos, da mesma.
h) Identificación do promotor, do contratista, e do propietario da obra.
i) Fotografías dos elementos afectados, antes e despois das obras.
2.- O incumprimento do deber de presentación de calquera elemento da documentación prevista na presente Ordenanza, unha vez requerido para a súa complitude, provocará a caducidade do expediente, que se arquivará sen máis trámite, notificándollo ao interesado.
ARTIGO 10º .- COTA TRIBUTARIA ÍNTEGRA
1.- A cota tributaria virá determinada pola aplicación do tipo de gravame sobre a base impoñible.
2.- O tipo de gravame queda fixado en:
a) Para os feitos impoñibles realizados sobre dos terreos calificados coma urbanos, xa sexan urbanos consolidados ou non consolidados, e urbanizables, delimitados ou non delimitados, consonte ás definicións contidas nos artigos 11, 12 e 14 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia e demáis normativa aplicable, o tipo de gravame será do .......... 2,5 %,
b) Para os feitos impoñibles realizados sobre dos terreos calificados coma solo de núcleo rural no artigo 13 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia e demáis normativa aplicable, así coma dos calificados coma rústicos no artigo 15 da mesma norma e demáis normativa aplicable, o tipo de gravame será do ....................2 %.
ARTIGO 11º .- BONIFICACIÓNS POTESTATIVAS DO TRLRHL 2/2004.
1.- O Concello de Carballo, en virtude do previsto no art. 103.2 do TRLRHL establece as seguintes bonificacións:
1.1.- BONIFICACIÓN DO ART. 103.2. a) TRLRHL.
Dacordo co previsto no artigo 103.2. a) do TRLRHL, o Pleno da Corporación poderá conceder unha bonificación de ata o 95 por 100 sobre a cota tributaria en favor das construccións, instalacións ou obras destinadas á realización de actividades industriais ou comerciais, cando as mesmas sexan declaradas en cada caso concreto de especial interés ou utilidade municipal polo devandito órgano, por concorrer circunstancias que poñan de manifesto a creación de emprego (apartado A) ou servan para a modernización do comercio de locais comerciais (Apartado B). As bonificacións previstas en cada un dos apartados serán incompatibles entre sí, debéndose cumpri-los seguintes requisitos:
A) BONIFICACIÓN POLA CREACIÓN DE EMPREGO:
A.1) Creación de emprego na pequena e mediana empresa:
A bonificación poderá ser concedida ás pequenas e medianas empresas, considerándose coma tales as que se adiquen á fabricación ou venda de productos en áreas únicas de superficie inferior a 400 metros cadrados, ou, ainda en superficies superiores, cando non poidan ser encadradas nas actividades do epígrafe A.2) do presente artigo, se cumpren os requisitos que seguen:
1º .- Creación de novos postos de traballo por parte promotor ou titulado do establecemento mercantil das obras, que deben ser cubertos por persoas empadroadas en Carballo con alomenos dous anos de antigüidade e que non tivesen unha relación laboral dependente co promotor ou titulado do establecemento mercantil nos últimos cinco anos. Se o número de postos creado fose igual ou superior a catro, o 25 % dos novos contratos ha de ser de carácter indefinido. Cando resulte un número de contratos indefinidos non enteiro, redondearase ó enteiro inferior.
2º .- Que a execución material das construccións, instalacións ou obras sexa realizada por un empresario que teña o seu domicilio fiscal establecido en Carballo con alomenos un ano de antigüidade.
Acreditado o cumprimento destes dous requisitos, a porcentaxe de bonificación determinarase en función do presuposto de execución material da construcción, instalación ou obra e do número de novos postos de traballo creados, de acordo cos seguintes cadros:
Puntuación dos requisitos
PRESUPOSTOS DE EXEC. MATERIAL | PUNTOS | POSTOS DE TRABALLO DE NOVA CREACIÓN | PUNTOS |
Ata 90.000 euros | 1 | 1 | 4 |
90.000,01 a 120.000 euros | 2 | 2 | 6 |
120.000,01 a 150.000 euros | 3 | 3 | 7 |
150.000,01 a 180.000 euros | 4 | 4 ou máis | 8 |
Máis de 180.000 euros | 5 |
Porcentaxe de bonificación:
PUNTOS | % BONIFICACIÓN |
5 | 50% |
6 | 60% |
7 | 70% |
8 | 80 % |
9 | 95% |
A.2) Creación de emprego por superficies comerciais e áreas de comercio mixto ou multiproducto:
Considéranse áreas de comercio mixto ás superficies de comercio en grandes almacéns, entendendo por tales aqueles establecementos que ofrezan un surtido amplo e, en xeral, profundo, de varias gamas de productos -principalmente artículos para o equipamento do fogar, confección, calzado, perfumería, alimentación, etc- presentados en departamentos múltiples, con ou sen a asistencia de persoal de venda, e que poñen, ademáis, diversos servicios a disposición dos clientes, sempre e cando a superficie total, incluidos toda clase de locales de explotación vinculada ou dependente, supere os 400 metros cadrados.
En tal sentido, considérase como única explotación aquela que, constando de diversos módulos constructivos, físicamente independentes, sexa xestionada directa ou indirectamente pola mesma entidade mercantil ou por outras vinculadas á mesma ou pertencentes ó mesmo grupo de sociedades, aínda que desenvolvan actividades non estrictamente encadradas no grupo 66 da Clasificación Nacional de Actividades Económicas contemplada no R.D. 1175/1990, do 28 de setembro, polo que se aproban as Tarifas e a Instrucción do Imposto sobre Actividades Económicas.
Os requisitos para a concesión da bonificación nestes casos son os que seguen:
1º .- Creación de novos postos de traballo por parte do promotor ou titulado do establecemento mercantil das obras, que deben ser cubertos por persoas empadroadas en Carballo con alomenos dous anos de antigüidade e que non tivesen unha relación laboral dependente co promotor ou titulado do establecemento mercantil nos últimos cinco anos. En todo caso, o 25 % dos novos contratos ha de ser de carácter indefinido. Cando resulte un número de contratos indefinidos non enteiro, redondearase ó enteiro inferior.
2º .- Que a execución material das construccións, instalacións ou obras sexa realizada por un empresario que teña o seu domicilio fiscal establecido en Carballo con alomenos un ano de antigüidade.
Acreditado o cumprimento destes dous requisitos, a porcentaxe de bonificación determinarase en función do presuposto de execución material da construcción, instalación ou obra e do número de novos postos de traballo creados, de acordo cos seguintes cadros:
Puntuación dos requisitos
PRESUPOSTOS DE EXEC. MATERIAL | PUNTOS | POSTOS DE TRABALLO DE NOVA CREACIÓN | PUNTOS |
Ata 3.000.000 euros | 1 | 15-50 | 1 |
De 3.000.000,01 a 6.000.000 euros | 2 | 51-125 | 2 |
De 6.000.000,01 a 9.000.000 euros | 3 | 126-200 | 3 |
De 9.000.000,01 a 12.000.000 euros | 4 | 201-275 | 4 |
De 12.000.000,01 a 15.000.000 euros | 5 | Máis de 275 | 5 |
Máis de 15.000.000 euros | 6 |
Porcentaxe de bonificación:
PUNTOS | % BONIFICACIÓN |
7 | 50% |
8 | 60% |
9 | 70% |
10 | 80 % |
11 | 95% |
B) MODERNIZACIÓN DE LOCAIS COMERCIAIS DA PEQUENA E MEDIANA EMPRESA.
Seguindo os criterios de delimitación dos casos previstos para o apartado A), cando cumpran os seguintes requisitos:
1º / Que se trate de obras de reforma, rehabilitación ou reparación de comercios abertos con máis de cinco anos de antigüidade.
2º / Que as obras sexan executadas por un empresario que teña o seu domicilio fiscal establecido en Carballo con alomenos un ano de antigüidade.
Acreditado o cumprimento destes dous requisitos, a porcentaxe de bonificación virá determinada polo importe do presuposto de execución material da obra, segundo o seguinte cadro:
PRESUPOSTO DE EXEC. MATERIAL | PORCENTAXE BONIFICACIÓN |
Ata 18.000 euros | 25 % |
De 18.000,01 a 30.000 euros | 50 % |
Mais de 30.000 euros | 95 % |
2.- A bonificación regulada no apartado anterior será de carácter rogado, debendo presenta-lo o suxeito pasivo a correspondente solicitude, coa que se adxuntarán os documentos acreditativos do cumprimento dos requisitos establecidos en cada caso. Para xustifica-lo requisito da contratación de traballadores abondará inicialmente coa presentación dunha declaración xurada por parte do promotor ou titulado mercantil das obras, na que figuren os datos dos traballadores que van a ser contratados cando se rematen as obras. Neste suposto, a bonificación concederase baixo condición resolutoria, de maneira que de non presentarse copia autenticada dos correspondentes contratos de traballo no prazo de seis meses desde o remate das obras, quedará sen efecto a bonificación concedida e a Tesourería Municipal esixirá o importe da bonificación pola vía de constrinximento.
3.-As construccións, instalacións ou obras que se inicien sen terse concedido a preceptiva licencia municipal non poderán acorllerse ós beneficios fiscais previstos neste artigo.
1.2.- BONIFICACIÓN DO ART. 103.2. b) TRLRHL.
Gozarán dunha bonificación do 95 % da cota do imposto as construccións, instalación ou obras que consistan en incorporar sistemas para o aproveitamento término ou eléctrico da enerxía solar, restrinxida ó custe de instalación e obra dos ditos sistemas, e non extensible, por tanto, ó custe total da instalación, construcción ou obra. A bonificación deberá solicitarse xunto coa petición da licencia municipal, e deberá desglosarse o presuposto e compoñentes da actuación que se refiren á montaxe e incorporación do sistema. A aplicación desta bonificación quedará condicionada a que as instalacións para a producción de calor inclúan colectores que dispoñan da correspondente homologación da Administración competente.
1.3.- BONIFICACIÓN DO ART. 103.2. d) TRLRHL.
Gozarán dunha bonificación do 50 % as construccións, instalacións ou obras referentes ás vivendas de protección oficial. Deberá solicitarse xunto coa petición de licencia municipal.
1.4.- BONIFICACIÓN DO ART. 103.2. e) TRLRHL.
Gozarán dunha bonificación do 90 % tódalas construccións, instalacións ou obras tendentes a facilita-las condicións de acceso e habitabilidade dos discapacitados, tan só sobre do custe referido á adaptación ou mellora. Deberá solicitarse xunto coa petición de licencia municipal, e estará supeditada á posterior comprobación do cumprimento das condicións urbanísticas aplicables á adaptación para persoas minusválidas.
2.- As bonificacións dos parágrafos 1.3 e 1.4 serán aplicables simultáneamente, de xeito que se aplicará primeiro a do parágrafo 1.3, e, sobre a cota restante, a do parágrafo 1.4.
3.- A bonificación do parágrafo 1.2. non será simultaneable con ningunha das outras.
4.- A bonificación prevista no parágrafo 1.1 non será compatible coas previstas nos parágrafos 1.2 e 1.3, senón tan só coa prevista no parágrafo 1.4 deste artigo
ARTIGO 12º .- COTA TRIBUTARIA LÍQUIDA
A cota tributaria líquida s erá o resultado de practicar, no seu caso, s obre da cota tributaria íntegra, as bonificacións previstas nesta Ordenanza, que reducirá a súa contía na porcentaxe a que haxa dereito.
ARTIGO 13º .- RETRIBUCIÓN: NACEMENTO DA OBRIGA TRIBUTARIA.
O imposto retribuirase no momento de comenza-la construcción, instalación ou obra, aínda que non se obtivera a correspondente licencia.
ARTIGO 14º .- NORMAS DE XESTIÓN
1.- Cando se tome o acordo de concede-la licencia, aprobarase asimesmo a correspondente liquidación provisional, que deberá ser notificada de inmediato ó suxeito pasivo nos termos establecidos na Lei Xeral Tributaria. Mediante Decreto da Alcaldía, que será obxecto de publicación no Boletín Oficial Provincial, poderase esixi-lo imposto en réxime de autoliquidación.
2.- Á vista das construccións, instalacións ou obras realizadas e do custo real e efectivo das mesmas, o Concello, previa a oportuna comprobación administrativa, modificará, no seu caso, a base impoñible e practicará a correspondente liquidación definitiva, esixindo ó suxeito pasivo ou devolvéndolle, no seu caso, a cantidade que corresponda.
O prazo máximo para realizar a Administración ou solicita-lo interesado a comprobación definitiva será de catro anos, contados desde a data que sexa acreditada coma de finalización de obra.
Corresponde á Inspección de Tributos municipal, mediante unha comprobación global, determina-lo custe real e efectivo de realización da obra, para o que poderá acudir ós seguintes medios:
a) Estimación directa: mediantes facturas, certificacións de obra, exame da contabilidade do suxeito pasivo, presupostos de obra e calesquera outros medios directos de proba admisibles en dereito.
b) Estimación indirecta: mediante os medios previstos na Lei xeral Tributaria.
3.- Os suxeitos pasivos virán obrigados a presentar solicitude de licencia urbanística nos casos e modos que sinala a normativa aplicable ó solo e á edificación, tanto estatal, coma autonómica e local.
A dita solicitude de licencia urbanística terá o valor de declaración tributaria, por canto dos elementos que acompañan a aquela deducirase a base impoñible do imposto. De non mediar solicitude de licencia antes do inicio das obras, a conducta, sen prexuízo das súas repercusións urbanísticas, constituirá unha infracción tributaria, segundo o disposto no artigo seguinte.
ARTIGO 15º .- INFRACCIÓNS E SANCIÓNS
1.- En materia de infraccións e de sancións, serán aplicables, segundo dispón o artigo 11 do TRLRHL, o disposto nos artigos 191 e seguintes da Lei xeral tributaria, e nas disposicións que a complementen e desenvolvan.
DISPOSICIÓN TRANSITORIA PRIMEIRA
As mencións contidas na presenta Ordenanza á Lei Xeral Tributaria 58/2003 entenderanse realizadas aos preceptos equivalentes da Lei Xeral Tributaria 230/1963, até a data de entrada en vigor da Lei 58/2003.
DISPOSICIÓN TRANSITORIA SEGUNDA
Esta Ordenanza será aplicable, nos seus aspectos tributarios, a todas aquelas obras que aínda non fosen iniciadas na data da súa entrada en vigor, aínda que a solicitude das mesmas fora anterior á data de entrada en vigor da Ordenanza, e incluso aínda que teñan obtido a pertinente licencia con anterioridade á entrada en vigor da mesma, se aínda non se tivera iniciado a construcción, instalación ou obra.
Esta Ordenanza non se aplicará, nos seus aspectos procedimentais non tributarios, até a súa entrada en vigor. Polo tanto, os procedementos iniciados con anterioridade á entrada en vigor desta Ordenanza seguirán o seu curso sen aplica-las normas clasificatorias que sexan de nova creación, salvo que o estado de tramitación aínda puidera permiti-la aplicación nalgunha fase do procedemento administrativo, e sempre que elo non conleve a denegación dunha licencia que, doutro xeito, se tivera outorgado.
DISPOSICIÓN DERRADEIRA
Esta Ordenanza entrará en vigor ao día seguinte ao da publicación do anuncio da súa aprobación definitiva no Boletín Oficial da Provincia.
ANEXO I:
CÁLCULO DO PRESUPOSTO DE EXECUCIÓN MATERIAL DE OBRAS MAIORES
Acordo da Xunta de Goberno do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, ratificado pola Xunta Xeral do 19/12/2003:
Actualizar o Mb a 360,00 euros
Módulo base = 360,00 euros
1.NORMAS XERAIS
1.1.CRITERIOS DE VALORACIÓN
1.1.1.- Un traballo considerarase incluido no apartado que lle corresponde dacordo co destino predominante da superficie, desglosándose ou non, segundo o bo xuízo do arquitecto, as superficies destinadas a usos minoritarios.
1.1.2. - A superficie total construida é a suma da superficie de cada unha das prantas do edificio, medida dentro dos límites definidos polas líneas perimetrais das fachadas, tanto exteriores coma interiores, e os eixos dos medianís compartidos, de se-lo caso.
Nos edificios de vivendas, as superficies de desváns accesibles, que polas súas características constructivas e tipolóxicas sexan susceptibles de seren destinadas a vivenda, serán incluídas no cómputo cando a súa altura libre sexa superior a 1,5 mts. e serán valoradas co uso de vivenda.
1.2.TRABALLOS POR FASES
1.2.1.- En aplicación do R.D. 2512/1977, e do Baremo COAG, sempre será posible contratar e realizar un traballo por fases.
1.2.2.- Cando un traballo se realice por fases, aplicarase en cada fase o Módulo básico Mb vixente no momento do visado de cada unha delas. Nos Proxectos de Execución aplicarase o mesmo módulo que no Proxecto Básico se aínda non transcorreron seis meses desde a tramitación deste último. No caso contrario, e se o Módulo básico vixente fose distinto, aplicarase o novo módulo.
1.2.3.- Cando o encargo sexa en misión completa, xunto co Proxecto básico poderán acompañarse os oficios de dirección.
1.2.4.- Nos Proxectos de Execución incluiranse medicións e presuposto de execución material con desglose suficiente por unidades de obra e capítulos, presuposto que poderá ser estimado por calquera método de cálculo, aínda que se recomenda utilizar como valor de referecia o resultante da aplicación deste Manual.
1.2.5.- Nos encargos que contemplen exclusivamente o Proxecto Básico, ou o Proxecto Básico e de Execución, non se entregarán os oficios de dirección por non estar contratada esta fase.
2.-ESTIMACIÓN SIMPLIFICADA DOS PRESUPOSTOS DE EXECUCIÓN MATERIAL DA EDIFICACIÓN
2.1.- DEFINICIÓNS
Mb.- Módulo Básico.
Cg.- Coeficiente xeográfico.
Mc.- Módulo de construcción ou de referencia.
S.- Superficie total construida, en m2.
Si.- Superficie construida por uso dacordo co destino predominante nela.
Ct.- Coeficiente corrector en función do tipo da edificación.
Cu.- Coeficiente corrector en función do uso da edificación.
PMb.- Presuposto de Execución Material segundo Módulos Básicos.
PEM.- Presuposto de Execución Material do proxecto.
2.2. VALORES DE APLICACIÓN
2.2.1. MODULO BÁSICO: Mb.
Establece un precio en euros/m2 de edificación en función de datos coñecidos, tanto de carácter oficial -Prezo básico Nacional, Módulos Ponderados, índices de prezos do consumo e do custo da vivenda, actualizacións catastrais, cadros de prezos oficiais de organismos públicos (IGVS), licitacións e adxudicacións de obras oficiais- como de carácter xeral que proveñan do mercado da construcción e do mercado inmobiliario. O seu valor será fixado e actualizado periódicamente, por acordo da Xunta de Goberno. Módulo ponderado de VPO vixente en cada momento e que será revisado anualmente segundo se publique no BOE.
2.2.2.COEFICIENTE XEOGRÁFICO: Cg
É un coeficiente corrector por situación xeográfica dacordo co reparto das áreas establecidas no Decreto 345/1998, publicado no D.O.G. do 4 de decembro de 1998, que modifica a inclusión dos concellos da Comunidade Autónoma nas áreas vixentes ata esa data (circular colexial nº 107/1998).
Coeficiente xeográfico para a Área 1: Cg = 1
[...]
Concellos integrados na área 1: [...] Carballo [...]
2.2.3.SUPERFICIE CONSTRUIDA POR USO: Si.
Un traballo considerarase incluído no apartado que lle corresponda dacordo co destino predominante da superficie, desglosándose ou non as superficies destinadas a usos minoritarios, tal e coma se especifica no apartado 1.1.1.
2.2.4.COEFICIENTE TIPOLOXÍAS: Ct.
Ct.- Tipo edificatorio
1. En Edificacións de Nova Planta e Adicións.
1,20 Edificación illada (4 fachadas). Vivenda unifamiliar illada. Sótanos a partir do 3º
1,10 Agrupación en ringleira. Sotos 1º e 2º .
1,00 Edificio en quinteiro pechado. Edificación aberta vivenda colectiva.
2. En Obras de Reforma e Rehabilitación
1,20 Rehabilitación total, incluíndo a desmontaxe de fachadas.
1,00 Adecuación interior de prantas baixas e entreprantas.
Rehabilitación integral do edificio conservando exclusivamente as fachadas.
0,65 Reforma interior de instalacións e acabados conservando a estructura existente.
0,50 Reformas de elementos estructurais.
0,35 Rehabilitación de fachadas. Substitución de carpinterías e cerramentos (aplicado á superficie de fachada).
0,30 Reformas de pouca entidade que non afecten a elementos estructurais nin a instalacións (acabados interiores).
0,02 Demolicións e derrubos (aplicada á superficie total das plantas que se van derrubar)*
* = Coeficiente por uso Cu=1
2.2.5.COEFICIENTE DE USOS: Cu.
1. Edificación:
Cu.- Usos da edificación.
1,60 Auditorios. Museos. Teatros. Hoteis 5*. Edificios bancarios.
1,50 Hospitais. Laboratorios. Igrexas.
1,40 Bibliotecas. Facultades e Escolas Universitarias. Hoteis 4*. Edificios penitenciarios. Terminais Marítimas e Aéreas.
1,30 C!ubes sociais. Cines. Centros de Saúde. Balnearios. Hoteis 3*. Salas de festas. Discotecas. Colexios con Residencia.
1,20 Casas da Cultura. Casas Consistoriais. Locais Bancarios. Consultorios. Residencias 3ª idade. Apart-Hoteis. Tanatorios. Centros de culto. Cuarteis. Matadoiros.
1,10 Vivenda. Hoteis 2**. Residencias Universitarias. Moteis.
1,00 Residencial VPO. Oficinas. Garderías. Centros docentes. Hoteis 1*. Ambulatorios. Hostais-Residencias. Restaurantes. Estacións de autobuses. Salas de exposicións. Piscinas cubertas.
0,90 Bares. Mercados.
0,80 Centro comercial. Pavillóns deportivos cubertos. Vestiarios. Bungalows. Servicios camping.
0,65 Edificios de aparcamentos. Local comercial. Establecementos comerciais industria escaparate.
0,50 Piscinas descubertas. Cemiterios.
0,40 Locais en planta baixa ou semisoto se uso específico. Garaxes e Aparcamentos. Estacións de Servicio.
0,35 Trasteiros. Pórticos, soportais e terrazas abertas.
0,30 Almacéns e naves industriais. Instalacións deportivas descubertas. Naves. Granxas. Alpendres, pendellos ou cubertos. Depósitos. Graderíos. Panteóns (por nicho).
0,10 Proxectos de Urbanización (adscritos á edificación). Parcelas campings **.
0,05 Xardíns. Camiños de terra e formigón. Tratamento de espacios exteriores. Acondicionamento de terreos **.
** Coeficiente por tipo edificatorio Ct = 1
2.3.OBTENCIÓN DO PRESUPOSTO DE EXECUCIÓN MATERIAL SEGUNDO MÓDULOS BÁSICOS: PMb.
Como xa quedou dito, o valor obtido polo procedemento exposto neste manual é un custe de avaliación aproximada, que se recomenda utilizar coma valor de referencia, de carácter orientativo, e que cobre as esixencias legais e deontolóxicas de congruencia, veracidade, responsabilidade civil profesional e credibilidade do traballo de arquitectura.
O custe da execución material de todo tipo de proxectos e traballos de edificación que os arquitectos leven a cabo poderá obterse en función do Módulo de construcción, Mc, e da superficie construida para cada uso, segundo as seguintes fórmulas:
2.3.1.MÓDULO DE CONSTRUCCIÓN:
O Módulo de Construcción, Mc, obtense pola seguinte fórmula:
Mc = Mb x Cg x Ct x Cu
Sendo:
Mc = Módulo de construcción.
Mb = Módulo básico.
Cg = Coeficiente xeográfico.
Ct = Coeficiente por tipo edificatorio.
Cu = Coeficiente por uso.
Nos casos nos que un proxecto non se axuste aos tipos edificatorios ou aos usos antes definidos, recoméndase aplica-la media entre os que máis se lle asemellen.
2.3.2.PRESUPOSTO DE EXECUCIÓN MATERIAL SEGUNDO MÓDULOS BÁSICOS: PMb
PMb. = S (Mci x Si)
Sendo:
PMb = Presuposto de Execución Material segundo Módulos Básicos.
Mci = Módulo de construcción dacordo co destino predominante da superficie.
Si = Superficie construida por cada uso parcial dacordo co destino predominante nela.
O COAG utilizará o valor de PMb obtido así como base para a determinación das aportacións colexiais.
ANEXO II:
IMPOSTO SOBRE CONSTRUCCIÓNS, INSTALACIÓNS E OBRAS.
ANEXO DE VALORACIÓNS DE OBRAS MENORES.
Este cadro de módulos valorativos tan só se aplicará cando sexa imposible aplicar, por razón da concreta obra menor, o módulo xeral Mb de obra maior
Euros | |
I. CERRAMENTOS DE FINCAS | |
Executados con bloque de formigón ou semellante | 39,360282 euros/m2 |
Executados con malla plástica ou semellante | 10,661954 euros/m2 |
Executados con postes e arame | 14,219946 euros/m2 |
Executados con elementos vexetais | 7,109973 euros/m2 |
Executados con pedra ou semellante | 53,051338 euros/m2 |
II. CUBERTAS | |
(Medición en planta) | |
Cubrición estructura cuberta con tella curva | 22,742298 euros/m2 |
Cubrición estructura de cuberta con lousa | 31,991874 euros/m2 |
Cubrición estructura cuberta con tella plana | 22,742298 euros/m2 |
Cubrición estructura cuberta con fibrocemento | 14,219946 euros/m2 |
Formación de vertentes de cuberta con estructura de madeira ou mediante forxa de formigón armado | 35,543855 euros/m2 |
Cuberta de tella curva completa. Inclúese a estructura de soporte (madeira, fibrocemento, etc.) e o material de cubrición | 58,292164 euros/m2 |
Cuberta de lousa completa | 67,529720 euros/m2 |
Cuberta de fibrocemento completa | 49,757792 euros/m2 |
Cano vertical de pluviais PVC ou mat. pintado | 17,771927 euros/ml |
Cano horizontal de pluviais PVC ou mat. pintado | 17,771927 euros/ml |
III. REMATES DE FACHADA | |
Cachotería con espesor mínimo 25 cms | 85,301647 euros/m2 |
Pintura impermeable en fachadas, descontando os ocos de portas e ventás | 7,109973 euros/m2 |
Selado de xuntas en fachadas con morteiro de cemento branco coloreado | 7,819167 euros/m2 |
Enfoscado mestreado e alisado en paramentos verticais exteriores pintado con pintura impermeable | 15,638334 euros/m2 |
Limpeza de fachadas de pedra con auga ou con area a presión | 5,685574 euros/m2 |
Repicado de enfoscados en fachadas | 4,811951 euros/m2 |
IV. CARPINTERIA EXTERIOR | |
Pintura e/ou restauración de carpintería exterior | 21,329919 euros/m2 |
Porta de balcón con contra de madeira para pintar ou varnizar, incluso ferraxes de colgar, seguridade e acristalamento | 220,361088 euros/m2 |
Porta de balcón de aluminio lacado ou PVC, incluido acristalamento | 170,603296 euros/m2 |
Porta de entrada a vivenda de madeira maciza, para pintar ou varnizar, incluso ferraxes de colgar, seguridade e acristalamento (Ude.) | 426,508239 euros/m2 |
Porta de entrada a vivenda de aluminio lacado ou PVC, incluido acristalamento (Ude.) | 383,860420 euros/m2 |
Ventá con contra de madeira para varnizar ou pintar, incluso ferraxes de colgar, seguridade e acristalm | 227,471061 euros/m2 |
Ventá ou galería de aluminio lacado ou PVC, incluso acristalamento | 177,713269 euros/m2 |
V. REMATES INTERIORES | |
Porta de paso en madeira pintada ou vernizada, incluidas ferraxes de colgar e seguridade | 127,949466 euros/ude |
Chan con pavimento cerámico ou terrazo pulído e abrillantado con rodapé | 22,033103 euros/m2 |
Obras con azulexo (descontaranse os ocos) | 21,329919 euros/m2 |
Chan con madeira incluido rodapé | 28,433882 euros/m2 |
División interior de ladrillo enfoscado | 17,056723 euros/m2 |
VI. OBRAS DIRIXIDAS A GARANTIR AS CONDICIONS HIXIENICO - SANITARIAS E DE HABITABILIDADE | |
Arqueta de rexistro | 85,301647 euros/ude |
Tubería de formigón | 17,771927 euros/ml |
Fosa séptica con capacidade para unhas dez persoas | 817,472623 euros/ude |
Lavado (incluídas billas con conexión á rede de auga fría e quente e desaugadoiro) | 149,279386 euros/ude |
Bañeira (incluidas billas con conexión á rede de auga fría e quente e desaugadoiro) | 163,499332 euros/ude |
Bidé (incluidas billas con conexión á rede de auga fría e quente e desaugadoiro) | 127,949466 euros/ude |
Inodoro (incluidas billas con conexión á rede de auga fría e quente e desaugadoiro) | 142,169413 euros/ude |
Quentador de auga de 10 litros | 248,800980 euros/viv |
Acometida xeral de auga | 170,603296 euros/ude |
Instalación de desaugadoiro para lavadora automática ou lavapratos | 39,811041 euros/ude |
Depósito de auga con capacidade mil litros | 383,860420 euros/viv |
Rede interior de auga fría e quente | 533,139807 euros/viv |
Instalación interior de gas | 106,631567 euros/viv |
VII. ACONDICIONAMENTO TERMICO, ILLAMENTO E ESTANQUEIDADE DA VIVENDA | |
Formación de cámara de aire con fábrica de ladrillo e illamento interior | 12,795547 euros/m2 |
Doble acristalamento con vidrios incoloros, cámara e selado con xunta plástica | 58,995348 euros/m2) |
Instalación completa de calefacción | 3.731,942591 euros/viv |
VIII. INSTALACIONS ELECTRICAS | |
Instalación eléctrica en vivenda, totalmente rematada, incluso acometida e mecanismos de protección conforme ós vixentes regulamentos. Grao de electrificación medio | 1.954,82793 euros/viv |
IX. VARIOS | |
Desbroce e limpeza manual de terreo | 4,976380 euros/m2 |
Movemento de terras | 2,488190 euros/m2 |
Forxado de viguetas de formigón pretensado e Bovediñas de formigón (sen vigas nen pilares) | 24,881901 euros/m2 |
Soleira de formigón e encachado de pedra | 28,433882 euros/m2 |
Muros de contención de formigón armado (de 30 cms. de espesor) | 213,251114 euros/m2 |
Demolición de tabiquería interior | 3,479860 euros/m2 |
NOTA: En caso de que unha obra non atope un encadre directo nas distintas aquí tipificada, aplicaráselle a tarifa que máis se aproxime por identidade de razón entre os supostos tipificados neste Anexo II, salvo que o suxeito pasivo aduza razóns suficientes para desestima-la valoración realizada.