Arteixo - ORDENANZA Nº 37: PREZO PÚBLICO POLA PRESTACIÓN DE SERVIZOS NA PISCINA MUNICIPAL DE MEICENDE E ESPAZOS COMPLEMENTARIOS

Publicación provisional: 05/07/2022 BOP Nº: 126
Publicación definitiva: 29/08/2022 BOP Nº: 163
Aplicable dende: 27/02/2023

ARTIGO 1.-Concepto

De conformidade co previsto nos artigos 41 e 127 do R.D. lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais e en exercicio da potestade regulamentaria recoñecida ao Concello de Arteixo, na súa calidade de Administración Pública Territorial, polos artigos 4, 49, 70.2 e concordantes da Lei 7/85, de 2 de abril, reguladora das Bases de Réxime Local, establécese o prezo público pola prestación de servizos na piscina municipal de Meicende e espazos complementarios.

ARTIGO 2.-Obrigados ao pagamento

Están obrigados ao pagamento do prezo público regulamentado nesta ordenanza, as persoas físicas ou xurídicas que soliciten a prestación dos servizos ou actividades descritos na presente ordenanza ou que procedan á utilización das instalacións ou bens reflectidos no artigo seguinte.

ARTIGO 3.-Contía

1. A contía do prezo público regulado nesta ordenanza será fixada nas tarifas contidas no apartado seguinte, para cada un dos distintos servizos ou actividades.

2. As tarifas deste prezo público serán as que figuran nos seguintes epígrafes:

(Os importes dos prezos públicos verán incrementada a base impoñible no IVE vixente en cada momento).

1. ABONADOS

 

BASE IMPOÑIBLE

1.1. Matrícula

 

25,05 €

1.2. Abonado Individual

 

25,05 €

1.3. Abonado familiar 2 miembros

 

25,05 €

1.4. Abonado familiar 3 miembros

 

29,22 €

1.5. Abonado familiar 4 miembros o más

 

33,38 €

1.6. Abonado 3ª idade

 

16,71 €

1.7. Abonado xoven

 

19,72 €

1.8. Abonado social

 

11,56 €

1.9. Abonado matinal

 

16,71 €

 

 

 

2. ENTRADAS PUNTUAIS NON ABONADOS

 

BASE IMPOÑIBLE

2.1.     Entrada adulto/a

 

4,81 €

2.2.     Entrada neno/a

 

1,92 €

 

 

 

3. ACTIVIDADES ACUÁTICAS (€/MES POR UNHA SESIÓN SEMANAL)

BASE IMPOÑIBLE

ABONADOS

NON ABONADOS

3.1.     Nenos/as

5,78 €

11,56 €

3.2.     Persoas adultas

6,75 €

13,48 €

3.3.     Bebés

11,56 €

23,10 €

3.4.     Terapéutica e 3ª idade

3,86 €

7,70 €

3.5.     Grupos

2,89 €

5,78 €

 

 

 

4. OUTRAS ACTIVIDADES

BASE IMPOÑIBLE

ABONADOS

NON ABONADOS

4.1. Adestramentos individualizados (prezo monitor / hora)

21,18 €

25,99 €

4.2. Aqueróbic e outras actividades de fitness de grupos reducidos e/ou personalizados (prezo / mes)

11,56 €

23,10 €

4.3. Campamentos (prezo/día de actividade)

3,86 €

5,78 €

4.4. Aluguer de calles (prezo/45 minutos)

13,48 €

13,48 €

 

 

 

5. SOCIOS

 

BASE IMPOÑIBLE

5.1.     Matrícula

 

24,06 €

5.2.     Socio individual

 

30,81 €

5.3.     Socio familiar (todos os fillos ata 17 anos incluídos)

 

38,51 €

5.4.     Suplemento socio familiar por fillo entre 18 e 24 anos incluídos

 

7,70 €

5.5.     Suplemento socio familiar por avó / avoa

 

9,63 €

 

 

 

6. OUTRAS TARIFAS

 

BASE IMPOÑIBLE

6.1.     Excedencia matrícula para socios

 

14,45 €

6.2.     Devolución de recibo bancario

 

1,92 €

6.3.     Reposición de carnet de acceso

 

2,89 €

6.4.     Sesión de fisioterapia 50 minutos

 

26,96 €

6.5.     Sesión de fisioterapia 25 minutos

 

14,45 €

6.6.     Adestramento de triatlón por sesión á semana para socios (pago mensual)

 

9,63 €

6.7.     Adestramento de triatlón por sesión á semana para non socios (pago mensual)

 

14,45 €

ARTIGO 4.- Período impositivo e devengo

O período impositivo coincidirá, nos abonados á instalación, co mes natural, devengándose o primeiro día do período impositivo, sendo as cotas irreducíbeis por dito período.

As tarifas que deban satisfacer os non abonados á piscina municipal devengaranse instantaneamente no momento de acceder ás instalacións ou de formular a solicitude, se de actividades se tratara.

O período impositivo, nos cursos impartidos na piscina municipal, coincidirá co período de desenvolvemento do curso, devengándose o primeiro día do período impositivo, sendo as cotas irreducíbeis por dito período.

ARTIGO 5. Normas de xestión

1. Mensualmente, polos servizos encargados da xestión da instalación, elaborarase un padrón municipal de aboados para o cobro mensual das correspondentes cotas tributarias. O impago das mesmas ocasionará a imposibilidade de acceso á Piscina. Acumulados tres recibos pendentes de cobro, o abonado causará baixa no Padrón, debendo, no caso de nova solicitude de abonado á piscina, pagar a cota de entrada correspondente e a débeda que tivera pendente.

2. O resto de servizos, pola súa propia natureza, poderanse xestionar polo sistema de tique ou entradas previas que se soliciten na taquilla correspondente.

3. A non asistencia ás actividades contempladas nesta ordenanza non xerará á persoa obrigada ao pagamento, dereito de devolución dos prezos abonados, agás que se produza algunha das seguintes situacións:

a) Que a actividade, obradoiro, curso ou campamento, tivera alteracións na súa organización, por causas imputábeis á Administración.

b) Que a actividade, obradoiro, curso ou campamento non chegara a desenvolverse por causas imputábeis a esta Administración.

ARTIGO 6. Infraccións e sancións.

En todo o relativo á cualificación de infraccións tributarias, así como das sancións que ás mesmas correspondan, estarase ao disposto nos artigos 183 e seguintes da Lei 58/2003, de 17 de decembro, xeral tributaria.

DISPOSICION ADICIONAL

As tarifas anteriores serán incrementadas anualmente no IPC.

DISPOSICIÓN FINAL

A presente Ordenanza consta de seis artigos, unha disposición adicional e unha disposición final.

A presente modificación foi aprobada polo Concello Pleno en sesión celebrada o dia 29 de decembro de 2022. Entrará en vigor unha vez que se publique o seu texto íntegro no Boletín Oficial da Provincia e transcurra o plazo disposto no artigo 65.2 da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derogación expresa.