Sada - Prezo público polas actividades e servizos no centro deportivo municipal de Sada
Obrigados
Tarifas
A contía do prezo público polas actividades e servizos no centro deportivo municipal de Sada será o resultado de aplicar a seguinte tarifa:
Modalidade | Cota |
MATRÍCULA ABONOS | 34,50 € |
ABONO INDIVIDUAL | 34,98 €/ mes |
ABONO FAMILIAR (mesma unidade familiar a efectos IRPF) | 46,00 €/ mes |
ABONO XOVE (< 21 ANOS) | 28,08 €/ mes |
ABONO 3ª EDAD (>65 ANOS) | 24,99 €/ mes |
ABONO MATINAL (L-V DE 08-14H) | 25,51 €/ mes |
ENTRADA LIBRE (ADULTOS) | 6,60 € |
ENTRADA LIBRE (REDUCIDOS*) | 4,40 € |
CURSILLOS BEBÉS-PEQUENOS NO ABONADOS | 22,26 € |
CURSILLOS BEBÉS-PEQUENOS ABONADOS | 16,70 € |
CURSILLOS NATACIÓN NO ABONADOS | 28,37 € |
CURSILLOS NATACIÓN ABONADOS | 21,28 € |
CURSILLOS ADULTOS NO ABONADOS | 31,82 € |
CURSILLOS ADULTOS ABONADOS | 23,86 € |
*Acompañantes menores de 12 anos e persoas con diversidade funcional igual ou superior ao 33 %
Abono do prezo público
O abono do prezo público efectuarase con carácter xeral previamente e polo importe total, o inicio da prestación do servizo ou a realización da actividade ou da sua autorización.
O período impositivo coincidirá, nos abonados á instalación, co mes natural, devengándose o primeiro día do período impositivo, sendo as cotas irredutíbeis polo dito período, e non serán prorrateadas en caso de inicio ou baixa do servizo ou actividade, e as tarifas mensuais xiraranse á conta bancaria designada na solicitude de inscrición.
A falta de pagamento ou a devolución de dous recibos por calquera causa, salvo erro da administración, implicará a baixa automática coma persoa abonada.
Os abonados ás instalacións deportivas que queiran causar baixa, deberán de comunicalo cunha antelación mínima de 10 días naturais á finalización do mes en curso. En caso de non respectar o prazo de aviso anteriormente sinalado, deberá de abonar a cota correspondente ao mes seguinte.
As tarifas que deban satisfacerse por entrada libre deberán abonarse no momento de acceder ás instalacións.
O período impositivo nos cursos impartidos na piscina municipal coincidirá co período de desenvolvemento do curso, sendo as cotas irredutíbeis polo dito período e debendo realizar o pagamento do curso no momento da inscrición.