Negreira - REGULAMENTO DO ¿PROGRAMA NEGREIRA CONCILIA (MADRUGADORES E MERENDAS), DIVERVERÁN, CAMPAMENTO URBANO RESPIRA E NADAL LÚDICO

Publicación provisional: 15/03/2021 BOP Nº: 49
Publicación definitiva: 07/05/2021 BOP Nº: 85
Aplicable dende: 09/03/2022

Preámbulo

Segundo o 14.8 A Lei Orgánica 3/2007, de 22 de marzo , un dos criterios xerais de actuación dos poderes públicos será o establecemento de medidas que aseguren a conciliación do traballo e da vida persoal e familiar das mulleres e dos homes, así como o fomento da corresponsabilidade nos labores domésticos e na atención á familia.

A Lei 3/2011, do 30 de xuño, de apoio á familia e á convivencia de Galicia, no capítulo dedicado á conciliación da vida persoal, familiar e laboral, prevé, entre outras actuacións, que se promova a ampliación do horario de apertura dos centros educativos públicos durante os días lectivos establecidos polo calendario escolar para atender ao alumnado menor de doce anos, en colaboración de coas asociacións de pais, nais e os concellos.

O Plan Galego de Conciliación e Corresponsabilidade 2018-2021 (Plan Galego C+C) ten por finalidade a posta en marcha de actuacións de distinta índole que incidan na conciliación, desde a base da corresponsabilidade familiar poñendo o foco nun reparto equitativo das responsabilidades doméstico-familiares entre mulleres e homes.

O IV Plan de Igualdade do Concello de Negreira 2019-2022 dentro da área estratéxica 3 contempla entre os seus obxectivos, potenciar o desenvolvemento e a adecuación dos recursos municipais que favorecen a conciliación impulsado diferentes medidas que permitan harmonizar o traballo coa esfera privada en beneficio da poboación nicrariense.

Artigo 1. Obxecto

Estas normas teñen por obxecto regular o funcionamento do Programa Negreira Concilia, Campamento Urbano Respira, Diververán, Nadal Lúdico e divernadal.

Artigo 2. Definición do Programa

Negreira Concilia é un programa que ten a función de coidado e atención, de carácter lúdico, social e educativo, que o Concello de Negreira lles ofrece ás familias do municipio con necesidade de conciliar a vida familiar e laboral. Está dirixido a rapazas e rapaces de entre 3 e 12 anos de idade.

Abarca dous períodos:

1. Servizos en períodos lectivos:

- Negreira Concilia Madrugadores:

A disposición das familias durante todo o período lectivo do ensino infantil e de primaria, en horario dende as 7:30 horas ata o inicio das clases. Consiste na ampliación do horario de apertura do centro escolar, prestando atención e coidado ao alumnado. As familias deben incorporarse ao servizo, como mínimo 30 minutos antes de comezar a xornada escolar.

- Negreira Concilia Merendas:

Consiste na ampliación do horario de saída do centro escolar tras o servizo de comedor en tres horas durante o período lectivo dende setembro a xuño.

No servizo das merendas térase a opción de merendar sendo as familias dos menores as encargadas de aportar os alimentos.

2. Servizos en período non lectivo.

-Diververán:

Realizase durante os meses de verán, xullo e agosto, unha hora e media diaria (dous grupos segundo idade), nun periodo de tempo contemplado dende as 10.30 a 13.30 horas.

-Nadal lúdico:

Realizarase durante as vacacións do Nadal, en horario de 08.30 a 14.30. Obradoiros de atención lúdica.

Divernadal:

Realizase durante as vacacións de nadal, unha hora e media diaria (dous grupos segundo idade), nun periodo de tempo contemplado dende as 10.30 a 13.30 horas.

- Campamento Urbano Respira:

Levaranse a cabo durante as vacacións de verán, durante os meses de xullo e agosto de 8:30 a 14:30 horas.

Consiste en actividades de ocio e tempo libre. Estos campamentos desenvolveranse por quendas:

- 1ª Quenda: Desde o 1 ao 15 de xullo

- 2ª Quenda: Desde o 16 ao 31 xullo

- 3ª Quenda: Desde o 1 ao 15 de agosto

- 4ª Quenda: Desde o 16 de agosto ao 31 de agosto

Será común a estes servizos:

- A opción de almorzar e merendar nos programas Campamento urbano Respira, Negreira Concilia Merendas, Diververán e Nadal Lúdico con alimentos aportados polas familias dos menores que acudan a este servizo.

- Os días do calendario laboral marcados como festivos locais, autonómicos e estatais, non se prestarán os servizos.

Artigo 3. Persoas usuarias

Enténdense como persoas usuarias do servizo aos responsables das rapazas e rapaces (persoa ou persoas que teñan atribuída a patria potestade, tutela ou representación legal, de acordo co Código civil e normativa complementaria) e aos propios menores.

As idades dos menores estará comprendida entre os 3 anos (escolarizados) e os 12 anos, segundo as convocatorias.

A alta nos servizos do programa pódese solicitar cando se inicie ou con posterioridade, si hai prazas vacantes.

As persoas usuarias dos servizos de ¿Negreira Concilia Madrugadores", ¿Negreira Concilia Merendas" ¿Campamento Respira", ¿Diververán" e ¿Nadal Lúdico" e ¿Divernadal" poden ser fixas ou ocasionais. Son fixas as/os que soliciten e utilicen ditos servizos, independentemente de que o uso sexa cotiá ou en días fixos determinados. Son ocasionais as persoas que utilicen o servizo en días soltos. Terán preferencia a hora de solicitar o servizo aquelas/es usuarias/os que sexan fixos.

As persoas usuarias con carácter ocasional deben comunicarlle o uso do servizo ao monitorado presencialmente ou por teléfono cunha antelación mínima de 48h, salvo circunstancias excepcionais.

Se a persoa usuaria con carácter fixo non vai utilizar o servizo algún día, deberá comunicarllo ao monitorado presencialmente ou por teléfono cunha antelación mínima de 24 h.

A baixa nos servizos do programa é libre e pódese presentar en calquera momento por escrito perante as oficinas municipais encargadas de supervisar o servizo, segundo o establecido nas distintas convocatorias.

Solicitarase informe médico que acredite o nivel de autonomía.

Artigo 4. Dereitos e deberes das persoas usuarias

1. Son dereitos das persoas usuarias do programa:

a) O acceso aos servizos segundo os requisitos e condicións que establecen estas normas; sen discriminación por razón de nacemento, raza, sexo, relixión, opinión ou calquera outra condición ou circunstancia persoal ou social.

b) A protección dos seus datos persoais de acordo coa Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos de carácter persoal y garantía de los derechos digitals

c) A asistencia individualizada acorde coas súas necesidades específicas.

d) A dispor de información comprensible sobre o funcionamento dos servizos e das medidas que se adopten respecto dos rapaces e de canto afecte á súa educación.

f) Aprender hábitos alimenticios sans, normas básicas de hixiene e comportamento.

2. Son deberes das persoas usuarias:

a) Cumprir as normas de funcionamento dos servizos.

b) Facilitar unha información veraz e manter actualizados os datos necesarios para alta, permanencia nos servizos.

c) Manter unha conduta inspirada na tolerancia, na colaboración e no mutuo respecto.

d) Comunicar a baixa cando proceda.

e) Responsabilizarse daquelas situacións en que por motivos de saúde e malestar, sexa necesario a recollida do menor usuario dos servizos.

Artigo 5. Prestación dos servizos

a) Período lectivo: ¿Negreira Concilia Madrugadores" e ¿Negreira Concilia Merendas".

· Negreira Concilia Madrugadores: Prestarase de luns a venres, días lectivos, durante o período escolar, no ¿CEIP de O Coto". O horario abarca dende as 7:30 h ata o inicio das clases.

· Negreira Concilia Merendas : : Prestarase de luns a venres, días lectivos, durante o período escolar, no ¿CEIP de O Coto". Consiste na ampliación do horario de saída do centro escolar tras o servizo de comedor en tres horas durante o período lectivo de setembro a xuño.

b) Período non lectivo. Abarcará varios servizos: ¿Campamento Urbano Respira" e ¿Nadal Lúdico". En horario de 8:30 a 14.30 h. ¿Diververán" e ¿Divernadal", en horario de 10.30 h a 13.30h.

c) Os horarios dos dous períodos poderán ser modificados.

Os servizos inclúen as accións que se relacionan a continuación e que deberán diferenciarse en función do menor, estas estarán a cargo do monitorado:

- Garantir hábitos de hixiene (extremando precaucións debido ó Covid).

- Seguimento especial aos rapaces de menos idade ou con dificultades.

- Planificar e realizar actividades lúdico-educativas.

- Apoio na realización das tarefas escolares.

- O monitorado será o vínculo coas familias. Informaranlles a elas e ao Concello das incidencias que se produzan.

- Controlar as asistencias ou ausencias dos rapaces e rapazas a través dos modelos normalizados.

- Custodiar a documentación persoal das persoas usuarias do servizo.

- Deixar recollidas as instalacións e limpo o mobiliario e os utensilios usados, así como os espazos utilizados para a realización de actividades complementarias.

- Facilitarlle ás coordinadoras municipais toda a documentación que sexa requirida para o desenvolvemento dos servizos.

- Realizar as demais funcións que se lles atribúan desde o Concello para o seu correcto funcionamento.

Artigo 6. Tramitación de acceso ao servizo e número de prazas.

1. Requisitos de acceso ó servizo de:

- Madrugadores, merendas, campamento urbano e Nadal lúdico (Poderán acceder o mesmo sempre que cumpran os dous requisitos.)

-Familias empadroadas no Concello de Negreira.

-Familias nas que ambos proxenitores ou titores legais estean traballando ou en situación de busca activa de emprego ou formación laboral.

No caso dos servizos de Madrugadores e Merendas, poderán acceder a estes servizos aqueles/as nenos/as que estén matriculados/as no CEIP O Coto ou si o/s seu/s pai/s ou nai/s ou representante legal estén traballando no termo municipal de Negreira.

- Resto de servizos:

-Familias empadroadas no Concello de Negreira.

-No caso de quedar prazas baldeiras, calquera usuario que teña algún tipo de vinculación co Concello de Negreira.

-Calquer usuario interesado.

2.1 Tramitación de acceso aos servizos de Madrugadores, Merendas, Campamento urbano e Nadal lúdico e número de prazas.

A solicitude de admisión axustarase ao modelo normalizado que será entregado no Rexistro do Concello xunto coa documentación complementaria, que será a seguinte:

- Modelo normalizado de ficha de inscrición

- DNI dos responsables do menor

- Libro de familia, sentenza ou resolución administrativa que acredite a relación xurídica entre ambos

- Tarxeta sanitaria do/a menor

- Declaración do IRPF e no caso de non presentala certificación negativa

- Xustificante bancario de ingreso do prezo público

- Xustificante da situación de emprego (Informe vida laboral, última nómina, pago último recibo de autónomos).

- Xustificante da necesidade do servizo por incompatibilidade horaria( certificado de demandante de emprego, xustificante de realizar unha busca activa de emprego, xustificante de asistencia a accións de formación laboral).

2.2. Para o resto dos servizos non se precisa aportar ningunha documentación.

3. O persoal técnico responsable do servizo, unha vez analizadas e aceptadas as solicitudes, contactarán coas persoas solicitantes para requirir a documentación complementaria ou adicional que se precise.

4. No caso de que as solicitudes superen o número de prazas ofertadas, e todas cumpran previamente os criterios sinalados , realizarase unha selección das familias por orde de inscrición.

 

Para a adxudicación das prazas terase en conta a orde dos seguintes criterios:

1º criterio.- Familias que aporten Informe Social que indique a necesidade do servizo en base a circunstancias socioeconómicas e familiares.

2º criterio.- Familias con fillas/os de mulleres vítimas da violencia de xénero.

3º criterio.-Familias monoparentais.

4º criterio.- Familias numerosas.

5º criterio.- Familias nas que algún das/os proxenitores teñan o seu posto de traballo no Concello de Negreira.

6º criterio.- Calquer usuario/a.

4. O número máximo de prazas dispoñibles establecerase nas convocatorias dos distintos servizos. Alcaldía, ou a concelleir@ delegad@ en función da demanda dos mesmos, poderá decidir a súa suspensión en caso de que non se cubran o 25% das prazas ofertadas; así como poderá establecer o número de prazas reservadas para as persoas usuarias fixas, usuarias ocasionais e as destinadas a atender emerxencias sociais que xurdan ao longo do curso. As emerxencias serán informadas polos servizos sociais básicos e específicos do Concello e, se é o caso, terán prioridade fronte ás persoas usuarias ocasionais. Esta última modalidade poderá ser eliminada para atender a un maior número de usuarias fixas.

Artigo 7. Publicación da listaxe de admitidos no servizo

A listaxe de admisión do servizo será publicada no taboleiro de edictos e na páxina web do Concello de Negreira.

Artigo 8 . Listaxe de espera

De non haber prazas suficientes para satisfacer a demanda do servizo, trala listaxe definitiva, elaborarase unha listaxe de espera. Os rapaces en situación de espera irán accedendo ao servizo na orde na que figuren nesa listaxe. Na listaxe de espera incluiranse as persoas que soliciten a alta no servizo con posterioridade á súa posta en marcha.

Artigo 9. Casos especiais

As persoas usuarias do servizo deberán notificar calquera problema de saúde (alerxias e intolerancias a calquera tipo de alimento) que serán atendidas especificamente.

Se o menor se ten que medicar, deberá achegar un informe médico no que se especifique a cantidade e o medicamento, así como unha autorización do responsable. Non se lle administrarán medicamentos sen o cumprimento destes requisitos.

Os menores que padezan febre (a partir dos 37,5º) ou enfermidades contaxiosas non poden acceder ao servizo.

Artigo 10. Persoal

O persoal deberá acreditar titulación en monitor/a de ocio e tempo libre ou no ámbito da educación, e formación en igualdade. Así mesmo presentar informe médico de estar capacitado para o desenvolvemento dos servizos e certificado acreditativo de non ter antecedentes penais en delitos sexuais.

Artigo 11. Extinción dos servizos

1. Serán causas de baixa nos servizos:

a) O incumprimento dos requisitos establecidos.

b) A solicitude da persoa responsable do menor.

c) A comprobación da falsidade nos documentos ou datos achegados, con independencia das infraccións administrativas e/ou penais que a devandita conducta constitúa.

d) A falta de asistencia continuada sen causa xustificada, mais de 5 días continuos ou 8 días sen ser continuos.

e) A falta de pagamento das cuotas establecidas tal e como figura no artigo art 7 da Ordenanza reguladora do prezo público pola utilización dos servizos de conciliación da vida laboral e familiar.

f) O Concello de Negreira resérvase o dereito de admisión e de exclusión temporal ou definitiva do servizo aos menores que se comporten de forma incorrecta ou cuxos responsables non respecten as normas de funcionamento do mesmo. Antes de adoptar esa decisión, daráselle audiencia, durante o prazo de dez días hábiles, ás persoas responsables dos/as menores e solicitarase o informe preceptivo do/a Educador/a Familiar.

2. O Concello de Negreira resérvase a posibilidade de extinguir a prestación de calquera destos servizos, en caso de que se tiveran que suspender durante dous anos consecutivos por non acadar a participación mínima establecida no artigo 8.4.

DISPOSICIÓN FINAL ÚNICA

Esta ordenanza reguladora entrará en vigor a partires do día seguinte da sua publicación definitiva no BOP.

Nota do Servizo de Asistencia Económica a Municipios

O regulamento dispón a súa entrada en vigor a partires do día seguinte da sua publicación definitiva no BOP, pero se debe ter en conta que o artigo 70.2 da Lei 7/1985, de 2 de abril , reguladora das Bases do Réxime Local establece que:

¿¿..Las ordenanzas, incluídos el articulado de las normas de los planes urbanísticos, así como los acuerdos correspondientes a éstos cuya aprobación definitiva sea competencia de los entes locales, se publicarán en el ¿Boletín Oficial" de la provincia y no entrarán en vigor hasta que se haya publicado completamente su texto y haya transcurrido el plazo previsto en el artículo 65.2 salvo los presupuestos y las ordenanzas fiscales que se publican y entran en vigor en los términos establecidos en la Ley 39/1988, de 28 de diciembre, Reguladora de las Haciendas Locales....." (desde el 10 de marzo de 2004 RDL 2/2004, de 5 de marzo).

Artigo 65.2: ¿El requerimiento deberá ser motivado y expresar la normativa que se estime vulnerada. Se formulará en el plazo de quince días hábiles a partir de la recepción de la comunicación del acuerdo."