Ordes - ORDENANZA DA ORDENACIÓN E REGULACIÓN DO APARCAMENTO (ORA).

Publicación provisional: 26/07/2006 BOP Nº: 00
Publicación definitiva: 26/10/2006 BOP Nº: 246
Aplicable dende: 13/11/2006

Artigo 1.-Obxecto.

De conformidade co establecido no artigo 25 da Lei 7/1985, de 2 de abril, de bases de réxime local, nas disposicións contidas no R.D.L. 339/1990, de 2 de marzo, polo que se aproba o Texto articulado da Lei sobre tráfico, circulación de vehículos a motor e seguridade viaria, e da Lei 5/1997, do 24 de marzo, de reforma do texto articulado da Lei 339/90 dita, dítase a presente ordenanza que ten por obxecto fixar medidas de estacionamento limitado, co fin de garantir a rotación dos vehículos.

Artigo 6.-Sinalización vertical e horizontal

1.-Sinalización vertical da zona ORA.

a) Tódalas entradas e saídas estarán indicadas mediante sinais verticais e específicos de comezo e fin da zona ORA.

b) O formato dos sinais verticais ditos no apartado anterior será o establecido polo concello.

2.-En canto á sinalización horizontal, os espazos estarán delimitados mediante liñas descontinuas de cor azul.

Artigo 11.-Infraccións

1. Considéranse infraccións a esta ordenanza:

a) Estacionar en zona ORA sen título que o autorice, ou colocando este de forma que non permita a comprobación do seu contido.

b) Estacionar en zona ORA calquera dos vehículos que o teñen expresamente prohibido nesta ordenanza.

c) Exceder o tempo aboado no ticket.

d) Estacionar fora dos límites marcados horizontalmente.

e) Non desprazar o vehículo unha vez expirado o tempo aboado, polo menos 250 metros ou durante un mínimo de 60 minutos antes de regresar ao mesmo tramo.

2. Tamén se consideran infraccións, sen prexuízo da responsabilidade penal na que se puidera incorrer, a manipulación, falsificación ou calquera outro uso fraudulento dos distintivos de estacionamento.

Artigo 2.-Ámbito de aplicación

O ámbito de aplicación da presente ordenanza estenderase a aquelas vías ou tramos destas que se relacionan de seguido, denominado "zona ORA", durante o seu horario de funcionamento.

- Rúa Alfonso Senra desde o nº 27 ao nº 169, incluíndo as prazas existentes detrás do parque da Alameda.

- Rúa Xosé Antonio desde o nº 5 ao nº 35.

- Rúa Parques Municipais.

Artigo 7.-Expedición de tickets.

1. Para a adquisición dos tickets de estacionamento deberá terse en conta:

a) Os tickets obteranse por medio de máquinas expendedoras instaladas na vía pública adecuadamente sinalizadas. O importe farase efectivo mediante moedas ou outros sistemas electrónicos de pago de que estean provistos.

b) A avaría ou funcionamento deficiente dunha máquina non eximirá da obriga de adquirilo ticket correspondente, debendo o usuario acudir a outra máquina expendedora que estivera en funcionamento.

c) Para que o ticket sexa válido, deberá indicalo día, mes e ano en curso, a cantidade pagada e a hora en que expira o tempo de estacionamento.

d) O ticket é o xustificante de pago e distintivo do tempo de estacionamento permitido. Deberá ser colocado na parte interna do parabrisas de forma que quede totalmente visible desde o exterior para a súa adecuada comprobación.

2. Unha vez expirado o tempo aboado no ticket, o usuario deberá desprazar o vehículo polo menos 250 metros non podendo volver ao lugar inicial durante un mínimo de 30 minutos.

Artigo 12.-Medidas cautelares

Sen prexuízo da denuncia correspondente, o Concello poderá adoptar, nos supostos de infracción previstos no apartado 1 do artigo anterior, as medidas cautelosas seguintes:

1.-A inmobilización do vehículo en tanto non se identifique ó seu condutor.

2.-A retirada do vehículo da vía pública e o seu traslado ó Depósito municipal salvo no suposto establecido no artigo 11.1c) en tanto non se exceda en unha hora o tempo aboado.

Procedemento sancionador

O procedemento sancionador aplicable ás infraccións desta ordenanza será o establecido na normativa vixente e en concreto na Ordenanza Xeral de Circulación.

Artigo 3.-Conceptos previos

1.-A zona ORA comprende a superficie do termo municipal sinalada no artigo anterior e o seu réxime de estacionamento queda sometido ás normas desta ordenanza.

2.-Dentro da zona ORA e durante o seu funcionamento, non hai libre aparcamento, senón que tódolos espazos están suxeitos ó réxime de estacionamento limitado, salvo que estea reservado ou prohibido expresamente, neste caso estarán sometidos ó réxime xeral de prohibición.

Artigo 8.-Horario e datas de estacionamento:

1. O servizo ORA funcionará en días laborables co seguinte horario:

a) De luns a venres, de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00.

b) Os sábados de 10:00 a 14:00.

2. O intervalo de dúas horas entre o período de mañá e o de tarde non se terá en conta para computar o tempo aboado.

Artigo 13.-Cadro de infraccións e multas

Establécese o seguinte cadro de infraccións e multas:

 

Art. Inf. Feito denunciado Multa
11.1 a) Estacionar en zona ORA sen título que o autorice, ou colocando este de forma que non permita a comprobación do seu contido. 30 euros
11.1 b) Estacionar en zona ORA calquera dos vehículos calquera dos vehículos que o teñen expresamente prohibido nesta ordenanza. 30 euros
11.1 c) Exceder o tempo aboado no ticket:  
    - En menos dunha hora 2 euros
    - En máis dunha hora 15 euros
1.1 d) Estacionar fora dos límites marcados horizontalmente. 2 euros
11.1 e) Non desprazar o vehículo unha vez expirado o tempo aboado, polo menos 250 metros ou durante un mínimo de 60 minutos antes de regresar ao mesmo tramo. 2 euros
11.2   A manipulación, falsificación ou calquera outro uso fraudulento dos distintivos de estacionamento 60 euros

 

Artigo 4.-Usuarios, títulos habilitantes e tarifas.

Serán usuarios as persoas que mediante o pagamento das tarifas establecidas na Ordenanza correspondente poden estacionar nas zonas delimitadas para tal fin, cun límite máximo permitido de dúas horas e coa obriga de, rematado o tempo, cambiar o seu vehículo de rúa.

Os títulos que habilitan serán os comprobantes de pagamento e do tempo de estacionamento que se extraerán das máquinas expendedoras mediante moedas, tarxeta mecánica ou moedeiro. As tarifas serán de trinta minutos mínimo e de dúas horas máximo.

Artigo 9.-Estacionamentos non permitidos na zona ORA

Non poderán estacionar na zona ORA:

1.-Os vehículos de PMA superior a 3.500 kg, salvo autorización expresa.

2.-Os vehículos que realicen operacións de carga e descarga, salvo que tivesen lugar nos espazos expresamente habilitados para tal fin ou o fixesen coa oportuna autorización municipal.

Artigo 5.-Competencias

1.-Corresponde ó Pleno a fixación e modificación do perímetro da zona ORA.

Artigo 10.-Vehículos exentos de limitación na zona ORA

Están exentos das limitacións de estacionamento de "zona ORA":

1.-Os vehículos que dispoñan de título habilitante especial outorgado polo Concello.

2.-Aqueles vehículos que tivesen licenza municipal para actividades específicas de ocupación de vía pública.

3.-Os vehículos oficiais do Estado, comunidades autónomas e entidades locais adscritos á defensa nacional ou á seguridade cidadá.

4.-Os vehículos de representacións diplomáticas, oficinas consulares, axentes diplomáticos e funcionarios consulares de carreira acreditados en España, que sexan súbditos dos respectivos países, externamente identificados e a condición de reciprocidade na súa extensión e grao.

Así mesmo, os vehículos dos organismos internacionais con sede ou oficina en España e dos seus funcionarios ou membros con estatuto diplomático.

5.-As ambulancias e vehículos dos servizos de urxencia, cando se atopen cumprindo tales servizos.

6.- Os ciclos, ciclomotores e motocicletas, nas zonas reservadas para eles.

Título preliminar

TÍTULO I. Funcionamento da zona ORA

TÍTULO II. Infraccións e procedemento sancionador.

Disposición final

Esta ordenanza foi aprobada polo Pleno da Corporación en sesión ordinaria, de data 26 de xullo de 2006, entrado en vigor logo de que se publique integramente o seu texto no BOP e transcorra o prazo de quince días a que se refiren os artigos 70.2 e 65.2 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, e permanecerá en vigor ate a súa modificación ou derrogación expresa.