Fene - ORDENANZA FISCAL Nº 24, REGULADORA DO IMPOSTO SOBRE CONSTRUCCIÓNS, INSTALACIÓNS E OBRAS

Publicación provisional: 19/01/2007 BOP Nº: 15
Publicación definitiva: 19/01/2007 BOP Nº: 15
Aplicable dende: 01/01/2019

ARTIGO 1.º- FUNDAMENTO LEGAL

De conformidade có disposto no Artigo 59.2, párrafo segundo do RD Lexislativo 2/2004 de 5 de marzo polo que se aproba o texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, establécese o Imposto sobre Construccións, Instalacións e Obras.

ARTIGO 2º.- NATUREZA E FEITO IMPOÑIBLE

O Imposto sobre Construccións, Instalacións e Obras é un tributo indirecto en que o feito impoñible está constituido pola realización, dentro do termo municipal, de calquera construcción, instalación ou obra para a que se esixa obtención da correspondente licencia de obras ou urbanística, obtivese ou non a dita licencia, ou para a que se esixa presentación de comunicación previa, sempre que a expedición da licenza ou a actividade de control corresponda a este Concello.

ARTIGO 3.º- EXENCIONES

Está exenta do pago do Imposto a realización de calquera construcción, instalación ou obra da que sexa dono o Estado, as Comunidades Autónomas ou as Entidades Locais que, estando suxeitas ó mesmo, vaian ser directamente destinadas á estradas, ferrocarrís, portos, aeroportos, obras hidraúlicas, saneamentos de poboación e das suas augas residuais, ainda que a súa xestión se leve a cabo por Organismos Autónomos, tanto si se trata de obras de investimento novo como de conservación.
Non se admitirán outros beneficios fiscais que os contidos en normas con rango de lei ou os que se deriven da aplicación de Tratados Internacionais.

ARTIGO 4.º- BONIFICACIÓNS

1.- Dacordo co previsto no artigo 103.2. a) do TRLRHL, o Pleno da Corporación poderá conceder unha bonificación de ata o 95 por 100 sobre a cota tributaria en favor das construccións, instalacións ou obras destinadas á realización de actividades industriais ou comerciais, cando as mesmas sexan declaradas en cada caso concreto de especial interés ou utilidade municipal polo devandito órgano, por concorrer circunstancias que poñan de manifesto a creación de emprego, debéndose cumprir os seguintes requisitos:

1) Creación de emprego na pequena e mediana empresa:

A bonificación poderá ser concedida ás pequenas e medianas empresas, considerándose coma tales, as que se adiquen á fabricación ou venda de productos en áreas únicas de superficie inferior a 400 metros cadrados, ou, ainda en superficies superiores, cando non poidan ser encadradas nas actividades do epígrafe 2) do presente apartado, se cumpren os requisitos que seguen:

Creación de novos postos de traballo por parte do promotor ou titulado do establecemento mercantil das obras, que deben ser cubertos por persoas que non tivesen unha relación laboral dependente co promotor ou titulado do establecemento mercantil nos últimos cinco anos. Se o número de postos creado fose igual ou superior a catro, o 25 % dos novos contratos ha de ser de carácter indefinido. Cando resulte un número de contratos indefinidos non enteiro, redondearase ao enteiro inferior.

Acreditado o cumprimento deste requisito, a porcentaxe de bonificación determinarase en función do presuposto de execución material da construcción, instalación ou obra e do número de novos postos de traballo creados, de acordo cos seguintes cadros:

 

Presuposto de execución material

Puntos

Postos de traballo de nova creación

Puntos

Ata 100.000 €

1

1

4

100.000,01 a 150.000 €

2

2

6

150.000,01 a 200.000 €

3

3

7

200.000,01 a 250.000 €

4

4 ou máis

8

Máis de 250.000 €

5

 

 

 

Porcentaxe de bonificación:

Puntos

% bonificación

5

50%

6

60%

7

70%

8

80 %

9

95%

 

2) Creación de emprego por grandes empresas e superficies comerciais e áreas de comercio mixto ou multiproducto:

Considéranse grandes empresas as que teñen máis de 250 traballadores. Considéranse áreas de comercio mixto ás superficies de comercio en grandes almacéns, entendendo por tales aqueles establecementos que ofrezan un surtido amplo e, en xeral, profundo, de varias gamas de productos -principalmente artículos para o equipamento do fogar, confección, calzado, perfumería, alimentación, etc- presentados en departamentos múltiples, con ou sen a asistencia de persoal de venda, e que poñen, ademáis, diversos servizos a disposición dos clientes, sempre e cando a superficie total, incluidos toda clase de locales de explotación vinculada ou dependente, supere os 400 metros cadrados.

En tal sentido, considérase como única explotación aquela que, constando de diversos módulos constructivos, físicamente independentes, sexa xestionada directa ou indirectamente pola mesma entidade mercantil ou por outras vinculadas á mesma ou pertencentes ao mesmo grupo de sociedades, aínda que desenvolvan actividades non estrictamente encadradas no grupo 66 da Clasificación Nacional de Actividades Económicas contemplada no R.D. 1175/1990, do 28 de setembro, polo que se aproban as Tarifas e a Instrucción do Imposto sobre Actividades Económicas.

O requisito para a concesión da bonificación nestes casos é o que segue:

Creación de novos postos de traballo por parte do promotor ou titulado do establecemento mercantil das obras, que deben ser cubertos por persoas que non tivesen unha relación laboral dependente co promotor ou titulado do establecemento mercantil nos últimos cinco anos. En todo caso, o 25 % dos novos contratos ha de ser de carácter indefinido. Cando resulte un número de contratos indefinidos non enteiro, redondearase ao enteiro inferior.

Acreditado o cumprimento deste requisito, a porcentaxe de bonificación determinarase en función do presuposto de execución material da construción, instalación ou obra e do número de novos postos de traballo creados, de acordo cos seguintes cadros:

Puntuación dos requisitos:

Presuposto de execución material

Puntos

Postos de traballo de nova creación

Puntos

Ata 3.000.000 €

1

15-50

1

De 3.000.000,01 a 6.000.000 €

2

51-125

2

De 6.000.000,01 a 9.000.000 €

3

126-200

3

De 9.000.000,01 a 12.000.000 €

4

201-275

4

De 12.000.000,01 a 15.000.000 €

5

Máis de 275

5

Máis de 15.000.000 €

6

 

 

 

Porcentaxe de bonificación:

Puntos

% bonificación

7

50%

8

60%

9

70%

10

80 %

11

95%

2.- A bonificación regulada no apartado anterior será de carácter rogado, debendo presentar o suxeito pasivo a correspondente solicitude, coa que se achegarán os documentos acreditativos do cumprimento dos requisitos establecidos en cada caso. Para xustificar o requisito da contratación de traballadores abondará inicialmente coa presentación dunha declaración xurada por parte do promotor ou titulado mercantil das obras, na que figuren os datos dos traballadores que van a ser contratados cando se rematen as obras. Neste suposto, a bonificación concederase baixo condición resolutoria, de maneira que de non presentarse copia autenticada dos correspondentes contratos de traballo no prazo de seis meses desde o remate das obras, quedará sen efecto a bonificación concedida e a Tesourería Municipal esixirá o importe da bonificación pola vía de constrinximento.

3.-As construcións, instalacións ou obras que se inicien sen terse concedido a licenza municipal -sempre e cando sexa preceptiva-, ou presentado a declaración responsable ou comunicación previa, no seu caso, non poderán acollerse aos beneficios fiscais previstos neste artigo.

O importe conxunto de toda as bonificacións non poderá superar o 95% da cota íntegra do imposto.

ARTIGO 5º.- SUXEITOS PASIVOS

1.- Son suxeitos pasivos deste Imposto, a título contribuínte as persoas físicas ou xurídicas ou entidades do artigo 35.4 da nova Lei Xeral Tributaria 58/03 de 17 de decembro, que sexan donos da construcción, instalación ou obra, sexan ou non propietarios do inmoble sobre o que se realice aquela.

Os efectos previstos no párrafo anterior terá a consideración de dono da construcción, instalación ou obra quen soporte os gastos ou o custo que comporte a sua realización.

2.-No suposto de que a construcción, instalación ou obra non sexa realizada polo suxeito pasivo contribuinte terán a condición de suxeitos pasivos substitutos do mesmo quenes soliciten as correspondentes licencias ou presenten as correspondentes comunicacións previas ou realicen as construccións, instalacións ou obras.

O substituto poderá esixir do contribuinte o importe da cuota tributaria satisfeita

ARTIGO 6.º- BASE IMPOÑIBLE, COTA E DEVENGO

1.-A base impoñible do imposto está constituida polo custo real e efectivo da construcción, instalación ou obra, e se entende por tal, a estos efectos o custo de execución material de aquela.
Non forman parte da base impoñible o Imposto sobre o Valor Engadido e demais impostos análogos propios de rexímenes especiais, as taxas, prezos públicos e demais prestacións patrimoniais de carácter público local relacionadas, no seu caso, coa construcción, instalación ou obra, nin tampouco os honorarios de profesionais, o beneficio empresarial do contratista nin calquera outro concepto que non integre, estrictamente, o custo de execución material.
Este calcularase do modo seguinte:
a) En obras menores será o resultado de estimar o orzamento das mesmas, como producto das distintas unidades polos prezos compoñentes obtidos dos que figuran no anexo a este ordenanza.
b) En obras maiores, o orzamento será calculado en función dos índices ou módulos según o seguinte procedemento:
OEM = Mb x Sc x Ct x Cu x Ca, sendo:
OEM = Orzamento de execución material
Mb = Módulo básico = 426 Euros/m².
Sc = Superficie total construída
Ct = Coeficiente tipoloxía
Cu = Coeficiente de uso
Fa = Factor de actualización = 1)
COEFICIENTE TIPOLOXÍAS: Ct.
Ct.-Tipoloxía da edificación.
1. En edificacións de nova planta e Adicións.
1,20 Edificacións aillada (4 fachadas). Vivenda unifamiliar aillada. Sótanos a partir do 3.º.
1,10 Agrupación en fila. Sótano 1.º e 2.º
1,00 Edificio en maza pechada. Edificación Aberta vivenda colectiva.
2.-En obras de reforma e rehabilitación.
1,10 Rehabilitación total incluindo desmontaxe de fachadas.
1,00 Adecuación interior de prantas baixas e entrechans
0,90 Rehabilitación integral do edificio conservando exclusivamente as fachadas.
0,65 Rehabiliatación e reforma de instalacións e acabados.
0,50 Reformas que afecten soio a elementos estructurais.
0,35 Rehabilitación de fachadas e sustitución de carpintería e pechamentos (aplicada á superficie de fachada).
0,30 Reformas de pouca entidade que non afecten a elementos estructurais nin a instalacións (acabados interiores)
0,05 Demolicións e derribos (aplicada á superficie a demoler) *
* Coeficiente de uso Cu = 1
COEFICIENTE DE USOS: Cu.
1.-Edificación:
Cu.-Usos da edificación.
1,60 Auditorios. Museos. Teatros. Hoteis 5*. Edificios e locais bancarios.
1,50 Hospitais, Laboratorios. Igrexas e Centros de culto.
1,40 Bibliotecas. Facultades e Escolas Universitarias. Hoteis 4*. Edificios penitenciarios. Terminais Marítimas e asteleiros.
1,30 Clubes sociais. Cines. Centros de saúde. Balnearios. Hoteis 3*. Salas de festas. Discotecas. Colexios con Residencia.
1,20 Consultorios medicos e veterinarios. Restaurantes. Residencias 3ª idade. Aparthoteis.Tanatorios. Centros de Culto.Cuarteis. Matadeiros.
1,10 Vivenda unifamiliares e locais anexos a viv unifamiliares como garaxes privados e trasteiros. Bodegas.
1,00 Hoteis 2* e 1*. Moteis. Residencias Universitarias. Ambulatorios. Hostais-Residencias.Estacións de autobuses. Salas de exposicións. Piscinas.Edificios para vivendas plurifamiliares, adosados.
0,90 Oficinas. Garderías. Bares. Mercados. Centros docentes.
0,80 Centro/local comercial. Pavillóns deportivos cubertos. Vestiarios. Bungalows.
0,65 Edificios de aparcamentos.
0,50 Pías descubertas. Cemiterios. Panteons (por nicho) para cementerios parroquiales). Estacion de servicio. Naves industriais rematadas.Trasteiros.Locais para garaxes.Plantas para garaxes en edificios.
0,35 Porches e terrazas abertas.Naves industriais, edificios, plantas e locais sen uso especifico.
0,30 Instalacións deportivas descubertas.Cobertizos. Depósitos. Trasteiros
0,10 Proxectos de urbanización (sobre superficie ordenada). Campings.
Xardíns. Pistas de terra e formigón. Tratamento de espacios exteriores. Acondicionamento de terreos.
c) Naquelas construccións, instalacións e obras suxetas ó Regulamento de Actividades Molestas, Insalubres, Nocivas e Perigosas, o orzamento correspondente ó obra civil que figure no proxecto visado polo colexio profesional correspondente, estimado segun os criterios expostos nos anteriores apartados.
d) Obras especiais.Aquelas obras cuio contido non sexa susceptible de inclusión nos anteriores apartados, serán valoradas conforme ó proxecto técnico visado, presentado polo interesado.
2.-A cota deste imposto será o resultado de aplicar á Base Impoñible o tipo de gravame.
3.-O tipo de gravame será o do 3,03%.
4.-O Imposto devéngase no momento de iniciarse a construcción, instalación ou obra, aínda cando non se obtivese a correspondente licencia.

ARTIGO 7º.- NORMAS DE XESTIÓN, ADMINISTRACION E COBRANZA

1.- Cando sexa concedida a licenza preceptiva ou se presente a comunicación previa ou cando, non solicitándose, concedéndose ou denegándose ainda aquela ou presentado éstas, sexa iniciada a construcción, instalación ou obra, practicarase unha liquidación provisional a conta, determinándose a base impoñible en función dos informes dos técnicos municipais segundo o establecido na presente ordenanza.

A liquidación a que se refire este apartado practicarase utilizando como base impoñible a determinada polos técnicos municipais en función dos módulos establecidos no artigo 6 da presente ordenanza ou nos establecidos oficialmente polo Colexio de Arquitectos, no seu defecto.

Os servizos de urbanismo darán traslado do expediente ao servizo de xestión tributaria aos efectos de proceder a practicar a liquidación provisoria.

2.- Unha vez rematada a construcción, instalación ou obra e tendo en conta o custe real e efectivo da mesma, o Concello, mediante a oportuna comprobación administrativa modificará, no seu caso, a base impoñible a que se refire o apartado anterior, practicando a correspondente liquidación definitiva e esixindo do suxeito pasivo ou reintegrándolle, no seu caso, a cantidade que corresponda.

No caso das obras maiores os suxeitos pasivos deberán presentar no Concello declaración do custo real e efectivo daquelas, acompañada dos documentos que consideren oportunos para os efectos de acreditar o expresado custo.

Cando se produza calquera circunstancia que modifique o custe real e efectivo das obras, construccións ou instalacións que servirón de base para a determinación da cota tributaria, os suxeitos pasivos están obrigados a presentar, no prazo dun mes, declaración complementria, e unha vez aceptada a modificación pola administración municipal practicarase liquidación complementaria.

Será requisito para o outorgamento de licenza de primeira ocupación ter realizado a liquidación definitiva do imposto"

ARTIGO 9.º- PARTIDAS FALLIDAS

Consideraranse partidas fallidas ou créditos incobrables aquelas cotas que non poidesen facerse efectivas polo procedemento de apremio, polo que formalizaráse o oportuno expediente para a súa declaración, de acordo co previsto no vixente Regulamento de Recadación.

ARTIGO 10.º- INFRACCIÓNS E SANCIÓNS

En todo o relativo á calificación de infraccións tributarias, así como das sancións que ás mesmas correspondan en cada caso, estarase ó disposto nos artigos 178 e seguintes da Lei Xeral Tributaria 58/03, e o prevenido na Lei de Dereitos e Garantías do contribuinte e nas demais leis do Estado reguladoras da materia, así como nas disposicións dictada para o seu desenrolo conforme ordease no Artigo 12.1 do RD Lexislativo 2/2004 de 5 de marzo

DISPOSICION ADICIONAL.

Os prezos unitarios que figuran establecidos no anexo da presente ordenanza Fiscal, actualizaránse automaticamente cada ano segundo o incremento interanual do Indíce de prezos ó consumo.

DISPOSICIÓN TRANSITORIA

A modificación operada no artigo 4 aplicarase a todas aquelas solicitudes que aínda non tivesen obtido a licenza municipal, a conformidade á comunicación previa, ou que ás obras foran iniciadas con posterioridade á entrada en vigor da mesma, sempre que as mesmas non estiveran incursas en prodedemento algún de ilegalidade.

DISPOSICION FINAL. APROBACION E VIXENCIA

A presente Ordenanza entrará en vigor o día da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia, e será de aplicación no exercicio de 2012, permanecendo en vigor ata que se acorde a súa modificación ou derogación.

A modificación do artigo 4 e Disposición Transitoria aprobada inicialmente en sesión plenaria do 07.06.2018 entrará en vigor o 1 de xaneiro de 2019.

A N E X O

TARIFAS DE OBRAS MENORES
 
PARCIAL
TOTAL
I.-REPOSICION DE TELLADOS:
EUROS
EUROS
1.1.-M² demolición de cubrición de tella cerámica curva por medios
manuais e sin aproveitamento do material desmontado, incluso parte proporcional de pezas especiais, retirada de escombros e medios auxiliares
6,81
 
M² cuberta de placas fibrocemento sobre correas, incluso p.p. de
pezas especiais, medios auxiliares e elementos de seguridade
14,13
 
TOTAL EPIGRAFE 1.1.
 
20,94
1.2.-M² demolición de cubrición de tella cerámica curva por medios
manuais e sin aproveitamento do material desmontad, incluso p.p. de pezas
especiais, retirada de escombros e medios auxiliares
6,81
 
M² de cubrición con tella cerámica curva incluso p.p. de pezas
especiais, medios auxiliares e elementos de seguridade
27,42
 
M² cuberta de placas fibrocemento sobre correas, incluso p.p. de
pezas especiais, medios auxiliares e elementos de seguridade
14,12
 
TOTAL EPIGRAFE 1.2.
 
48,37
1.3.-M² demolición de cubrición de tella cerámica curva por medios
manuais e sin aproveitamento do material desmontado, incluso p.p.
de pezas especiais, retirada de escombros e medios auxiliares
6,81
 
M² de cubrición con tella cerámica curva incluso p.p. de pezas
especiais, medios auxiliares e elementos de seguridade
27,42
 
TOTAL EPIGRAFE 1.3.
 
34,23
II.-AMAÑO DE TELLADOS
2.1.-M² retellado de cuberta con tella curva, levantado, renovación e limpeza do 40% incluso p.p. de pezas especiais, medios auxiliares e
elementos de seguridade
23,02
 
TOTAL EPIGRAFE 2.1.
 
23,02
III.-CONSTRUCCION DE ADEGAS E GARAXES
3.1.-M² de construcción de adega ou garaxe,incluindo zanxa de cimentación,
soleira de formigón en masa, cerramento de bloque ou ladrillo cerámico, forxado alixerado de bovedillas cerámicas e cubrición de planchas de fibrocemento, con p.p. de fiestras e portas necesarias, pezas especiais e medios auxiliares,
totalmente executada
197,97
 
TOTAL EPIGRAFE 3.1.
 
197,97
3.2.-M² de construcción de adega ou garaxe, de características similares a do epígrafe anterior 3.1 sin execución de forxado alixeirado
131,98
 
TOTAL EPIGRAFE 3.2.
131,98
3.3.-M² de construcción de adega ou garaxe de madeira realizado sobre soleira de formigón en masa e con tellado de chapa de fibrocemento
32,99
 
TOTAL EPIGRAFE 3.3
 
32,99
IV.-COLOCACION DE PORTAIS
4.1.-M² de estructura metálica ou de aluminio para portal executada con p.p. de ferraxes e pezas de colgar e seguridade, incluso mans de pintura
no seu caso. Executado
65,99
 
TOTAL EPIGRAFE 4.1.
 
65,99
V.-COLOCACION DE SOPORTE PARA CONEXION DE ALUMEADO
5.1.-Ud. de soporte de formigón armado de 25 x 25 cm executado
para a conexión de acometida á rede xeral de subministro eléctrico,
incluso p.p. de cimentación, tubería de conexión e pezas especiais
197,97
 
TOTAL EPIGRAFE 5.1.
 
197,97
VI.-REPOSICION DE PORTAS E FIESTRAS
6.1.-Ud. porta entrada normalizada, seríe media, con taboeiro plafonado de roble para barnizar ou pintar, incluso precerco,bisagras, pechadura de seguridade,
tirador e mirilla, totalmente montada, incluso con p.p. de medios auxiliares
310,15
 
TOTAL EPIGRAFE 6.1.
310,15
6.2.-M² carpintería de aluminio anodizado ou lacado en formación
de portas con zócalo cego de chapa de aluminio composta por
bastidor xeral de perfiles de aluminio, paños fixos e folla practicable,
incluso ferraxes de colgar e seguridade, totalmente instalada incluso
con p.p. de medios auxiliares
105,59
 
TOTAL EPIGRAFE 6.2.
 
105,59
6.3.-Ud. porta de paso cega normalizada para barnizar ou pintar, con cerco,
tapaxuntas, e ferraxes de colgar e de peche, montada incluso con
p.p. de medios auxiliares
131,98
 
TOTAL EPIGRAFE 6.3.
 
131,98
6.4.-M² de carpintería de aluminio lacado en ventanas de dúas ou máis follas, composta por cerco con carrís para persiana, follas e ferraxes de colgar e de
seguridade, e acristalamento doble 4/6/4 mm sellado con silicona, totalmente
instalada sobre precerco de aluminio, incluso con p.p. de medios auxiliares
191,39
 
TOTAL EPIGRAFE 6.4.
 
191,39
6.5.-M² de carpintería de aluminio lacado en ventanas de
características similares as do epígrafe anterior 6.4, con vidrio de luna
incolora 6 mm
145,19
 
TOTAL EPIGRAFE 6.5.
 
145,19
VII.-APERTURA E PECHE DE OCOS DE LUCES
7.1.-M² de demolición de tabicóns de ladrillo oco doble, incluso
limpeza e retirada de escombros, con p.p. de medios auxiliares
7,22
 
M² de carpintería de aluminio lacado en ventanas de dúas ou máis follas,
composta por cerco con carrís para persiana, follas e ferraxes de colgar e de
seguridade, e acristalamento doble 4/6/4 mm sellado con silicona, totalmente
instalada sobre precerco de aluminio, incluso con p.p. de medios auxiliares
191,38
 
TOTAL EPIGRAFE 7.1.
 
198,59
7.2.-M² de peche formado por fábrica de ladrillo de oco doble de ¿
pé enfoscado interiormente con morteiro de cemento e area, cámara
de aire e tabicón de ladrillo o.d,. incluso traballos complementarios de
albanelería e medios auxiliares.
29,71
 
M² de pintura acrílica plástica en paramentos, incluso man de fondo
e acabado con dúas mans
4,72
 
TOTAL EPIGRAFE 7.2.
 
34,43
VIII.-COLOCACION DE REIXA DE SEGURIDADE EN FIESTRAS
8.1.-M² de reixa formada por perfís macizos de aceiro laminado ou
aluminio, según o caso, bastidor con pletina e barrotes cada 12 cm
soldados a tope, con garras para recibir, elabourada en taller e
montada en obra, incluso p.p. de albanelería.
66,57
 
TOTAL EPIGRAFE 8.1.
 
66,57
IX.-COLOCACION DE VENTANAL MANTENDO O EXISTENTE PARA
FORMACION DUN DOBRE
9.1.-Ud. de fiestra de dúas ou máis follas de aluminio lacado en branco, composta por cerco con carrís para persiana,follas e ferraxes de colgar e de seguridade, totalmente instalada sobre precerco de aluminio, incluso con p.p. de medios auxiliares
122,75
 
TOTAL EPIGRAFE 9.1
 
122,75
X.-PECHE DE BALCONS E TERRAZAS
10.1.-Ud. de fiestra corredera de follas de aluminio lacado en branco, composta por cerco con carrís para persiana, follas e ferraxes de deslizamento e de
seguridade, totalmente instalada sobre percerco de aluminio, incluso conp.p. de medios auxiliares
189,55
 
TOTAL EPIGRAFE 10.1.
 
189,55
XI.-REVESTIMENTO DE FACHADAS
11.1.-M² de lavado e rascado de pinturas vellas ó temple sobre
paramentos vertícais e horizontais
2,66
 
M² de pintura acrílica plástica aplicada con rodillo, en paramentos verticais e
horizontais de fachada, incluida limpeza de superficie, man de fondo e acabado con dúas mans
4,72
 
TOTAL EPIGRAFE 11.1.
 
7,38
11.2.-M² de lavado e rascado de pinturas vellas ó temple sobre
paramentos vertícais e horizontais
2,66
 
M² de pintura proxectada formada por unha man de impimación
acrílica, tritutrado de mármol seleccionado e unha man de barniz
13,05
 
TOTAL EPIGRAFE 11.2.
 
15,70
XII.-INSTALACION DE CALEFACCION
12.1.-Ud. de instalación completa de calefacción por auga quente en
vivenda, mediante cociña calefactora, incluso depósito de expansión,
conduccións, radadiores e mecanismos
3513.53 X
Sv
100
Sv: Sup. viv
 
12.2.-Ud. de instalación completa de calefacción mediante caldeira
mural de gas, incluso conduccións radiadores e mecanismos
2874.70 X
Sv
100
Sv: Sup. viv
 
XIII.-ACONDICIONAMENTO DE BAIXOS
13.1.-M² de superficie útil de baixo libre acondicionado para hoteis, restaurantes, entidades financieras e salas de espectáculos
622,80
 
TOTAL EPIGRAFE 13.1.
 
622,80
13.2.-M² de superficie util de baixo libre acondicionado para os
restantes usos comerciais
311,40
 
TOTAL EPIGRAFE 13.2.
 
311,40
13.3.-M² de superficie útil de baixo libre acondicionado para uso de garaxe
131,98
 
TOTAL EPIGRAFE 13.3.
 
131,98
XIV.-ACONDICIONAMENTO DE PATIOS
14.1.-M² de soleira de 25 cm de espesor total,realizada con formigón
HM-25 de 10 cm e encachado de pedra de 15 cm, incluso colocación
e p.p. de formación de xuntas, aserrado e fratasado.
18,14
 
TOTAL EPIGRAFE 14.1.
 
18,14
XV.-POZOS PARA CAPTACION DE AUGA POTABLE
15.1.-Ud. de execución de pozo de barrena para captación de auga,
incluso maquinaria de impulsión
1979,72
 
TOTAL EPIGRAFE 15.1.
 
1979,72
15.2.-Ud. de execución de pozo artesán para captación de auga.
3299,52
 
TOTAL EPIGRAFE 15.2.
 
3299,52
XVI.-FOSAS SÉPTICAS
16.1.-Ud. de execución de fosas sépticas e pozo filtrante con
capacidade para 5 persoas, totalmente executada según normas de salubridade
1979,72
 
TOTAL EPIGRAFE 16.1.
 
1979,72
XVII.-OBRAS DE REFORMA INTERIOR
17.1.-M² de demolición de tabicóns de ladrillo oco doble, incluso
limpeza e retirada de escombros, con p.p. de medios auxiliares.
7,22
 
M² de tabicón de ladrillo o.d., recibido con morteiro de cemento e area, incluso p.p. de axudas de albanelería na súa colocación e medios auxiliares
10,50
 
M² de enfoscado maestreado e fratasado con morteiro de cemento e area, en paramentos verticais incluso axudas, e andamiaxe, executado por dúas caras
21,94
 
M² de pintura plástica lisa mate sobre paramentos horizontais ou verticaís,
2 mans, incluso man de plástico, plastecido e man de acabado
3142,03
 
TOTAL EPIGRAFE 17.1.
 
42,83
XVIII.-ELEMENTOS DE COCIÑA, BAÑO OU ASEO
18.1.-Ud. de realización de aseo completo con lavabo, inodoro
e ducha, incluindo alicatado de azulexo,enfoscado e pintado de teitos
realización de solos con plaqueta cerámica de gres e instalación
completa de fontanería e grifería,para unha superficie media de 4 m².
923,86
 
TOTAL EPIGRAFE 18.1.
 
923,86
18.2.-Ud. de realización de baño completo con lavabo, inodoro,bidé
e bañeira, incluindo alicatado de azulexo, enfoscado e pintado de
teitos, realización de solos con plaqueta cerámica de gres e instala-
ción completa de fontanería e grifería para unha superficie media de
5,5 m².
1649,76
 
TOTAL EPIGRAFE 18.2.
 
1649,76
18.3.-M² alicatado con azulexo, recibido con morteiro de cemento e
area, incluso p.p. de pezas especiais,rexuntado con cemento branco
e limpeza.
21,39
 
TOTAL EPIGRAFE 18.3.
 
21,39
18.4.-M² solado de baldosa de gres, recibido con morteiro de
cemento e area, incluso cama de area de río, p.p. de rodapé do
mesmo material e medios auxiliares.
27,93
 
TOTAL EPIGRAFE 18.4.
 
27,93
18.5.-M² de solado de terrazo microchina, recibido con morteiro de
cemento e area, incluso cama de area e p.p. de rodapé do mesmo
material, incluso rexuntado e limpeza.
25,00
 
TOTAL EPIGRAFE 18.5.
 
25,00
18.6.-Ud. de lavabo de porcelana vitrificada, colocado con pedestal
e con anclaxes, con grifo, válvula de desaugue e latiguillos flexibles,
instalado e funcionando.
130,96
 
TOTAL EPIGRAFE 18.6.
 
130,96
18.7.-Ud. de inodoro de porcelana vitrificada, de tanque baixo
composto por taza, tanque e asento, incluso chave e latiguillo,
totalmente instalado e funcionando.
145,57
 
TOTAL EPIGRAFE 18.7.
 
145,57
18.8.-Ud. de bidé de porcelana vitrificada, con grifos e válvula de
desaugue, chaves e latiguillos, instalado e funcionando
75,77
 
TOTAL EPIGRAFE 18.8.
 
75,77
18.9.-Ud. de bañeira de chapa de aceiro, con grifería mezcladora
e inversor, ducha de teléfono e desaugue con rebosadeiro, instalada
e funcionando.
163,14
 
TOTAL EPIGRAFE 18.9.
 
163,14
18.10.-Ud. prato de ducha de porcelana, con grifería mezcladora,
ducha, soporte e válvula de desaugue, instalado e funcionando.
121,84
 
TOTAL EPIGRAFE 18.10.
 
121,84
XIX.-MOVEMENTOS DE TERRAS
19.1.-M³ de recheo extendido e apisonado de terras propias a ceo
aberto por medios mecánicos, con p.p. de medios auxiliares.
6,71
 
TOTAL EPIGRAFE 19.1.
 
6,71
19.2.-M³ excavación a ceo aberto, en terreos compactos e por
medios mecánicos, con extracción de terras fora da excavación, con
carga e transporte a verquedeiro, incluso p.p. de medios auxiliares.
1,88
 
TOTAL EPIGRAFE 19.2
 
1,88
19.3.-M³ excavación en zanxas,en terreos compactos e por medios
mecánicos, incluso extracción de terras con carga e transporte ó
verquedeiro e p.p. de medios auxiliares.
6,82
 
TOTAL EPIGRAFE 19.3
 
6,82
XX.-PECHES
20.1.-Ml de execución peche de bloque, altura 1,5 m:.
0,16 M³ excavación en zanxas por medios mecánicos, on extrac-
ción de terras e transporte ó verquedeiro, incluso p.p. de medios
auxiliares.
6,82
1,09
0,16 M³ de formigón en masa HM-20 en recheo de zanxa de cimen-
tación, incluso verquido, vibrado e colocación.
80,03
12,80
2 M² fábrica de bloques ocos de formigón recibidos con morteiro de
cemento e area incluso rexuntado, limpeza e medios auxiliares.
23,46
46,93
TOTAL EPIGRAFE 20.1
 
60,82
20.2.-Ml de execución de peche de bloque e celosía, altura 1,50 m:
0,16 M³ excavación en zanxas por medios mecánicos, con extracción de terras e transporte ó verquedeiro, incluso p.p. de medios auxiliares
6,82
1,09
0,16 M³ de formigón en masa HM-20 en recheo de zanxa de cimen-
tación, incluso verquido, vibrado e colocación.
80,03
12,80
1 M² fábrica de bloques ocos de formigón recibidos con morteiro de cemento e area incluso rexuntado, limpeza e medios auxiliares.
23,46
23,46
0,5 M² celosía de formigón, armada e recibida con morteiro de cemento e area, incluso replanteo, nivelación, rexuntado, limpeza e medios auxiliares
33,52
16,75
TOTAL EPIGRAFE 20.2.
 
54,11
20.3.-M² peche de malla de simple torsión, formado por postes metálicos de 48 mm. de diámetro, empotrados e recibidos en formigón, separados 3 m, malla
metálica de simple torsión e pezas de atado e arriostrado, todo galvanizado,
incluso tensores, con p.p. de montaxe e colocación
11,18
11,18
TOTAL EPIGRAFE 20.3.
 
11,18
20.4.-Ml peche de madeira e aramio ralizado mediante soportes fincados no
terreo cada 2,50 m, altura 1 m, e aramio colocado horizontalmente cada 30 cm
2,64
2,64
TOTAL EPIGRAFE 20.4.
 
2,64
20.5.-Ml peche de prantación vexetal a base de Cupressus, turias, mirtos ou
especies similares en formación de peche, incluso excavación para o seu
aloxamento con medios manuais e primeiro rego
6,59
6,59
TOTAL EPIGRAFE 20.5.
 
6,59