Pontedeume - Ordenanza fiscal reguladora da taxa por entrada de vehículos a través da Beirarrúa e as reservas da vía pública para aparcamento, carga e descarga de mercadorías de calquera clase
Artigo 1.º.-Fundamento e natureza
No uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución e polo artigo 106 da Lei 7/85, do 2 de abril, reguladora das Bases do Réxime Local, e de conformidade co disposto nos artigos 15 a 19 da Lei 39/88, do 28 de decembro, reguladora das Facendas Locais, este Concello establece a taxa por entradas de vehículos a través de beirarrúas e as reservas de vía pública para aparcamento, carga e descarga de mercadorías de calquera clase, que se rexerá pola presente ordenanza fiscal, na que as súas normas atenden ó prevido no artigo 58 da citada Lei 39/88.
Artigo 2.º.-Feito impoñible.
Constitúe o feito impoñible desta taxa:
a) A entrada ou paso de vehículos ou carruaxes a un edificio ou o acceso ó mesmo.
b) As depresións nas beirarrúas.
c) A reserva de espacios na vía pública para aparcamento exclusivo de vehículos destinados a carga e descarga.
Artigo 3.º.-Suxeito pasivo.
1.-Están obrigados ó pago da taxa en concepto de suxeitos pasivos contribuíntes as persoas físicas ou xurídicas e as entidades, a que se refire o artigo 33 da Lei Xeral Tributaria, seguintes:
As persoas ou entidades a favor das cales se outorguen as licencias ou quen se beneficie dos aproveitamentos, se se procedeu sen a oportuna autorización.
2.-Terán a condición de substitutos do contribuínte:
Os propietarios das fincas e locais a que dean acceso as devanditas entradas de vehículos, os cales poderán repercutir, no seu caso, as cotas sobre os respectivos beneficiarios.
Artigo 4.º.-Responsables.
1.-Responderán solidariamente das obrigas tributarías do suxeito pasivo as persoas físicas ou xurídicas a que se refiren os artigos 38.1 e 39 da Lei Xeral Tributaria.
2.-Serán responsables subsidiarios os administradores das sociedades e os síndicos, interventores ou liquidadores de crebas, concursos, sociedades e entidades en xeral, nos supostos e co alcance que sinala o artigo 40 da Lei Xeral Tributaria.
Artigo 5.º.-Categorías das rúas ou polígonos.
1.-Para os efectos previstos para a aplicación dalgúns epígrafes das tarifas da línea 2 do artigo 6.º seguinte, as vías públicas deste municipio clasifícanse nunha única categoría.
Artigo 6.º.-Cota tributaría.
2.-As tarifas da taxa serán as seguintes:
a) Por cada lugar de entrada de carruaxes ou vehículos a un edificio ou acceso ó mesmo, para un só vehículo: 15,33 € anual/metro lineal.
A tarifa anterior incrementarase nun 20% por cada novo vehículo segundo a capacidade do garaxe.
b) Por cada regueiro na beirarrúa: 38,32 € anual/metro lineal.
A tarifa anterior incrementarase nun 20% por cada novo vehículo segundo a capacidade do garaxe, de conformidade coa tarifa do apartado a).
d) Por cada reserva de vía pública para aparcamento exclusivo, carga ou descarga: 15,33 € anual/metro lineal.
Artigo 7.º.-Exencións e bonificacións.
Non se concederá exención ou bonificación ningunha no pago da taxa.
Artigo 8.º.-Obriga de contribuír.
1.-Devéngase a taxa e nace a obriga de contribuír, que orixina o dereito de cobro:
a) Tratándose de concesións de novos aproveitamentos de vía pública, cando se inicie o uso privativo ou o aproveitamento especial, anque poderá esixirse o depósito previo do seu importe total ou parcial, tal e como sinala o artigo 26.1 a) da LRFL, na súa nova redacción dada pola Lei 25/1998, do 13 de xullo.
b) Tratándose de concesións de aproveitamentos xa autorizados e prorrogados, o día 1 de xaneiro de cada ano e o período impositivo comprenderá o ano natural, salvo nos supostos de inicio ou cese na utilización privativa ou aproveitamento especial, caso no que o período impositivo se axustará a esa circunstancia co conseguinte prorrateo na cota por trimestres naturais.
Artigo 9.º.-Declaración de ingreso.
1.-As utilizacións privativas e aproveitamentos especiais derivados de entradas de vehículos a través de beirarrúas e as reservas de vía pública para aparcamento, carga e descarga de mercadorías de calquera clase suxeitas a esta taxa levaranse ó cabo a instancia de parte.
2.-O pagamento desta taxa realizarase:
a) Tratándose de concesións de novo aproveitamento ou aproveitamento con duración limitada, as cotas serán obxecto de liquidación por ingreso directo, unha vez concedidas as correspondentes licencias, na Tesourería municipal ou onde establecese o Concello, pero sempre antes de retira-la correspondente licencia.
Este ingreso terá carácter de depósito previo, de conformidade co disposto no artigo 26.1 a) da Lei 39/1988, do 28 de decembro, quedando elevado a definitivo ó concederse a licencia correspondente.
b) Tratándose de concesión de aproveitamentos xa autorizados e prorrogados sen duración limitada, unha vez incluídas nos padróns ou matrículas desta taxa, as cotas serán obxecto de liquidación de ingreso por recibo, nas oficinas da Recadación municipal ou entidades colaboradoras sinaladas ó efecto e durante o prazo establecido polo Concello no seu calendario fiscal.
Artigo 10.º.-Infraccións e sancións.
En todo o relativo á cualificación de infraccións tributarias, así como das sanción que ás mesmas correspondan en cada caso, estarase ó disposto nos artigos 77 e seguintes da Lei Xeral Tributaria.
Disposición final
A presente ordenanza fiscal, aprobada polo Pleno do Concello , entrará en vigor unha vez publicada no Boletín Oficial da Provincia, e comezará a aplicarse a partir do día un de xaneiro do ano 2021, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresa.