Fene - ORDENANZA FISCAL N.º 24 ORDENANZA FISCAL N.º 24

Publicación provisional: 19/01/2007 BOP Nº: 15
Publicación definitiva: 19/01/2007 BOP Nº: 15
Aplicable dende: 01/01/2007

Fundamento legal Artigo 1.º.

De conformidade có disposto no artigo 59.2, párrafo segundo do RD Lexislativo 2/2004 de 5 de marzo polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, establécese o Imposto sobre Construccións, Instalacións e Obras.

Natureza e feito impoñible Artigo 2.º.

O Imposto sobre Construccións, Instalacións e Obras é un tributo indirecto en que o feito impoñible está constituido pola realización, dentro do termo municipal, de calquera construcción, instalación ou obra para a que se esixa obtención da correspondente licencia de obras ou urbanística, obtivese ou non dita licencia, sempre que a súa expedición corresponda a este Concello.

 

Exencions Artigo 3.º.

Está exenta do pago do Imposto a realización de calquera construcción, instalación ou obra da que sexa dono o Estado, as Comunidades Autónomas ou as Entidades Locais que, estando suxeitas ó mesmo, vaian ser directamente destinadas á estradas, ferrocarrís, portos, aeroportos, obras hidraúlicas, saneamentos de poboación e das suas augas residuais, ainda que a súa xestión se leve a cabo por Organismos Autónomos, tanto si se trata de obras de investimento novo como de conservación.

Non se admitirán outros beneficios fiscais que os contidos en normas con rango de lei ou os que se deriven da aplicación de Tratados Internacionais.

Bonificacións Artigo 4.º.

As construccións, instalacións e obras que sexan declaradas de especial interés ou utilidade municipal, por concurrir circunstancias sociais, culturais, histórico-artísticas ou de fomento do emprego que xustifiquen tal declaración, poderán acollerse a unha bonificación de ata o 95 por 100 da cuota do imposto, que acordará o Pleno da Corporación, có voto favorable da maioría simple dos seus membros, previa solicitude do suxeito pasivo.

 

Suxeitos pasivos Artigo 5.º.

1.-Son suxeitos pasivos deste Imposto, a título contribuínte as persoas físicas ou xurídicas ou entidades do artigo 35.4 da nova Lei Xeral Tributaria 58/03 de 17 de decembro, que sexan donos da construcción, instalación ou obra, sexan ou non propietarios do inmoble sobor o que se realice aquela.

Os efectos previstos no párrafo anterior terá a consideración de dono da construcción, instalación ou obra quen soporte os gastos ou o custo que comporte a sua realización.

2.-No suposto de que a construcción, instalación ou obra non sexa realizada polo suxeito pasivo contribuinte terán a condición de suxeitos pasivos substitutos do mesmo quenes soliciten as correspondentes licencias ou realicen as construccións, instalacións ou obras.

O substituto poderá esixir do contribuinte o importe da cuota tributaria satisfeita.

Base impoñible, cuota e devengo Artigo 6.º.

1.-A base impoñible do imposto está constituída polo custo real e efectivo da construcción, instalación ou obra, e se entende por tal, a estos efectos o custo de execución material de aquela.

Non forman parte da base impoñible o Imposto sobre o Valor Engadido e demais impostos análogos propios de rexímenes especiais, as taxas, prezos públicos e demais prestacións patrimoniais de carácter público local relacionadas, no seu caso, coa construcción, instalación ou obra, nin tampouco os honorarios de profesionais, o beneficio empresarial do contratista nin calquera outro concepto que non integre, estrictamente, o custo de execución material.

Este calcularase do modo seguinte:

a) En obras menores será o resultado de estimar o orzamento das mesmas, como producto das distintas unidades polos prezos compoñentes obtidos dos que figuran no anexo a este ordenanza.

b) En obras maiores, o orzamento será calculado en función dos índices ou módulos según o seguinte procedemento:

OEM = Mb x Sc x Ct x Cu x Ca, sendo:

OEM = Orzamento de execución material

Mb = Módulo básico = 404.82 euros/m2.

Sc = Superficie total construída

Ct = Coeficiente tipoloxía

Cu = Coeficiente de uso

Fa = Factor de actualización = 1 )

COEFICIENTE TIPOLOXÍAS: Ct.

Ct.-Tipoloxía da edificación

1. En edificacións de nova planta e Adicións

1,20 Edificacións aillada ( 4 fachadas ). Vivenda unifamiliar aillada. Sótanos a partir do 3.º

1,10 Agrupación en fila. Sótano 1.º e 2.º

1,00 Edificio en maza pechada. Edificación Aberta vivenda colectiva.

2.-En obras de reforma e rehabilitación

1,10 Rehabilitación total incluindo desmontaxe de fachadas.

1,00 Adecuación interior de prantas baixas e entrechans

0,90 Rehabilitación integral do edificio conservando exclusivamente as fachadas.

0,65 Rehabiliatación e reforma de instalacións e acabados

0,50 Reformas que afecten soio a elementos estructurais

0,35 Rehabilitación de fachadas e sustitución de carpintería e pechamentos (aplicada á superficie de fachada).

0,30 Reformas de pouca entidade que non afecten a elementos estructurais nin a instalacións (acabados interiores)

0,05 Demolicións e derribos (aplicada á superficie a demoler)*

* Coeficiente de uso Cu = 1

COEFICIENTE DE USOS: Cu.

1.-Edificación:

Cu.-Usos da edificación

1,60 Auditorios. Museos. Teatros. Hoteis 5*. Edificios e locais bancarios.

1,50 Hospitais, Laboratorios. Igrexas e Centros de culto.

1,40 Bibliotecas. Facultades e Escolas Universitarias. Hoteis 4*. Edificios penitenciarios. Terminais Marítimas e asteleiros

1,30 Clubes sociais. Cines. Centros de saúde. Balnearios. Hoteis 3*. Salas de festas. Discotecas. Colexios con Residencia.

1,20 Consultorios medicos e veterinarios. Restaurantes. Residencias 3.º idade. Aparthoteis.Tanatorios. Centros de Culto.Cuarteis. Matadeiros.

1,10 Vivenda unifamiliares e locais anexos a viv unifamiliares como garaxes privados e trasteiros. Bodegas

1,00 Hoteis 2* e 1*. Moteis. Residencias Universitarias. Ambulatorios. Hostais-Residencias.Estacións de autobuses. Salas de exposicións. Piscinas.Edificios para vivendas plurifamiliares, adosados.

0,90 Oficinas. Garderías. Bares. Mercados. Centros docentes.

0,80 Centro/local comercial. Pavillóns deportivos cubertos. Vestiarios. Bungalows

0,65 Edificios de aparcamentos

0,50 Pías descubertas. Cemiterios. Panteons (por nicho) para cementerios parroquiales). Estación de servicio . Naves industriais rematadas.Trasteiros.Locais para garaxes.Plantas para garaxes en edificios

0,35 Porches e terrazas abertas.Naves industriais , edificios , plantas e locais sen uso especifico.

0,30 Instalacións deportivas descubertas.Cobertizos. Depósitos. Trasteiros.

0,10 Proxectos de urbanización (sobre superficie ordenada). Campings.

Xardíns. Pistas de terra e formigón. Tratamento de espacios exteriores. Acondicionamento de terreos.

c) Naquelas construccións, instalacións e obras suxetas ó Regulamento de Actividades Molestas, Insalubres, Nocivas e Perigosas, o orzamento correspondente ó obra civil que figure no proxecto visado polo colexio profesional correspondente, estimado segun os criterios expostos nos anteriores apartados.

d) Obras especiais.Aquelas obras cuio contido non sexa susceptible de inclusión nos anteriores apartados, serán valoradas conforme ó proxecto técnico visado, presentado polo interesado.

2.-A cuota deste imposto será o resultado de aplicar á Base Impoñible o tipo de gravame.

3.-O tipo de gravame será o do 3,03%.

4.-O Imposto devéngase no momento de iniciarse a construcción, instalación ou obra, aínda cando non se obtivese a correspondente licencia.

Normas de xestión, administración e cobranza Artigo 7.º.

1. O imposto exisirase en réximen de autoliquidación, en función dos indices, módulos e prezos que este ordenanza establece o respecto, ou, no seu defecto e para o caso das "obras especiais", en función do orzamento presentado polos interesados sempre que estivera visado polo colexio oficial correspondente cando elo constitua un requisito preceptivo.

2. Os suxeitos pasivos están obrigados a practicar autoliquidación polo imposto, e a aboala, en calqueira entidade colaboradora autorizada, previamente a tramitación da licencia, sin que o pago realizado conleve ningún tipo de presunción ou acto declarativo de dereitos a favor de aqueles.

3. O pago da autoliquidación presentada terá carácter provisional e será a conta da liquidación definitiva que se practique unha vez rematadas as construccións, instalacións ou obras.

4. Cuando se modifique o proxecto da construcción, instalación ou obra e producirase un incremento do seu presuposto, unha vez aceptada a modificación pola Administración municipal, os suxeitos pasivos deberán presentar autoliquidación complementaria pola diferencia entre o presuposto inicial e o modificado con suxeción os prazos, requisitos e efectos indicados nos apartados anteriores.

5. Cando os suxeitos pasivos non aboasen a correspondente autoliquidación polo Imposto, nos prazos anteriormente sinalados, ou se presentaran ou aboaran aquela por cantidade inferior, a Administración municipal poderá practicar e notificar unha liquidación provisional pola cantidade que proceda.

Artigo 11.

6. Cando o coste real e efectivo das construcciones, instalaciones ou obras sexa superior ou inferior o que serviu de base impoñible na autoliquidación o autoliquidaciones anteriores que foran presentadas e pagadas, os suxeitos pasivos simultáneamente con dita declaración, deberán presentar e aboar, no seu caso, na forma preceptuada no artígo anterior, autoliquidación complementaria do tributo pola diferencia, positiva ou negativa, que se poña de manifesto.

Artigo 8.º.

1.-As cuotas liquidadas e non satisfeitas, dentro de período voluntario, faranse efectivas pola vía de prema, con arranxo ás normas do Regulamento Xeral de Recadación.

2.-As liquidacións notificaranse ós suxeitos pasivos con expresión dos requisitos previstos no Artigo 102 da Lei Xeral Tributaria 58/03 de 17 de decembro.

Partidas fallidas Artigo 9.º.

Consideraranse partidas fallidas ou créditos incobrables aquelas cuotas que non poidesen facerse efectivas polo procedemento de apremio, polo que formalizaráse o oportuno expediente para a súa declaración, de acordo co previsto no vixente Regulamento de Recadación.

Infraccións e sancións Artigo 10.º.

En todo o relativo á calificación de infraccións tributarias, así como das sancións que ás mesmas correspondan en cada caso, estarase ó disposto nos artigos 178 e seguintes da Lei Xeral Tributaria 58/03, e o prevenido na Lei de Dereitos e Garantías do contribuinte e nas demais leis do Estado reguladoras da materia, así como nas disposicións dictada para o seu desenrolo conforme ordease no Artigo 12.1 do RD Lexislativo 2/2004 de 5 de marzo

Disposición adicional

Os prezos unitarios que figuran establecidos no anexo da presente ordenanza Fiscal, actualizaránse automaticamente cada ano segundo o incremento interanual do Indíce de prezos ó consumo.

ANEXO TARIFAS DE OBRAS MENORES

I.-REPOSICIÓN DE TELLADOS: Parcial (euros) Total (euros)
1.1.-M2 demolición de cubrición de tella cerámica curva por medios manuais e sin aproveitamento do material desmontado, incluso parte proporcional de pezas especiais, retirada de escombros e medios auxiliares 6,81  
M2 cuberta de placas fibrocemento sobre correas, incluso p.p. de pezas especiais, medios auxiliares e elementos de seguridade 14,13  
TOTAL EPIGRAFE 1.1   20,94
1.2.-M2 demolición de cubrición de tella cerámica curva por medios manuais e sin aproveitamento do material desmontad, incluso p.p. de pezas especiais, retirada de escombros e medios auxiliares 6,81  
M2 de cubrición con tella cerámica curva incluso p.p. de pezas especiais, medios auxiliares e elementos de seguridade 27,42  
M2 cuberta de placas fibrocemento sobre correas, incluso p.p. de pezas especiais, medios auxiliares e elementos de seguridade 14,12  
TOTAL EPIGRAFE 1.2   48,37
1.3.-M2 demolición de cubrición de tella cerámica curva por medios manuais e sin aproveitamento do material desmontado, incluso p.p. de pezas especiais, retirada de escombros e medios auxiliares 6,81  
M2 de cubrición con tella cerámica curva incluso p.p. de pezas especiais, medios auxiliares e elementos de seguridade 27,42  
TOTAL EPIGRAFE 1.3   34,23
II.-AMAÑO DE TELLADOS    
2.1.-M2 retellado de cuberta con tella curva, levantado, renovación e limpeza do 40 % incluso p.p. de pezas especiais, medios auxiliares e elementos de seguridade 23,02  
TOTAL EPIGRAFE 2.1   23,02
III.-CONSTRUCCIÓN DE ADEGAS E GARAXES    
3.1.-M2 de construcción de adega ou garaxe, incluíndo zanxa de cimentación, soleira de formigón en masa, cerramento de bloque ou ladrillo cerámico, forxado alixerado de bovedillas cerámicas e cubrición de planchas de fibrocemento, con p.p. de fiestras e portas necesarias, pezas especiais e medios auxiliares, totalmente executada 197,97  
TOTAL EPIGRAFE 3.1   197,97
3.2.-M2 de construcción de adega ou garaxe, de características similares a do epígrafe anterior 3.1 sin execución de forxado alixeirado 131,98  
TOTAL EPIGRAFE 3.2   131,98
3.3.-M2 de construcción de adega ou garaxe de madeira realizado sobre soleira de formigón en masa e con tellado de chapa de fibrocemento 32,99  
TOTAL EPIGRAFE 3.3   32,99
IV.-COLOCACIÓN DE PORTAIS    
4.1.-M2 de estructura metálica ou de aluminio para portal executada con p.p. de ferraxes e pezas de colgar e seguridade, incluso mans de pintura no seu caso.Executado 65,99  
TOTAL EPIGRAFE 4.1   65,99
V.-COLOCACIÓN DE SOPORTE PARA CONEXION DE ALUMEADO    
5.1.-Ud. de soporte de formigón armado de 25 x 25 cm executado para a conexión de acometida á rede xeral de subministro eléctrico, incluso p.p. de cimentación, tubería de conexión e pezas especiais 197,97  
TOTAL EPIGRAFE 5.1   197,97
VI.-REPOSICIÓN DE PORTAS E FIESTRAS    
6.1.-Ud. porta entrada normalizada, seríe media, con taboeiro plafonado de roble para barnizar ou pintar, incluso precerco, bisagras, pechadura de seguridade, tirador e mirilla, totalmente montada, incluso con p.p. de medios auxiliares 310,15  
TOTAL EPIGRAFE 6.1   310,15
6.2.-M2 carpintería de aluminio anodizado ou lacado en formación de portas con zócalo cego de chapa de aluminio composta por bastidor xeral de perfiles de aluminio, paños fixos e folla practicable, incluso ferraxes de colgar e seguridade, totalmente instalada incluso con p.p. de medios auxiliares 105,59  
TOTAL EPIGRAFE 6.2   105,59
6.3.-Ud. porta de paso cega normalizada para barnizar ou pintar, con cerco, tapaxuntas e ferraxes de colgar e de peche, montada incluso con p.p. de medios auxiliares 131,98  
TOTAL EPIGRAFE 6.3   131,98
6.4.-M2 de carpintería de aluminio lacado en ventanas de dúas ou máis follas, composta por cerco con carrís para persiana, follas e ferraxes de colgar e de seguridade e acristalamento doble 4/6/4 mm sellado con silicona, totalmente instalada sobre precerco de aluminio, incluso con p.p. de medios auxiliares 191,39  
TOTAL EPIGRAFE 6.4   191,39
6.5.-M2 de carpintería de aluminio lacado en ventanas de características similares as do epígrafe anterior 6.4, con vidrio de luna incolora 6 mm 145,19  
TOTAL EPIGRAFE 6.5   145,19
VII.-APERTURA E PECHE DE OCOS DE LUCES    
7.1.-M2 de demolición de tabicóns de ladrillo oco doble, incluso limpeza e retirada de escombros, con p.p. de medios auxiliares 7,22  
M2 de carpintería de aluminio lacado en ventanas de dúas ou máis follas, composta por cerco con carrís para persiana, follas e ferraxes de colgar e de seguridade e acristalamento doble 4/6/4 mm sellado con silicona, totalmente instalada sobre precerco de aluminio, incluso con p.p. de medios auxiliares 191,38  
TOTAL EPIGRAFE 7.1   198,59
7.2.-M2 de peche formado por fábrica de ladrillo de oco doble de 1/2 pé enfoscado interiormente con morteiro de cemento e area, cámara de aire e tabicón de ladrillo o.d., incluso traballos complementarios de albanelería e medios auxiliares 29,71  
M2 de pintura acrílica plástica en paramentos, incluso man de fondo e acabado con dúas máns 4,72  
TOTAL EPIGRAFE 7.2   34,43
VIII.-COLOCACIÓN DE REIXA DE SEGURIDADE EN FIESTRAS    
8.1.-M2 de reixa formada por perfís macizos de aceiro laminado ou aluminio, según o caso, bastidor con pletina e barrotes cada 12 cm soldados a tope, con garras para recibir, elabourada en taller e montada en obra, incluso p.p. de albanelería 66,57  
TOTAL EPIGRAFE 8.1.   66,57
IX.-COLOCACIÓN DE VENTANAL MANTENDO O EXISTENTE PARA FORMACIÓN DUN DOBRE    
9.1.-Ud. de fiestra de dúas ou máis follas de aluminio lacado en branco, composta por cerco con carrís para persiana, follas e ferraxes de colgar e de seguridade, totalmente instalada sobre precerco de aluminio, incluso con p.p. de medios auxiliares 122,75  

TOTAL EPIGRAFE 9.1   122,75
X.-PECHE DE BALCONS E TERRAZAS    
10.1.-Ud. de fiestra corredera de follas de aluminio lacado en branco, composta por cerco con carrís para persiana, follas e ferraxes de deslizamento e de seguridade, totalmente instalada sobre percerco de aluminio, incluso conp.p. de medios auxiliares 189,55  
TOTAL EPIGRAFE 10.1.   189,55
XI.-REVESTIMENTO DE FACHADAS    
11.1.-M2 de lavado e rascado de pinturas vellas ó temple sobre paramentos vertícais e horizontais 2,66  
M2 de pintura acrílica plástica aplicada con rodillo, en paramentos verticais e horizontais de fachada, incluída limpeza de superficie, man de fondo e acabado con dúas mans 4,72  
TOTAL EPIGRAFE 11.1   7,38
11.2.-M2 de lavado e rascado de pinturas vellas ó temple sobre paramentos vertícais e horizontais 2,66  
M2 de pintura proxectada formada por unha man de impimación acrílica, tritutrado de mármol seleccionado e unha man de barniz 13,05  
TOTAL EPIGRAFE 11.2   15,70
XII.-INSTALACIÓN DE CALEFACCION    
12.1.-Ud. de instalación completa de calefacción por auga quente en vivenda, mediante cociña calefactora, incluso depósito de expansión, conduccións, radadiores e mecanismos (3513.53 X Sv) / 100
Sv: Sup. viv
12.2.-Ud. de instalación completa de calefacción mediante caldeira mural de gas, incluso conduccións radiadores e mecanismos (2874.70 X Sv) / 100
Sv: Sup. viv
XIII.-ACONDICIONAMENTO DE BAIXOS    
13.1.-M2 de superficie útil de baixo libre acondicionado para hoteis, restaurantes, entidades financieras e salas de espectáculos 622,80  
TOTAL EPIGRAFE 13.1   622,80
13.2.-M2 de superficie util de baixo libre acondicionado para os restantes usos comerciais 311,40  
TOTAL EPIGRAFE 13.2   311,40
13.3.-M2 de superficie útil de baixo libre acondicionado para uso de garaxe 131,98  
TOTAL EPIGRAFE 13.3   131,98
XIV.-ACONDICIONAMENTO DE PATIOS    
14.1.-M2 de soleira de 25 cm de espesor total, realizada con formigón HM-25 de 10 cm e encachado de pedra de 15 cm, incluso colocación e p.p. de formación de xuntas, aserrado e fratasado 18,14  
TOTAL EPIGRAFE 14.1   18,14
XV.-POZOS PARA CAPTACIÓN DE AUGA POTABLE    
15.1.-Ud. de execución de pozo de barrena para captación de auga, incluso maquinaria de impulsión 1979,72  
TOTAL EPIGRAFE 15.1   1979,72
15.2.-Ud. de execución de pozo artesán para captación de auga 3299,52  
TOTAL EPIGRAFE 15.2   3299,52
XVI.-FOSAS SÉPTICAS    
16.1.-Ud. de execución de fosas sépticas e pozo filtrante con capacidade para 5 persoas, totalmente executada según normas de salubridade 1979,72  
TOTAL EPIGRAFE 16.1   1979,72
XVII.-OBRAS DE REFORMA INTERIOR    
17.1.-M2 de demolición de tabicóns de ladrillo oco doble, incluso limpeza e retirada de escombros, con p.p. de medios auxiliares 7,22  
M2 de tabicón de ladrillo o.d., recibido con morteiro de cemento e area, incluso p.p. de axudas de albanelería na súa colocación e medios auxiliares 10,50  
M2 de enfoscado maestreado e fratasado con morteiro de cemento e area, en paramentos verticais incluso axudas e andamiaxe, executado por dúas caras 21,94  
M2 de pintura plástica lisa mate sobre paramentos horizontais ou verticaís, 2 mans, incluso man de plástico, plastecido e man de acabado 3142,03  
TOTAL EPIGRAFE 17.1   42,83
XVIII.-ELEMENTOS DE COCIÑA, BAÑO OU ASEO    
18.1.-Ud. de realización de aseo completo con lavabo, inodoro e ducha, incluindo alicatado de azulexo, enfoscado e pintado de teitos, realización de solos con plaqueta cerámica de gres e instalación completa de fontanería e grifería, para unha superficie media de 4 m2 923,86  
TOTAL EPIGRAFE 18.1   923,86
18.2.-Ud. de realización de baño completo con lavabo, inodoro, bidé e bañeira, incluindo alicatado de azulexo, enfoscado e pintado de teitos, realización de solos con plaqueta cerámica de gres e instalación completa de fontanería e grifería para unha superficie media de 5,5 m2 1649,76  
TOTAL EPIGRAFE 18.2   1649,76
18.3.-M2 alicatado con azulexo, recibido con morteiro de cemento e area, incluso p.p. de pezas especiais, rexuntado con cemento branco e limpeza 21,39  
TOTAL EPIGRAFE 18.3   21,39
18.4.-M2 solado de baldosa de gres, recibido con morteiro de cemento e area, incluso cama de area de río, p.p. de rodapé do mesmo material e medios auxiliares 27,93  
TOTAL EPIGRAFE 18.4   27,93
18.5.-M2 de solado de terrazo microchina, recibido con morteiro de cemento e area, incluso cama de area e p.p. de rodapé do mesmo material, incluso rexuntado e limpeza 25,00  
TOTAL EPIGRAFE 18.5   25,00
18.6.-Ud. de lavabo de porcelana vitrificada, colocado con pedestal e con anclaxes, con grifo, válvula de desaugue e latiguillos flexibles, instalado e funcionando 130,96  

TOTAL EPIGRAFE 18.6   130,96
18.7.-Ud. de inodoro de porcelana vitrificada, de tanque baixo composto por taza, tanque e asento, incluso chave e latiguillo, totalmente instalado e funcionando 145,57  
TOTAL EPIGRAFE 18.7   145,57
18.8.-Ud. de bidé de porcelana vitrificada, con grifos e válvula de desaugue, chaves e latiguillos, instalado e funcionando 75,77  
TOTAL EPIGRAFE 18.8   75,77
18.9.-Ud. de bañeira de chapa de aceiro, con grifería mezcladora e inversor, ducha de teléfono e desaugue con rebosadeiro, instalada e funcionando 163,14  
TOTAL EPIGRAFE 18.9   163,14
18.10.-Ud. prato de ducha de porcelana, con grifería mezcladora, ducha, soporte e válvula de desaugue, instalado e funcionando 121,84  
TOTAL EPIGRAFE 18.10   121,84
XIX.-MOVEMENTOS DE TERRAS    
19.1.-M3 de recheo extendido e apisonado de terras propias a ceo aberto por medios mecánicos, con p.p. de medios auxiliares 6,71  
TOTAL EPIGRAFE 19.1   6,71
19.2.-M3 excavación a ceo aberto, en terreos compactos e por medios mecánicos, con extracción de terras fora da excavación, con carga e transporte a verquedeiro, incluso p.p. de medios auxiliares 1,88  
TOTAL EPIGRAFE 19.2   1,88
19.3.-M3 excavación en zanxas, en terreos compactos e por medios mecánicos, incluso extracción de terras con carga e transporte ó verquedeiro e p.p. de medios auxiliares 6,82  
TOTAL EPIGRAFE 19.3   6,82
XX.-PECHES    
20.1.-Ml de execución peche de bloque, altura 1,5 m:    
0,16 M3 excavación en zanxas por medios mecánicos, con extracción de terras e transporte ó verquedeiro, incluso p.p. de medios auxiliares 6,82 1,09
0,16 M3 de formigón en masa HM-20 en recheo de zanxa de cimentación, incluso verquido, vibrado e colocación 80,03 12,80
2 M2 fábrica de bloques ocos de formigón recibidos con morteiro de cemento e area incluso rexuntado, limpeza e medios auxiliares 23,46 46,93
TOTAL EPIGRAFE 20.1   60,82
20.2.-Ml de execución de peche de bloque e celosía, altura 1,50 m:    
0,16 M3 excavación en zanxas por medios mecánicos, con extracción de terras e transporte ó verquedeiro, incluso p.p. de medios auxiliares 6,82 1,09
0,16 M3 de formigón en masa HM-20 en recheo de zanxa de cimentación, incluso verquido, vibrado e colocación 80,03 12,80
1 M2 fábrica de bloques ocos de formigón recibidos con morteiro de cemento e area incluso rexuntado, limpeza e medios auxiliares 23,46 23,46
0,5 M2 celosía de formigón, armada e recibida con morteiro de cemento e area, incluso replanteo, nivelación, rexuntado, limpeza e medios auxiliares 33,52 16,75
TOTAL EPIGRAFE 20.2   54,11
20.3.-M2 peche de malla de simple torsión, formado por postes metálicos de 48 mm. de diámetro, empotrados e recibidos en formigón, separados 3 m, malla metálica de simple torsión e pezas de atado e arriostrado, todo galvanizado, incluso tensores, con p.p. de montaxe e colocación 11,18 11,18
TOTAL EPIGRAFE 20.3   11,18
20.4.-Ml peche de madeira e aramio ralizado mediante soportes fincados no terreo cada 2,50 m, altura 1 m, e aramio colocado horizontalmente cada 30 cm 2,64 2,64
TOTAL EPIGRAFE 20.4   2,64
20.5.-Ml peche de prantación vexetal a base de Cupressus, turias, mirtos ou especies similares en formación de peche, incluso excavación para o seu aloxamento con medios manuais e primeiro rego 6,59 6,59
TOTAL EPIGRAFE 20.5   6,59