Abegondo - ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA POLO SERVIZO DE ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL DE ABEGONDO
Artigo 1.- Concepto
En uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución e polo artigo 106 da Lei 7/1985 reguladora das bases do réxime local, e de conformidade co disposto no artigo 132 en relación co artigo 20 do Texto refundido da lei reguladora das facendas locais aprobado polo R.D.L. 2/2004 do 5 de marzo, o Concello de Abegondo estabelece a taxa por servizos da Escola Infantil Municipal.
Artigo 2.- Feito impoñible
Constitúe o feito impoñible desta taxa a prestacion de servicios pola escola infantil municipal.
Artigo 3.- Suxeito pasivo
Son suxeitos pasivos desta taxa, en concepto de contribuíntes, as persoas físicas ou xurídicas, así como as entidades a que se refire o artigo 35.4 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria, que soliciten ou resulten beneficiados ou afectados pola actividade administrativa ou servizo que constitúe o feito impoñíbel desta taxa.
Artigo 4.- Devindicación
A taxa devéngase cando se inicie a prestación do servicio ou da actividade, con periodicidade mensual. Non obstante o anterior, no caso da matrícula da Escola infantil devéngase a taxa cando se presente a solicitude desta.
Artigo 5.- Cota tributarias
A cota tributaria será a resultante da aplicación da seguinte tarifa:
RENDA PER CÁPITA REFERIDA AO IPREM |
TARIFA |
< 30% |
0 |
>30% e <50% |
0 |
Entre 50% e 75% |
42 € |
>75% e <100% |
81 € |
Entre 100% e o 125% |
110 € |
>125% e < 150% |
126 € |
>150% |
140€ |
Artigo 6.- Beneficios fiscais
Segundo as circunstancias da unidade familiar, sobre a cuota que resulte de aplicar o disposto no artigo anterior, aplicaranse os seguintes beneficios fiscais:
-Nenos e nenas pertencentes a familias numerosas: desconto do 20 %
-Nenos e nenas pertencentes a familias monoparentais: desconto do 20 %
-Asistencia á escola infantil municipal de varios irmáns: o segundo e sucesivos terá nun desconto do 100%.
-Asistencia á escola infantil municipal de varios irmáns nacidos en parto múltiple: desconto dun 30 % para cada un.
Estes beneficios, en canto concurran nunha mesma persoa serán compatibles e polo tanto acumulables.
Artigo 7.- Liquidación, recadación e xestión.-
A liquidación do servicio realizarase mensualmente polo sistema de autoliquidación a través dos recibos que expida o Concello ou no seu caso o concesionario do servicio. Os pagos realizaranse nas contas municipais, ou no seu caso nas do concesionario do servizo, debendo presentarse dentro dos dez primeiros días de cada mes.
O pago da matrícula anual realizarase polo procedemento de declaración-liquidación nos modelos aprobados ao efecto nas contas municipais, ou no seu caso nas do concesionario do servizo.
En ningún caso poderán as tarifas establecidas segundo a renda per cápita familiar, ser fraccionables en función do número de horas que o neno permaneza no centro.
Non se deberá pagar a tarifa que corresponda ao mes de agosto no que o centro permance pechado por vacacións de verán. Se por calquera motivo o centro permanecese pechado un número superior a 15 días consecutivos, non se pagará a tarifa correspondente de peche.
Cando por circunstancias sobrevidas os nenos e nenas ingresen no centro con posterioridade ao día 15 do mes, a cota que corresponda pagar por dito mes experimentará unha reducción do 50%.
A non asistencia do usuario durante un período determinado non supón reducción nin exención da cota, mentres non se formalice a baixa correspondente. Non obstante, e con carácter excepcional, poderá eximirse do pagamento da taxa a aqueles usuarios que por motivo de saúde non poidan asistir ao centro durante o período superior a 45 días consecutivos. Neste caso, a suspensión da cota terá lugar desde o primeiro día do mes natural seguinte á data de non asistencia ao centro e durará ata o día primeiro do mes natural en que teña lugar a reincorporación da/o nena/o ao centro.
A solicitude de exención de tarifa durante o período que corresponda, deberá presentarse á Dirección do centro xunto coa documentación e/ou certificación médica que acredita a circunstancias que a motiva, e que se comunicará ao concello.
Para establecer a tarifa mensual a pagar terase en conta os ingresos da unidade familiar formada polos pais e os fillos menores de 18 anos ou fillos maiores de 18 anos cunha discapacidade superior ao 33 por cento. A renda per cápita mensual será o resultado de dividir polo número de persoas que compoñen a unidade familiar, o cociente resultante de dividir por 12 a suma dos ingresos totais da unidade familiar. En todo caso, a determinación da capacidade económica familiar axustarase a normativa aplicable e de obrigado cumprimento da administración autómica.
Para aquelas persoas obrigadas a presentar á declaración do imposto sobre a renda de persoas físicas, terán consideración de ingresos a suma da parte xeral mais a parte específica da base impoñible previas á aplicación do mínimo persoal e familiar do imposto sobre a renda das persoas físicas.
Aquelas persoas non obrigas a declarar, as bases impoñibles ás que se fai referencia, obteranse como resultado de aplicar os datos existentes na Administración.
No caso de familias monoparentais, e para os efectos do cálculo da renda per cápita, incrementarase nun 0,8 o número de membros que compoñen a unidade familiar.
Primará, para o establecemento da tarifa mensual que se debe pagar, a situación económica familiar actual, computándose como ingresos familiares o total devindicado, que corresponderá aos ingresos brutos mensual obtidos como rendemento de traballo.
Ao longo do curso poderase proceder á revisión da cota fixada inicialmente, sempre que se produzan e xustifiquen variacións nas circunstancias económicas e familiares que impliquen unha modificación substancial na súa capacidade económica. Soamente se terán en conta as variacións de ingresos que supoñan unha diminución ou incremento de máis dun 20% no cómputo anual ou mensual fronte aos ingresos declarados na solicitude de praza.
Definicións:
Renda per cápita mensual: o resultado de dividir polo número de persoas que compoñen a unidade familiar o cociente resultante de dividir entre doce a suma dos ingresos totais da unidade familar
Unidade familiar: a formada polos pais, e fillos menores de 18 anos ou fillos maiores de 18 anos, cunha minusvalidez superior ao 33 %. No caso de familias monoparentais e para os efectos do cálculo da renta per cápita á que se refire o apartado anterior, increméntarase nun 0,8 o número real de membros que compoñen a unidade familiar
Ingresos de cada membro da unidade familiar: a suma da base impoñible xeral e da base impoñible do aforro do IRPF previas á aplicación do mínimo persoal e familiar. O rendemento do traballo para cada membro da unidade familiar poderá estimarse segundo as tres últimas nóminas anteriores á presentaciónda solicitude
Ao longo do curso poderase proceder á revisión da cota fixada, sempre que se xustifiquen variacións nas circunstancias económicas e familiares que impliquen unha modificación substancial na capacidade económica. Soamente se terán en conta as variacións de ingresos que supoñan unha diminución ou iincremento de máis do 20 % no cómputo anual ou mensual fronte aos ingresos declarados na solicitude da praza.
Disposición derrogatoria
Quedarán derrogados aqueles artigos da OF actualmente en vigor (BOP nº 206 do 21 de novembro de 2011) que se opoñan ó disposto na nova redacción, e máis concretamente os artigos 6 e 7.
Disposición final
A presente Modificacións da Ordenanza Fiscal entrará en vigor unha vez publicada integramente no Boletín Oficial da Provincia e comezará a aplicarse a partir do día seguinte, permanecendo vixente ata que se acorde a súa derrogación ou modificación expresa.