Pontedeume - Ordenanza fiscal núm. 16, reguladora da taxa por licencias urbanísticas

Publicación provisional: 29/12/1999 BOP Nº: 297
Publicación definitiva: 29/12/1999 BOP Nº: 297
Aplicable dende: 01/01/2000

Artigo 1. Fundamento e natureza

En uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución e polo artigo 106 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das Bases de réxime local, e de conformidade co disposto nos artigos 15 a 19 da Lei 39/1988, de 28 de decembro, reguladora das facendas locais, este concello establece a "Taxa por licencias urbanísticas", que se rexerá pola presente ordenanza fiscal, as normas da cal atenden ó disposto no artigo 58 da citada lei 39/1988.

Artigo 2. Feito impoñible

1. Constitúe o feito impoñible da Taxa a actividade municipal, técnica, administrativa, tendente a verificar se os actos de edificación e uso do solo a que se refire o artigo 24.2 do Texto refundido da Lei sobre o réxime do soo e ordenación urbana, aprobada por Real Decreto Lexislativo 1/1992, de 26 de xuño, e que han de realizarse no térmo municipal, axustándose ás normas urbanísticas, de edificación e policía previstas na citada Lei  do solo, así como na lexislación dictada ó respecto pola Comunidade Autónoma e as Normas subsidiarias de planeamento deste Concello.

2. Non estáran suxeitas a esta taxa as obras de mero ornato, conservación e reparación que se realicen no interior das vivendas.

Artigo 3. Suxeito pasivo

1. Son suxeitos pasivos contribuíntes as persoas físicas ou xurídicas e as entidades a que se refire o artígo 33 de Lei xeral tributaria, que sexan propietarios dos inmobles nos que se realicen as construccións ou instalacións ou se executen as obras.

2. En todo caso, terán a condición de substitutos do contribuínte os constructores e contratistas das obras.

Artigo 4. Responsables

1. Responderán solidariamente das obrigas tributarias do suxeito pasivo, as persoas físicas e xurídicas a que se refiren os artigos 38.1 e 39 da Lei xeral tributaria.

2. Serán responsables subsidiarios os administradores das sociedades e os síndicos, interventores ou liquidadores de crebas, concursos, sociedades e entidades en xeral, nos supostos e co alcance que se indica no artigo 40 da Lei xeral tributaria.

Artigo 5. Base impoñible

1. Constitúe a base impoñible da taxa:

a) O custo real e efectivo da obra civil, cando se trate de movementos de terra, obras de nova planta e modificación de estructuras ou aspecto exterior das edificacións existentes.

b) O custo real e efectivo da vivenda, local ou instalación, cando se trate de primeiro utilización dos edificioes e a modificación do uso dos mesmos.

c) O valor que teñan asignado os terreos e construccións para os efectos do Imposto sobre Bens Inmobles, cando se trate de parcelacións urbanas e de demolición de construccións.

d) A superficie dos carteis de propaganda colocados en forma visible desde a vía pública.

2. Do custo indicado nas letras a) e b) do número anterior exclúese o correspondente á maquinaria e intalacións industriais e mecánicas.

Artigo 6.º .-Cota tributaria.

1.-A cota tributaria resultará de aplicar á base imponible os seguintes tipos de gravame:

a) O 1 por cento, no suposto 1.a) do artigo anterior.

b) O 1 por cento, no suposto 1.b) do artigo anterior.

c) O 1 por cento, nas parcelacións urbanas.

d) 1.000 pesetas por m2 de cartel, no suposto 1.d) do artigo anterior.

2. En caso de desistimento formulado polo solicitante con anterioridade á concesión da licencia, as cotas a liquidar serán o 20 por cento das indicadas no número anterior, sempre que a actividade municipal se iniciase efectivamente.

Artigo 7. Exacións e bonificacións

Non se concederán exención nin bonificación ningunha na exación da taxa.

Artigo 8. Percepción do dereitos.

1. Percíbese a taxa e nace a obriga de contribuír cando se inicie a actividade municipal que constitúe o seu feito impoñible. Para estes efectos, entenderase iniciada a dita actividade na data de presentación da oportuna solicitude de licencia urbanística, se o suxeito pasivo formulase expresamente esta.

2. Cando as obras se iniciasen ou executasen se ter obtido a oportuna licencia, a taxa devengarase cando se inicie efectivamente a actividade municipal conducente a determinar se a obra en cuestión é ou non autorizable, con independencia da iniciación do expediente administrativo que poida instruirse para a autorización destas obras ou a súa demolición se non fosen autorizables.

3. A obriga de constribuír, unha vez nacida, non se verá afectada de ningún modo pola denegación da licencia solicitada ou pola concesión desta condicionada á modificación do proxecto presentado, nin pola renuncia ou desistimento do solicitante unha vez concedida a licencia.

Artigo 9. Declaración

1. As persoas interesadas na obtención dunha licencia de obras presentarán, previamente, no Rexistro Xeral a oportuna solicitude, acompañando certificado visado polo colexio oficial respectivo, con especificación detallada da natureza da obra e lugar de emprazamento, na que se faga consta-lo importe estimado da obra, medicións e destino do edificio.

2. Cando se trate de licencia para aqueles actos en que non sexa esixible a formulación do proxecto subscrito por técnico competente, á solicitude achegará un presuposto das obras a realizar, así como unha descripción detallada da superficie afectada, número de departamentos, materiais a empregar e, en xeral, das características da obra ou acto con datos que permitan comprobar-lo custo de aqueles.

3. Se despois de formulada  solicitude de licencias se modificase ou ampliase o proxecto deberá de poñerse en coñecemento da administración municipal, achegando o novo orzamento ou o reforamdo e, no seu caso, planos e memorias da modificación ou ampliación.

Artigo 10. Liquidación e ingreso.

1. Cando se trate das obras e actos a que se refire o artigo 5º 1.a), b) e d):

a) Unha vez concedida a licencia urbanística, preacticarse a liquidación provisional sobre a base declarada polo solicitante.

b) A administración municipal poderá comproba-lo custo real e efectivo unha vez terminadas as obras, e a superficie dos carteis declarada polo solicitante, e, á vista do resultado de tal comprobación, practicarase a liquidación definitiva que proceda, con deducción do, no seu caso, ingresado en provisional.

2. En caso de parcelacións urbanzas e demolición de construccións, a liquidación que se practique, unha vez concedida a licencia, sobre a base impoñible que lle corresponda, terá carácter definitivo, salvo que o valor indicado no Imposto sobre Bens Inmobles non teña este carácter.

3. Tódalas liquidacións que se practiquen serán notificadas ó suxeito pasivo substituto do contribuínte para o seu ingreso nas arcas municipais utilizando os medios de pagamento e os prazos que mzarca o Regulamento xeral de recadación.

Artigo 11. Infraccións e sancións.

En todo o relativo á cualificación de infraccións tributarias, así como das sancións que ás mesmas correspondan en cada caso, aterase ó disposto nos artigos 77 e seguintes da Lei xeral tributaria.

Disposición final.

A presente ordenanza fiscal, aprobada polo Pleno do Concello en sesión ordinaria do 28 de outubro de 1999, entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia, e comezará a aplicarse a partir do día un de xaneiro do ano dous mil, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresa