Vimianzo - ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA POR LICENZAS URBANÍSTICAS E COMUNICACIÓNS PREVIAS ESIXIDAS POLOS ARTIGOS 142 E SS. DA LEI 2/2016 DE 10 DE FEBREIRO DO SOLO DE GALICIA E CONCORDANTES DO SEU REGULAMENTO

Publicación provisional: 17/11/2007 BOP Nº: 266
Publicación definitiva: 31/12/2007 BOP Nº: 300
Aplicable dende: 28/03/2023

Fundamento legal

Artigo 1º.

De conformidade co disposto nos artigos 15 o 19 da Lei 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, establécese a taxa por licenzas urbanísticas esixidas polos artigos 142 e ss. da Lei 2/2016 de 10 de febreiro do Solo de Galicia e concordantes do seu regulamento.


Obriga de contribuír.

Artigo 2º.

1. Feito impoñible.- Constitúe o feito impoñible da taxa a prestación dos servizos técnicos e administrativos necesarios para o outorgamento das licenzas referidas no artigo anterior, verificar se os actos de uso do solo se axustan ás normas urbanísticas de edificación e policía previstas no ordenamento xurídico; inclúense as licenzas que resulten das ordes de execución así como as licenzas de parcelacións urbanísticas e de división e segregación de predios en solo rústico nos termos de lexislación urbanística.

Inclúese así mesmo as comunicacións previas na normativa urbanística de aplicación.

2. Obriga de contribuír.- A obriga de contribuír nace coa petición da licenza ou presentación da comunicación previa ou dende a data en que debeu solicitarse ou aportarse a segunda no caso de ser preceptiva.

3. Suxeito pasivo:

a) Están obrigados ó pagamento da taxa, en concepto de contribuíntes, as persoas físicas e xurídicas e as entidades a que se refire o artigo 33 da Lei Xeral Tributaria que sexan propietarias ou posuidoras ou, no seu caso, arrendatarios dos inmobles nos que se realicen as construccións ou instalacións ou se executen as obras suxeitas a licenza urbanística ou comunicación previa.

Base impoñible e cota tributaria

Artigo 3º.

1. Tomarase como base impoñible da taxa o custo real da obra ou construcción, instalación, e demais usos urbanísticos suxeitos a títulos habilitantes urbanísticos desta natureza. Tomarase como base da presente exacción o custo real da obra ou construcción segundo presuposto do proxecto técnico, sempre que estivese visado polo colexio oficial correspondente; noutro caso, a base impoñible determinarase polos técnicos municipais aplicando os baremos ou tarifas dos ditos colexios profesionais. Non formarán parte da dita base os impostos e taxas, os honorarios de profesionais, o beneficio empresarial do contratista nin calquera outra concepto que non integre o custo de execución material.

2. A cota tributaria determinarase por aplicación da seguinte.

Tarifa:

Ó presuposto da obra, determinado segundo o establecido no apartado 3.1 que precede, aplicarase como tarifa a porcentaxe do 0,50 por cento.

Establécese, con carácter subsidiario, unha tarifa mínima de 20,00 euros.

Exencións ou bonificacións

Artigo 4º .

Aqueles establecementos que soliciten licenza para a súa instalación no Polígono Industrial de Vimianzo, durante os anos 2011 e 2012, terán dereito a unha bonificación de 90 por cento da taxa resultante.

Administración e cobranza.

Artigo 5º . Xestión.

1.- Os suxeitos pasivos están obrigados a presentar autoliquidación da taxa, determinándose a base impoñible en función o presuposto declarado polo interesado, e a ingresala, en calquera entidade colaboradora autorizada, ó solicitar a licenza preceptiva, sen que o pago realizado coleve ningún tipo de presunción ó acto declarativo de dereito a favor daqueles. A referida autoliquidación é un acto do obrigado tributario, cuxo importe será reintegrado ao contibuínte, se por causas non imputables ao mesmo non chegara a prestarse o servizo.

2.-Unha vez rematadas as obras, construcións e instalacións, os suxeitos pasivos deberán presentar autoliquidación complementaria do tributo no caso de que o custo real e efectivo da obra sexa superior o declarado. A autoliquidación presentarase e ingresarase xunto coa autoliquidación do imposto sobre construcións, instalacións e obras.

3.-Cando os suxeitos pasivos non tiveran abonado a correspondente autoliquidación da taxa en prazo, ou se tivera presentado e abonado aquela por cantidade inferior á cota que resulte do orzamento aportado, a Administración municipal poderá practicar e notificar unha liquidación provisional pola cantidade que proceda e incoará o correspondente procedemento sancionador.

No caso das comunicacións previas urbanísticas, practicarase a liquidación provisional nos termos dispostos anteriormente para as licenzas.

Artigo 6º .

As cotas liquidadas e non satisfeitas dentro do período voluntario faranse efectivas pola vía de constrinximento, de acordo coas normas do Regulamento xeral da recadación.

Artigo 7º .

Os interesados na obtención das licenzas presentarán a oportuna solicitude con especificación da obra ou construcción a realizar, emprazamento, presuposto real desta e proxecto técnico subscrito polo facultativo competente.

Xunto coa comunicación previa correspondente, aportarase a documentación prevista no artigo 146 da LSG.

Disposicións

Disposición transitoria: Sen perxuízo da entrada en vigor desta modificación unha vez publicada no BOP da Coruña, tramitarase a tasa da primeira ocupación de edificacións e instalación solicitadas desde o 1 de xaneiro de 2023 con independencia da súa forma de presentación, mediante comunicación previa ou licenza de primeira ocupación.

Disposición final: No prazo dun ano e a expensas das posibles modificacións ou aclaracións que puideran xurdir respecto ó novo réxime xurídico de aplicación ás licenzas de primeira ocupación, deberá adecuarse a normativa urbanística administrativa do Concello de Vimianzo á Lei 2/2016 de 10 de febreiro do solo de Galicia.

Disposición derradeira.

A presente ordenanza entrará en vigor una vez aprobada definitivamente, e publicada o seu texto íntegro no BOP, consonte co previsto no art. 107.1 da LBRL, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresa."