Cabana de Bergantiños - ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA POLA PRESTACIÓN DO SERVIZO PÚBLICO DA PISCINA MUNICIPAL.

Publicación provisional: 10/04/2006 BOP Nº: 83
Publicación definitiva: 31/05/2006 BOP Nº: 123
Aplicable dende: 03/06/2022

Artigo 1.–Fundamento legal.

De conformidade co previsto no artigo 20.4.o) e seguinte do RDL 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais (TRLRFL), este Concello establece a taxa pola prestación do servizo público da Piscina Municipal de Cabana de Bergantiños, que se rexerá pola presente ordenanza fiscal.

Artigo 2.–Feito impoñible.

Constitúe o feito impoñible da taxa a utilización das instalacións da piscina municipal e a prestación de servizos na mesma.

Artigo 3.–Suxeitos pasivos.

Son suxeitos pasivos desta taxa, en concepto de contribuíntes, as persoas físicas e xurídicas, así como as entidades ás que se refire o art. 35.4 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, Xeral Tributaria, que se beneficien da utilización ou dos servizos que constitúen o feito impoñible da taxa.

Artigo 4.–Responsables.

1.–Responderán solidariamente das obrigas tributarias do suxeito pasivo tódalas persoas que sexan causantes ou colaboren na realización dunha infracción tributaria.

2.–Os copartícipes ou cotitulares das entidades xurídicas ou económicas a que se refire o art. 35.4 da Lei 58/2003, Xeral Tributaria, responderán solidariamente en proporción ás súas respectivas participacións das obrigas tributarias nas citadas entidades.

3.–Os administradores das persoas xurídicas que non fagan os actos da súa incumbencia para o cumprimento das obrigas tributarias daquelas, responderán subsidiariamente das débedas seguintes:

a) cando se cometa unha infracción tributaria simple, do importe da sanción.

b) cando se cometa unha infracción tributaria grave, da totalidade da débeda esixible.

c) nos supostos de cese da actividade da sociedade, do importe das obrigas tributarias pendentes na data do cese.

4.–A responsabilidade esixirase en todo caso, nos termos e dacordo co procedementos previsto na Lei Xeral Tributaria.

Artigo 5.–Cota tributaria.

Establécense as seguintes tarifas, que se incrementarán co IVE correspondente:

Epígrafe 1.–Abonados (anual)

TIPO DE ABONO

EMPADROADOS

NON EMPADROADOS

Individual (26-65 anos)

17,36 €

24,79 €

Familiar (titular, cónxuxe, fillos < 18 anos)

21,49 €

28,93 €

Xoven (< 26 anos)

14,87 €

19,84 €

3.ª Idade e colectivos desfavorecidos e persoas con discapacidade recoñecida en grao superior ao 30%

14,87 €

19,84 €

Suplemento familiar (de 18 a 25 anos)

6,61 €

8,27 €

 

Epígrafe 2.–Entrada libre: máx. 2 horas de utilización.

 

2 HORAS

Entrada libre adulto piscina- ximnasio-sauna

4,13 €

Entrada libre infantil piscina< 16 anos

2,48 €

Bono 10 horas piscina-ximnasio-sauna

31,41 €

*No caso de bonos de entrada libre, só poderán ser utilizados nos 30 días seguintes aos da súa emisión.

 

Epígrafe 3.–Cursos (mensual)

CURSO

ABONADOS

NON ABONADOS

Natación nenos (4 a 15 anos- por cada sesión/semana)

4,96 €

9,92 €

Natación adultos (16 a 65 anos-por cada sesión/semana)

6,61 €

13,22 €

Natación bebés de 0 a 3 anos (por cada sesión/semana)

8,27 €

14,05 €

Preparac. Física específica (por cada sesión/semana)

10,74 €

15,70 €

Natación 3.ª Idade (desde 65 anos-por cada sesión/semana)

4,96 €

9,92 €

Natación terapeútica (por cada sesión/semana)

10,74 €

15,70 €

Rehabilitación (por cada sesión/semana)

10,74 €

15,70 €

Pre/post-parto (por cada sesión/semana)

10,74 €

15,70 €

 

Epígrafe 4.–Outros servizos

SERVIZO

ABOADOS

NON ABOADOS

Sauna

--

4,96 €

Adestramento persoal ou atención individualizada

19,84 €

24,79 €

Masaxe parcial

12,40 €

15,70 €

Masaxe completo

19,84 €

24,79 €

Aluguer calle

10,74 €

10,74 €

Aluguer piscina completa/media xornada

100,83 €

100,83 €

Aluguer piscina completa/xornada completa

201,65 €

201,65 €

Epígrafe 5.–Convenios para utilización de asociacións, colexios e outras entidades.

1.–Os convenios estableceranse en función da solicitude e da poboación que atenden.

2.–No caso de convenios cos centros educativos, sempre deberá estar presente un responsable do grupo (profesor de educación física, preferentemente).

3.–Neste último caso, poderase establecer un período de 2 meses con máximo para cada etapa escolar (infantil, primaria e secundaria).

4.–Nestes casos o prezo pola utilización da piscina será de 2,71 €/persoa/mes sen monitor, e de 5,42 €/persoa/mes con monitor.

Epígrafe 6.–Matrícula.

MATRÍCULA

ABONADOS

CURSILLISTA

Matrícula inicial abonados e cursillistas

16,53 €

16,53 €

Todas as tarifas incrementaranse co IVE correspondente.

Artigo 6.–Normas de aplicación das tarifas anteriores.

a) A condición de abonado adquírese tralo pagamento da cota tributaria correspondente. O abonado ten dereito á utilización da piscina e sauna, durante todo o horario de funcionamento da instalación.

b) Enténdese por abonado familiar o responsable da unidade familiar que pode incluir ó cónxuxe e fillos menores de 18 anos, e que fan uso das instalacións sen limitación horaria nin de días.

c) Enténdese por abonado da 3.ª idade, unha persoa maior de 65 anos, ou menores de 65 que sexan pensionistas, e que fagan uso das instalacións da piscina municipal sen limitación horaria nin de días.

d) Enténdese por abonados con discapacidade aqueles que así o acrediten ca presentación do correspondente certificado do grao de discapacidade, en grao igual ou superior ao 33%.

e) Enténdese por colectivos desfavorecidos aqueles que así se determinen a través de informes polo departamento de Servizos Sociais do Concello.

f) A matrícula se paga no caso da primeira alta do servizo que se produzan dende a entrada en vigor da presente modificación da tarifa. No caso de baixa, deberá volverse a abonar a matrícula de darse de alta nun momento posterior.

Artigo 7.–Devengo e período impositivo.

O período impositivo coincidirá, nos abonados á piscina municipal, co mes natural, devengándose dentro dos cinco primeiros días do período impositivo, sendo as cotas prorrateadas por quincenas nos casos de altas.

As tarifas que deban satisfacer os non abonados á piscina municipal, devengaranse instantáneamente no momento de acceder ás instalacións.

O período impositivo nos cursos impartidos na piscina municipal, coincidirá co período de desenvolvemento do curso que se trate, devengándose dentro dos cinco primeiros días do período impositivo, sendo as cotas irreductibles por dito período.

Artigo 8.–Normas de xestión.

1.–Mensualmente, polos servizos encargados da xestión da piscina municipal, elaborarase un padrón municipal de abonados para o cobro mensual das correspondentes cotas tributarias. O non pagamento destas ocasionará a imposibilidade de acceso á piscina municipal. Acumulados tres recibos pendentes de cobro, o abonado causará baixa no padrón, debendo, no caso de nova solicitude de abonado, pagar as cantidades adebedadas.

2.–Para poder acceder ao recinto da piscina municipal, será requisito indispensable a presentación das tarxetas acreditativas da calidade de abonado ou ben, a entrada correspondente.

3.–A utilización non individual das instalacións referidas nesta ordenanza, solicitaranse por escrito dirixido ao Servizo Municipal de Deportes, ou no seu caso ó concesionario da xestión deste servizo, cos datos do solicitante, así como da persoa, equipo, entidade, colexio ou asociación que vaia facer uso das instalacións. Na mesma sinalarase a persoa que vai responder do bo uso das instalacións, así como a data e tempo da utilización do servizo que se trate.

Disposición final

A presente Ordenanza fiscal foi aprobada na sesión plenaria de data 31 de marzo de 2022, entrará en vigor unha vez publicada integramente no Boletín Oficial da Provincia, permanecendo vixente ata que se acorde a súa derrogación ou modificación expresa.