Toques - Ordenanza Fiscal reguladora do prezo público por actividades deportivas e culturais
Artigo 1.- Fundamento e natureza.
No uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución e polo artigo 106 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, e de conformidade co disposto nos artigos 15 a 19 da Lei 39/1988, do 28 de decembro, reguladora das facendas locais, este Concello establece a taxa por participar en actividades deportivas, que se rexerá pola presente ordenanza fiscal.
Artigo 2.- Feito impoñible
Constitue o feito impoñible da taxa a participación en actividades deportivas organizadas dende o concello de Toques.
Artigo 3.- Suxeito pasivo.
Son suxeitos pasivos os solicitantes para participar en actividades deportivas municipais.
Artigo 4.- Responsables.
1.- Responderán solidariamente das obrigas tributarias do suxeito pasivo as persoas físicas e xurídicas ás que se refiren os artigos 38.1 e 39 da Lei Xeral Tributaria.
2.- Serán responsables subsidirarios os administradores das sociedades e os síndicos, interventores ou liquidadores de quebras, concursos, sociedades e entidades en xeral, nos supostos e co alcance que sinala o artigo 40 da Lei Xeral Tributaria.
Artigo 5.- Tipos de actividades e cuota tributaria.
Establecese a cuota tributaria para as seguintes actividades:
A) Actividades organizadas dende o propio Concello, dirixidas a nenos e adultos e impartidas por persoal propio do concello ( xestión directa polo propio persoal do Concello ):
1.- Actividades dirixidas para nenos ( ata 12 anos ):
1.1. Actividades extraescolares a desenvolver fóra do CEIP
1.2. Actividades extraescolares a desenvolver nas instalacións do CEIP.
2.- Actividades dirixidas a adultos:
2.1. Ximnasia de mantemento.
2.2. Talleres de memoria.
2.3. Manualidades.
2.4. Outras actividades ( pilates, baile, ¿ )
3.- A cota tributaria para as actividades impartidas por xestión directa polo propio persoal do Concello son os siguientes:
3.1. A participación nas actividades están exentas de pago para os nenos e os adultos.
3.2. Cuota de transporte: Existirá unha cuota de transporte para acudir ás citadas actividades de 10,00 euros/mes que será aboada por anticipado antes do día 5 de cada mes.
3.3. Os nenos que vaian as actividades estarán exentos do pago da cuota de transporte.
B) Actividades organizadas dende o propio Concello, dirixidas a nenos adultos e impartidas por persoal contratado polo concello ( xestión indirecta por empresas externas ó Concello ):
B.1. Cursos de natación.
B.2. Outros ( Taichi, kárate, tenis, pádel ou calqueira outra actividade que se poida acometer se existe suficiente demanda ).
A cota tributaria das actividades organizadas dende o propio Concello, dirixidas a nenos adultos e impartidas por persoal contratado polo concello ( xestión indirecta por empresas externas ó Concello ) son as seguintes:
1.- 1 hora/semana. A cota tributaria será de 10 euros/ mes.
2.- 2 horas/ semana. A cota tributaria será de 20 euros/ mes.
C) Visitas ó Balneario. As visitas ó Balneario terán unha cota tributaria total de 10,00 euros por visita, englobando o transporte e a entrada ó Balneario por un periodo de 1 hora.".
Artigo 6.- Devengo
Devéngase a taxa e nace a obriga de contribuir cando se inicie a prestación da actividade e mentras dure a mesma, entendendose para estes efectos que a dita iniciación se produce coa solicitude daqueles.
Artigo 7.- Liquidación e ingreso
1.- A taxa liquidarase e esixirase durante o periodo que dure a actividade deportiva, farese efectiva nas oficiñas municipais ou na entidade bancaria que designe o concello.
Artigo 8.- Infraccións e sancións.
En todo o relativo á cualificación de infraccións tributarias, así como das sancións que a estas correspondan en cada caso, estarase ao disposto nos artigos 77 e ss. da Lei Xeral Tributaria.
Disposición final
A presente ordenanza fiscal foi aprobada polo Pleno Corporativo en sesión celebrada o día de de 2010 e entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no BOP e será de aplicación a partir do dia 1 de xaneiro de 2011, pernanecendo en vigor ata a súa modificación ou derogación expresa.