Vimianzo - ORDENANZA FISCAL Nº 25, ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA POR LICENZAS URBANÍSTICAS ESIXIDAS POLOS ARTIGOS 194 E CONCORDANTES DA LEI DE ORDENACIÓN URBANÍSTICA E PROTECCIÓN DO MEDIO RURAL DE GALICIA, DO 30 DE DECEMBRO DE 2002, E ARTIGOS 10 E CONCORDANTES

Publicación provisional: 17/11/2007 BOP Nº: 266
Publicación definitiva: 31/12/2007 BOP Nº: 300
Aplicable dende: 23/09/2011

Fundamento legal. Artigo 1

De conformidade co disposto nos artigos 15 o 19 da Lei 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, establécese a taxa por licenzas urbanísticas esixidas polo artigo 194 e concordantes da Lei 9/2002, do 30 de decembro e artigo 10 do Regulamento de disciplina urbanística de Galicia aprobado polo Decreto 28/1999, do 21 de xaneiro.

Obriga de contribuír . Artigo 2

1. Feito impoñible.- Constitúe o feito impoñible da taxa a prestación dos servizos técnicos e administrativos necesarios para o outorgamento das licenzas referidas no artigo anterior, verificar se os actos de uso do solo se axustan ás normas urbanísticas de edificación e policía previstas no ordenamento xurídico; inclúense as licenzas que resulten das ordes de execución así como as licenzas de parcelacións urbanísticas e de división e segregación de predios en solo rústico nos termos de lexislación urbanística.
2. Obriga de contribuír.- A obriga de contribuír nace coa petición da licenza ou dende a data en que debeu solicitarse no caso de que fose preceptiva.
3. Suxeito pasivo:
a) Están obrigados ó pagamento da taxa, en concepto de contribuíntes, as persoas físicas e xurídicas e as entidades a que se refire o artigo 33 da Lei Xeral Tributaria que sexan propietarias ou posuidoras ou, no seu caso, arrendatarios dos inmobles nos que se realicen as construccións ou instalacións ou se executen as obras suxeitas a licenza urbanística.

Base impoñible e cota tributaria . Artigo 3

1. Tomarase como base impoñible da taxa o custo real da obra ou construcción, instalación, e demais usos urbanísticos suxeitas a licenza desta natureza. Tomarase como base da presente exacción o custo real da obra ou construcción segundo presuposto do proxecto técnico, sempre que estivese visado polo colexio oficial correspondente; noutro caso, a base impoñible determinarase polos técnicos municipais aplicando os baremos ou tarifas dos ditos colexios profesionais. Non formarán parte da dita base os impostos e taxas, os honorarios de profesionais, o beneficio empresarial do contratista nin calquera outra concepto que non integre o custo de execución material.
2. A cota tributaria determinarase por aplicación da seguinte.
Tarifa:
Ó presuposto da obra, determinado segundo o establecido no apartado 3.1 que precede, aplicarase como tarifa a porcentaxe do 0,50 por cento.
Establécese, con carácter subsidiario, unha tarifa mínima de 20,00 euros.

Exencións ou bonificacións . Artigo 4

Aqueles establecementos que soliciten licenza para a súa instalación no Polígono Industrial de Vimianzo, durante os anos 2011 e 2012, terán dereito a unha bonificación de 90 por cento da taxa resultante."

Administración e cobranza. Artigo 5

Recaído acordo sobre a solicitude, practicarase a liquidación provisional que será notificada o suxeito pasivo con expresión dos requisitos previstos no artigo 124 da Lei Xeral Tributaria, que a continuación se indican:
Dos elementos esenciais da contribución.
Dos medios de impugnación que poidan ser exercidos, con indicación de prazos e organismos nos que terán que ser interpostos.
Do lugar, prazo e forma en que debe ser satisfeita a débeda tributaria, de ser coincidente esta liquidación coa liquidación presentada, quedará extinguida a débeda tributaria.
No seu caso, de acordo coa Lei Xeral Tributaria, aplicarase liquidación definitiva en función da obra realmente executada.

Artigo 6º

As cotas liquidadas e non satisfeitas dentro do período voluntario faranse efectivas pola vía de constrinximento, de acordo coas normas do Regulamento xeral da recadación.

Artigo 7º

Os interesados na obtención das licenzas presentarán a oportuna solicitude con especificación da obra ou construcción a realizar, emprazamento, presuposto real desta e proxecto técnico subscrito polo facultativo competente.

Disposición derradeira

A presente ordenanza entrará en vigor una vez aprobada definitivamente, e publicada o seu texto íntegro no BOP, consonte co previsto no art. 107.1 da LBRL, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresa. Comenzará a aplicarse a partir do día 1 de xaneiro de 2008, se a súa publicación definitiva no BOP se produce antes do 1 de xaneiro de dito ano, e senon o día seguinte da su publicación.