Abegondo - ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA POLO SERVIZO DE ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL
Artigo 1.- Concepto
En uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución e polo artigo 106 da Lei 7/1985 reguladora das bases do réxime local, e de conformidade co disposto no artigo 132 en relación co artigo 20 do Texto refundido da lei reguladora das facendas locais aprobado polo R.D.L. 2/2004 do 5 de marzo, o Concello de Abegondo estabelece a taxa por servizos da Escola Infantil Municipal.
Artigo 2.- Feito impoñible
Constitue o feito impoñible desta taxa a prestacion de servicios pola escola infantil municipal.
Artigo 3.- Suxeito pasivo
Son suxeitos pasivos desta taxa, en concepto de contribuíntes, as persoas físicas ou xurídicas, así como as entidades a que se refire o artigo 35.4 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria, que soliciten ou resulten beneficiados ou afectados pola actividade administrativa ou servizo que constitúe o feito impoñíbel desta taxa.
Artigo 4.- Devengo
A taxa devéngase cando se inicie a prestación do servicio ou da actividade, con periodicidade mensual. Non obstante o anterior, no caso da matrícula da Escola infantil devéngase a taxa cando se presente a solicitude desta.
Artigo 5.- Cota tributaria
A cota tributaria será a resultante da aplicación da seguinte tarifa:
RENDA PER CÁPITA | COTA |
a) Rendas inferiores ao trinta por cento do IPREM | 0 € |
b) Rendas comprendidas entre o 30 e inferiores ao 50 por cento do IPREM | 0 € |
c) Rendas comprendidas entre o 50 e 75 por cento do IPREM | 42 € |
d) Rendas superiores ao 75 e inferiores ao 100 por cento do IPREM | 81 € |
e) Rendas comprendidas entre o 100 e o 125 por cento do IPREM | 110 € |
f) Rendas superiores ao 125 e inferiores ao 150 por cento do IPREM. | 126 € |
g) Rendas superiores ao 150 por cento do IPREM | 140 € |
Artigo 6.- Beneficios fiscais
Segundo as circunstancias da unidade familira, sobre a cuota que resulte de aplicar o disposto no artigo anterior, aplicaranse os seguintes beneficios fiscais:
Nenos e nenas pertencentes a familias numerosas: desconto do 20 %
Nenos e nenas pertencentes a familias monoparentais: desconto do 20 %
Asistencia á Escola Infantil Municipal de varios irmáns: desconto dun 20 % para cada un
Asistencia á Escola Infantil Municipal de varios irmáns nacidos en parto múltiple: desconto dun 30 % para cada un.
Estes beneficios, en canto concurran nunha mesma persoa serán compatibles e polo tanto acumulables.
Artigo 7.- Liquidación, recadación e xestión.
A liquidación do servicio realizarase mensualmente polo sistema de autoliquidación a través dos recibos que expida o Concello ou no seu caso o concesionario do servicio. Os pagos realizaranse nas contas municipais, ou no seu caso nas do concesionario do servizo, debendo presentarse dentro dos dez primeiros días de cada mes.
O pago da matrícula anual realizarase polo procedemento de declaración-liquidación nos modelos aprobados ao efecto nas contas municipais, ou no seu caso nas do concesionario do servizo.
Cando por circunstancias sobrevidas os nenos e nenas ingresen no centor con posterioridade ao día 15 do mes, a cota que corresponda pagar por dito mes experimentará unha reducción do 50 %
Definicións:
Renda per cápita mensual: o resultado de dividir polo número de persoas que compoñen a unidade familiar o cociente resultante de dividir entre doce a suma dos ingresos totais da unidade familar
Unidade familiar: a formada polos pais, e fillos menores de 18 anos ou fillos maiores de 18 anos, cunha minusvalidez superior ao 33 %. No caso de familias monoparentais e para os efectos do cálculo da renta per cápita á que se refire o apartado anterior, increméntarase nun 0,8 o número real de membros que compoñen a unidade familiar
Ingresos de cada membro da unidade familiar: a suma da base impoñible xeral e da base impoñible do aforro do IRPF previas á aplicación do mínimo persoal e familiar. O rendemento do traballo para cada membro da unidade familiar poderá estimarse segundo as tres últimas nóminas anteriores á presentaciónda solicitude
Ao longo do curso poderase proceder á revisión da cota fixada, sempre que se xustifiquen variacións nas circunstancias económicas e familiares que impliquen unha modificación substancial na capacidade económica. Soamente se terán en conta as variacións de ingresos que supoñan unha diminución ou iincremento de máis do 20 % no cómputo anual ou mensual fronte aos ingresos declarados na solicitude da praza.