Sada - Prezo público polas actividades e servizos no centro deportivo municipal de Sada

Publicación provisional: 21/03/2023 BOP Nº: 55
Publicación definitiva: 21/03/2023 BOP Nº: 55
Aplicable dende: 05/05/2023

Obrigados

Estarán obrigados ao pagamento do presente prezo público as persoas físicas ou xurídicas que soliciten a prestación dos servizos ou actividades obxecto do mesmo ou que procedan á utilización das instalacións ou bens reflectidos no apartado seguinte

Tarifas

A contía do prezo público polas actividades e servizos no centro deportivo municipal de Sada será o resultado de aplicar a seguinte tarifa:

Modalidade

Cota

ABONO INDIVIDUAL

34,98 €/ mes

ABONO FAMILIAR (mesma unidade familiar a efectos IRPF)

46,00 €/ mes

ABONO XOVE (< 21 ANOS)

28,08 €/ mes

ABONO 3ª EDAD (>65 ANOS)

24,99 €/ mes

ABONO MATINAL (L-V DE 08-14H)

25,51 €/ mes

ENTRADA LIBRE (ADULTOS)

6,60 €

ENTRADA LIBRE (REDUCIDOS*)

4,40 €

Abono individual: Nado libre, sala fitness e actividades dirixidas

Abono familiar: Nado libre, sala fitness e actividades dirixidas. Mesma unidade familiar IRPF

Abono xove: Nado libre ata 16 anos, a partires dos 16 anos con autorización pai/nai/titor legal podería entrar en sala fitness e actividades dirixidas.

Abono 3ª Idade: Nado libre, sala fitness e actividades dirixidas

Abono matinal: nado libre, sala fitness e actividades dirixidas de luns a venres de 08:00 a 14:00 horas.

Entrada libre adultos: Nado libre, sala fitness e actividades dirixidas (unha entrada sen límite horario)

Entrada libre reducido

· Para menores acompañados: Nado libre, sala fitness e actividades dirixidas para idade entre 16 e 18 anos. So nado libre en menores de 16 anos

· Para persoas de máis dun 33 % de discapacidade que veñan acompañados dun adulto ou titor responsable

Abono de prezo público

O abono do prezo público efectuarase con carácter xeral previamente e polo importe total, o inicio da prestación do servizo ou a realización da actividade ou da sua autorización

O período impositivo coincidirá, nos abonados á instalación, co mes natural, devengándose o primeiro día do período impositivo, sendo as cotas irredutíbeis polo dito período, e non serán prorrateadas en caso de inicio ou baixa do servizo ou actividade , e as tarifas mensuais xiraranse á conta bancaria designada na solicitude de inscrición.

A falta de pagamento ou a devolución de dous recibos por calquera causa , salvo erro da administración, implicará a baixa automática coma persoa abonada

Os abonados ás instalacións deportivas que queiran causar baixa, deberán de comunicalo cunha antelación mínima de 10 días naturais á finalización do mes en curso. En caso de non respectar o prazo de aviso anteriormente sinalado, deberá de abonar a cota correspondente ao mes seguinte

As tarifas que deban satisfacerse por entrada libre deberán abonarse no momento de acceder ás instalacións.