Pontedeume - Ordenanza fiscal núm. 16, reguladora da taxa por licencias urbanísticas
Artigo 1. Fundamento e natureza
En uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución e polo artigo 106 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das Bases de réxime local, e de conformidade co disposto nos artigos 15 a 19 do Real Decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da lei reguladora das facendas locais, este concello establece a ¿Taxa por licenzas urbanísticas", que se rexerá pola presente ordenanza fiscal.
Artigo 2. Feito impoñible
Constitúe o feito impoñible desta taxa o sinalado no artigo 20.4.h) do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, consistente na prestación dos servizos técnicos e administrativos para o outorgamento das licenzas urbanísticas esixidas pola lexislación do solo e ordenación urbana ou a realización das actividades administrativas de control nos supostos nos que a esixencia de licenza fose substituída pola presentación de declaración responsable ou comunicación previa.
Artigo 3. Suxeito pasivo
1. Son suxeitos pasivos contribuíntes as persoas físicas ou xurídicas e as entidades a que se refire o artigo 35.4 de Lei xeral tributaria, que sexan propietarios dos inmobles nos que se realicen as construcións ou instalacións ou se executen as obras.
2. En todo caso, terán a condición de substitutos do contribuínte os constructores e contratistas das obras.
Artigo 4. Responsables
1. Responderán solidariamente das obrigas tributarias do suxeito pasivo, as persoas físicas e xurídicas a que se refire o artigo 42 da Lei xeral tributaria.
2. Serán responsables subsidiarios os administradores das sociedades e os síndicos, interventores ou liquidadores de crebas, concursos, sociedades e entidades en xeral, nos supostos e co alcance que se indica no artigo 43 da Lei xeral tributaria.
Artigo 5. Base impoñible
1. Constitúe a base impoñible da taxa:
a) O custo real e efectivo da obra civil, cando se trate de movementos de terra, obras de nova planta e modificación de estruturas ou aspecto exterior das edificacións existentes.
b) O custo real e efectivo da vivenda, local ou instalación, cando se trate da primeira utilización dos edificios e a modificación do uso dos mesmos.
c) O valor que teñan asinado os terreos e construcións para os efectos do Imposto sobre Bens Inmobles, cando se trate de parcelacións urbanísticas e demolición de construcións.
d) A superficie dos carteis de propaganda colocados en forma visible dende a vía pública.
2. Do custo indicado nas letras a) e b) do número anterior exclúese o correspondente á maquinaria e instalacións industriais e mecánicas.
Artigo 6.-Cota tributaria
1.-A cota tributaria resultará de aplicar á base impoñible os seguintes tipos de gravame:
a) O 1 por cento, no suposto 1.a) do artigo anterior.
b) O 1 por cento, no suposto 1.b) do artigo anterior.
c) O 1 por cento, nas parcelacións urbanísticas.
d) 6,01 euros por m2 de cartel, no suposto 1.d) do artigo anterior.
2. En caso de desistimento formulado polo solicitante con anterioridade á concesión da licenza, as cotas a liquidar serán o 20 por cento das indicadas no número anterior, sempre que a actividade municipal se iniciase efectivamente.
Artigo 7. Exencións e bonificacións
Non se concederá ningunha exención nin bonificación na exacción da taxa.
Artigo 8. Percepción de dereitos
1. Percíbese a taxa e nace a obriga de contribuír cando se inicie a actividade municipal que constitúe o seu feito impoñible. Para estes efectos, entenderase iniciada dita actividade na data de presentación da oportuna solicitude de licenza urbanística, comunicación previa ou declaración responsable.
2. Cando as obras se iniciasen ou executasen sen ter obtido a oportuna licenza, a taxa devengarase cando se inicie efectivamente a actividade municipal conducente a determinar se a obra en cuestión é ou non autorizable, con independencia da iniciación do expediente administrativo que poida instruirse para a autorización destas obras ou a súa demolición se non fosen autorizables.
3. A obriga de contribuír, unha vez nacida, non se verá afectada de ningún modo pola denegación da licenza solicitada ou pola concesión desta condicionada á modificación do proxecto presentado, nin pola renuncia ou desistimento do solicitante unha vez concedida a licenza nin pola verificación posterior desfavorable nos supostos de comunicación previa ou declaración responsable.
Artigo 9. Declaración
1. As persoas interesadas na obtención dunha licenza de obras presentarán, previamente, no Rexistro Xeral a oportuna solicitude, acompañando certificado visado polo colexio oficial respectivo, con especificación detallada da natureza da obra e lugar de emprazamento, na que se faga consta-lo importe estimado da obra, medicións e destino do edificio.
2. Cando se trate de licenza para aqueles actos en que non sexa esixible a formulación do proxecto subscrito por técnico competente e nos supostos de comunicación previa e declaración responsable, á solicitude achegará un orzamento das obras a realizar, así como unha descrición detallada da superficie afectada, número de departamentos, materiais a empregar e, en xeral, das características da obra ou acto con datos que permitan comprobar-lo custo de aqueles.
3. Se despois de formulada solicitude de licenza, comunicación previa ou declaración responsable, se modificase ou ampliase o proxecto deberá de poñerse en coñecemento da administración municipal, achegando o novo orzamento ou o reformado e, no seu caso, planos e memorias da modificación ou ampliación.
Artigo 10. Liquidación e ingreso
1. As taxas reguladas nesta ordenanza esixiranse en réxime de autoliquidación, debendo o suxeito pasivo, no momento de presenta-la correspondente solicitude,comunicación previa ou declaración responsable acredita-lo ingreso do importe total estimado da débeda tributaria, a conta da liquidación que en definitiva corresponda.
A administración municipal poderá comproba-lo custo real e efectivo unha vez terminadas as obras e á vista do resultado de tal comprobación, practicarase a liquidación definitiva que proceda, con dedución do, no seu caso, ingresado en provisional.
2. En caso de parcelacións urbanísticas e demolición de construcións, a liquidación que se practique, unha vez concedida a licenza, sobre a base impoñible que lle corresponda, terá carácter definitivo, salvo que o valor indicado no Imposto sobre Bens Inmobles non teña este carácter.
Artigo 11. Infraccións e sancións
En todo o relativo á cualificación de infraccións tributarias, así como das sancións que ás mesmas correspondan en cada caso, aterase ao disposto no Título IV da Lei xeral tributaria 58/03, de 17 de decembro, polo que se aproba o texto refundido da lei reguladora das facendas locais.
Disposición transitoria
As solicitudes de licenza, comunicacións previas e declaracións responsables xa presentadas con anterioridade á data de entrada en vigor da presente Ordenanza fiscal, pendentes de resolución definitiva por parte da entidade, rexeranse polo disposto na presente Ordenanza fiscal.As solicitudes de licenza, comunicacións previas e declaracións responsables xa presentadas con anterioridade á data de entrada en vigor da presente Ordenanza fiscal, pendentes de resolución definitiva por parte da entidade, rexeranse polo disposto na presente Ordenanza fiscal.
Disposición final
A presente ordenanza fiscal, aprobada polo Pleno do Concello en sesión ordinaria do 30 de decembro de 2020, entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresa.