Índice
Cabana de Bergantiños - ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA POLA PRESTACIÓN DO SERVIZO PÚBLICO DA PISCINA MUNICIPAL.
Publicación provisional:
10/04/2006
BOP Nº:
83
Publicación definitiva:
31/05/2006
BOP Nº:
123
Aplicable dende:
19/09/2007
Artigo 1.- Fundamento legal
De conformidade co previsto no artigo 20.4.o) e seguinte do RDL 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais (TRLRFL), este concello establece a taxa pola prestación do servizo público da Piscina Municipal de Cabana de Bergantiños, que se rexerá pola presente ordenanza fiscal.
Artigo 2.- Feito impoñible
Constitúe o feito impoñible da taxa a utilización das instalacións da piscina municipal e a prestación de servizos na mesma.
Artigo 3.- Suxeitos pasivos
Son suxeitos pasivos desta taxa, en concepto de contribuíntes, as persoas físicas e jurídicas, así como as entidades ás que se refire o art. 35.4 da Lei 58/2003 do 17 de decembro, Xeral Tributaria, que se beneficien da utilización ou dos servizos que constitúen o feito impoñible da taxa.
Artigo 4.- Responsables
1.- Responderán solidariamente das obligacións tributarias do suxeito pasivo tódalas persoas que sexan causantes ou colaboren na realización dunha infracción tributaria.
2.- Os copartícipes ou cotitulares das entidades jurídicas ou económicas a que se refire o art. 35.4 da Lei 58/2003, Xeral Tributaria, responderán solidariamente en proporción ás súas respectivas participacións das obligacións tributarias nas citadas entidades.
3.- Os administradores das persoas jurídicas que non fagan os actos da súa incumbencia para o cumplimento das obligacións tributarias daquelas, responderán subsidiariamente das débedas seguintes:
a) cando se cometa unha infracción tributaria simple, do importe da sanción.
b) cando se cometa unha infracción tributaria grave, da totalidade da débeda esixible.
c) nos supostos de cese da actividade da sociedade, do importe das obligacións tributarias pendentes na data do cese.
4.- A responsabilidade esixirase en todo caso, nos termos e dacordo co procedemntos previsto na Lei Xeral Tributaria.
Artigo 5.- Cota tributaria
Establecénse as seguintes tarifas:
Epígrafe 1. Abonados (anual):
TIPO DE ABONO | EMPADROADOS | NON EMPADROADOS |
Individual (26-65 anos) | 16 €/mes | 22 €/mes |
Familiar (titular, conxuxe, fillos < 18 anos) | 18 €/mes | 25 €/mes |
Xoven (< 26 anos) | 12 €/mes | 18 €/mes |
3ª Idade e minusválidos | 12 €/mes | 18 €/mes |
Epígrafe 2. Entrada libre: máx. 1 hora de utilización. No caso de bonos de entrada libre, só poderán ser utilizados nos 30 días seguintes ós da súa emisión
1 HORA | BONO 10 HORAS | BONO 20 HORAS | |
ENTRADA LIBRE PISCINA | 3 € | 20 € | 35 € |
ENTRADA LIBRE XIMNASIO | 3 € | 20 € | 35 € |
Epígrafe 3. Cursos:
CURSO | ABONADOS | NON ABONADOS |
Natación nenos (4 a 15 anos- por cada ss/semana) | 5 €/mes | 8 €/mes |
Natación adultos (16 a 65 anos-por cada ss/semana) | 7 €/mes | 11 €/mes |
Natación bebés de 0 a 3 anos (por cada ss/semana) | 9 €/mes | 13 €/mes |
Preparac. Física específica (por cada ss/semana) | 10 €/mes | 15 €/mes |
Natación 3ª Idade (desde 65 anos-por cada ss/semana) | 5 €/mes | 8 €/mes |
Natación terapeútica (por cada ss/semana) | 10 €/mes | 15 €/mes |
Rehabilitación (por cada ss/semana) | 10 €/mes | 15 €/mes |
Pre/post-parto (por cada ss/semana) | 10 €/mes | 15 €/mes |
*Requisito imprescindible carnet de actividades debidamente actualizado.
Epígrafe 4. Outros servizos:
SERVIZO | ABONADOS | NON ABONADOS |
Sauna abonados | - | 6 €/ss |
Masaxe parcial | 12 €/ss | 15 €/ss |
Masaxe completo | 20 €/ss | 25 €/ss |
Aluguer calle | 10 €/hora | 10 €/hora |
Aluguer piscina completa/media xornada | 100 € | 100 € |
Aluguer piscina completa/xornada completa | 200 € | 200 € |
Epígrafe 5. Convenios para utilización de asociacións, colexios e outras entidades:
1.- Estes convenios estableceranse en función da solicitude e da poboación que atenden.
2.- No caso de convenios cos centros educativos, sempre deberá estar presente un responsable do grupo (profesor de educación física, preferentemente).
3.- No caso destes últimos convenios, poderase establecer un período de 2 meses com máximo para cada etapa escolar (infantil, primaria e secundaria).
4.- Nestes casos o precio pola utilización da piscina será de 3€/persoa/mes sen monitor, e de 6€/persoa/mes con monitor
Artigo 6.- Normas de aplicación das tarifas anteriores.
a) Será requisito imprescindible para ser abonado da piscina municipal ou para poder acceder ós cursos que nela se impartan, estar en posesión do carnet municipal de actividades debidamente actualizado.
b) A condición de abonado adquírese tralo pagamento da cota tributaria correspondente. O abonado ten dereito á utilización da piscina e sauna, durante todo o horario de funcionamento da instalación.
c) Enténdese por abonado familiar o responsable da unidade familiar que pode incluir ó cónxuxe e fillos menores de 18 anos, e que fan uso das instalacións sen limitación horaria nin de días.
d) Enténdese por abonado da 3ª idade, unha persoa maior de 65 anos, ou menores de 65 que sexan pensionistas, e que fagan uso das instalacións da piscina municipal sen limitación horaria nin de días.
e) Enténdese por abonados minusválidos aqueles que así o acrediten ca presentación do correspondente certificado de minusvalía.
Artigo 7.- Devengo e período impositivo
O período impositivo coincidirá, nos abonados á piscina municipal, co mes natural, devengándose dentro dos cinco primeiros días do período impositivo, sendo as cotas irreductibles no citado período.
As tarifas que deban satisface-los non abonados á piscina municipal, devengaranse instantáneamente no momento de acceder ás instalacións.
O período impositivo nos cursos impartidos na piscina municipal, coincidirá co período de desenvolvemento do curso que se trate, devengándose dentro dos cinco primeiros días do período impositivo, sendo as cotas irreductibles por dito período.
Artigo 8.- Normas de xestión
1.- Mesualmente, polos servizos encargados da xestión da piscina municipal, elaborarase un padrón municipal de abonados para o cobro mensual das correspondentes cotas tributarias. O non pagamento destas ocasionará a imposibilidade de acceso á piscina municipal. Acumulados tres recibos pendentes de cobro, o abonado causará baixa no padrón, debendo, no caso de nova solicitude de abonado, pagar as cantidades adebedadas.
2.- Para poder acceder ó recinto da piscina municipal, será requisito indispensable a presentación das tarxetas acreditativas da calidade de abonado ou ben, a entrada correspondente.
3.- A utilización non individual das instalacións referidas nesta ordenanza, solicitaranse por escrito dirixido ó Servizo Municipal de Deportes, ou no seu caso ó concesionario da xestión deste servizo, cos datos do solicitante, así como da persoa, equipo, entidade, colexio ou asociación que vaia facer uso das instalacións. Na mesma sinalarase a persoa que vai responder do bo uso das instalacións, así como a data e tempo da utilización do servizo que se trate.
Disposición adicional
As tarifas establecidas no artigo 5º desta ordenanza serán incrementadas anualmente con respecto ó IPC do ano anterior, de forma automática e unha vez sexa publicado polo INE.
Esta disposición será de aplicación a partir do ano 2009, para elo a empresa concesionaria notificará ó Concello a nova relación de tarifas para a súa publicación.
Disposición final
A presente Ordenanza Fiscal entrará en vigor unha vez publicada integremente no Boletín Oficial da Provincia e comezará a aplicarse a partir do día seguinte, permanecendo vixente ata que se acorde a súa derogación ou modificación expresa.