Santa Comba - Ordenanza Fiscal nº 6, reguladora da taxa pola prestación do servizo de gardería infantil municipal
Artigo 1.- Fundamento legal.
En uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución e polo artigo 106 da Lei 7/85, reguladora das bases de réxime local, e de conformidade co disposto nos artigos 15 a 19, en relación co artigo 20 e seguintes do Texto Refundido da Lei de Facendas Locais aprobado por Real Decreto Legislativo 2/2004 este Concello establece a taxa pola prestación do servizo da gardería infantil, que se rexerá pola presente ordenanza e polo previsto na Ordenanza Xeral de xestión, recadación e inspección dos tributos municipais.
Artigo 2.- Feito impoñible.
Constitúe o feito impoñible da taxa a prestación do servizo pola asistencia dos menores que previa solicitude dos seus pais ou titores e cumprindo os requisitos legais, sexan admitidos na gardería infantil.
Artigo 3.- Suxeitos pasivos
Son suxeitos pasivos:
1.- Os pais ou titores en canto representantes legais dos menores que se matriculen e reciben asistencia na gardería.
2.- Quen solicita a matrícula do menor.
Artigo 4.- Responsables.
Os pais ou titores e aquelas persoas que obstentaren a representación legal do menor ou solicitasen a matrícula do menor.
Artigo 5.- Reduccións e bonificacións.
1. Segundo as circunstancias da unidade familiar ó abeiro do artigo 24.4 do Texto refundido da Lei de Facendas Locais aprobado por Real Decreto Legislativo 2/2004, das cotas resultantes de aplica-las tarifas establecidas realizaranse os seguintes descontos:
A) 20% no caso de nenos/as que pertenzan a unha familia numerosa.
B) 20% no caso de nenos/as que pertenzan a unha unidade familiar monopariental.
C) 20% no caso de asistencia dalgún irmán ó mesmo centro.
Os anteriores descontos cando se dan nunha mesma persoa serán acumulables.
2. De acordo coa normativa en vigor da Comunidade Autonoma de Galicia será gratuita a prestación do servizo de garderia para segundas/os e sucesivas fillas/os de 0 a 3 anos, matriculados na Escola Infantil Municipal.
Artigo 6.- Cota tributaria.
1. A cota tributaria determinarase por unha contía fixa, de acordo ás seguintes tarifas:
Tarifa 1: renda per cápita menos de 120,20 euros/mes.
Gratuito.
Tarifa 2: renda per cápita de 120,21 ata 270,45 euros/mes.
Servizos
Matrícula 12,90.
Xornada de mañá (7,45 a 15,00) 21,50.
Xornada de mañá (9,00 a 13,00) 16,13.
Xornada de mañá (12,30 a 14,30) 10,37 ).
Xornada completa 32,26.
Xornada de tarde (15,00 a 20,00) 18,28.
Tarifa 3: renda per cápita de 270,46 ata 330,5 6 euros/mes.
Servizos
Matrícula 12,90.
Xornada de mañá (7,45 a 15,00) 64,52
Xornada de mañá (9,00 a 13,00) 53,77.
Xornada de mañá (12,30 a 14,30)31,11.
Xornada completa 96,78.
Xornada de tarde (15,00 a 20,00) 59,15.
Tarifa 4: renda per cápita de máis de 330,56 euros/mes.
Servizos
Matrícula 12,90.
Xornada de mañá (7,45 a 15,00) 75,27.
Xornada de mañá (9,00 a 13,00) 64,52.
Xornada de mañá (12,30 a 14,30) 36,29.
Xornada completa 107,54.
Xornada de tarde (15,00 a 20,00) 69,90.
Tarifa 5: Outros.
Servizos
Horas soltas 3,21 euros/hora.
Unha peza do día (mañá) (de 7,45 a 15,00) 12,86 euros/mañá.
Unha peza do día (mañá) (de 9,00 a 13,00) 9,64 euros/mañá.
Unha peza do día (tarde) (de 15,00 a 20,00) 10,68 euros/tarde.
Servizo comedor para nenos matriculados no centro 26,85 euros/mes.
Servizo comedor día solto 2,50 euros/día.
Servizo comedor para nenos non matriculados (idades comprendidas entre 3 e 5 anos matriculados en escolas municipais) 60,00 euros/mes.
2. Ós efectos de este artigo, o cumprimento do requisito da renda per cápita para a aplicación da tarifa correspondente deberá ser acreditado anualmente coa presentación da solicitude de matrícula.
Artigo 7.- Devengo.
A taxa devéngase e nace a obriga de contribuir:
1) A cota de ingreso coa solicitude de matrícula.
2) A cota de asistencia devengarase por mes ou fracción.
Artigo 8.- Declaración e ingreso.
1.- A cota de ingreso ou matrícula satisfarase dentro dos cinco días seguintes ó que se notifique a admisión, quedando anulada de non realizarse o pagamento.
2.- Xunta coa solicitude de matrícula poderá asinarase outro impreso para deixar constancia da autorización de domiciliación bancaria, co obxecto de poder realiza-lo pagamento da taxa que corresponda a través deste sistema, ou ben face-lo ingreso directamente nunha conta bancaria do Concello.
3.- As cotas de asistencia aboaranse dentro dos quince primeiros días do mes seguinte ó do seu devengo, trasladando ás entidades bancarias correspondentes as contías devengadas, co obxecto de carga-las cotas domiciliadas e abonalas na conta bancaria do Concello.
4.- Naqueles supostos que se refiran a horas e servizos efectuarase o cobro das taxas de idéntica forma que a estipulada no punto 2 deste artigo.
5.- Para o suposto en que algún recibo fora devolto, efectuarase un requirimento, advertindo ó interesado que se nun prazo de 10 días non atende o pagamento correspondente causará baixa como usuario do servizo, tramitando dita baixa por resolución da alcaldía, sen prexuízo de que poidan esixirse as contías por vías de constrinximento.
6.- Poderanse celebrar concertos fiscais con institucións públicas ou privadas que utilicen os servizos de gardería para o cumprimento dos seus fins.
Artigo 9.- Normas de xestión.
Á vista das circunstancia acreditadas polos solicitantes e en base ós informes e asesoramentos técnicos oportunos determinarase a admisión dos nenos beneficiarios.
Disposición final.
A presente ordenanza fiscal reguladora da taxa pola prestación do servizo de gardería infantil entrará en vigor a partir do día seguinte á súa publicación íntegra no Boletín Oficial da Provincia e permanecerá en vigor ata a data da súa derogación parcial ou total.