Cerceda - ORDENANZA FISCAL Nº 17, REGULADORA DA TAXA POR PRESTACIÓN DO SERVIZO DE SUMIDOIRO

Publicación provisional: 16/11/2006 BOP Nº: 263
Publicación definitiva: 23/12/2006 BOP Nº: 293
Aplicable dende: 04/12/2018

Artigo 1.-Fundamento e réxime.

Este Concello conforme ó autorizado polo artigo 106 da Lei 7/85, do 2 de abril, reguladora das Bases do Réxime Local e de acordo co previsto no artigo 20.4.r) do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei de facendas locais, establece a taxa por servicio de sumidoiro, que se regulará pola presente Ordenanza, redactada conforme ó disposto no artigo 16 do RDl 2/2004 citado.

Artigo 2.-Feito impoñible.

1. Constitúe o feito impoñible da taxa a prestación do servicio de evacuación de excretos, augas negras, residuais e pluviais mediante a utilización da rede de sumidoiro municipal. Así como o prestado para a conexión á rede xeral, unha vez constatado que se dean as condicións necesarias para a autorización da acometida á rede xeral.

2. O servicio de evacuación de excretos, augas negras, residuais e pluviais será de recepción obrigatoria, polo que en consecuencia tódo-los inmobles encravados a distancia menor de cincuenta metros dalgunha arteria da rede de sumidoiro deberán estar dotadas do servicio, devengándose a taxa aínda cando os suxeitos pasivos non realicen a acometida da finca á rede xeral.

Artigo 3.-Devengo.

1. O tributo considerarase devengado dende que naza a obrigación de contribuír a teor do establecido no artigo 2.º. Considérase que comeza a prestación do servicio que da orixe ó nacemento da obrigación de contribuír, cando teña lugar a acometida efectiva, previa autorización ou sin ela, caso no cal haberá lugar ás sancións que procedan.

2. Nos demais casos, o devengo terá lugar o primeir día de cada trimestre e o período impositivo comprenderá o trimestre natural.

Artigo 4.-Suxeitos pasivos.

1. Son suxeitos pasivos desta taxa, en concepto de contribuíntes, as persoas físicas e xurídicas, así como as herdanzas xacentes, comunidades de bens e demais entidades que, carentes de personalidade xurídica, constitúan unha unidade económica ou un patrimonio separado, susceptible de imposición, que ocupen ou utilicen por calquera clase de título, incluso en precario, as vivendas e locais onde se preste o servicio.

2. Terán a consideración de substitutos do contribuínte, o propietario das viviendas ou locais, os cales poderán repercutir, no seu caso, ós ocupantes ou usuarios, as cotas abonadas por razón da taxa.

Artigo 5.-Responsables.

1. Serán responsables solidariamente das obrigacións tributarias establecidas nesta Ordenanza toda persoa causante ou colaboradora na realización dunha infracción tributaria. Nos supostos de declaración consolidada, tóda-las sociedades integrantes do grupo serán responsables solidarias das infraccións cometidas neste réxime de tributación.

2. Os copartícipes ou cotitulares das herdanzas xacentes, comunidades de bens e demais entidades que, carentes de personalidade xurídica, constitúan unha unidade económica ou un patrimonio separado, susceptible de imposición, responderán solidariamente e en proporción ás súas respectivas participacións das obrigacións tributarias de ditas entidades.

3. Serán responsables subsidiarios das infraccións simples e da totalidade da débeda tributaria no caso de infraccións graves cometidas polas persoas xurídicas, os administradores daquelas que non realicen os actos necesarios da súa incumbencia, para o cumprimento das obrigacións tributarias infrinxidas, consintiran no incumprimento por aqueles que dependan deles ou adopten acordos que fixeran posible as infraccións. Asimesmo, tales administradores responderán subsidiariamente das obrigacións tributarias que estean pendentes de cumprimentar polas persoas xurídicas que cesaran nas súas actividades.

4. Serán responsables subsidiarios os síndicos, interventores ou liquidadores de crebas, concursos, sociedades e entidades en xeral, cando por neglixencia ou mala fe non realicen as xestións necesarias para o total cumprimiento das obrigacións tributarias devengadas con anterioridade a ditas situacións e que sexan imputables ós respectivos suxeitos pasivos.

Artigo 6.-Base impoñible e liquidable.

A base impoñible virá determinada no suposto de licencia ou autorización para a acometida á rede de sumidoiro, polo número de locais ou vivendas que desauguen conxuntamente a través da acometida para a que se solicita autorización.

No referente á evacuación de excretos, augas negras, residuais e pluviais, a base impoñible ven constituída polos m3 de auga consumida na finca, para aqueles abonados con servicio de abastecemento. Para os abonados sen este servicio, estará constituída por unha cantidade fixa.

Artigo 7.-Cota tributaria.

A cota correspondente á presente taxa será a seguinte:

1. Enganches: 66,488 €.

2. Servicio de saneamento e depuración:

a) Para abonados con abastecemento de auga:

I. Domésticos e comerciais:

1. Cota fixa mensual: 2,882 €

2. Consumo: por cada m3 facturado: 0,219 €/m3

II. Industriais e obras:

1. Cota fixa mensual: 6,490 €

2. Consumo: por cada m3 facturado: 0,245 €/m3

b) Para abonados sen abastecemento:

I. Domésticos e comerciais

1. Cota fixa mensual: 6,141 €

II. Industriais e obras:

1. Cota fixa mensual: 11,533 €

c) Industrias con grandes caudais vertidos á rede de saneamento (aquelas industrias que para o seu proceso utilicen medios propios de abastecemento de auga, exclusivamente ou conxuntamente coa auga da rede municipal e vertan á rede de sumidoiro un caudal moi superior ó consumido na rede municipal, instalarán o seu cargo aparatos para medida do caudal vertido á rede. De mutuo acordo entre empresa e concesionario do servicio de augas, poderase realizar un aforo do caudal vertido a efectos de facturación.) Facturarase de acordo coa seguinte tarifa:

I. Cota fixa mensual: 10,097 €.

Por cada m3 de vertido (medido ou aforado): 0,285 €/m3

Artigo 8.-Normas de xestión.

Tóda-las persoas obrigadas ó pago deste tributo, deberán presentar no prazo de trinta días na Administración Municipal, declaración dos inmobles posuídos, mediante escrito dirixido ó Sr. presidente da Corporación. Transcurrido dito prazo sen presentar a declaración, a Administración, sen prexuízo das sancións que procedan, efectuará de oficio a alta na correspondente matrícula do tributo.

Artigo 9.-Réxime de declaración e ingreso.

1. A concesión do servicio, otorgarase mediante acto administrativo e quedará suxeito ás disposicións da presente Ordenanza e as que se fixasen no oportuno contrato. Será por tempo indefinido en tanto as partes non manifesten por escrito, a súa vontade de rescindir o contrato e por parte do suministrador cúmpranse as condicións prescritas nesta Ordenanza e o contrato que queda dito.

2. Unha vez autorizada a concesión á rede municipal de saneamento, deberase practicar polo suxeito pasivo a declaración-liquidación (autoliquidación) de alta no servicio, e aboar as cotas correspondentes ó enganche conforme ó sinalado na presente ordenanza.

3. Esta taxa liquidarase e recaudarase conxuntamente cos recibos correspondentes á taxa por suministro de auga, en caso de dispoñer deste servizo. En caso contrario, liquidarase de xeito individual.

4. A taxa por saneamento liquidarase trimestralmente mediante o correspondente padrón de saneamento aprobado polo órgano competente. A estes efectos, a empresa concesionaria elaborará o padrón correspondente, e previamente ao seu cobro, enviarao ao Concello para que éste proceda a súa aprobación. Aprobado e publicado o padrón no taboleiro de anuncios do Concello, a modo de notificación colectiva, e con indicación do período voluntario de cobro, a empresa concesionaria procederá ao cobro da taxa, pero nunca antes .

5. O cobro por saneamento realizarase mediante domiciliación bancaria, que é obrigatoria para tódolos aboados ó servizo. En todo caso facerase efectiva no trimestre natural seguinte ó que corresponde ó recibo xirado. As cotas non satisfeitas no período citado esixiranse mediante o procedemento de constrixemento.

Artigo 10.-Exencións, reduccións e demais beneficios legalmente aplicables.

De conformidade co disposto no artigo 9 Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei de facendas locais, non se recoñece beneficio tributario algún, agás os que sexan consecuencia do establecido nos Tratados ou Acordos Internacionais ou veñan previstos en normas con rango de Lei.

Artigo 11.-Infraccións e sancións tributarias.

En todo o relativo á calificación de infraccións tributarias e sancións, ademais do previsto nesta Ordenanza, estarase ó disposto nos artigos 181 e seguintes da Lei Xeral Tributaria e demais normativa aplicable.