Cerceda - ORDENANZA FISCAL Nº 17, REGULADORA DA TAXA POR PRESTACIÓN DO SERVIZO DE SUMIDOIRO
Artigo 1. Fundamento e réxime.
Este Concello conforme ó autorizado polo artigo 106 da Lei 7/85 do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, e de acordo co previsto no artigo 20.4.r) do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei de facendas locais, establece a taxa por servizo de sumidoiro, que se regulará pola presente ordenanza, redactada conforme ó disposto no artigo 16 do RDl 2/2004 citado.
Artigo 2. Feito impoñible.
1. Constitúe o feito impoñible da taxa a prestación do servizo de evacuación de excretos, augas negras, residuais e pluviais mediante a utilización da rede de sumidoiro municipal. Así como o prestado para a conexión á rede xeral, unha vez constatado que se dean as condicións necesarias para a autorización da acometida á rede xeral.
2. O servizo de evacuación de excretos, augas negras, residuais e pluviais será de recepción obrigatoria, polo que en consecuencia tódo-los inmobles encravados a distancia menor de cincuenta metros dalgunha arteria da rede de sumidoiro deberán estar dotadas do servizo, devengándose a taxa aínda cando os suxeitos pasivos non realicen a acometida da finca á rede xeral.
Artigo 3. Devengo.
1. O tributo considerarase devengado dende que naza a obrigación de contribuír a teor do establecido no artigo 2.º. Considerase que comeza a prestación do servizo que da orixe ó nacemento da obrigación de contribuír, cando teña lugar a acometida efectiva, previa autorización ou sin ela, caso no cal haberá lugar ás sancións que procedan.
2. Nos demais casos, o devengo terá lugar o primeir día de cada trimestre e o período impositivo comprenderá o trimestre natural.
Artigo 4. Suxeitos pasivos.
1. Son suxeitos pasivos desta taxa, en concepto de contribuíntes, as persoas físicas e xurídicas, así como as herdanzas xacentes, comunidades de bens e demais entidades que, carentes de personalidade xurídica, constitúan unha unidade económica ou un patrimonio separado, susceptible de imposición, que ocupen ou utilicen por calquera clase de título, incluso en precario, as vivendas e locais onde se preste o servizo.
2. Terán a consideración de substitutos do contribuínte, o propietario das viviendas ou locais, os cales poderán repercutir, no seu caso, ós ocupantes ou usuarios, as cotas abonadas por razón da taxa.
Artigo 5. Responsables.
1. Serán responsables solidariamente das obrigacións tributarias establecidas nesta ordenanza toda persoa causante ou colaboradora na realización dunha infracción tributaria. Nos supostos de declaración consolidada, tóda-las sociedades integrantes do grupo serán responsables solidarias das infraccións cometidas neste réxime de tributación.
2. Os copartícipes ou cotitulares das herdanzas xacentes, comunidades de bens e demais entidades que, carentes de personalidade xurídica, constitúan unha unidade económica ou un patrimonio separado, susceptible de imposición, responderán solidariamente e en proporción ás súas respectivas participacións das obrigacións tributarias de ditas entidades.
3. Serán responsables subsidiarios das infraccións simples e da totalidade da débeda tributaria no caso de infraccións graves cometidas polas persoas xurídicas, os administradores daquelas que non realicen os actos necesarios da súa incumbencia, para o cumprimento das obrigacións tributarias infrinxidas, consintiran no incumprimento por aqueles que dependan deles ou adopten acordos que fixeran posible as infraccións. Asimesmo, tales administradores responderán subsidiariamente das obrigacións tributarias que estean pendentes de cumprimentar polas persoas xurídicas que cesaran nas súas actividades.
4. Serán responsables subsidiarios os síndicos, interventores ou liquidadores de crebas, concursos, sociedades e entidades en xeral, cando por neglixencia ou mala fe non realicen as xestións necesarias para o total cumprimiento das obrigacións tributarias devengadas con anterioridade a ditas situacións e que sexan imputables ós respectivos suxeitos pasivos.
Artigo 6. Base impoñible e liquidable.
A base impoñible virá determinada no suposto de licencia ou autorización para a acometida á rede de sumidoiro, polo número de locais ou vivendas que desauguen conxuntamente a través da acometida para a que se solicita autorización.
No referente á evacuación de excretos, augas negras, residuais e pluviais, a base impoñible ven constituída polos m3 de auga consumida na finca, para aqueles abonados con servizo de abastecemento. Para os abonados sen este servizo, estará constituída por unha cantidade fixa.
Artigo 7. Cota tributaria.
A cota correspondente á presente taxa será a seguinte:
A.-Enganches: 63,086 euros
B.-Cambios de titularidade: 45,489 euros
C.-Servicio de saneamento e depuración:
C.1.-Para abonados con abastecemento de auga:
- Domésticos e comerciais
Cota fixa mensual: 2,735 euros
Consumo: por cada m3 facturado: 0,208 euros/m3
- Industriais e obras
Cota fixa mensual: 6,158 euros
Consumo: por cada m3 facturado: 0,233 euros/m3
C.2.-Para abonados sen abastecemento:
- Domésticos e comerciais
Cota fixa mensual: 5,826euros
- Industriais e obras
Cota fixa mensual: 10,943 euros
C.3.-Industrias con grandes caudais vertidos á rede de saneamento:
Aquelas industrias que para o seu proceso utilicen medios propios de abastecemento de auga, exclusivamente ou conxuntamente coa auga da rede municipal e vertan á rede de sumidoiro un caudal moi superior ó consumido na rede municipal, instalarán o seu cargo aparatos para medida do caudal vertido á rede. De mutuo acordo entre empresa e concesionario do servizo de augas, poderase realizar un aforo do caudal vertido a efectos de facturación. Facturarase de acordo coa seguinte tarifa:
- Cota fixa mensual: 9,580 euros
- Por cada m3 de vertido (medido ou aforado): 0,270 euros/m3
Artigo 8. Exencións, reduccións e demais beneficios legalmente aplicables.
De conformidade co disposto no artigo 9 Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei de facendas locais, non se recoñece beneficio tributario algún, agás os que sexan consecuencia do establecido nos tratados ou acordos internacionais ou veñan previstos en normas con rango de lei.
Artigo 9. Prazos e forma de declaración e ingresos.
Tóda-las persoas obrigadas ó pago deste tributo deberán presentar no prazo de trinta días, na Administración municipal, declaración dos inmobles posuídos, mediante escrito dirixido ó Sr. presidente da corporación. Transcorrido dito prazo sen presentar a declaración, a Administración, sen prexuízo das sancións que procedan, efectuará de oficio a alta na correspondente matrícula do tributo.
Artigo 10.
As cotas esixibles por esta taxa liquidaranse e recaudaranse conxuntamente cos recibos correspondentes á taxa por suministro de auga. No caso de non dispoñer do mencionado servizo, farase, igualmente, por períodos trimestrais.
No suposto de licencia de acometida, o contribuínte formulará a oportuna solicitude ingresando simultáneamente o importe da taxa que se fixa no artigo 7 da presente ordenanza.
Artigo 11. Infraccións e sancións tributarias.
En todo o relativo á calificación de infraccións tributarias e sancións, ademais do previsto nesta ordenanza, estarase ó disposto nos artigos 181 e seguintes da Lei xeral tributaria e demais normativa aplicable.