Negreira - Ordenanza fiscal reguladora da taxa pola instalación de postos, barracas, casetas de venda, espectáculos, atracción ou recreo, situados en terreos de uso público local, así como industrias da rúa e ambulantes e rodaxe cinematográfica.
Artigo 1.-Fundamento e natureza.
En uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución e artigo 106 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das Bases do Réxime Local, e de conformidade co disposto no artigo 20.3.n da Lei 39/1988, do 28 de decembro reguladora das Facendas Locais, este Concello establece a taxa pola instalación de postos, barracas, casetas de venda, espectáculos, atracción ou recreo, situados en terreos de uso público local así como industrias da rúa e ambulantes, e rodaxe cinematográfica que se rexerá pola presente ordenanza fiscal.
Artigo 2.-Feito imponible.
Constitúe o feito imponible a ocupación de vías públicas con motivo das actividades aludidas no artigo 1 desta ordenanza.
Artigo 3.-Obrigados ó pagamento.
Artigo 4.-Dereito á percepción
Terase dereito a percibi-la taxa e nace a obrigación de contribuír co outorgamento da licencia para ocupa-la vía pública con algúns dos aproveitamentos sinalados no artigo 1 desta ordenanza.
Artigo 5.-Tarifas.
As tarifas da taxa serán as seguintes:
a) Postos de feira, casetas e barracas en festas, 2.000 ptas./metro cadrado e día, no núcleo urbano, e 100 ptas./metro cadrado e día medio rural.
b) Postos de feira, casetas e barracas en épocas e días non festivos: 500 ptas. metro cadrado e día no núcleo urbano e 50 ptas./metro cadrado e día no medio rural.
c) Postos de mercadillo municipal: 20 ptas./metro lineal.
Artigo 6.-Normas de xestión.
As persoas interesadas na concesión de aproveitamentos regulados na presente ordenanza deberán solicitar previamente a correspondente licencia, na que indicarán a superficie a ocupar e o tempo de duración.
As cantidades esixibles de acordo á tarifa liquidaranse por cada aproveitamento solicitado ou efectivamente realizado e serán irreductibles.
As autorizacións terán carácter de persoal e non poderán ser cedidas ou subarrendadas a terceiros, dando lugar o incumprimento á anulación da licencia sen prexuízo das contías que corresponda aboar ós interesados.
O pagamento da taxa realizarase por ingreso directo na Tesourería municipal, sempre antes de retira-la correspondente licencia. Este ingreso terá carácter de depósito previo de conformidade co disposto no artigo 26.1.a da Lei 39/1988, do 28 de decembro, quedando elevado a definitivo ó concede-la licencia correspondente.