Cariño - Ordenanza reguladora das comunicacións previas en obras e actividades

Publicación provisional: 09/06/2014 BOP Nº: 108
Publicación definitiva: 24/07/2014 BOP Nº: 140
Aplicable dende: 29/02/2024

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

A Directiva 2006/123/CE do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de decembro de 2006, relativa aos servizos no mercado interior, impón aos Estados membros a obriga de eliminar todas as trabas xurídicas e barreiras administrativas inxustificadas á liberdade de establecemento e de prestación de servizos que se contemplan nos artigos 49 e 57 do Tratado de Funcionamento da Unión Europea, respectivamente, establece un principio xeral segundo o cal o acceso a unha actividade de servizos e o seu exercicio non estarán suxeitos a un réxime de autorización. A transposición parcial ao ordenamento xurídico español realizado a través da Lei 17/2009, de 23 novembro, sobre libre acceso ás actividades de servizos e o seu exercicio, dispón que unicamente poderán manterse reximes de autorización previa cando así se estableza por Lei, cando non sexan discriminatorios, estean xustificados por unha razón imperiosa de interese xeral e sexan proporcionados. En particular, considerarase que non está xustificada unha autorización cando sexa suficiente unha comunicación ou unha declaración responsable do prestador, para facilitar, se cómpre, o control da actividade.

En España, a incorporación produciuse mediante a Lei 17/2009, do 23 de novembro, sobre libre acceso ás actividades de servizos e o seu exercicio (BOE do 24/11/2009). Ademáis, as Cortes aprobaron a Lei 25/2009, do 22 de decembro, de modificación de diversas leis para a súa adaptación á Lei sobre o libre acceso ás actividades de servizos e o seu exercicio citada (BOE do 23/12/2009). Esta lei, modificou, entre outras normas, o artigo 84.1 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, quedando redactado do seguinte modo:

“As entidades locais poderán intervir a actividade dos cidadáns a través dos seguintes medios:

a) Ordenanzas e bandos.

b) Sometemento a licenza previa e outros actos de control preventivo, sen prexuízo das excepcións previstas na lexislación de aplicación.

c) Sometemento a comunicación previa ou a declaración responsable, de conformidade co establecido no artigo 71 bis da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das Administracións públicas e do procedemento administrativo común.

d) Sometemento a control posterior ao inicio da actividade e execución de obra, para os efectos de verificar o cumprimento da normativa reguladora de dita actividade ou obra..

e) Ordes individuais constitutivas de mandato para a execución dun acto ou a prohibición deste”.

Ademais, engadiu o artigo 71 bis á Lei 30/1992, do 26 de novembro, relativo á declaración responsable e á comunicación.

Posteriormente a Lei 2/2011, do 4 de marzo, de Economía sostible, engadiu un novo artigo 84 bis á lei 7/1985, onde establece básicamente, e sen prexuízo do disposto no artigo 84 que, con carácter xeral, o exercicio de actividades non se someterá á obtención de licenza ou outro medio de control preventivo. Finalmente, esta lei engade un artigo 84 ter coa seguinte redacción: “Cando o exercicio de actividades non precise autorización habilitante e previa, as entidades locais deberán establecer e planificar os procedementos de comunicación necesarios, así como os de verificación posterior do cumprimento dos requisitos precisos para o exercicio de dita actividade polos interesados previstos na lexislación sectorial”.

Regulamentariamente, modificouse mediante o Real decreto 2009/2009, do 23 de decembro, o parágrafo 1 do artigo 22 do Regulamento de servizos das entidades locais, quedando coa seguinte redacción: “A apertura de establecementos industriais e mercantís poderá suxeitarse aos medios de intervención municipal, nos termos previstos na lexislación básica en materia de réxime local e na Lei 17/2009, do 23 de novembro, sobre o libre acceso ás actividades de servizos e o seu exercicio”.

A Lei 27/2013, 27 de decembro,de racionalización e sostibilidade da Administración local, no seu artigo primeiro, apartado vinte, dalle unha nova redacción ao artigo 84 bis da Lei 7/1985, de 2 de abril, establecendo que con carácter xeral, o exercicio de actividades non se someterá á obtención de licenza ou outro medio de control preventivo. Non obstante, poderá esixirse unha licenza ou outro medio de control preventivo respecto a aquelas actividades económicas:

a) Cando estea xustificado por razóns de orde público, seguridade pública, saúde pública ou protección do medio ambienteno lugar concreto onde se realice a actividade, e estas razóns non poidan salvagardarse mediante a presentación de unha declaración responsable ou de unha comunicación previa.

b) Cando pola escasez de recursos naturais, a utilización do dominio público, a existencia de inequívocos impedimentos técnicos ou en función da existencia de servizos públicos sometidos a tarifas reguladoras, o número de operadores económicos do mercado sexa limitado.

No ámbito autonómico, a Lei 13/2010, do 17 de decembro, do comercio interior de Galicia (DOG 29/12/2010), establece un marco xurídico para o desenvolvemento da actividade comercial en Galicia. Esta norma dispón que as actividades comerciais non suxeitas ao trámite de incidencia, efecto ou impacto ambientais nin ao informe da consellería titular da competencia de sanidade estarán exentas da obtención de licenza municipal, bastando para o inicio desta a presentación dunha comunicación previa ou dunha declaración responsable (artigo 28).

Posteriormente, o Real decreto-lei 19/2012, do 25 de maio, de medidas urxentes de liberalización do comercio e de determinados servizos elimina todos os supostos de autorización ou licenza municipal previa, motivados na protección do medio ambiente, da seguridade ou da saúde pública, ligados a establecementos comerciais e outros que se detallan no seu anexo cunha superficie de ata 300 metros cadrados. A devandita flexibilización esténdea tamén a todas as obras ligadas ao acondicionamento de locais que non requiran da redacción dun proxecto de obra, de conformidade coa Lei 38/1999, de 5 de novembro, de Ordenación da edificación.

A Lei 12/2012, do 26 de decembro, de medidas urxentes de liberalización do comercio e de determinados servizos, derrogou o antedito Real decreto-lei e introduciu na súa disposición adicional terceira adicada ás instalacións de redes públicas de comunicacións electrónicas a previsión de que as disposicións contidas no Título I da Lei aplicaránse ás estacións ou instalacións radioeléctricas utilizadas para a prestación de servizos de comunicacións electrónicas dispoñibles para o público, a excepción daquelas nas que concorran as circunstancias referidas no artigo 2.2 da devandita lei, ocupen unha superficie superior a 300 metros cadrados, computándose a tal efecto toda a superficie incluída dentro do valado da estación ou instalación ou, tratándose de instalacións de nova construción, tañan impacto en espazos naturais protexidos. A presente Disposición esténdese sen prexuízo da aplicación a ditas instalacións do establecido na Lei 32/2003, do 3 de novembro, Xeral de Telecomunicacións e a súa normativa de desenvolvemento.

A Lei 14/2013, de 27 de setembro, de apoio aos emprendedores e a súa internacionalización ven a ratificar esa dinamización e simplificación nos trámites respecto ás actividades que se viñan facendo nos últimos anos coa finalidade de impulsar as actividades e comercio, ampliando as actividades que se inlúen no anexo da Lei 12/2012 e a superficie ata 500 metros cadrados.

A Lei 9/2013, do 12 de decembro, do emprendemento e competitividade económica de Galicia da un paso máis respecto ás actividades, establecendo un réxime xurídico único e con carácter xeral a supresión da necesidade de obtención de licenza municipal de actividade, apertura ou funcionamento para a instalación, implantación ou exercicio de calquera actividade económica, empresarial, profesional, industrial ou comercial. Establecendo como modelo o de comunicación previa, estendendo dito modelo ás licenzas de obras, de xeito que se establece tamén o réxime xeral de comunicación previa xunto coa reserva para a licenza naqueles casos en que unha norma estatal así o esixe, singularmente a Lei 38/1999, de 5 de novembro, de ordenación da edificación, e o artigo 23 do Real decreto-lei 8/2011, de 1 de xullo, de medidas de apoio aos debedores hipotecarios, de control do gasto público e cancelación de débedas con empresas e autónomos contraídas polas entidades locais, de fomento da actividade empresarial e impulso da rehabilitación e de simplificación administrativa.

Como consecuencia, este Concello, dentro das medidas de adaptación á nova normativa, mediante a presente Ordenanza, pretende facilitar e facultar a posta en marcha de actividades económicas así como a realización de actos de uso do solo e do subsolo que non requiran unha licenza previa, co fin de estender a eliminación de trabas e axilización administrativa a outras actividades, de xeito que poderán iniciarse sen previa licenza municipal desde o mesmo día da presentación da comunicación previa, sen necesidade de esperar á finalización do control municipal, o cal se mantén aínda que se articule a posteriori.

Polo tanto, en virtude da autonomía local constitucionalmente recoñecida, que garante aos Municipios personalidade xurídica propia e plena autonomía no ámbito dos seus intereses, e que lexitima o exercicio de competencias de control das actividades que se desenvolvan no seu termo municipal, dítase a presente Ordenanza, previa observancia da tramitación establecida para ese fin polo artigo 49 da Lei 7/1985, do 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local.

CAPÍTULO PRIMEIRO. DISPOSICIÓNS XERAIS

Artigo 1.- Obxecto

1.- A presente Ordenanza ten por obxecto regular as formas de intervención administrativa no Concello de Cariño e establecer o réxime de intervención municipal de comunicación previa os actos de edificación e uso do solo e subsolo non suxeitos a licenza, e en todo caso, os que así se establezan nas leis.

2.- A finalidade desta Ordenanza é garantir que os establecementos adicados a actividades económicas cumpren coas condicións técnicas de seguridade, de hixiene, sanitarias, de accesibilidade e confortabilidade, de vibracións e de nivel de ruídos que regulamentariamente se determinen nas normas específicas de cada actividade, nas Normas Básicas de Edificación e Protección contra Incendios nos Edificios e coa normativa aplicable en materia de protección do medio ambiente e de accesibilidade de edificios.

3.- A Ordenanza desenvolve a lexislación de réxime autonómico e estatal.

Artigo 2.- Ámbito de aplicación.

Están sometidos ao ámbito de aplicación de esta ordenanza os actos de edificación e uso do solo e subsolo, non suxeitos a licenza

Artigo 3.- Medios de intervención na actividade urbanística.

1.- O Concello de Cariño poderá intervir na actividade dos cidadáns a través dos seguintes medios:

a) Ordenanzas e bandos.

b) Sometemento a licenza previa e outros actos de control preventivo, sen prexuízo das excepcións previstas na lexislación de aplicación.

c) Sometemento a licenza previa e a declaración responsable de conformidade co artigo 144 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia.

d) Sometemento a control posterior ao inicio da actividade e execución de obra, para os efectos de verificar o cumprimento da normativa reguladora de dita actividade ou obra..

e) Ordes individuais constitutivas de mandato para a execución dun acto ou a prohibición deste.

2.- As licenzas ou autorizacións outorgadas por outras Administracións públicas non eximen aos seus titulares de presentar a comunicación previa, respectándose en todo caso o disposto nas correspondentes leis sectoriais.

3.- Non se poderá presentar a comunicación previa nin conceder licenza sen que se acredite o previo outorgamento das autorizacións urbanísticas ou sectoriais doutras administracións públicas, cando sexan procedentes de acordo co disposto nesta lei.

4.- No suposto de que os actos de edificación e uso do solo e do subsolo suxeitos a licenza urbanística requiran a previa avaliación de impacto ambiental, non se poderá outorgar a licenza municipal con anterioridade á declaración de impacto ou efectos ambientais ditada polo órgano ambiental competente, ou cando for negativa ou se incumprisen as medidas correctoras determinadas nela.

5.-A actividade de intervención axustaráse en todo caso aos principios de igualdade de trato, necesidade e proporcionalidade en relación co fin que se persegue.

6.- No suposto de que os actos de edificación e uso do solo e do subsolo suxeitos a licenza urbanística requiran a previa avaliación de impacto ambiental, non se poderá outorgar a licenza municipal con anterioridade á declaración de impacto ou efectos ambientais ditada polo órgano ambiental competente, ou cando for negativa ou se incumprisen as medidas correctoras determinadas nela.

4.- Definicións.

Aos efectos desta Ordenanza entenderase por:

1. Actividade Económica: Toda aquela actividade industrial ou mercantil consistente en produción de bens ou prestación de servizos conforme ao previsto no art. 22.1 do Regulamento de Servizo das Corporacións Locais.

2. Servizo: Calquera actividade económica por conta propia, prestada normalmente a cambio dunha remuneración, contemplada no artigo 50 do Tratado da Comunidade Europea.

3. Declaración responsable: o documento subscrito pola persoa titular de unha actividade empresarial ou profesional no que declara, baixo a súa responsabilidade, que cúmpre cos requisitos establecidos na normativa vixente, que dispón da documentación que así o acredita e que se compromete a manter o seu cumprimento durante a vixencia da actividade.

4.Comunicación previadocumento mediante o cal os/as interesados/as poñen en coñecemento da Administración pública competente os seus datos identificadores e demais requisitos esixibles para o exercicio dun dereito ou inicio dunha actividade, consonte o establecido coa normativa de procedemento administrativo.

5. Autorización ou licenza: acto regrado da autoridade municipal competente pola cal, tras a comprobación das condicións establecidas pola normativa aplicable, autorízaselle ao/a solicitante para o exercicio dun dereito preexistente á edificación ou exercicio de actividades.

Artigo 5.- Normas comúns para o desenvolvemento das actividades

1.-As persoas responsables das actividades e establecementos están obrigadas a desenvolvelas e mantelas nas debidas condicións de seguridade, salubridade, acústicas, accesibilidade e calidade ambiental, reducindo a posible afección dos espazos públicos e empregando as mellores técnicas dispoñibles, que se é o caso, resultaren necesarias para o cumprimento das condicións expresadas.

Artigo 6.- Actos suxeitos a comunicación previa.

Todos os actos de ocupación, construción, edificación e uso do solo e do subsolo non recollidos no artigo 351 do Decreto 143/2016 de 22 de setembro que aproba o Regulamento da Lei do Solo de Galicia quedan sometidos ao réxime de comunicación previa urbanística. En particular sometese a comunicación previa:

- A execución de obras ordinarias ou instalacións menores.

- A utilización do solo para o desenvolvemento de actividades mercantís, industriais, profesionais, de servizos ou outras análogas.

- O uso do voo sobre as edificacións e instalacións de calquera clase.

- A modificación do uso de parte dos edificios e instalacións, en xeral, cando non teñan por obxecto cambiar os usos característicos do edificio nin implantar un uso residencial.

- A extracción de granulados para a construción e a explotación de canteiras, aínda que se produza en terreos de dominio público e estean suxeitos a concesión ou autorización administrativa.

- As actividades extractivas de minerais, líquidos e de calquera outra materia, así como as de verteduras no subsolo.

- A instalación de invernadoiros.

- A colocación de carteis e paneis de propaganda visibles desde a vía pública, sempre que non estean en locais pechados.

- Os cerramentos e valados de predios.

- A primeira ocupación dos edificios.

Cando se queiran realizar diversas actuacións relacionadas coa mesma edificación ou inmoble, presentarase unha única comunicación previa.

Artigo 7.- Actos suxeitos a licenza urbanística

Estarán suxeitos a licenza municipal, sen prexuízo das autorizacións que sexan procedentes de acordo coa lexislación sectorial aplicable, os seguintes actos:

- Os actos de edificación e uso do solo e do subsolo que, consonte a normativa xeral de ordenación da edificación, precisen de proxecto de obras de edificación.

- As intervencións en inmobles declarados bens de interese cultural ou catalogados polas súas singulares características ou valores culturais, históricos, artísticos, arquitectónicos ou paisaxísticos.

- As demolicións, agás as derivadas de resolucións de expedientes de restauración da legalidade urbanística.

- Os muros de contención de terras, segundo se estableza regulamentariamente.

- Os grandes movementos de terras e as explanacións.

- As parcelacións, segregacións ou outros actos de división de terreos en calquera clase de solo, cando non formen parte dun proxecto de reparcelación.

- A implantación de calquera instalación de uso residencial, xa sexa provisional ou permanente.

- A corta de masas arbóreas ou de vexetación arbustiva en terreos incorporados a procesos de transformación urbanística e, en todo caso, cando a dita corta derive da lexislación de protección do dominio público.

- A apertura de establecementos abertos ao público cunha capacidade superior a 500 persoas, ou que presenten unha especial situación de risco, de conformidade co disposto na normativa técnica en vigor.

- A instalación de terrazas ao aire libre ou na vía pública, anexas ao establecemento aberto ao público.

- A celebración de espectáculos públicos e actividades recreativas de carácter extraordinario, sempre que requiran de plan de autoprotección ou dun plan ou estudo específico segundo a normativa sectorial aplicable.

- A montaxe de instalacións para a celebración de espectáculos públicos e actividades recreativas e a celebración de espectáculos públicos e actividades recreativas que deban dispoñer de plan de autoprotección ou dun plan ou estudo específico segundo a normativa sectorial aplicable.

- A celebración dos espectáculos públicos e das actividades recreativas que se desenvolvan en máis dun termo municipal da Comunidade Autónoma, conforme o procedemento que regulamentariamente se estableza.

- A celebración dos espectáculos e festexos taurinos, que se rexerán pola súa normativa específica.

- A apertura de establecementos abertos ao público e a celebración de espectáculos públicos ou actividades recreativas cuxa normativa específica exixa a concesión de licenza ou autorización.

Artigo 8.- Actos suxeitos a declaración responsable.

Con carácter xeral, a apertura dos establecementos abertos ao público nos que se desenvolvan espectáculos públicos ou actividades recreativas e a organización de espectáculos públicos e actividades recreativas están sometidas ao réxime de declaración responsable. Porén, por razóns de interese xeral vinculadas á orde, seguridade e saúde públicas e protección do medio ambiente, exixirase a obtención de licenza municipal ou autorización autonómica nos supostos establecidos no artigo 40 da Lei 9/2013, do 19 de decembro, do emprendemento e competitividade de Galicia.

Artigo 9.- Actos non suxeitos a licenza urbanística, comunicación previa ou declaración responsable.

Malia o disposto nos artigos anteriores e agás que as ordenanzas municipais, en supostos excepcionais expresamente xustificados, establezan un réxime de declaración responsable, quedan exentos de declaración responsable, de licenza e de autorización autonómica, sen prexuízo do cumprimento dos requisitos que sexan aplicables:

- A apertura de establecementos abertos ao público que sexan de titularidade do propio concello.

- Os espectáculos públicos e as actividades recreativas organizados polos concellos con motivo de festas e verbenas populares, con independencia da titularidade do establecemento ou espazo aberto ao público onde se leven a cabo.

- Será innecesario o outorgamento de licenza cando a división ou segregación sexa consecuencia de:

a) A aprobación dun proxecto de compensación, reparcelación ou expropiación

b) A execución de infraestruturas e dotacións públicas

c) O outorgamento polo planeamento de distinta clasificación ou cualificación da parcela de orixe.

- As obras derivadas dunha orde de execución, salvo que pola entidade das obras se exixa de solicitude de licenza acompañada do correspondente proxecto.

- As obras derivadas de ordes impostas en expedientes de protección da legalidade urbanística.

- As obras publicas eximidas expresamente pola lexislación sectorial ou a de ordenación do territorio.

- As obras de urbanización previstas nos proxectos de urbanización.

- A demolición de construción declaradas en ruína, agás que polo entidade das obras se esixa da solicitude de licenza acompañada do correspondente proxecto técnico.

- As actuacións urbanísticas promovidas polo Concello de Cariño no seu termo municipal, entendéndose autorizadas polo acordo de aprobación do órgano competente do Concello, logo da acreditación no expediente do cumprimento da normativa.

- As obras de apuntamento e outras medidas de seguridade urxentes, cando sexan precisas.

- As obras derivadas dunha orde de execución, salvo que pola entidade das obras se esixa da solicitude de licenza acompañada do correspondente proxecto técnico.

- As obras derivadas de ordes impostas en expedientes de protección da legalidade urbanística.

- As obras de urbanización previstas nos proxectos de urbanización.

- As actuacións urbanísticas promovidas polo Concello de Cariño no seu propio termo municipal, entendéndose autorizadas polo acordo de aprobación do órgano competente do Concello, logo da acreditación no expediente do cumprimento da normativa.

- As obras públicas eximidas expresamente pola lexislación sectorial ou a de ordenación do territorio.

Artigo 10.- Erro na cualificación do escrito achegado.

1.-O erro na cualificación do escrito achegado pola persoa interesada na elección dalgúns procedementos de sometemento a licenza ou no de comunicación previa, non será obstáculo para a súa tramitación, sempre que do seu contido se deduza o seu verdadeiro carácter. O Concello notificarálle ao interesado para facerlle constar tal circunstancia e, no seu caso, requirirá a documentación que sexa precisa para a continuación do procedemento que corresponda.

2.- Cando a persoa interesada presentase ante o Concello unha comunicación previa, sendo o réxime aplicable o da licenza, advertiráselle que non poderá executar a obra ou iniciar a actividade ata que obteña a preceptiva licenza. Se iniciase a actividade ou executase a obra requiriráselle para que proceda de inmediato á súa paralización coas advertencias propias dos procedementos de reposición da legalidade urbanística e sancionadores.

3.- Cando a persoa interesada solicitase ante o Concello unha licenza cando o réxime aplicable é o de comunicación previa, notificaráselle para sinalarlle que debe de achegar a documentación e modelo correspondente e que non poderá executar a obra en tanto non presente a devandita documentación completa.

Artigo 11.- Responsabilidades.

1.-As e os técnicos asinantes da documentación técnica achegada son responsables da súa calidade e axuste ás normas que sexan aplicables en cada caso.

2.- As e os técnicos directores das obras e instalacións proxectadas (director/a de obra e director/a de execución) son responsables da súa correcta execución, consonte coa documentación técnica aprobada, coas normas aplicables e, en ausencia de regulamentación e instrucións específicas, coas normas técnicas de recoñecemento xeral e bo facer técnico.

3.- As e os técnicos asinantes das certificacións ou declaracións que se acheguen serán responsables da exactitude e da veracidade contida nelas.

4.- As e os titulares e promotores son responsables durante o desenvolvemento das actividades e execución das obras do cumprimento das determinacións contidas na documentación técnica anexa á comunicación previa, así como da efectiva instalación e cumprimento das condicións impostas pola administración municipal ou outra autoridade competente.

5.- A comunicación previa presentada para os actos de uso do solo suxeitos a ela implica a responsabilidade solidaria de quen promove as obras ou actividades, de quen ten a propiedade dos terreos, ou os/as empresarios/as das obras ou actividade dos/as técnicos/as redactores/as do proxecto e directores/as das obras e da súa execución, respecto da conformidade das obras e da actividade coa ordenación urbanística de aplicación e a súa adecuación ao proxecto presentado.

Artigo 12.- Alcance do control de legalidade da comunicación previa.

1.- A intervención municipal, a través da comunicación previa circunscribiráse estritamente á comprobación da integridade formal e da suficiencia legal do proxecto técnico e calquera outra documentación esixible para ser executadas as obras e instalacións e implantar as actividades, así como a habilitación legal do autor ou autores do proxecto, no caso de que a actuación o requirise e da conformidade ou non do proxectado ao pretendido coa ordenación urbanística de pertinente aplicación.

2.- En ningún caso a intervención municipal, a través da comunicación previa controlará os aspectos técnicos relativos á seguridade estrutural das construcións ou á calidade dos elementos ou materiais empregados.

3.- O control da legalidade realizado a través da comunicación previa acadará as condicións da edificación establecidas no planeamento municipal e a demais lexislación sectorial aplicable.

4.- Cando a comunicación previa presentada se refira á intervención parcial nun edificio, local ou actividade, o control municipal circunscribiráse á actuación pretendida e, no seu caso, á repercusión que poida ter no resto do edificio, local ou actividade co seu contorno.

Artigo 13. Consulta previa

1.- Os interesados poderán presentar solicitudes de consulta previa sobre aspectos concernintes a un proxecto de apertura de establecemento ou inicio de actividade ou obra, que acompañarán dunha memoria descritiva ou dos datos suficientes que definan as características xerais da actividade proxectada e do inmoble en que se pretenda levar a cabo.

2.- A contestación á consulta realizarase de acordo cos termos da mesma e a documentación achegada, e farase indicación ao interesado de cantos aspectos concirnan á apertura do establecemento, inicio da actividade ou de obra e en concreto:

a) Requisitos esixidos.

b) Documentación a achegar.

c) Administración que sexa competente en cada caso, en atención ao tipo de actividade de que se trate.

d) Outros aspectos que sexan de interese para a apertura do establecemento ou o inicio da actividade.

3.- O sentido da resposta ás consultas formuladas non terá carácter vinculante para a Administración.

4.- Se se presentase a declaración responsable nun momento posterior, farase referencia clara ao contido da consulta previa e a súa contestación.

CAPÍTULO SEGUNDO: PROCEDEMENTO

Artigo 14.- Regulación do procedemento.

1.- Os actos de control e intervención da administración municipal, nos supostos previstos no artigo 6 da presente ordenanza, axustaránse ao seguinte procedemento:

a.- A comunicación previa formularase a instancia de calquera persoa interesada en iniciar unha actividade ou obra, podendo realizarse a través de representante autorizado e poderá presentarse en calquera dos rexistros sinalados no artigo 6 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

b.- A presentación do impreso normalizado, acompañado dos documentos esixidos na presente Ordenanza, determinarán a iniciación do procedemento, rexéndose a mesma, así como a ordenación, instrución e finalización de disposicións do Titulo I. Da actividade das administracións públicas da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

c.- O rexistro da documentación completa no órgano competente para coñecer da actuación de que se trate, equivalerá á toma de coñecemento por parte da Administración municipal.

d.- As actuacións comunicadas respecto ás actividades que non requiran a execución de obras, poderán iniciarse dende a mesma data da súa posta en coñecemento na Administración ou a data que sinale expresamente a persoa interesada na comunicación previa, sempre e cando a documentación estea completa nos termos establecidos na presente Ordenanza e lexislación aplicable, e a actuación se axuste ao ordenamento xurídico.

e.- As actuacións comunicadas respecto ás actividades que requiran da execución de obras, non poderán iniciarse ata tanto o interesado/a non comunique o inicio da actividade mediante o modelo normalizado.

f.- No caso de execución de obras, o promotor dos actos de uso do solo e do subsolo presentará a comunicación previa ao concello cunha antelación mínima de quince días ao da data en que pretenda levar a cabo ou comezar a súa execución.

Artigo 15.-Presentación da comunicación previa.

1. A comunicación previa deberá ir acompañada da documentación xunto cos modelos que se sinalan no Anexo á presente Ordenanza

2.. O promotor, con carácter previo á execución do acto de que se trate, comunicará ao concello a súa intención de levar a cabo o acto cunha antelación mínima de quince días hábiles á data na que pretenda comezar a súa execución. Á comunicación deberá ir acompañada da seguinte documentación:

a) Datos identificativos da persoa física ou xurídica promotora e, de ser o caso, de quen a represente, así como un enderezo para efectos de notificacións.

b) Descrición técnica das características do acto de que se trate ou, se é o caso, proxecto técnico legalmente exixible (artigo 146.1.a) da LSG).

c) Manifestación expresa de que a comunicación previa presentada cumpre en todos os seus termos coa ordenación urbanística de aplicación (artigo 146.1.b) da LSG).

d) Copia das autorizacións, concesións administrativas ou informes sectoriais cando sexan legalmente exixibles ao solicitante, ou acreditación de que se solicitou o seu outorgamento (artigo 146.1.c) da LSG).

Para estes efectos, no caso de non terse emitidos os informes no prazo legalmente establecido, acreditarase tal circunstancia.

e) Autorización ou documento de avaliación ambiental, no caso de requirila o uso a que se destinen as obras (artigo 146.1.d) da LSG).

f) Xustificante de pagamento dos tributos municipais que resulten preceptivos.

g) De ser o caso, certificado emitido polas entidades de certificación de conformidade municipal previstas neste regulamento.

h) Documento de formalización da cesión, se é o caso.

i) Data de inicio e finalización das obras.

3. Dentro dos quince días hábiles seguintes á comunicación, o concello, sen prexuízo da comprobación do cumprimento dos requisitos, poderá declarar completa a documentación presentada ou requirir a reparación das deficiencias que presente a documentación, adoptando neste caso, motivadamente, as medidas provisionais que entenda oportunas para evitar toda alteración da realidade en contra da ordenación urbanística aplicable, comunicándoas á persoa interesada por calquera medio que permita acreditar a súa recepción (artigo 146.2 da LSG).

Unha vez declarada polo concello, de ser o caso, completa a documentación presentada, o exercicio das facultades municipais de inspección e control sobre os actos de uso do solo ou do subsolo obxecto da comunicación previa presentada limitarase á comprobación do cumprimento dos requisitos materiais aos que estivesen sometidos pola lexislación e o planeamento urbanísticos.

Con carácter xeral, transcorrido o prazo de quince días hábiles sinalado, a presentación da comunicación previa cumprindo con todos os requisitos exixidos constitúe título habilitante para o inicio dos actos de uso do solo e do subsolo suxeitos a ela, sen prexuízo das posteriores facultades de comprobación, control e inspección por parte do concello respectivo (artigo 146.2 da LSG).

Cando deban realizarse diversas actuacións relacionadas coa mesma edificación ou inmoble, presentarase unha única comunicación previa (artigo 146.3 da LSG).

En relación coa prelación de títulos administrativos e as comunicación previas, resultará de aplicación o previsto para as licenzas no artigo 356 Decreto 143/2016 de 22 de setembro que aproba o Regulamento da Lei do Solo de Galicia.

Artigo 16.- Execución de obras en dominio público.

Para a ocupación da vía pública como consecuencia da execución de obras, deberáse solicitar autorización municipal, coa licenza municipal ou posteriormente á concesión de ésta, e, no caso de obras suxeitas ao réxime de comunicación previa, previamente ou simultáneamente á presentación desta, non puidendo iniciar a execución das obras ata tanto non se obteña a autorización municipal.

A execución das obras en dominio público respectará os servizos municipais existentes, calquera dano ocasionado na vía pública comportará a obriga do seu resarcimento polo titular da obra, debendo previamente á concesión da licenza de obra ou coa presentación da comunicación previa, no seu caso, aportar garantía suficiente (aval ou depósito en metálico) para responder dos posibles danos.

A licenza concedida ou a comunicación previa presentada outórgase en precario, e no caso de que por calquera actuación futura no vial as obras obxecto da licenza ou comunicación previa impidan o ensanche do mesmo, a instalación, reparación ou mellora dos servizos municipais, as modificacións ou traslados necesarios serán por conta do titular da licenza ou comunicación previa presentada, no seu caso, sen dereito a percibir indemnización.

Artigo 17.-Tramitación da comunicación previa de inicio de actividade ou apertura de establecemento.

Con carácter previo ao inicio da actividade ou da apertura de establecemento, os interesados presentarán ante o Concello a documentación xunto co modelo correspondente que se sinalan no anexo da presente Ordenanza.

Analizada a documentación, e e en función da adecuación ou non do seu contido ao ordenamento urbanístico, ás prescricións da presente ordenanza e ás demais lexislacións aplicable, a tramitación dos actos comunicados axustaráse ás seguintes regras:

1.- cando a actuación comunicada se adecúe ao ordenamento xurídico e ás prescricións desta ordenanza, ésta producirá os efectos establecidos na normativa de aplicación, constituíndo título habilitante para o inicio da actividade, sen prexuízo das posteriores facultades de comprobación, control e inspección.

2.- Cando a comunicación achegada sexa insuficiente ou incorrecta, dentro do prazo de 15 días seguintes ao da comunicación, notificaráselle á persoa interesada para que se absteña de iniciar a súa actividade, concederáselle un prazo de 15 días para subsanar a documentación presentada. De non atender aos requirimentos anteriores, procederáse ao arquivo do expediente sen mais trámite, todo isto sen prexuízo, no seu caso, da tramitación dos correspondentes procedementos de reposición da legalidade urbanística e sancionador previstos na lexislación.

3.- Dentro do prazo dos 15 días seguintes ao da comunicación ou do da subsanación de deficiencias, o Concello, poderá declarar completa a documentación presentada, no caso de que o interesado así o solicitara.

4.- Cando se estime que actuación comunicada non está incluída entre as previstas para ser tramitadas por este procedemento, no prazo non superior a 15 días seguintes ao da comunicación, notificaráselle ao/a solicitante coa indicación de que se absteña de iniciar a actividade, procedendo, de ser o caso, a continuación da tramitación mediante o procedemento de outorgamento de licenza.

5.- Cando a actuación comunicada non se axuste ao planeamento vixente e demais normativa de obrigado cumprimento, no prazo de 15 días seguintes ao da comunicación, notificaráselle esta circunstancia a/ao solicitante indicando que debe de absterse de iniciar a actividade; concederáselle trámite de audiencia polo prazo de 10 días, con carácter previo ao arquivo do expediente, todo isto sen prexuízo, de que se executase a obra, adoptaránse motivadamente as medidas provisorias que se entendan oportunas para evitar toda alteraciónda realidade en contra da ordenación urbanística aplicable, coas advertencias propias dos procedementos de resposición da legalidade urbanística e sancionador previstos na lexislación urbanística.

6.- A implantación de actividades cumprirán as disposicións vixentes en materia de edificación, infraestruturas, seguridade e saúde no traballo, e as dimensións e características das actividades non excederán das comunicadas, considerándose infracción urbanística calquera extralimitación destas.

7.- As condicións manifestadas ao Concello deben de manterse durante a realización da actividade, coa obriga de que de producírense cambios na actividade deberán de poñerse en coñecemento da Administración a través dos procedementos oportunos. De producírense cambios ou modificacións que requiran de licenza ou comunicación previa, non poderán executarse ata tanto non conte coa preceptiva licenza ou presente a comunicación previa, caso contrario, adoptaránse as medidas de restauración da legalidade e/ou sancionadoras que establece a normativa.

Artigo 18.- Obras destinadas ao desenvolvemento de unha actividade.

1. Cando a obra teña por obxecto o desenvolvemento dunha actividade, consignarase expresamente esa circunstancia e, xunto coa comunicación previa ou a solicitude de licenza de obra, de ser o caso, presentarase a seguinte documentación:

a) Datos identificativos da persoa física ou xurídica titular da actividade ou do establecemento e, de ser o caso, de quen a represente, así como un enderezo para efectos de notificacións.

b) Memoria explicativa da actividade que se pretenda realizar, de ser o caso subscrita por técnico competente, que detalle os seus aspectos básicos, a súa localización e o establecemento ou establecementos onde se vai desenvolver.

c) Xustificante de pagamento dos tributos municipais que resulten preceptivos.

d) Manifestación expresa da persoa titular da actividade ou do establecemento, de ser o caso, subscrita por técnico competente, de que se cumpren todos os requisitos para o exercicio da actividade e de que o establecemento reúne as condicións de seguridade, salubridade e as demais previstas no planeamento urbanístico.

e) O proxecto e a documentación técnica que resulte exixible segundo a natureza da actividade ou instalación.

f) A autorización ou declaración ambiental, de ser o caso.

g) As demais autorizacións e informes sectoriais que sexan preceptivos.

h) De ser o caso, o certificado emitido polas entidades de certificación de conformidade municipal.

2. Logo de rematar a obra e obtida a licenza de primeira utilización da edificación, nos casos en que sexa exixible, presentarase comunicación previa ou declaración responsable para o inicio da actividade ou a apertura do establecemento sen máis requisitos, salvo disposición en contrario, que os datos de identificación da persoa titular e a referencia da comunicación previa ou a licenza urbanística que amparou a obra realizada e o certificado final de obra asinado por técnico competente.

3. Nos casos previstos neste artigo, as facultades municipais de comprobación, control e inspección exerceranse, en primeiro lugar, en relación coa actividade a que vaia destinada a obra; deberá suspenderse toda actuación administrativa en relación con esta última mentres a persoa interesada non acredite debidamente o cumprimento dos requisitos legais para o exercicio da actividade, nos seguintes termos:

a) Se o réxime aplicable á obra é o de comunicación previa urbanística e a Administración municipal formulase requirimento á persoa interesada para emendar os incumprimentos ou deficiencias detectados na documentación ou nos requisitos urbanísticos relativos á actividade, entendendo por requisitos o cumprimento do planeamento e ordenanzas municipais, dentro do prazo de quince días previsto no artigo 361.1, ese prazo quedará en suspenso desde a notificación do requirimento ata a acreditación da emenda dos incumprimentos ou deficiencias e a comunicación previa urbanística relativa á obra non terá eficacia mentres non se retome o cómputo do devandito prazo e o total cumprimento deste.

b) Se o réxime aplicable á obra é o de licenza urbanística e se formulase requirimento á persoa interesada para emendar os incumprimentos ou deficiencias detectados na documentación ou nos requisitos urbanísticos relativos á actividade, entendendo por requisitos o cumprimento do planeamento e ordenanzas municipais, o procedemento de outorgamento da licenza e o prazo de resolución deste quedarán en suspenso desde a notificación do requirimento ata a acreditación da emenda dos incumprimentos ou deficiencias, sen prexuízo da eventual aplicación das normas da lexislación do procedemento administrativo común sobre caducidade dos procedementos iniciados por solicitude de persoa interesada por paralización destes por causa imputable á persoa interesada.

Artigo 19.- Cambios de titularidade en obras e actividades comunicadas.

1.-En ningún caso serán susceptibles de cambio de titularidade as obras e actividades comunicadas que deberan ser obxecto dunha nova comunicación previa para o inicio da actividade ou execución das obras.

2.-Quen exerza a nova titularidade deberá presentar ante o Concello a documentación xunto co modelo correspondente que se sinalan nos anexos da presente Ordenanza. Non en tanto, e sempre que se acredite o consentemento do anterior titular da actividade ou obra comunicada non será preciso presentar de novo a documentación xa achegada anteriormente, sempre que non se alterasen as condicións relativas á normativa de aplicación, nin as condicións e medidas manifestadas que habilitaron a execución das obras ou inicio de actividade.

3.-En ningún caso, producirán efecto as comunicacións previas de cambio de titularidade respecto de locais ou inmobles nos que cesase a actividade por tempo superior ininterrompido de un (1) ano, o cal deberá cumprimentarse expresamente no modelo do anexo do cambio de titularidade.

4.-Cando se produza unha modificación na actividade, nos casos de cambio de clase de actividade, cambio de localización, reforma substancial dos locais, instalacións ou calquera cambio que implique unha variación que afecte á seguridade, salubridade, ou perigosidade do establecemento, deberá ser obxecto dunha nova comunicación previa ou licenza de actividade, no seu caso, coa documentación completa esixida.

5.- As comunicacións previas serán transmisibles nos termos establecidos na normativa de aplicación. O/A novo/a titular deberá comunicalo por escrito ao Concello de Cariño, de acordo cos modelos do Anexo, facendo expresa referencia á licenza que quere adquirir, sen o cal quedarán ámbolos dous (transmitente e adquirente) suxeitos ás responsabilidades derivadas da actuación.

6.- A responsabilidade do cumprimento dos requisitos administrativos a que estivese sometida a actividade ou o establecemento trasladarase á nova persoa titular a partir do momento en que o cambio de titularidade se fixese efectivo, con independencia da data en que se leve a cabo a comunicación do cambio de titularidade prevista neste artigo. En caso de que a nova persoa titular non presente a devandita comunicación, a anterior persoa titular eximirase de toda responsabilidade se acredita ante a Administración o cambio de titularidade por calquera medio admisible en dereito.

Artigo 20.- Efectos das comunicacións previas.

1.-A toma de coñecemento non é unha autorización administrativa para exercer unha actividade ou executar unha obra, senón un medio para que a Administración coñeza a existencia da devandita actividade/obra e posibilitar un control posterior, distinto da facultade de inspección ordinaria, mediante as oportunas actuacións administrativas.

2.As actuacións comunicadas producirán efectos entre o Concello e o suxeito a cuxa actuación se refiran, pero non alterarán as situacións xurídicas privadas entre este e as demais persoas. Realizaránse deixando a salvo o dereito de propiedade e sen prexuízo de terceiros.

3.- As comunicacións previas producirán os efectos que determinen en cada caso a lexislación correspondente, a presente ordenanza e demais normativa municipal, e permitirán con carácter xeral o recoñecemento ou exercicio dun dereito ou ben o inicio dunha actividade, sen prexuízo das facultades de comprobación, control e inspección que teña atribuída a administración municipal.

4.- A inexactitude, falsidade ou omisión, de carácter esencial, en calquera dato, manifestación ou documento que se achega ou incorpora á comunicación previa comporta, logo da audiencia do interesado, a declaración de ineficacia da comunicación efectuada e impide o exercicio do dereito ou da actividade afectada ou da execución da obra dende o momento en que se coñece, sen prexuízo das sancións que proceda impoñer por tales feitos.

5.- O incumprimento sobrevido das condicións de comunicación previa ou dos requisitos legais da actividade será causa de ineficacia da comunicación previa e habilitarán ao Concello para a súa declaración logo da audiencia do interesado.

6.- A comunicación previa para o inicio de actividades que cumpra os requisitos establecidos neste regulamento habilita desde o mesmo momento da dita presentación para o inicio da actividade ou a apertura do establecemento a que esta se refira, salvo o dereito de propiedade e sen prexuízo de terceiros. A referida presentación non constitúe unha autorización administrativa tácita, senón unicamente a transmisión da información correspondente para efectos do coñecemento municipal e de posibilitar a intervención mediante o control posterior, sen prexuízo das facultades de inspección ordinaria.

7.- Non obstante, cando a actividade requira a execución de obras ou instalacións, non se poderán iniciar ou desenvolver as actividades ata que estean as obras ou instalacións totalmente finalizadas e se presente a comunicación previa de inicio ou desenvolvemento da actividade acompañada coa documentación indicada neste regulamento.

Artigo 21.- Prazos para a execución das obras sometidas a comunicación previa.

Con carácter xeral, transcorrido o prazo de quince días hábiles sinalado, a presentación da comunicación previa cumprindo con todos os requisitos exixidos constitúe título habilitante para o inicio dos actos de uso do solo e do subsolo suxeitos a ela, sen prexuízo das posteriores facultades de comprobación, control e inspección por parte do concello respectivo (artigo 146.2 da LSG).

As comunicacións previas relativas á execución de obras deberán sinalar o prazo para o seu inicio e remate, en proporción á súa entidade e de conformidade co que establezan as ordenanzas municipais sobre uso do solo e a edificación.

Os prazos indicados prorrogaranse pola metade do prazo establecido se a persoa interesada o comunica antes de ter transcorrido o referido prazo.

O prazo para o inicio e remate das obras non poderán exceder dos tres meses e un ano respectivamente.

Artigo 22.- Extinción dos efectos derivados das comunicacións previas

Transcorridos os prazos máximos indicados na comunicación previa para iniciar ou rematar as obras, incluídas as súas prórrogas respectivas, sen que fosen iniciadas ou finalizadas, a persoa interesada queda inhabilitada para empezalas ou continualas, segundo corresponda.

As comunicacións previas e as súas prórrogas quedarán sen efecto cando non se executasen as actuacións nos prazos referidos, logo de audiencia ao interesado, sen prexuízo de que este poida presentar unha nova comunicación previa que, en todo caso, se axustará á normativa vixente no momento da súa presentación.

Ademais, poderán lugar a extinción dos efectos derivados da comunicación previa:

a.A renuncia expresa do/a titular, comunicada por escrito á Administración Municipal, e aceptada por esta.

b.A revogación ou anulación nos casos establecidos e conforme aos procedementos sinalados na normativa aplicable.

CAPÍTULO TERCEIRO: ACTIVIDADE DE CONTROL E INSPECCIÓN

Artigo 23.- Obxecto

1.-A Administración municipal está obrigada a exercer de forma permanente e continuada as funcións de comprobación, vixilancia, control e inspección sobre as actividades e obras que se realicen no termo municipal, e realizaránse con posterioridade á presentación da comunicación previa. Esta obriga conlevará a realización de determinadas actividades administrativas que suporán no seu caso a exacción das pertinentes taxas.

2.- O persoal municipal adscrito á inspección e vixilancia urbanística, no exercicio das súas funcións, terá a consideración de axente da autoridade e gozará do estatuto regulado na lexislación urbanística. A actividade de control deberá de verificar a efectiva adecuación da actividade e obra á normativa aplicable, sen prexuízo do procedemento de protección da legalidade e sancionador que, no seu caso, poida iniciarse.

3.- A Administración municipal poderá, en calquera momento, de oficio ou por denuncia, efectuar visitas de control ou inspección as obras, establecementos e actividades anteditas.

Artigo 24.-Procedemento de inspección e control.

As facultades municipais de comprobación, control e inspección exerceranse, en primeiro lugar, en relación coa actividade a que vaia destinada a obra; deberá suspenderse toda actuación administrativa en relación con esta última mentres a persoa interesada non acredite debidamente o cumprimento dos requisitos legais para o exercicio da actividade.

Se o réxime aplicable á obra é o de comunicación previa urbanística e a Administración municipal formulase requirimento á persoa interesada para emendar os incumprimentos ou deficiencias detectados na documentación ou nos requisitos urbanísticos relativos á actividade, entendendo por requisitos o cumprimento do planeamento e ordenanzas municipais, dentro do prazo de quince días previsto no artigo 361.1, ese prazo quedará en suspenso desde a notificación do requirimento ata a acreditación da emenda dos incumprimentos ou deficiencias e a comunicación previa urbanística relativa á obra non terá eficacia mentres non se retome o cómputo do devandito prazo e o total cumprimento deste.

1. No que se refiera as actividades todas as actuacións incluídas no ámbito de aplicación destas normas quedan suxeitas á acción inspectora municipal, que pode ser exercida en calquera momento. Para tal efecto, o concello velará polo cumprimento dos requisitos aplicables segundo a lexislación de aplicación. Estará facultado para investigar e inspeccionar as instalacións, establecementos, obras e actividades co obxecto de comprobar o cumprimento das condicións de funcionamento e a adecuación á normativa vixente e cantos requisitos correspondan, no marco da documentación presentada xunto coa comunicación previa.

2. O persoal municipal adscrito á inspección e vixilancia de actividades e establecementos, no exercicio das súas funcións, terá a consideración de axente da autoridade e gozará do estatuto recollido na lexislación urbanística.

3. As persoas interesadas teñen o deber de cooperación para a comprobación da adecuación das obras e actividades á normativa aplicable.

4. As actuacións de comprobación e inspección, así como de vixilancia e control, axustaranse ao disposto na lexislación sectorial, así como ás prescricións destas normas. Malia o anterior, no marco das competencias municipais poderá requirirse, en calquera momento, a presentación da documentación acreditativa do cumprimento dos aspectos cuxo cumprimento resulte exixible de acordo coa normativa de aplicación.

O control realizado posteriormente á presentación da comunicación previa levarano a cabo os servizos municipais no xeito que determine o plan de inspección aprobado polo concello, sen prexuízo da utilización de medios de colaboración pública, a través de fórmulas de colaboración interadministrativa, ou de medios de colaboración privada, a través das entidades de certificación de conformidade municipal.

5. A realización de visitas de inspección da actividade comporta a obriga de redactar unha acta de comprobación, sen prexuízo da tramitación, de ser o caso, dos correspondentes expedientes sancionadores ou de restablecemento da legalidade urbanística

Artigo 25.- Plan de inspección

O concello aprobará, coa periodicidade que se sinale e, en todo caso, con carácter bianual, o plan de inspección. O plan será elaborado polo departamento correspondente coa finalidade de articular, programar e racionalizar as inspeccións previstas nestas normas. O seu obxecto e conclusións teñen carácter público, e a concreción da programación será reservada.

En todo caso, así como en ausencia de plans de inspección, a inspección actuará de xeito preferente nos seguintes supostos:

a) Ante denuncias de particulares.

b) Nos expedientes referidos a actividades e establecementos que fosen obxecto de procedementos sancionadores.

c) Ante situacións de risco grave para o ambiente, seguridade, salubridade e, con carácter xeral, para as persoas ou os bens.

Artigo 26.- Inicio do procedemento

O procedemento de inspección e control posterior pode iniciarse por calquera dos seguintes medios:

a) Denuncia dos servizos municipais.

b) Denuncia de terceiros.

c) De conformidade co plan de inspección municipal.

Artigo 27.- Actas de inspección

1. As actas de comprobación, configuradas como documento que se expide co fin de recoller o resultado das actuacións de investigación e inspección nos supostos de actuacións sometidas a comunicación previa, expediranse por duplicado e serán asinadas polo persoal inspector e, de ser o caso, polas persoas ante as cales se expidan. A achega de copia da acta equivale á súa notificación.

2. As actas redactaranse seguindo os modelos normalizados que para tal efecto se aproben por resolución do órgano competente.

Artigo 28.- Control posterior

Efectuadas as actuacións de inspección no marco do procedemento de control posterior, os servizos municipais emitirán informe, que poderá ser:

a) Favorable, como consecuencia da comprobación da corrección da documentación técnica e o axuste da actividade a esta.

b) Con deficiencias, cando das deficiencias observadas a resultas da acta de inspección e, de ser o caso, dos informes técnicos que se emitan, derive a existencia de incumprimentos normativos corrixibles mediante a imposición de condicións para adaptar, completar ou eliminar aspectos que non requiran da elaboración de nova documentación técnica ou cando, de requirila, estas non comporten una modificación substancial, nos termos establecidos na lexislación de aplicación.

Transcorrido o prazo de emenda farase nova visita de inspección da cal se levantará a correspondente acta en que se determinará a corrección das condicións da actividade e, en consecuencia, ditarase resolución administrativa que declare conforme o control posterior da actividade. O prazo concedido pode ser obxecto de ampliación nos termos recollidos na normativa reguladora do procedemento administrativo.

c) Desfavorable, cando, como consecuencia dos informes técnicos emitidos, se poña de manifesto a existencia de incumprimentos normativos que excedan o sinalado na alínea anterior.

Neste caso notificarase o resultado do control á persoa interesada, indicándolle que deberá absterse de executar a actuación comunicada e concedéndolle un prazo de dez días con carácter previo á declaración de ineficacia da comunicación. Todo isto sen prexuízo da tramitación dos correspondentes procedementos de reposición da legalidade urbanística e sancionador.

A suspensión de natureza cautelar da actividade, na súa condición de acto de trámite cualificado, pode ser obxecto de recurso tanto na vía administrativa como na xudicial.

2. A finalización do procedemento de control posterior realizarase por resolución administrativa do órgano competente, que debe ser notificada á persoa titular da actividade ou do establecemento. A resolución recollerá o resultado do control efectuado, así como a imposición das medidas correctoras derivadas deste e a necesidade de iniciar, de ser o caso, o procedemento de declaración de ineficacia.

Artigo 29.- Suspensión da actividade

1. Toda actividade a que fan referencia estas normas pode ser suspendida, naqueles supostos de urxencia e gravidade, por non exercerse conforme os requisitos establecidos na normativa de aplicación, sen prexuízo das demais medidas provisionais que procedan de acordo coa normativa de aplicación e estas normas.

2. As denuncias que se formulen darán lugar á apertura das dilixencias correspondentes co fin de comprobar a veracidade dos feitos denunciados.

3. A resolución pola que se ordene a suspensión dos actos a que se refire o punto primeiro debe notificarse á persoa interesada e ten carácter inmediatamente executivo. Non é preceptivo para a adopción desta medida cautelar o trámite de audiencia previa, sen prexuízo de que no procedemento sancionador poidan presentarse as alegacións que se consideren pertinentes.

4. A suspensión cautelar da actividade, en canto acto de trámite cualificado, pode ser obxecto de recurso tanto en vía administrativa como xudicial.

CAPÍTULO CUARTO. RÉXIME SANCIONADOR

Artigo 30. Infraccións e sancións

As actividades suxeitas ao réxime de comunicación previa, aplicaráselles, respecto as medidas de reposición da legalidade urbanística e sancionadoras as determinadas na lexislación autonómica, en particular o Capitulo V do Titulo III da Lei 9/2013, do 12 de decembro, do emprendemento competitividade económica de Galicia e na Lei 2/2016, do 10 febreiro do Solo de Galicia.

Artigo 31. Medidas provisionais

Nos termos e cos efectos previstos no artigo 56 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento administrativo común das Administracións Públicas poderán adoptarse medidas de carácter provisional cando sexan necesarias para asegurar a eficacia da resolución que puidese recaer, as esixencias dos intereses xerais, a bo fin do procedemento ou evitar o mantemento dos efectos da infracción.

Artigo 32. Reincidencia e reiteración

1. Aos efectos da presente Ordenanza, entenderase que existe reincidencia nos casos de comisión dunha segunda infracción da mesma natureza no prazo de un ano dende que adquira firmeza a resolución administrativa.

2. Aos efectos da presente Ordenanza, considerarase que existe reiteración nos casos de comisión dunha segunda infracción de distinta natureza no prazo de dous anos desde que adquira firmeza a resolución administrativa.

Disposición adicionais

1. Establécense os correspondentes modelos normalizados no anexo da presente ordenanza. Estes modelos non teñen carácter regulamentario polo que o seu contido poderá ser ampliada ou modificado, se ben, cando se incorpore un novo modelo, se amplíe ou modifique, de xeito substancial, publicaráse no Boletín Oficial da Provincia e na páxina web municipal.

2. Facúltase o Alcalde para a aprobación e modificación de cantos modelos normalizados de documentos requira o desenvolvemento desta Ordenanza.

3.-Cando na presente Ordenanza se realicen alusións a normas específicas, entenderáse estensiva a referencia á norma que por promulgación posterior, substitúa á mencionada.

Disposicións

Disposición derrogatoria

Quedan derrogadas cantas disposicións municipais de igual ou inferior rango se opoñan ao que se establece nesta Ordenanza.

Disposición final.

A presente Ordenanza entrará en vigor aos quince días hábiles seguintes ao da súa completa publicación no Boletín Oficial da Provincia.

ANEXOS

· ANEXO 1. CP-01. REXIME DE COMUNICACIÓN PREVIA. EXECUCIÓN DE OBRAS. Precisan Técnico competente para a súa tramitación

· ANEXO 2. CP-02. REXIME DE COMUNICACIÓN PREVIA. EXECUCIÓN DE OBRAS. Intervencións que non precisan técnico competente para a súa tramitación.

· ANEXO 3. REXIME DE COMUNICACIÓN PREVIA. EXECUCIÓN DE OBRAS. Cerramentos e Valados.

· ANEXO 4. REXIME DE COMUNICACIÓN PREVIA. INICIO DE ACTIVIDADE OU APERTURA DE ESTABLECEMENTO.

· ANEXO 5. REXIME DE COMUNICACIÓN PREVIA. CAMBIO DE TITULARIDADE DE ACTIVIDADE.

· ANEXO 6. REXIME DE DECLARACIÓN RESPONSABLE. ACTIVIDADES RECREATIVAS E ESTABLECEMENTOS PÚBLICOS.

· ANEXO 7. REXIME COMUNICACIÓN PREVIA. PRIMEIRA OCUPACIÓN

20248.png

20255.png20263.png

20270.png

20283.png

20291.png

20300.png

20307.png

20314.png20567.png

20321.png

20328.png

20335.png

20343.png

20350.png

20358.png

20366.png

20374.png

20382.png

20390.png

20397.png20577.png

20406.png

20414.png

20421.png

20428.png

20435.png

20444.png

20451.png

20459.png

20467.png

20475.png

20484.png

20496.png

20504.png

20511.png

20520.png

20527.png

20534.png

20541.png

Nota do Servizo de Asistencia Económica a Municipios

A ordenanza dispón a súa entrada en vigor ós 15 días hábiles seguintes a súa publicación no B.O.P., pero se debe ter en conta que o artigo 70.2 da Lei 7/1985, de 2 de abril , reguladora das Bases do Réxime Local establece que:

“…..Las ordenanzas, incluídos el articulado de las normas de los planes urbanísticos, así como los acuerdos correspondientes a éstos cuya aprobación definitiva sea competencia de los entes locales, se publicarán en el “Boletín Oficial” de la provincia y no entrarán en vigor hasta que se haya publicado completamente su texto y haya transcurrido el plazo previsto en el artículo 65.2 salvo los presupuestos y las ordenanzas fiscales que se publican y entran en vigor en los términos establecidos en la Ley 39/1988, de 28 de diciembre, Reguladora de las Haciendas Locales.....” (desde el 10 de marzo de 2004 RDL 2/2004, de 5 de marzo).

Artigo 65.2: “El requerimiento deberá ser motivado y expresar la normativa que se estime vulnerada. Se formulará en el plazo de quince días hábiles a partir de la recepción de la comunicación del acuerdo.”