Santa Comba - ORDENANZA FISCAL Nº 6, REGULADORA DA TAXA POLA PRESTACIÓN DO SERVIZO DE ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL
Artigo 1.- Fundamento legal.
En uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución e polo artigo 106 da Lei 7/85, reguladora das bases de réxime local, e de conformidade co disposto nos artigos 15 a 19, en relación co artigo 20 e seguintes do Texto Refundido da Lei de Facendas Locais aprobado por Real Decreto Legislativo 2/2004 este Concello establece a taxa pola prestación do servicio da gardería infantil, que se rexerá pola presente ordenanza e polo previsto na Ordenanza Xeral de xestión, recadación e inspección dos tributos municipais
Artigo 2.- Feito impoñible.
Constitúe o feito impoñible da taxa a prestación do servicio pola asistencia dos menores que previa solicitude dos seus pais ou titores e cumprindo os requisitos legais, sexan admitidos na gardería infantil.
Artigo 3.- Suxeitos pasivos.
Son suxeitos pasivos:
1.- Os pais ou titores en canto representantes legais dos menores que se matriculen e reciben asistencia na gardería.
2.- Quen solicita a matrícula do menor.
Artigo 4.- Responsables.
Os pais ou titores e aquelas persoas que obstentaren a representación legal do menor ou solicitasen a matrícula do menor.
Artigo 5.- Reduccións e bonificacións.
Segundo as circunstancias da unidade familiar ó abeiro do artigo 24.4 do Texto refundido da Lei de Facendas Locais aprobado por Real Decreto Legislativo 2/2004, das cotas resultantes de aplica-las tarifas establecidas realizaranse os seguintes descontos:
A) 20% no caso de nenos/as que pertenzan a unha familia numerosa.
B) 20% no caso de nenos/as que pertenzan a unha unidade familiar monopariental.
C) 20% no caso de asistencia dalgún irmán ó mesmo centro.
Os anteriores descontos cando se dan nunha mesma persoa serán acumulables.
Artigo 6.- Cota Tributaria.
6.1 Elementos da cota tributaria.
Para efectos de poder establecer o prezo correspondente a cada usuari@ terase en conta o número de horas de asistencia do nen@ á escola, a utilización ou non de servizos complementarios e a renda per cápita mensual da unidade familiar.
A renda per cápita mensual da unidade familiar computarase seguindo as seguintes regras:
a) Entenderase por unidade familiar a formada polos cónxuxes non separados legalmente e:
· Os fillos menores, con excepción dos que, con consentimento dos pais/nais, vivan independentes destes. Ÿ
· Os fillos maiores de idade incapacitados xudicialmente suxeitos á patria potestade prorrogada ou rehabilitada. Ÿ
· Os fillos maiores de dezaoito anos discapacitados cun grao de discapacidade superior ó 33 por cento.
A determinación dos membros da unidade familiar realizarase atendendo á situación existente no 31 de decembro do ano o que se refiren as seguintes regras.
b) Tomarase o importe dos ingresos totais da unidade familiar, que será o resultado da agregación das rendas do exercicio anterior a aquel en que dea comezo o curso escolar, no cal se pretenda que produza efectos, de cada un dos membros da unidade familiar, calculadas por agregación da base impoñible xeral coa base impoñible do aforro, calculadas segundo os criterios establecidos na normativa do imposto sobre a renda das persoas físicas.
O importe dos ingresos totais da unidade familiar será acreditado, mediante a presentación das copias certificadas pola Administración Tributaria das declaracións do IRPF ou a certificación de ingresos das persoas que non presentasen as declaracións do IRPF.
A documentación anterior poderá ser substituída pola correspondente autorización á Administración con competencia en materia de escolas infantís 0 - 3 para obter os datos necesarios para determinar os ingresos totais para estes efectos a través das correspondentes administracións tributarias.
c) importe anterior dividirase polo número de membros computables da unidade familiar. No caso de familias monoparentais, incrementarase nun 0.8 o número real de membros que compoñen a unidade familiar. Entenderase por familia monoparental a unidade familiar a que se refire a letra a) cando formase parte dela un único proxenitor ou proxenitora que non conviva con outra persoa con quen manteña unha relación análoga á conxugal e sempre que o outro proxenitor ou proxenitora non contribúa economicamente ó seu sustento.
d) A renda per cápita mensual será o resultado de dividir o importe anterior por doce.
As franxas horarias que se establecen son:
a) Media xornada (ata catro horas), de mañá ou de tarde, á que corresponderá o cincuenta por cento do prezo polo servizo da escola.
b) Xornada completa (oito horas ), distribuídas de mañá ou de tarde, á que corresponderá o cen por cen do prezo pola servizo da escola.
Os pais/nais teñen que fixar o horario no que o nen@ vai estar na escola o máis preciso posible, para deixar a posibilidade de que outros nen@s accedan tamén á mesma.
6.2 Matrícula e prezos.
O importe da matrícula por curso de cada nen@ que asista á Escola fíxase en 30 €.
PREZOS:
1. Prezo de atención educativa.
O prezo pola atención educativa en xornada completa fíxase en 169,26 € mensuais.
Segundo a renda per cápita mensual da unidade familiar, sobre este prezo aplicaranse as reducións que correspondan.
Cando un alumn@ teña solicitada e concedida unha praza en réxime de media xornada, o prezo pola atención educativa reducirase no cincuenta por cento do prezo que lle corresponda aboar de acordo coa renda per cápita da unidade familiar.
Servizo de comedor.
O prezo por este servizo fíxase en 74 €.
En caso de menos/as que non empreguen o servicio de comedor de maneira habitual e que excepcionalmente e por motivos xustificados deseen empregalo algún día solto o precio será de 4.23€ por día.
O servizo de almorzo/merenda en nenos/as que non teñan servicio de comedor : fíxase en 1€/día.
b) Horario ampliado.
Con carácter excepcional os usuari@s poderán ampliar a súa xornada de atención educativa mediante a solicitude de horas extraordinarias, sempre que acrediten a súa necesidade.
O prezo mensual de cada hora en que se incremente o horario de atención educativa adxudicado ó usuari@ será de 21,16 €.
O prezo de hora extraordinaria non estará suxeito a ningunha redución.
Se o incremento é nun día solto o prezo será de 2€ cada hora incrementada.
Artigo 7.- Devengo.
A taxa devéngase e nace a obriga de contribuir:
1) A cota de ingreso coa solicitude de matrícula.
2) A cota de asistencia devengarase por mes ou fracción.
Artigo 8.- Declaración e ingreso.
1.- A cota de ingreso ou matrícula satisfarase dentro dos cinco días seguintes ó que se notifique a admisión, quedando anulada de non realizarse o pagamento.
2.- Xunta coa solicitude de matrícula poderá asinarase outro impreso para deixar constancia da autorización de domiciliación bancaria, co obxecto de poder realiza-lo pagamento da taxa que corresponda a través deste sistema, ou ben face-lo ingreso directamente nunha conta bancaria do Concello.
3.- As cotas de asistencia aboaranse dentro dos quince primeiros días do mes seguinte ó do seu devengo, trasladando ás entidades bancarias correspondentes as contías devengadas, co obxecto de carga-las cotas domiciliadas e abonalas na conta bancaria do Concello.
4.- Naqueles supostos que se refiran a horas e servicios efectuarase o cobro das taxas de idéntica forma que a estipulada no punto 2 deste artigo.
5.- Para o suposto en que algún recibo fora devolto, efectuarase un requirimento, advertindo ó interesado que se nun prazo de 10 días non atende o pagamento correspondente causará baixa como usuario do servicio, tramitando dita baixa por resolución da alcaldía, sen prexuízo de que poidan esixirse as contías por vías de constrinximento.
6.- Poderanse celebrar concertos fiscais con institucións públicas ou privadas que utilicen os servicios de gardería para o cumprimento dos seus fins.
Artigo 9.- Normas de xestión.
Á vista das circunstancia acreditadas polos solicitantes e en base ós informes e asesoramentos técnicos oportunos determinarase a admisión dos nenos beneficiarios.
Disposición final.
A presente ordenanza fiscal foi aprobada en sesión plenaria extraordinaria celebrada o día 26 de novembro de 2003.
Por acordo plenario celebrado o día 16 de xuño de 2022 (BOP 121 DE 28 de xuño de 2022), modificouse o artigo 6º.
Entrará en vigor unha vez publicada no Boletín Oficial da Provincia e comezará a aplicarse a partir do día seguinte, permanecendo vixente ata que se acorde a súa modificación ou derogación expresa.