Paderne - Ordenanza fiscal nº 4, reguladora da taxa por expedición de documentos administrativos

Publicación provisional: 09/10/1989 BOP Nº: 00
Publicación definitiva: 29/12/1989 BOP Nº: 297
Aplicable dende: 01/01/2020

I NATUREZA DA EXACCIÓN

Artigo 1º

En uso das facultades concedidas polo artigo 106 da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local, e de conformidade co disposto nos artigos 15 a 19 do RDLEG 2/2004, de 5 de marzo polo que se renova o texto refundido das Lei Reguladora das Facendas Locais, na súa nova redacción dada pola Lei 25/1998, de 13 de xullo, de modificación do Réxime Legal das Taxas Estatais e Locais e de Reordenación das Prestacións Patrimoniais de Carácter Público, este Concello establece á ¿Taxa por expedición de documentos administrativos".

II FEITO IMPOÑIBLE

Artigo 2º

1. Constitúe o feito impoñible da taxa a actividade administrativa desenrolada con motivo da tramitación, a instancia de parte, dos documentos que expida e de que entenda a Administración ou as Autoridades Municipais.

2. A estes efectos, entenderase tramitada a instancia de parte calquera documentación administrativa que fora provocada polo particular ou redunde no seu beneficio aínda que non mediara solicitude expresa do interesado.

3. Non estará suxeita a taxa a tramitación de documentos e expedientes que estean gravados por outra taxa municipal ou polos que se esixa un prezo público por este Concello, nin tampouco os expedientes de devolución de ingresos indebidos.

III SUXEITO PASIVO E RESPONSABLES

Artigo 3º

Son suxeitos pasivos contribuíntes as persoas físicas e xurídicas e as entidades a que se refire o artigo 33 da Lei Xeral Tributaria que soliciten, provoquen ou en cuxo interese redunde a tramitación do documento de que se trate.

Artigo 4º

1. Responderán solidariamente das obrigas tributarias do suxeito pasivo as persoas físicas e xurídicas a que se refiren os artigos 38.1 e 39 da Lei Xeral Tributaria.

2. Serán responsables subsidiarios os administradores das sociedades e os síndicos, interventores ou liquidadores de quebras, concursos, sociedades e entidades en xeral, nos supostos e co alcance que sinala o artigo 40 da Lei Xeral Tributaria.

IV EXENCIÓNS SUBJETIVAS E BONIFICACIÓNS

Artigo 5º

Gozarán de exención aqueles contribuíntes que estean inscritos no Padrón de beneficencia.

Artigo 6º

Non se concederá bonificación algunha dos importes das cotas tributarias sinaladas na tarifa desta taxa.

V COTA TRIBUTARIA E TARIFA

Artigo 7º

1. A cota tributaria determinarase por unha cantidade fixa sinalada segundo a natureza dos documentos ou expedientes a tramitar, de acordo coa tarima que contén o artigo seguinte.

2. A cota de tarifa corresponde á tramitación completa, en cada instancia, do documento ou expediente de que se trate, dende a súa iniciación ata a súa resolución final, incluída a certificación e notificación ó interesado do acordo recaído.

3. As cotas resultantes da aplicación das tarifas incrementaranse un 50% cando os interesados solicitasen con carácter de urxencia a tramitación dos expedientes que motivasen o devengo.

Artigo 8º

A tarifa a que se refire o artigo anterior estructurase da seguinte maneira:

Epígrafe Primeiro: censos de poboación de habitantes:

- Rectificación de nomes e/ou apelidos e demais erros nas follas de empadroamento: gratuíto.

- Altas, baixas ou alteracións no Padrón de habitantes: 1,80 euros.

- Certificacións de empadroamento no censo de poboación: 1,80 euros.

- Certificacións de residencia ou convivencia: 1,80 euros.

Epígrafe Segundo: certificacións e compulsas.

- Certificación de documentos ou acordos municipais por folla: 1,80 euros.

- As demais certificacións: 1,80 euros.

- Dilixencia de cotexo de documentos: Establecese a contía do documento en función do número de páxinas, de acordo coa seguinte escala:

a) De 1 a 5 páxinas: 1 euros.

b) De 6 a 10 páxinas: 1,80 euros.

c) De máis de 10 páxinas: 1,80 euros máis 0,10 euros por páxina engadida.

- Bastanteo de poderes que produzan efectos nas oficinas municipais: 1,80 euros.

Epígrafe Terceiro: documentos expedidos e estendidos polas oficinas municipais:

- Por cada contrato administrativo que se subscriba de obras, bens ou servizos: 1,80 euros.

- Informes emitidos sobre sinalización, distancias kilométricas ou outros, solicitados a instancia de parte: 5 euros.

- Expedición de certificacións e informes en expedientes de traspaso, apertura o similares de locais: 6 euros.

- Por cada documento que se expida en fotocopia: 0,10 euros por fotocopia.

- Por cada copia de CD que conteña datos relativos a expedientes municipais: 6 euros.

Epígrafe Cuarto: documentos relativos ó servicio urbanístico:

- Por cada certificación que se expida polos servicios urbanísticos, sobre características do terreo ou consulta para os efectos de edificación, etc., a instancia de parte, tanto de natureza rústica como urbana: 10 euros.

- Por solicitudes que implique denuncias: 60 euros.

- Certificación de antigüidade de vivenda: 6 euros.

- Por cada expediente relativo a solicitude de licenzas urbanísticas ou das súas prorrogas: 12 euros.

Epígrafe Quinto: por calquera outro expediente ou documento non especificamente tarifado: 6 euros.

VI DEVENGO E FORMA DE PAGO

Artigo 9º

1. A taxa esixirase en réxime de autoliquidación, polo procedemento de cuño municipal estampado no escrito de solicitude da tramitación do documento ou expediente, ou nestes mesmos se aquel escrito non existira ou a solicitude non fora expresa.

Os responsables dos distintos servizos coidarán de non admitir nin cursar ningún documento gravado sen que cumpra previamente o requisito do pago.

2. Os escritos recibidos polos conductos a que fai referencia o art. 66 da Lei de Procedemento Administrativo que non veñan debidamente reintegrados, serán admitidos provisionalmente, pero non poderá dárselles curso sen que se subsane a deficiencia, a tal fin requirirase ó interesado para que, no prazo de dez días abone as cotas correspondentes co apercibimento de que, transcorrido dito prazo sen efectualo, teranse os escritos por non presentados e será arquivada a solicitude.

3. As certificacións ou documentos que expida a Administración Municipal en virtude de oficio de Xulgados ou Tribunais para toda clase de preitos, non se entregarán nin remitirán sen que previamente se satisfaga a correspondente cota tributaria.

VII INFRACCIÓNS E SANCIONES

Artigo 11º

En todo o relativo á cualificación de infraccións tributarias, así como das sanciones que ás mesmas correspondan en cada caso, estarase ó disposto nos artigos 77 e seguintes da Lei Xeral Tributaria.

Disposición final

Primeira

A presente Ordenanza, aprobada polo Pleno da Corporación en sesión celebrada o día 27 de outubro de 2005, entrará en vigor ó día seguinte da súa publicación no Boletín Oficial da provincia, e comezará a aplicarse a partir do día primeiro de xaneiro de 2006, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresa.