Rianxo - ORDENANZA FISCAL REGULADORA POR OCUPACION DE TERREOS DE USO PÚBLICO MUNICIPAL CON MESAS CADEIRAS, TRIBUNAS, TABOADOS E OUTROS ELEMENTOS ANÁLOGOS CON FINALIDADE LUCRATIVA

Publicación provisional: 22/12/1998 BOP Nº: 292
Publicación definitiva: 22/12/1998 BOP Nº: 292
Aplicable dende: 30/07/2013

Artigo 1.º .-Natureza e fundamento

No uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución e 106 da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local e de conformidade co dispostos nos artigos 15 a 19 do Texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, aprobado polo Real Decreto Lexislativo 2/2004 de 5 de marzo, este Concello establece a ¿Taxa pola ocupación de terreos de uso publico municipal con mesas, cadeiras, tribunas, taboados e outros elementos análogos, con finalidade lucrativa" que se rexeran pola presente ordenanza fiscal, cuxas normas atenden ao previsto no artigo 57 do citado texto refundido.

Artigo 2.º .-Feito imponible

Constitúe o feito impoñible da taxa a utilización privativa ou o aproveitamento especial que deriva da ocupación de terreos de dominio publico por mesas e cadeiras con finalidade lucrativa.

Artigo 3.º .-Suxeitos pasivos

Son suxeitos pasivos da taxa, en concepto de contribuíntes, as persoas físicas ou xurídicas e as entidades a que refire o artigo 35.4 da Lei Xeral tributaria, a cuxo favor concédanse autorizacións ou quen se beneficie da utilización ou aproveitamento si se leva a cabo sen a oportuna autorización.

Artigo 4.º .-Responsables

1. Responderán solidariamente das obrigas tributarias do suxeito pasivo, as persoas físicas ou xurídicas a que se refire o artigo 42.1 parágrafos a) e b) da Lei 58/2003, de 17 de decembro Xeral tributaria.

2. Serán responsables subsidiarios as persoas físicas e xurídicas a que se refire o artigo 43 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, Xeral Tributaria.

Artigo 5.º .-Cota tributaria

1. O importe da taxa calcularase segundo os importes fixadas nas tarifas contidas no apartado seguinte, atendendo a superficie ocupada pola utilización ou aproveitamento e os elementos a instalar, expresada aquela en metros cadrados.

2. Tarifas:

a. Por cada metro cadrado de superficie ocupada:

i. Mesas e cadeiras en terraza ordinaria:

a.1.- De xaneiro a xullo, e de outubro a decembro:

A: Inclúe o núcleo urbano de Rianxo: 7,37 euros m2/trimestre

B: Inclúe o núcleo urbano de Taragoña: 6,73 euros m2/trimestre

C: Inclúe o núcleo urbano de Asados: 6,31 euros m2/trimestre

D: Inclúe o resto do municipio: 5,90 euros m2/trimestre

a.2- De xullo a setembro:

A: Inclúe o núcleo urbano de Rianxo: 12.28 euros m2/trimestre

B: Inclúe o núcleo urbano de Taragoña: 11.22 euros m2/trimestre

C: Inclúe o núcleo urbano de Asados: 10,52 euros m2/trimestre

D: Inclúe o resto do municipio: 9,82 euros m2/trimestre

ii. Mesas e cadeiras en terraza con pechamento estable:

A: Inclúe o núcleo urbano de Rianxo: 12.28 euros m2/trimestre

B: Inclúe o núcleo urbano de Taragoña: 11.22 euros m2/trimestre

C: Inclúe o núcleo urbano de Asados: 10.52 euros m2/trimestre

D: Inclúe o resto do municipio: 9,82 euros m2/trimestre

Normas de aplicación das tarifas: si o numero de metros cadrados de utilización ou aproveitamento non fose enteiro redondearase por exceso para obter a superficie ocupada.

Cando a utilización privativa ou o aproveitamento especial leve aparellada a destrucción ou deterioro da vía, o beneficiario, sen prexuízo, do pago da taxa conforme as tarifas establecidas neste artigo, estará obrigado ao reintegro do custe total dos respectivos gastos de reconstrucción ou reparación e ao deposito previo do seu importe.

Se os danos foran irreparables, o suxeito pasivo estará obrigado a indemnizar ao Concello en cuantía igual ao valor dos bens destruídos ou ao importe do deterioro dos danados. Non se poderán condonar nin total nin parcialmente a indemnización ou os reintegros a que se refire este apartado.

1. Cando a utilización ou aproveitamento especial leve aparellada a destrucción da vía o beneficiario, sen prexuízo do pago desta taxa conforme as tarifas especificadas no apartado 3 anterior, estará obrigado ao reintegro do custe total dos respectivos gastos de reconstrucción ou reparación e ao deposito previo do seu importe.

2. Se os danos foran irreparables, o suxeito pasivo estará obrigado a indemnizar ao Concello en cuantia igual ao valor dos bens destruídos ao importe do deterioro dos danados. Non se poderá condonar nin total nin parcialmente a indemnización aos reintegros a que se refire este apartado.

Artigo 6º.- Período impositivo e devengo.

1. Cando a utilización ou o aproveitamento especial deba durar menos dun ano , o período impositivo coincidira con aquel determinado na autorización municipal, Neste caso , o devengo prodúcese no momento de solicitar a correspondente licencia. Esta non poderá ser concedida por un período inferior a un mes natural.

2. Cando a utilización ou o aproveitamento especial fora solicitada por períodos superiores a un ano, o período impositivo coincidira cos trimestres naturais do exercicio ( xaneiro a marzo; abril a xuño; xullo a setembro; outubro a decembro), a taxa devengarase o primeiro día do período impositivo e as cotas serán irreductibles.

3. Nos supostos de inicio da utilización privativa ou o aproveitamento especial, si o comezo da utilización ou aproveitamento non coincide co trimestre natural, a cota calcularase proporcionalmente ao numero de meses que resten para finalizar o mesmo incluíndo o do día do comezo. Neste suposto, o devengo da taxa producirase ao iniciarse a utilización privativa ou o aproveitamento especial.

4. No caso de cese na utilización privativa ou aproveitamento especial, as cotas serán prorrateadas por meses naturais, excluído aquel no que se produza dito cese. A tal fin , os suxeitos pasivo poderán solicitar a devolución da parte da cota correspondente aos trimestres naturais nos que non se disfrute da utilización ou aproveitamento.

5. Cando por causas non imputables ao suxeito pasivo, o dereito a utilización ou aproveitamento do terreo de uso publico previsto nesta Ordenanza non se desenvolverá, se procedera a devolución do importe satisfeito.

Artigo 7.- Xestión, liquidación e ingreso.

1. As persoas ou entidades interesadas na concesión das utilizacións ou aproveitamentos gravados segundo o disposto nesta Ordenanza, deberán solicitar previamente a correspondente licencia, realizar o deposito previo a que se refire o artigo seguinte e formular declaración na que conste a superficie de utilización ou aproveitamento e os elementos que se van a instalar, así como un plano detallado da superficie que se pretende ocupar e da súa situación dentro do Municipio.

2. Os servicios técnicos municipais do Concello comprobaran e investigaran as declaracións formuladas polos interesados, concedéndose as autorizacións de non atoparse diferencias cas peticións de licencias, si se deran diferencias, notificaranse as mesmas aos interesados e xiraranse, no seu caso, as liquidacións complementarias que procedan, concedéndose as autorizacións unha vez subsanadas as diferencias polos interesados e , no seu caso, realizados os ingresos complementarios que procedan.

3. No caso de denegarse as autorizacións, os interesados poderán solicitar a devolución do importe ingresado.

4. Non se consentirá a ocupación da vía publica ata que se abone o deposito previo a que se refire o artigo seguinte e se obtivera a correspondente autorización polos interesados.

5. Unha vez autorizada a ocupación se entenderá prorrogada mentres non se acorde a súa caducidade ou se pretende baixa xustificada polos interesados ou polos representantes.

6. As autorizacións terán caracter persoal e non poderán ser cedidas ou subarrendadas a terceiros. O incumprimento deste mandato dará lugar a anulación da autorización.

7. Nos supostos de utilización ou aproveitamento especial continuados a taxa, que ten caracter de tributo periódico, notificarase individualmente ao solicitante no momento no que se produza a alta no rexistro de contribuíntes. Nos exercicios sucesivos, notificarase colectivamente, mediante exposición publica do Padrón no taboleiro de anuncios do Concello.

8. O pago da taxa realizarase:

a) tratándose de novas utilizacións ou aproveitamentos con duración limitada por ingreso directo nas entidades bancarias colaboradoras do Concello de Rianxo, no momento de solicitar a autorización. Tendo este ingreso caracter de deposito previo, ao abeiro do artigo 26.1.a) do Texto refundido da Lei reguladora das Facendas Locais, quedando elevado a definitivo ao concederse a autorización correspondente.

b) tratándose de concesións xa autorizadas, e unha vez abonado o primeiro trimestre natural no que se solicita a alta ca correspondente solicitude, incluirase nun Padrón trimestral desta taxa que será abonado nas oficinas municipais, nos primeiros dez días de cada trimestre natural (Entre o 1-10 de xaneiro, 1-10 de abril, 1-10 de xullo e 1-10 de outubro).

Non obstante, o suxeito pasivo poderá solicitar a domiciliación do pago da taxa, en cuxo caso ordenarase o cargo na conta bancaria durante o período de pago en voluntario anterior.

Artigo 8.º .-Liquidación

- Cando se trate de servicios puntuais, liquidarase e esixirase a taxa en calidade de depósito previo, en todo caso antes de iniciarse o trámite do expediente de concesión ou autorización do aproveitamento solicitado.

- Cando se trate de servicios de retribución periódica, liquidarase e esixirase a taxa nos períodos que se sinalen na tarifa da taxa ou na liquidación única anual.

- Se se realiza o aproveitamento ou utilización do dominio público municipal sen mediar concesión ou autorización, liquidarase e notificarase a débeda, esixindo o ingreso nos prazos previstos no Regulamento Xeral de Recadación para a liquidación de contraído previo, sen prexuízo de abri-lo oportuno expediente sancionador por infracción tributaria.

Artigo 9.º .-Ingreso

O pagamento desta taxa realizarase:

- Nas liquidacións de contraído previo, na Tesourería municipal ou nas entidades financeiras que na notificación se sinalen. En todo caso, o ingreso será anterior ó inicio do expediente de concesión ou autorización do aproveitamento interesado.

- Nas liquidacións por recibo ou padrón, nas datas e entidades financeiras ou oficinas que se sinalen no edicto de exposición pública do padrón.

Artigo 10.º .-Infraccións e sancións

En todo o relativo a infraccións tributarias e a súa cualificación, así como as sancións que as mesmas corresponderan no seu caso, aplicaranse as normas contidas na Lei 58/2003, de 17 de decembro , Xeral Tributaria, e no Real Decreto 2063/2004 de 15 de outubro, polo que se aproba o Regulamento Xeral do Réxime Sancionador Tributario.

A imposición de sancións non suspenderá, en ningún caso,a liquidación e cobro das cotas devengadas non prescritas.

Artigo 11.º .-Normas de xestión

- As persoas ou entidades interesadas na concesión ou autorización para realiza-los aproveitamentos sobre o dominio público municipal a que fai referencia esta taxa deberán presentar unha solicitude achegándolle o plano, o detalle da superficie do aproveitamento e da súa situación dentro do término municipal. Antes da autorización ou concesión do aproveitamento, a persoa ou entidade interesada no aproveitamento aboará o importe da taxa en calidade de depósito previo.

- No caso de se denega-las autorizacións, os interesados poderán solicita-la devolución da taxa ingresada en calidade de depósito previo.

- Unha vez autorizada ou concedida a licencia de aproveitamento entenderase prorrogada mentres non presente a declaración de baixa o interesado.

- Cando remate o aproveitamento, os suxeitos pasivos formularán as declaracións de baixa no censo ou padrón da taxa e producirá efectos no período natural seguinte ó de presentación da mesma, podendo, no seu caso, prorratearse por meses. A non presentación da baixa determinará a obriga de continuar aboando a taxa.

Disposición final

A presente ordenanza fiscal entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia e será de aplicación a partir do día 1 de xaneiro de 1999, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresas.