Rianxo - ORDENANZA FISCAL NÚMERO 17, REGULADORA DA TAXA POLA OCUPACIÓN DE TERREOS DE USO PÚBLICO MUNICIPAL CON MESAS, CADEIRAS, TRIBUNAS, TABOADOS E OUTROS ELEMENTOS ANÁLOGOS CON FINALIDADE LUCRATIVA

Publicación provisional: 22/12/1998 BOP Nº: 292
Publicación definitiva: 22/12/1998 BOP Nº: 292
Aplicable dende: 19/02/2021

Artigo 1.-Feito impoñible.

Constitúe o feito impoñible desta taxa á utilización privativa ou o aproveitamento especial do dominio público municipal que se deriva da realización de ocupacións de terreos de uso público local con mesas e cadeiras e outros elementos análogos.

Artigo 2.-Suxeitos pasivos.

Son suxeitos pasivos contribuíntes as persoas físicas ou xurídicas e as entidades sen personalidade xurídica ás que se refire o artigo 35.4 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria, a cuxo favor se outorguen as licenzas, ou quen se beneficien do aproveitamento, se aínda non se concedera a oportuna autorización.

Artigo 3.-Responsábeis.

Os supostos de responsabilidade, xa sexa subsidiaria ou solidaria, serán os previstos na normativa tributaria.

Artigo 4.-Beneficios fiscais.

Non poderán recoñecerse outros beneficios fiscais que os expresamente previstos nas normas con rango de lei ou os derivados da aplicación dos tratados internacionais.

Artigo 5.-Base impoñible.

Tomarase como base para a determinación do importe desta taxa o valor de mercado que tería a utilización privativa ou o aproveitamento especial, e todo en función do número de mesas e cadeiras, da categoría da vía pública onde se sitúen e do período en que se instalen.

Artigo 6.-Cota tributaria.

1. A contía da taxa regulada nesta Ordenanza será a resultante da aplicación ás tarifas contidas no presente artigo, o correspondente coeficiente fixado no punto 3 do mesmo, e, excepcionalmente, no artigo 7.

2. A taxa esixirase de acordo co seguinte cadro de tarifas:

a.1. Ocupación ordinaria de xaneiro a xullo e de outubro a decembro:

Descrición

Núcleo urbano de Rianxo

Núcleo urbano de Taragoña

Núcleo urbano de Asados

Resto do municipio

Unha mesa e catro cadeiras

(2,24 m²)

16,51 €/trimestre

15,08 €/trimestre

14,13 €/trimestre

14,13 €/trimestre

Unha mesa e dous cadeiras

(1,6 m²)

11,79 €/trimestre

10,77 €/trimestre

10,10€/trimestre

9,44 €/trimestre

Unha mesas e 4 banquetas

(1,44 m²)

10,61 €/trimestre

9,69 €/trimestre

9,08 €/trimestre

8,50 €/trimestre

a.2. Ocupación ordinaria de xullo a setembro:

Descrición

Núcleo urbano de Rianxo

Núcleo urbano de Taragoña

Núcleo urbano de Asados

Resto do municipio

Unha mesa e catro cadeiras

(2,24 m²)

27,51 €/trimestre

25,13 €/trimestre

23,56 €/trimestre

22,00 €/trimestre

Unha mesa e dous cadeiras

(1,6 m²)

19,65 €/trimestre

17,95 €/trimestre

16,83 €/trimestre

15,71 €/trimestre

Unha mesas e 4 banquetas

(1,44 m²)

17,68 €/trimestre

16,16 €/trimestre

15,15 €/trimestre

14,14 €/trimestre

b. Ocupación con pechamento estable:

Descrición

Núcleo urbano de Rianxo

Núcleo urbano de Taragoña

Núcleo urbano de Asados

Resto do municipio

Unha mesa e catro cadeiras

(2,24 m²)

27,51 €/trimestre

25,13 €/trimestre

23,56 €/trimestre

22,00 €/trimestre

Unha mesa e dous cadeiras

(1,6 m²)

19,65 €/trimestre

17,95 €/trimestre

16,83 €/trimestre

15,71 €/trimestre

Unha mesas e 4 banquetas

(1,44 m²)

17,68 €/trimestre

16,16 €/trimestre

15,15 €/trimestre

14,14 €/trimestre

A superficie ocupada polos diferentes elementos é a establecida no artigo 18 da ordenanza reguladora de terrazas de Rianxo.

Asimilarase a unha mesa con 4 banquetas, calquera mobiliario ubicado en dominio público municipal, susceptible de prestar o mesmo servizo nas terrazas, como por exemplo barrís, bancadas, calefactores de terraza e todo aquel mobiliario que teña carácter complementario á terraza.

3. As cotas non son rateables nos supostos de baixa.

Excepcionalmente, e previa comprobación municipal, poderase ratear a cota en atención á realización de obras na vía pública que impidan a ocupación da vía pública, sempre e cando as obras teñan unha duración superior a un mes. A solicitude de rateo realizarase con posterioridade ao ingreso en período voluntario da taxa anual.

Artigo 7.-Período impositivo e devengo.

O período impositivo coincidirá co ano natural. A taxa devengase o primeiro día do período impositivo, salvo nos casos de alta ao longo do período impositivo, en cuxo caso devéngase no momento da ocupación.

Artigo 8.-Autoliquidacións e declaracións.

1. Os suxeitos pasivos están obrigados a presentar as oportunas autoliquidacións coa alta e a efectuar o ingreso que terá a consideración de depósito previo. Nas autoliquidacións de alta deberán cumprimentar integramente o modelo normalizado indicando, en todo caso:

- O período de ocupación anual ou trimestral, especificando o trimestre natural correspondente, neste último suposto.

- O número e clase de elementos da ocupación. En caso de que a autorización sexa anual, indicación expresa do número de elementos cuxa instalación se solicita, desglosado por trimestres, exista variación ou non.

- Os restantes aspectos que estableza a Ordenanza Reguladora de Terrazas

2. Cando se presente unha solicitude de autorización de aumento do número de elementos instalados que supoña un incremento da cota tributaria, o suxeito pasivo estará obrigado a presentar a correspondente autoliquidación e a efectuar o ingreso en réxime de depósito previo.

Dito aumento deberá ser obxecto de autorización administrativa. No suposto de autorización do mesmo, esta xurdirá efectos no padrón do período impositivo inmediatamente posterior. No caso de que non se autorice a mesma, procederá a devolución do depósito previamente constituído.

3. Cando se presente unha minoración dos elementos instalados, os suxeitos pasivos estarán obrigados a presentar unha declaración pola dita modificación, xurdindo efectos no padrón do período impositivo inmediatamente posterior, previa tramitación do expediente de modificación da autorización da ocupación.

4. Cando se produza un cambio de titularidade na licenza da actividade, non será preciso presentar solicitude de autorización da ocupación do dominio público, ao abeiro do artigo 26.1 da Ordenanza reguladora dadas terrazas do Concello de Rianxo, agás no caso de que se desexe modificar o número de elementos instalados, en cuio caso, será de aplicación o previsto nos apartados 2 ou 3 anteriores, segundo proceda.

5. A falta de presentación das solicitudes de autorización, de declaracións de modificación de ocupacións autorizadas, e do ingreso en réxime de depósito previo das autoliquidacións de alta ou de modificación, determinará que os aproveitamentos detectados se entendan realizados dende o inicio do período impositivo, sen prexuízo das sancións que pola falta de presentación das autoliquidacións se puideran impoñer.

6. Unha vez autorizada a ocupación se entenderá prorrogada mentres non se revogue polo Concello, ou se presente solicitude de baixa polo interesado.

Artigo 9.-Xestión.

1. A taxa xestionarase mediante padrón que, unha vez aprobado polo órgano competente, exporase ao público polo prazo dun mes no taboleiro de anuncios deste Concello. En todo caso, publicaranse os anuncios de exposición no Boletín Oficial da Provincia.

2. As autoliquidacións de alta producirán a incorporación dos suxeitos pasivos ao padrón do período impositivo seguinte a aquel no que se efectúen as citadas autoliquidacións.

3. As declaracións de baixa producirán efectos no padrón do período impositivo seguinte a aquel no que se efectúen as citadas declaracións.

4. As autoliquidacións e declaracións de modificación producirán a incorporación ao padrón do período impositivo seguinte a aquel no que se efectúen.

5. En ningún caso, o inicio do procedemento de xestión ou o pago da cota implicará que se entendan como autorizadas polo Concello de Rianxo as distintas instalacións.

6. As cantidades esixibles con arranxo ás tarifas serán irreductibles polo período sinalado.

Disposición final

A presente Ordenanza aprobouse polo Pleno na súa sesión do día 23 de maio de 2013, e foi modificada polo Pleno na sesión do día ----- de -------- de 2015, entrando en vigor o día da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia, e surtindo efectos dende o 1 de xaneiro de 2016, ata que se acorde a súa modificación ou derrogación.

Disposición transitoria

Suspender temporalmente a vixencia da ordenanza desde o 01 de xaneiro de 2020 e ata o 31 de decembro de 2021, pola crise económica derivada da crise sanitaria ocasionada polo COVID-19.