Toques - ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA POR ACTIVIDADES DEPORTIVAS. (NÚMERO 14)
Artigo 1.- Fundamento e natureza.
No uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución e polo artigo 106 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, e de conformidade co disposto nos artigos 15 a 19 da Lei 39/1988, do 28 de decembro, reguladora das facendas locais, este Concello establece a taxa por participar en actividades deportivas, que se rexerá pola presente ordenanza fiscal.
Artigo 2.- Feito impoñible
Constitue o feito impoñible da taxa a participación en actividades deportivas organizadas dende o concello de Toques.
Artigo 3.- Suxeito pasivo.
Son suxeitos pasivos os solicitantes para participar en actividades deportivas municipais.
Artigo 4.- Responsables.
1.- Responderán solidariamente das obrigas tributarias do suxeito pasivo as persoas físicas e xurídicas ás que se refiren os artigos 38.1 e 39 da Lei Xeral Tributaria.
2.- Serán responsables subsidirarios os administradores das sociedades e os síndicos, interventores ou liquidadores de quebras, concursos, sociedades e entidades en xeral, nos supostos e co alcance que sinala o artigo 40 da Lei Xeral Tributaria.
Artigo 5.- Cuota tributaria.
Establecese a cuota tributaria para as seguintes actividades:
A) Actividades organizadas dende o propio Concello, dirixidas a adultos e impartidas por persoal propio do concello.
a) Xinmansia de mantemento:
b) Ximnasia para a 3ª idade.-
c) Cursos de natación.-
d) Outros.-
O importe a satisfacer será o seguinte:
* 1 hora/semana: Dos (2) €/ mes.-
* 2 horas/semana: Cuatro (5) €/mes.-
* 3 horas/semana: Oito (8) €/mes.-
* 4 horas/semana: dezaseis (16) €/mes.-
* 5 horas/semana: vinte (20) €/mes.-
* Mais de 5 horas semanais: 1 €/hora
B) Actividades organizadas polo Concello, dirixidas a adultos e impartidas por persoal contratado polo Concello: Taichi, kárate, tenis.-
O importe a satisfacer será o seguinte:
* 1 hora/semana: cinco (5) €/ mes.-
* 2 horas/semana: oito (8) €/mes.-
* 3 horas/semana: doce (12) €/mes.-
* 4 horas/semana: vinte (20) €/mes.-
* 5 horas/semana: vintecatro (24) €/mes.-
* Mais de 5 horas semanais: doues (2) €/hora.-
As actividades, plara os asistentes da 3ª idade (maiores de 65 anos) serán de carácter gratuito. Só en caso de solicitar o servizo de transporte do concello (no caso de que o haxa) deberán de aboar sete (7) euros/mes.-
Artigo 6.- Devengo
Devéngase a taxa e nace a obriga de contribuir cando se inicie a prestación da actividade e mentras dure a mesma, entendendose para estes efectos que a dita iniciación se produce coa solicitude daqueles.
Artigo 7.- Liquidación e ingreso
1.- A taxa liquidarase e esixirase durante o periodo que dure a actividade deportiva, farese efectiva nas oficiñas municipais ou na entidade bancaria que designe o concello.
Artigo 8.- Infraccións e sancións.
En todo o relativo á cualificación de infraccións tributarias, así como das sancións que a estas correspondan en cada caso, estarase ao disposto nos artigos 77 e ss. da Lei Xeral Tributaria.
Disposición final
A presente ordenanza fiscal foi aprobada polo Pleno Corporativo en sesión celebrada o día de de 2010 e entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no BOP e será de aplicación a partir do dia 1 de xaneiro de 2011, pernanecendo en vigor ata a súa modificación ou derogación expresa.