Negreira - Ordenanza fiscal reguladora da taxa pola instalación de postos, barracas, casetas de venda, espectáculos, atracción ou recreo, situados en terreos de uso público local, así como industrias da rúa e ambulantes e rodaxe cinematográfica.
Artigo 1.- Fundamento e natureza
En uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución e artigo 106 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das Bases do Réxime Local, e de conformidade con disposto no artigo 20.3.n da Lei 39/1988, do 28 de decembro, reguladora das Facendas Locais, este Concello establece a taxa pola instalación de postos, barracas, casetas de venda, espectáculos, atracción ou recreo, situados en terreos de uso público local así como industrias da rúa e ambulantes, e rodaxe cinematográfica que se rexerá pola presente ordenanza fiscal.
Artigo 2.- Feito impoñible
Constitúe o feito impoñible a ocupación de vías públicas con motivo das actividades aludidas no artigo 1 desta ordenanza.
Artigo 3.- Obrigados ó pagamento
Están obrigados ó pagamento desta taxa as persoas ou entidades a prol das que se outorgue a correspondente licenza ou autorización ou que se beneficien do aproveitamento se procederon sen a oportuna autorización municipal.
Artigo 4.- Dereito á percepción
Terase dereito a percibi-la taxa e nace a obrigación de contribuír co outorgamento da licenza para ocupa-la vía pública con algúns dos aproveitamentos sinalados no artigo 1 desta ordenanza.
Artigo 5.- Tarifas
As tarifas da taxa serán as seguintes:
a. Postos de feira, casetas e barracas en festas, 6,30 €/metro cadrado, no núcleo urbano, e 2,10 €/metro cadrado no medio rural.
b. Postos de feira, casetas e barracas e épocas e días non festivos: 6,30 €/metro cadrado no núcleo urbano e 2,10 €/metro cadrado no medio rural.
c. Postos de mercadillo municipal: 0,55 €/metro lineal e día.
Artigo 6.- Normas de xestión.
As persoas interesadas na concesión de aproveitamentos regulados na presente ordenanza deberán solicitar previamente a correspondente licenza, na que indicarán a superficie a ocupar e o tempo de duración.
As cantidades esixibles de acordo á tarifa liquidaranse por cada aproveitamento solicitado ou efectivamente realizado e serán irreductibles.
As autorizacións terán carácter de persoal e non poderán ser cedidas ou subarrendadas a terceiros, dando lugar o incumprimento á anulación da licenza sen prexuízo das contías que corresponda aboar ós interesados.
A autorización de postos de feira, casetas e barracas indicará os días aos que se refire, cun límite máximo de catro días consecutivos. As autorizacións de postos de mercadillo serán semestrais ou anuais, coincidindo co período de pago escollido.
O pagamento da taxa realizarase por ingreso directo na Tesourería municipal, sempre antes de retira-la correspondente licenza. Este ingreso terá carácter de depósito previo de conformidade co disposto no artigo 26.1.a da Lei 39/1988, do 28 de decembro, quedando elevado a definitivo ó concede-la licenza correspondente.
O período de pago será semestral ou anual, debendo indicalo así o interesado.
Disposición final
A presente ordenanza fiscal entrará en vigor e comezará a aplicarse unha vez publicada integramente no BOP e transcorra o prazo sinalado no artigo 70.2 en relación co 65.2 da Lei 7/1985, do 2 de abril, e seguirá en vigor ata que se acorde a súa modificación ou derrogación expresa.
Nota do Servizo de Asistencia Económica a Municipios
Artigo 70.2: ¿¿..Las ordenanzas,
incluídos el articulado de las normas de los planes urbanísticos, así como los
acuerdos correspondientes a éstos cuya aprobación definitiva sea competencia de
los entes locales, se publicarán en el ¿Boletín Oficial" de la provincia y no
entrarán en vigor hasta que se haya publicado completamente su texto y haya
transcurrido el plazo previsto en el artículo 65.2 salvo los presupuestos y las ordenanzas
fiscales que se publican y entran en vigor en los términos establecidos en
Artigo 65.2: ¿El requerimiento deberá ser motivado y expresar la normativa que se estime vulnerada. Se formulará en el plazo de quince días hábiles a partir de la recepción de la comunicación del acuerdo."
Ó no ter coñecemento da fecha exacta da recepción da comunicación do acordo, o Servizo de Asistencia Económica a Municipios toma como fecha estimada da súa entrada en vigor o prazo de quince días hábiles a partir da publicación definitiva.