Arteixo - PREZO PÚBLICO POLA PRESTACIÓN DE SERVIZOS NA PISCINA MUNICIPAL DE MEICENDE E ESPAZOS COMPLEMENTARIOS
ARTIGO 1.-Concepto
De conformidade co previsto nos artigos 41 e 127 do R.D. lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais e en exercicio da potestade regulamentaria recoñecida ao Concello de Arteixo, na súa calidade de Administración Pública Territorial, polos artigos 4, 49, 70.2 e concordantes da Lei 7/85, de 2 de abril, reguladora das Bases de Réxime Local, establécese o prezo público pola prestación de servizos na piscina municipal de Meicende e espazos complementarios.
ARTIGO 2.-Obrigados ao pagamento
Están obrigados ao pagamento do prezo público regulamentado nesta ordenanza, as persoas físicas ou xurídicas que soliciten a prestación dos servizos ou actividades descritos na presente ordenanza ou que procedan á utilización das instalacións ou bens reflectidos no artigo seguinte.
ARTIGO 3.-Contía
1. A contía do prezo público regulado nesta ordenanza será fixada nas tarifas contidas no apartado seguinte, para cada un dos distintos servizos ou actividades.
2. As tarifas deste prezo público serán as que figuran nos seguintes epígrafes:
(Os importes dos prezos públicos verán incrementada a base impoñible no IVE vixente en cada momento).
1. ABONADOS | BASE IMPOÑIBLE | |
1.1. Matrícula | 23,13 € | |
1.2. Abonado Individual | 23,13 € | |
1.3. Abonado familiar 2 miembros | 23,13 € | |
1.4. Abonado familiar 3 miembros | 26,98 € | |
1.5. Abonado familiar 4 miembros o más | 30,82 € | |
1.6. Abonado 3ª idade | 15,43 € | |
1.7. Abonado xoven | 18,21 € | |
1.8. Abonado social | 10,67 € | |
1.9. Abonado matinal | 15,43 € | |
2. ENTRADAS PUNTUAIS NON ABONADOS | BASE IMPOÑIBLE | |
2.1. Entrada adulto/a | 4,44 € | |
2.2. Entrada neno/a | 1,77 € | |
3. ACTIVIDADES ACUÁTICAS (€/MES POR UNHA SESIÓN SEMANAL) | BASE IMPOÑIBLE | |
ABONADOS | NON ABONADOS | |
3.1. Nenos/as | 5,34 € | 10,67 € |
3.2. Persoas adultas | 6,23 € | 12,45 € |
3.3. Bebés | 10,67 € | 21,33 € |
3.4. Terapéutica e 3ª idade | 3,56 € | 7,11 € |
3.5. Grupos | 2,67 € | 5,34 € |
4. OUTRAS ACTIVIDADES | BASE IMPOÑIBLE | |
ABONADOS | NON ABONADOS | |
4.1. Adestramentos individualizados (prezo monitor / hora) | 19,56 € | 24,00 € |
4.2. Aqueróbic e outras actividades de fitness de grupos reducidos e/ou personalizados (prezo / mes) | 10,67 € | 21,33 € |
4.3. Campamentos (prezo/día de actividade) | 3,56 € | 5,34 € |
4.4. Aluguer de calles (prezo/45 minutos) | 12,45 € | 12,45 € |
5. SOCIOS | BASE IMPOÑIBLE | |
5.1. Matrícula | 22,22 € | |
5.2. Socio individual | 28,45 € | |
5.3. Socio familiar (todos os fillos ata 17 anos incluídos) | 35,56 € | |
5.4. Suplemento socio familiar por fillo entre 18 e 24 anos incluídos | 7,11 € | |
5.5. Suplemento socio familiar por avó / avoa | 8,89 € | |
6. OUTRAS TARIFAS | BASE IMPOÑIBLE | |
6.1. Excedencia matrícula para socios | 13,34 € | |
6.2. Devolución de recibo bancario | 1,77 € | |
6.3. Reposición de carnet de acceso | 2,67 € | |
6.4. Sesión de fisioterapia 50 minutos | 24,89 € | |
6.5. Sesión de fisioterapia 25 minutos | 13,34 € | |
6.6. Adestramento de triatlón por sesión á semana para socios (pago mensual) | 8,89 € | |
6.7. Adestramento de triatlón por sesión á semana para non socios (pago mensual) | 13,34 € |
ARTIGO 4.- Período impositivo e devengo
O período impositivo coincidirá, nos abonados á instalación, co mes natural, devengándose o primeiro día do período impositivo, sendo as cotas irreducíbeis por dito período.
As tarifas que deban satisfacer os non abonados á piscina municipal devengaranse instantaneamente no momento de acceder ás instalacións ou de formular a solicitude, se de actividades se tratara.
O período impositivo, nos cursos impartidos na piscina municipal, coincidirá co período de desenvolvemento do curso, devengándose o primeiro día do período impositivo, sendo as cotas irreducíbeis por dito período.
ARTIGO 5. Normas de xestión
1. Mensualmente, polos servizos encargados da xestión da instalación, elaborarase un padrón municipal de aboados para o cobro mensual das correspondentes cotas tributarias. O impago das mesmas ocasionará a imposibilidade de acceso á Piscina. Acumulados tres recibos pendentes de cobro, o abonado causará baixa no Padrón, debendo, no caso de nova solicitude de abonado á piscina, pagar a cota de entrada correspondente e a débeda que tivera pendente.
2. O resto de servizos, pola súa propia natureza, poderanse xestionar polo sistema de tique ou entradas previas que se soliciten na taquilla correspondente.
3. A non asistencia ás actividades contempladas nesta ordenanza non xerará á persoa obrigada ao pagamento, dereito de devolución dos prezos abonados, agás que se produza algunha das seguintes situacións:
a) Que a actividade, obradoiro, curso ou campamento, tivera alteracións na súa organización, por causas imputábeis á Administración.
b) Que a actividade, obradoiro, curso ou campamento non chegara a desenvolverse por causas imputábeis a esta Administración.
ARTIGO 6. Infraccións e sancións.
En todo o relativo á cualificación de infraccións tributarias, así como das sancións que ás mesmas correspondan, estarase ao disposto nos artigos 183 e seguintes da Lei 58/2003, de 17 de decembro, xeral tributaria.
DISPOSICION ADICIONAL
As tarifas anteriores serán incrementadas anualmente no IPC.
DISPOSICIÓN FINAL
A presente Ordenanza consta de seis artigos, unha disposición adicional e unha disposición final.
A presente ordenanza foi aprobada polo Concello Pleno en sesión celebrada o dia 30 de xuño de 2022. Entrará en vigor ao día seguinte da súa publicación integra no Boletín Oficial da Provincia e comezará a aplicarse a partir do inicio da actividade na piscina Municipal de Meicende, permanecendo en vigor ate a súa modificación ou derogación expresa.