Ordes - ORDENANZA DA ORDENACIÓN E REGULACIÓN DO APARCAMENTO (ORA).
Artigo 11.-Infraccións
1. Considéranse infraccións a esta ordenanza:
a) Estacionar en zona ORA sen título que o autorice, ou colocando este de forma que non permita a comprobación do seu contido.
b) Estacionar en zona ORA calquera dos vehículos que o teñen expresamente prohibido nesta ordenanza.
c) Exceder o tempo aboado no ticket.
d) Estacionar fora dos límites marcados horizontalmente.
e) Non desprazar o vehículo unha vez expirado o tempo aboado, polo menos 250 metros ou durante un mínimo de 60 minutos antes de regresar ao mesmo tramo.
2. Tamén se consideran infraccións, sen prexuízo da responsabilidade penal na que se puidera incorrer, a manipulación, falsificación ou calquera outro uso fraudulento dos distintivos de estacionamento.
Artigo 7.-Expedición de tickets.
1. Para a adquisición dos tickets de estacionamento deberá terse en conta:
a) Os tickets obteranse por medio de máquinas expendedoras instaladas na vía pública adecuadamente sinalizadas. O importe farase efectivo mediante moedas ou outros sistemas electrónicos de pago de que estean provistos.
b) A avaría ou funcionamento deficiente dunha máquina non eximirá da obriga de adquirilo ticket correspondente, debendo o usuario acudir a outra máquina expendedora que estivera en funcionamento.
c) Para que o ticket sexa válido, deberá indicalo día, mes e ano en curso, a cantidade pagada e a hora en que expira o tempo de estacionamento.
d) O ticket é o xustificante de pago e distintivo do tempo de estacionamento permitido. Deberá ser colocado na parte interna do parabrisas de forma que quede totalmente visible desde o exterior para a súa adecuada comprobación.
2. Unha vez expirado o tempo aboado no ticket, o usuario deberá desprazar o vehículo polo menos 250 metros non podendo volver ao lugar inicial durante un mínimo de 30 minutos.
Artigo 12.-Medidas cautelares
Sen prexuízo da denuncia correspondente, o Concello poderá adoptar, nos supostos de infracción previstos no apartado 1 do artigo anterior, as medidas cautelosas seguintes:
1.-A inmobilización do vehículo en tanto non se identifique ó seu condutor.
2.-A retirada do vehículo da vía pública e o seu traslado ó Depósito municipal salvo no suposto establecido no artigo 11.1c) en tanto non se exceda en unha hora o tempo aboado.
Procedemento sancionador
O procedemento sancionador aplicable ás infraccións desta ordenanza será o establecido na normativa vixente e en concreto na Ordenanza Xeral de Circulación.
Artigo 8.-Horario e datas de estacionamento:
Artigo 13.-Cadro de infraccións e multas
Establécese o seguinte cadro de infraccións e multas:
Art. | Inf. | Feito denunciado | Multa |
11.1 | a) | Estacionar en zona ORA sen título que o autorice, ou colocando este de forma que non permita a comprobación do seu contido. | 30 euros |
11.1 | b) | Estacionar en zona ORA calquera dos vehículos calquera dos vehículos que o teñen expresamente prohibido nesta ordenanza. | 30 euros |
11.1 | c) | Exceder o tempo aboado no ticket: | |
- En menos dunha hora | 2 euros | ||
- En máis dunha hora | 15 euros | ||
1.1 | d) | Estacionar fora dos límites marcados horizontalmente. | 2 euros |
11.1 | e) | Non desprazar o vehículo unha vez expirado o tempo aboado, polo menos 250 metros ou durante un mínimo de 60 minutos antes de regresar ao mesmo tramo. | 2 euros |
11.2 | A manipulación, falsificación ou calquera outro uso fraudulento dos distintivos de estacionamento | 60 euros |
Artigo 9.-Estacionamentos non permitidos na zona ORA
Non poderán estacionar na zona ORA:
1.-Os vehículos de PMA superior a 3.500 kg, salvo autorización expresa.
2.-Os vehículos que realicen operacións de carga e descarga, salvo que tivesen lugar nos espazos expresamente habilitados para tal fin ou o fixesen coa oportuna autorización municipal.
Artigo 10.-Vehículos exentos de limitación na zona ORA
Están exentos das limitacións de estacionamento de "zona ORA":
1.-Os vehículos que dispoñan de título habilitante especial outorgado polo Concello.
2.-Aqueles vehículos que tivesen licenza municipal para actividades específicas de ocupación de vía pública.
3.-Os vehículos oficiais do Estado, comunidades autónomas e entidades locais adscritos á defensa nacional ou á seguridade cidadá.
4.-Os vehículos de representacións diplomáticas, oficinas consulares, axentes diplomáticos e funcionarios consulares de carreira acreditados en España, que sexan súbditos dos respectivos países, externamente identificados e a condición de reciprocidade na súa extensión e grao.
Así mesmo, os vehículos dos organismos internacionais con sede ou oficina en España e dos seus funcionarios ou membros con estatuto diplomático.
5.-As ambulancias e vehículos dos servizos de urxencia, cando se atopen cumprindo tales servizos.
6.- Os ciclos, ciclomotores e motocicletas, nas zonas reservadas para eles.
Título preliminar
Artigo 1.-Obxecto.
De conformidade co establecido no artigo 25 da Lei de Bases do Réxime Local, e das disposicións contidas no Real decreto lexislativo 6/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei sobre Tráfico, Circulación de Vehículos a Motor e Seguridade Viaria, dítase a presente ordenanza que ten por obxecto fixar medidas de estacionamento limitado, co fin de garantir a rotación dos aparcamentos, prestando especial atención ás necesidades das persoas con discapacidade que teñen reducida a súa mobilidade e que utilizan vehículos, todo iso co fin de favorecer a súa integración social.
Artigo 2.-Ámbito de aplicación.
O ámbito de aplicación da presente ordenanza estenderase a aquelas vías ou tramos destas que se relacionan no Anexo I, denominado zona ORA, durante o seu horario de funcionamento.
Artigo 3.-Conceptos previos.
1. A zona ORA comprende a superficie do termo municipal sinalada no artigo anterior e o seu réxime de funcionamento queda sometido ás normas desta ordenanza.
2. Dentro da zona ORA e durante o seu funcionamento, non hai libre aparcamento, senón que tódolos espazos están suxeitos ao réxime de estacionamento limitado, salvo que estea reservado ou prohibido expresamente, neste caso estarán sometidos ao réxime xeral de prohibición.
3. Dentro da zona ORA distínguense dous tipos de espazos:
a) Os regulados mediante a adquisición de tíckets de estacionamento.
b) Os regulados mediante disco de control ou outro medio de proba da hora de estacionamento.
4. A delimitación de ámbolos dous tipos de espazos recóllese no Anexo II á presente ordenanza.
Artigo 4.-Usuarios, títulos habilitantes e tarifas.
Serán usuarios as persoas que mediante o título habilitante poden estacionar nas zonas delimitadas para tal fin, cos límites máximos sinalados no artigo 8 e coa obriga de, rematado o tempo, cambiar o vehículo de rúa.
Os títulos habilitantes serán, en función do tipo de espazo, ben os comprobantes de pagamento e do tempo de estacionamento que se extraerán das máquinas expendedoras mediante moedas, tarxeta mecánica ou calquera outra forma de pagamento aceptada, ben os discos de control ou outro medio de proba da hora de aparcamento.
Artigo 5.-Competencias.
Corresponde ao Pleno Corporativo a fixación e modificación do perímetro da zona ORA.
Título I.-Funcionamento da zona ORA
Artigo 6.-Sinalización vertical e horizontal.
1. Sinalización vertical da zona ORA.
a) Tódalas entradas e saídas estarán indicadas mediante sinais verticais e específicos de comezo e fin da zona ORA, con indicación de se o espazo está ou non suxeito a pagamento.
b) O formato dos anteditos sinais verticais será o establecido polo Concello, de conformidade co disposto no catálogo oficial de sinais de circulación.
2. En canto á sinalización horizontal, os espazos estarán delimitados mediante liñas descontinuas de cor azul. En cada espazo poderá figurar a indicación de se o título habilitante é tícket ou disco, mediante a pintura dunha letra ¿T" ou ¿D", respectivamente.
Artigo 7.-Títulos habilitantes.
En función do tipo de espazo os títulos habilitantes serán:
1. Tíckets de estacionamento:
Para a adquisición dos tíckets de estacionamento deberá terse en conta:
a) Os tíckets obteranse por medio de máquinas expendedoras instaladas na vía pública. O importe farase efectivo mediante moedas ou outros sistemas electrónicos de pago dos que estean provistos.
b) A avaría ou funcionamento deficiente dunha máquina non eximirá da obriga de adquirilo tícket correspondente, debendo o usuario acudir a outra máquina expendedora que estivera en funcionamento.
c) Para que o tícket sexa válido, deberá indicar o día, mes e ano en curso, a cantidade pagada e a hora na que expira o tempo de estacionamento.
d) O tícket é o xustificante de pago e distintivo do tempo de estacionamento permitido. Deberá ser colocado na parte interna do parabrisas de forma que quede totalmente visible desde o exterior para a súa axeitada comprobación.
Unha vez expirado o tempo aboado no tícket, o usuario deberá desprazar o vehículo polo menos 250 metros, non podendo volver ao lugar inicial durante un mínimo de 30 minutos.
2. Disco de control e outros medios:
Dentro do espazo regulado mediante discos de control, o condutor, ao aparcaren, ten a obriga de colocar o disco de control na parte interna do parabrisas do vehículo de forma que quede totalmente visible desde o exterior para a súa axeitada comprobación. Poderá tamén utilizar outro medio indicador que permita comprobar a hora de chegada, cal é colocar no parabrisas do mesmo xeito unha nota coa hora de aparcamento.
O sistema de disco de control será de aplicación a todas as prazas destinadas aos vehículos que dispoñan de tarxeta para estacionamento en lugares reservados para persoas con mobilidade reducida.
O disco de control consiste nunha pequena roda de 11x11 cm. aproximadamente, onde na ventá da esquerda deberá figurar a hora de chegada que fixará o condutor ao xirar o disco e automaticamente aparecerá na ventá da dereita a hora límite á que ten que abandonar o lugar, de acordo coa franxa horaria establecida na presente ordenanza.
Artigo 8.-Horario e datas de estacionamento.
1. O servizo ORA funcionará en días laborables co seguinte horario: de luns a venres, de 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 horas.
2. O intervalo de dúas horas entre o período de mañá e o de tarde non se terá en conta para computar o tempo aboado.
3. A ocupación máxima no espazo ORA de tíckets (zona de pagamento) será de 210 minutos, sendo de 90 minutos no espazo de disco de control (zona gratuíta).
Artigo 9.-Tarifas.
As tarifas dos tíckets serán as fixadas na correspondente ordenanza fiscal.
Artigo 10.-Estacionamentos no permitidos na zona ORA.
Non poderán estacionar na zona ORA:
1. Os vehículos de PMA superior a 3.500 quilogramos, salvo autorización expresa.
2. Os vehículos que realicen operacións de carga e descarga, salvo que tivesen lugar nos espazos expresamente habilitados para tal fin ou o fixeran coa oportuna autorización municipal.
3. Os vehículos incursos en calquera das causas de inmobilización recollidas na ordenanza municipal sobre tráfico, circulación de vehículos a motor e seguridade viaria, o cal será causa suficiente para proceder ao seu traslado ao depósito municipal na forma alí prevista.
Artigo 11.-Vehículos exentos de limitación en zona ORA.
Están exentos das limitacións de estacionamento en zona ORA:
1. Os vehículos que dispoñan de título habilitante espacial outorgado polo Concello.
2. Aqueles vehículos que tivesen licenza municipal para actividades específicas de ocupación de vía pública.
3. Os vehículos oficiais do Estado, comunidades autónomas e entidades locais adscritos á defensa nacional ou seguridade cidadá.
4. Os vehículos de representacións diplomáticas, oficinas consulares, axentes diplomáticos e funcionarios consulares de carreira acreditados en España, que sexan súbditos dos respectivos países, externamente identificados e a condición de reciprocidade na súa extensión e grao.
Así mesmo, os vehículos dos organismos internacionais con sede ou oficina en España e dos seus funcionarios ou membros con estatuto diplomático.
5. As ambulancias e vehículos dos servizos de urxencia, cando se atopen cumprindo tales servizos.
6. Os ciclos, ciclomotores e bicicletas, nas zonas reservadas para eles.
Título II.-Infraccións e procedemento sancionador
Artigo 12.-Infraccións.
1. Considéranse infraccións a esta ordenanza:
a) Estacionar en zona ORA sen título que o autorice, ou colocando este de forma que non permita a comprobación do seu contido.
b) Estacionar en zona ORA calquera dos vehículos que o teñan expresamente prohibido nesta ordenanza.
c) Exceder o tempo máximo autorizado polo título habilitante.
d) Estacionar fora dos límites marcados horizontalmente.
e) Indicar no disco de control ou elemento que o substitúa un horario distinto ao de chegada ou modificar o horario sen retirar antes o vehículo a máis de 250 metros do lugar de chegada ou durante un mínimo de 90 minutos antes de regresar ao mesmo tramo.
f) Non desprazar o vehículo unha vez expirado o tempo ao que da dereito o título habilitante, polo menos 250 metros ou durante un mínimo de 90 minutos antes de regresar ao mesmo tramo.
2. Tamén se consideran infraccións, sen prexuízo da responsabilidade penal na que se puidera incorrer, a manipulación, falsificación ou calquera outro uso fraudulento dos distintivos de estacionamento.
3. As infraccións a esta ordenanza terán a consideración que se lles atribúa na ordenanza municipal sobre tráfico, circulación de vehículos a motor e seguridade viaria.
Artigo 13.-Medidas provisionais.
Sen prexuízo da denuncia correspondentes, o Concello poderá adoptar, nos supostos previstos no apartado 1 do artigo anterior, as medidas seguintes:
1. A inmobilización do vehículo en tanto non se identifique ao seu condutor.
2. A retirada do vehículo da vía pública e o seu traslado ao Depósito municipal, salvo no suposto establecido no artigo 11.1.c) en tanto non se exceda o triplo do tempo aboado ou autorizado.
Artigo 14.-Procedemento sancionador.
O procedemento sancionador aplicable ás infraccións desta Ordenanza será o establecido na normativa vixente en materia de Tráfico, Circulación de vehículos a motor e Seguridade Viaria.
Artigo 15.-Sancións.
As sancións pola comisión de infraccións a esta ordenanza serán as indicadas na ordenanza xeral municipal sobre tráfico, circulación de vehículos a motor e seguridade viaria.
Disposición final
A presente ordenanza entrará en vigor logo de que se publique integramente o seu texto e transcorrese o prazo de quince días ao que se refiren os artigos 70.2 e 65.2 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, permanecendo en vigor até a súa modificación ou derrogación expresa.
ANEXOS
ANEXO I
Perímetro da zona ORA
O ámbito de aplicación da ordenanza estenderase a aquelas vías ou tramos destas que se relacionan de seguido, denominado ¿Zona ORA", durante o seu horario de funcionamento:
Rúa Alfonso Senra, tramo desde a intersección coa rúa Rosalía de Castro até a intersección coa rúa Carnota.
Rúa do Recreo, tramo desde a intersección coa rúa Mediodía ate a intersección coa rúa Alfonso Senra.
Rúa dos Lagartos, desde a intersección con Alfonso Senra ate a intersección coas rúas Rosalía de Castro, Prolongación Lagartos e Paraíso.
Rúa Parque Municipal.
Rúa República Arxentina.
Rúa Nova, tramo desde a intersección con rúa Lagartos ate a intersección con rúa Rosalía de Castro.
Rúa Rosalía de Castro desde a intersección coa rúa Nova ate a intersección con Alfonso Senra.
Rúa Reconciliación.
Rúa do Mercado, tramo desde a intersección coa rúa Parque Municipal ate a intersección coa rúa da Canteira.
Rúa Praza de Abastos.
Rúa Compostela.
Rúa da Canteira, tramo desde a intersección con Alfonso Senra até a intersección coa rúa do Mercado.
ANEXO II
Delimitación dos espazos
1. Espazos regulados mediante a adquisición de tíckets de estacionamento:
Rúa Alfonso Senra, no tramo desde a intersección coa rúa Rosalía de Castro até a intersección coa rúa Carnota.
Rúa Parque Municipal.
Rúa do Recreo, no tramo desde a intersección coa rúa do Parque Municipal até e intersección coa rúa Alfonso Senra.
Rúa República Arxentina, no tramo desde a intersección coa rúa Alfonso Senra até a intersección coa rúa Nova.
Rúa do Mercado, no tramo desde a intersección coa rúa Parque municipal até a intersección coa rúa Compostela.
2. Espazos regulados mediante disco de control ou outro medio de proba da hora de estacionamento:
Rúa dos Lagartos.
Rúa Nova.
Rúa República Arxentina, tramo desde a intersección coa rúa Nova até a intersección coa rúa Rosalía de Castro.
Rúa Rosalía de Castro, tramo desde a intersección coa rúa Nova até a intersección con Alfonso Senra.
Rúa Reconciliación.
Rúa Mercado, tramo desde a intersección coa rúa Compostela até a intersección coa rúa da Canteira.
Rúa Praza de Abastos.
Rúa da Canteira, desde a intersección con Alfonso Senra até a intersección coa rúa do Mercado.
Rúa Compostela.
Rúa do Recreo, no tramo entre a súa intersección coa rúa do Parque Municipal e a rúa Mediodía.
Nota do Servizo de Asistencia Económica a Municipios
La modificaión de la ordenanza dispón a súa entrada en vigor unha vez publicado o seu texto completo no Boletín oficial da Provincia, e transcorrido o prazo previsto ao que se refiren os artigos 70.2 e 65.2 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das Bases do Réxime Local:
Artigo 70.2: ¿¿..Las ordenanzas, incluídos el articulado de las normas de los planes urbanísticos, así como los acuerdos correspondientes a éstos cuya aprobación definitiva sea competencia de los entes locales, se publicarán en el ¿Boletín Oficial" de la provincia y no entrarán en vigor hasta que se haya publicado completamente su texto y haya transcurrido el plazo previsto en el artículo 65.2 salvo los presupuestos y las ordenanzas fiscales que se publican y entran en vigor en los términos establecidos en
Artigo 65.2: ¿El requerimiento deberá ser motivado y expresar la normativa que se estime vulnerada. Se formulará en el plazo de quince días hábiles a partir de la recepción de la comunicación del acuerdo."
Ó no ter coñecemento da fecha exacta da recepción da comunicación do acordo, o Servizo de Asistencia Económica a Municipios toma como fecha estimada da súa entrada en vigor o prazo de quince días hábiles a partir da publicación definitiva.