Cariño - Ordenanza reguladora das comunicacións previas en obras e actividades
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS
¿A Directiva 2006/123/CE do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de decembro de 2006, relativa aos servizos no mercado interior, impón aos Estados membros a obriga de eliminar todas as trabas xurídicas e barreiras administrativas inxustificadas á liberdade de establecemento e de prestación de servizos que se contemplan nos artigos 49 e 57 do Tratado de Funcionamento da Unión Europea, respectivamente, establece un principio xeral segundo o cal o acceso a unha actividade de servizos e o seu exercicio non estarán suxeitos a un réxime de autorización. A transposición parcial ao ordenamento xurídico español realizado a través da Lei 17/2009, do 23 novembro, sobre libre acceso ás actividades de servizos e o seu exercicio, dispón que unicamente poderán manterse reximes de autorización previa cando así se estableza por Lei, cando non sexan discriminatorios, estean xustificados por unha razón imperiosa de interese xeral e sexan proporcionados. En particular, considerarase que non está xustificada unha autorización cando sexa suficiente unha comunicación ou unha declaración responsable do prestador, para facilitar, se cómpre, o control da actividade.
En España, a incorporación produciuse mediante a Lei 17/2009, do 23 de novembro, sobre libre acceso ás actividades de servizos e o seu exercicio (BOE do 24/11/2009) . Ademáis, as Cortes aprobaron a Lei 25/2009, do 22 de decembro, de modificación de diversas leis para a súa adaptación á Lei sobre o libre acceso ás actividades de servizos e o seu exercicio citada (BOE do 23/12/2009) . Esta lei modificou, entre outras normas, o artigo 84.1 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, quedando redactado do seguinte modo:
¿As entidades locais poderán intervir a actividade dos cidadáns a través dos seguintes medios:
a) Ordenanzas e bandos.
b) Sometemento a licenza previa e outros actos de control preventivo, sen prexuízo das excepcións previstas na lexislación de aplicación.
c) Sometemento a comunicación previa ou a declaración responsable, de conformidade co establecido no artigo 71 bis da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das Administracións públicas e do procedemento administrativo común.
d) Sometemento a control posterior ao inicio da actividade e execución de obra, para os efectos de verificar o cumprimento da normativa reguladora de dita actividade ou obra..
e) Ordes individuais constitutivas de mandato para a execución dun acto ou a prohibición deste".
Ademais, engadiu o artigo 71 bis á Lei 30/1992, do 26 de novembro, relativo á declaración responsable e á comunicación.
Posteriormente a Lei 2/2011, do 4 de marzo, de Economía sostible, engadiu un novo artigo 84 bis á lei 7/1985, onde establece básicamente, e sen prexuízo do disposto no artigo 84 que, con carácter xeral, o exercicio de actividades non se someterá á obtención de licenza ou outro medio de control preventivo. Finalmente, esta lei engade un artigo 84 ter coa seguinte redacción: ¿Cando o exercicio de actividades non precise autorización habilitante e previa, as entidades locais deberán establecer e planificar os procedementos de comunicación necesarios, así como os de verificación posterior do cumprimento dos requisitos precisos para o exercicio de dita actividade polos interesados previstos na lexislación sectorial".
Regulamentariamente, modificouse mediante o Real decreto 2009/2009, do 23 de decembro, o parágrafo 1 do artigo 22 do Regulamento de servizos das entidades locais, quedando coa seguinte redacción: ¿A apertura de establecementos industriais e mercantís poderá suxeitarse aos medios de intervención municipal, nos termos previstos na lexislación básica en materia de réxime local e na Lei 17/2009, do 23 de novembro, sobre o libre acceso ás actividades de servizos e o seu exercicio".
A Lei 27/2013, do 27 de decembro, de racionalización e sostibilidade da Administración local, no seu artigo primeiro, apartado vinte, dalle unha nova redacción ao artigo 84 bis da Lei 7/1985, do 2 de abril, establecendo que con carácter xeral, o exercicio de actividades non se someterá á obtención de licenza ou outro medio de control preventivo. Non obstante, poderá esixirse unha licenza ou outro medio de control preventivo respecto a aquelas actividades económicas:
a) Cando estea xustificado por razóns de orde público, seguridade pública, saúde pública ou protección do medio ambienteno lugar concreto onde se realice a actividade, e estas razóns non poidan salvagardarse mediante a presentación de unha declaración responsable ou de unha comunicación previa.
b) Cando pola escasez de recursos naturais, a utilización do dominio público, a existencia de inequívocos impedimentos técnicos ou en función da existencia de servizos públicos sometidos a tarifas reguladoras, o número de operadores económicos do mercado sexa limitado.
No ámbito autonómico, a Lei 13/2010, do 17 de decembro, do comercio interior de Galicia (DOG 29/12/2010) , establece un marco xurídico para o desenvolvemento da actividade comercial en Galicia. Esta norma dispón que as actividades comerciais non suxeitas ao trámite de incidencia, efecto ou impacto ambientais nin ao informe da consellería titular da competencia de sanidade estarán exentas da obtención de licenza municipal, bastando para o inicio desta a presentación dunha comunicación previa ou dunha declaración responsable (artigo 28).
Posteriormente, o Real decreto-lei 19/2012, do 25 de maio, de medidas urxentes de liberalización do comercio e de determinados servizos elimina todos os supostos de autorización ou licenza municipal previa, motivados na protección do medio ambiente, da seguridade ou da saúde pública, ligados a establecementos comerciais e outros que se detallan no seu anexo cunha superficie de ata 300 metros cadrados. A devandita flexibilización esténdea tamén a todas as obras ligadas ao acondicionamento de locais que non requiran da redacción dun proxecto de obra, de conformidade coa Lei 38/1999, de 5 de novembro, de ordenación da edificación.
A Lei 12/2012, do 26 de decembro, de medidas urxentes de liberalización do comercio e de determinados servizos, derrogou o antedito Real decreto-lei e introduciu na súa disposición adicional terceira adicada ás instalacións de redes públicas de comunicacións electrónicas a previsión de que as disposicións contidas no Título I da Lei aplicaránse ás estacións ou instalacións radioeléctricas utilizadas para a prestación de servizos de comunicacións electrónicas dispoñibles para o público, a excepción daquelas nas que concorran as circunstancias referidas no artigo 2.2 da devandita lei, ocupen unha superficie superior a 300 metros cadrados, computándose a tal efecto toda a superficie incluída dentro do valado da estación ou instalación ou, tratándose de instalacións de nova construción, tañan impacto en espazos naturais protexidos. A presente Disposición esténdese sen prexuízo da aplicación a ditas instalacións do establecido na Lei 32/2003, do 3 de novembro, Xeral de Telecomunicacións, e a súa normativa de desenvolvemento.
A Lei 14/2013, do 27 de setembro, de apoio aos emprendedores e a súa internacionalización ven a ratificar esa dinamización e simplificación nos trámites respecto ás actividades que se viñan facendo nos últimos anos coa finalidade de impulsar as actividades e comercio, ampliando as actividades que se inlúen no anexo da Lei 12/2012 e a superficie ata 500 metros cadrados.
A Lei 9/2013, do 12 de decembro, do emprendemento e competitividade económica de Galicia da un paso máis respecto ás actividades, establecendo un réxime xurídico único e con carácter xeral a supresión da necesidade de obtención de licenza municipal de actividade, apertura ou funcionamento para a instalación, implantación ou exercicio de calquera actividade económica, empresarial, profesional, industrial ou comercial. Establecendo como modelo o de comunicación previa, estendendo dito modelo ás licenzas de obras, de xeito que se establece tamén o réxime xeral de comunicación previa xunto coa reserva para a licenza naqueles casos en que unha norma estatal así o esixe, singularmente a Lei 38/1999, do 5 de novembro, de ordenación da edificación, e o artigo 23 do Real decreto-lei 8/2011, do 1 de xullo, de medidas de apoio aos debedores hipotecarios, de control do gasto público e cancelación de débedas con empresas e autónomos contraídas polas entidades locais, de fomento da actividade empresarial e impulso da rehabilitación e de simplificación administrativa.
Como consecuencia, este Concello, dentro das medidas de adaptación á nova normativa, mediante a presente Ordenanza, pretende facilitar e facultar a posta en marcha de actividades económicas así como a realización de actos de uso do solo e do subsolo que non requiran unha licenza previa, co fin de estender a eliminación de trabas e axilización administrativa a outras actividades, de xeito que poderán iniciarse sen previa licenza municipal desde o mesmo día da presentación da comunicación previa, sen necesidade de esperar á finalización do control municipal, o cal se mantén aínda que se articule a posteriori.
Polo tanto, en virtude da autonomía local constitucionalmente recoñecida, que garante aos municipios personalidade xurídica propia e plena autonomía no ámbito dos seus intereses, e que lexitima o exercicio de competencias de control das actividades que se desenvolvan no seu termo municipal, dítase a presente Ordenanza, previa observancia da tramitación establecida para ese fin polo artigo 49 da Lei 7/1985, do 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local.
CAPÍTULO PRIMEIRO.-DISPOSICIÓNS XERAIS
Artigo 1.-Obxecto.
1.-A presente Ordenanza ten por obxecto regular as formas de intervención administrativa no ámbito urbanístico no Concello de Cariño, establecéndose con carácter xeral o réxime de comunicación previa para a instalación e inicio de actividades así como para a execución de obras e, xunto cunha reserva para a licenza naqueles supostos en que unha norma da Comunidade Autónoma ou estatal así o esixa.
2.-A finalidade desta Ordenanza é garantir que os establecementos adicados a actividades económicas cumpren coas condicións técnicas de seguridade, de hixiene, sanitarias, de accesibilidade e confortabilidade, de vibracións e de nivel de ruídos que regulamentariamente se determinen nas normas específicas de cada actividade, nas Normas Básicas de Edificación e Protección contra Incendios nos Edificios e coa normativa aplicable en materia de protección do medio ambiente e de accesibilidade de edificios.
3.-A Ordenanza desenvolve a lexislación de réxime autonómico e estatal.
Artigo 2.-Ámbito de aplicación.
Estan sometidos ao ámbito de aplicación desta ordenanza todo tipo de actos de edificación e uso do solo e subsolo, así como o exercicio de actividades ou servizos que esixan a intervención administrativa en execución da súa función de policía na orde urbanística e ambiental, coa finalidade de verificar o axuste ao planeamento, normas urbanísticas, en materia de seguridade, sanitaria, ambiental e demais que resulten esixible.
Artigo 3.-Medios de intervención na actividade urbanística.
1.-O Concello de Cariño poderá intervir na actividade dos cidadáns a través dos seguintes medios:
a) Ordenanzas e bandos.
b) Sometemento a licenza previa e outros actos de control preventivo, sen prexuízo das excepcións previstas na lexislación de aplicación.
c) Sometemento a comunicación previa ou a declaración responsable, de conformidade co establecido no artigo 71 bis da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das Administracións públicas e do procedemento administrativo común.
d) Sometemento a control posterior ao inicio da actividade e execución de obra, para os efectos de verificar o cumprimento da normativa reguladora de dita actividade ou obra.
e) Ordes individuais constitutivas de mandato para a execución dun acto ou a prohibición deste.
2.-As licenzas ou autorizacións outorgadas por outras Administracións públicas non eximen aos seus titulares de presentar a comunicación previa, respectándose en todo caso o disposto nas correspondentes leis sectoriais.
3.-Naqueles casos nos que a actuación pretendida polo/a interesado/a requira dalgunha autorización, cualificación ou informe favorable doutra Administración pública ou presentación de comunicación previa ou declaración responsable ante esa Administración distinta da municipal, que resulte esixible pola lexislación sectorial aplicable, a presentación da comunicación previa requirirá a previa emisión e incorporación ao expediente de dita autorización, cualificación ou informe e no caso de obras e actividades suxeitas a comunicación previa, deberáse aportarse xunto coa documentación.
4.-Con carácter xeral, suprímese a necesidade de obter licenza municipal de actividade, apertura ou funcionamento para a instalación, implantación ou exercicio de calquera actividade económica, empresarial, profesional, industrial ou comercial, así como para a execución de obras, suxeitándose ao réxime xeral de comunicación previa, sen prexuízo da reserva de obtención de licenza para aqueles casos en que a norma estatal ou autonómica así o esixe.
5.-A actividade de intervención axustaráse en todo caso aos principios de igualdade de trato, necesidade e proporcionalidade en relación co fin que se persegue.
4.-Definicións.
Aos efectos desta Ordenanza entenderase por:
1. Actividade económica: toda aquela actividade industrial ou mercantil consistente en produción de bens ou prestación de servizos conforme ao previsto no art. 22.1 do Regulamento de Servizo das Corporacións Locais.
2. Servizo: calquera actividade económica por conta propia, prestada normalmente a cambio dunha remuneración, contemplada no artigo 50 do Tratado da Comunidade Europea.
3. Declaración responsable: o documento subscrito pola persoa titular de unha actividade empresarial ou profesional no que declara, baixo a súa responsabilidade, que cúmpre cos requisitos establecidos na normativa vixente, que dispón da documentación que así o acredita e que se compromete a manter o seu cumprimento durante a vixencia da actividade.
4. Comunicación previa: documento mediante o cal os/as interesados/as poñen en coñecemento da Administración pública competente os seus datos identificadores e demais requisitos esixibles para o exercicio dun dereito ou inicio dunha actividade, consonte o establecido coa normativa de procedemento administrativo.
5. Autorización ou licenza: acto regrado da autoridade municipal competente pola cal, tras a comprobación das condicións establecidas pola normativa aplicable, autorízaselle ao/a solicitante para o exercicio dun dereito preexistente á edificación ou exercicio de actividades.
Artigo 5.-Normas comúns para o desenvolvemento das actividades.
1.-As persoas responsables das actividades e establecementos están obrigadas a desenvolvelas e mantelas nas debidas condicións de seguridade, salubridade, acústicas, accesibilidade e calidade ambiental, reducindo a posible afección dos espazos públicos e empregando as mellores técnicas dispoñibles, que se é o caso, resultaren necesarias para o cumprimento das condicións expresadas.
Artigo 6.-Actos suxeitos a comunicación previa.
1.-Estarán suxeitos a comunicación previa:
- Os actos de uso do solo e do subsolo non suxeitos a licenza e, en todo caso, os que así se establezan nas leis.
- Calquera actividade económica, empresarial, profesional, industrial ou comercial, así como as actividades recreativas e espectáculos públicos, agás nos casos en que por razóns de interese xeral sexa necesaria a obtención de licenza municipal, conforme ó establecido no artigo 41 da Lei 9/2013, do emprendemento e da competitividade económica de Galicia.
- O cambio de titularidade das actividades e obras.
- O cambio relativo ás condicións ou características da actividade ou do establecemento.
- A modificación na clase de actividade, cambio de localización, reforma substancial dos locais, instalacións ou calquera cambio que afecte á seguridade, salubridade ou perigosidade do establecemento.
- As actividades sometidas ós procedementos de avaliación de incidencia ambiental, así como as sometidas a autorización comercial autonómica.
Artigo 7.-Actos suxeitos a licenza urbanística e de actividade.
1.-Quedarán suxeitas a previa licenza municipal de obra, sen prexuízo das autorizacións que sexan procedentes de acordo coa lexislación aplicable, os seguintes actos de uso do solo e subsolo:
a) Os actos de edificación e uso do solo e do subsolo que, consonte a normativa xeral de ordenación da edificación, precisen de proxecto de obras de edificación.
b) As intervencións en edificios declarados bens de interese cultural ou catalogados polas súas singulares características ou valores culturais, históricos, artísticos, arquitectónicos ou paisaxísticos.
c) As demolicións.
d) Os muros de contención de terras.
e) Os grandes movementos de terras e as explanacións.
f) Os parcelamentos, segregacións ou outros actos de división de terreos en calquera clase de solo, cando non formen parte dun proxecto de reparcelamento urbanístico.
g) A primeira ocupación de edificios.
h) A ubicación de casas prefabricadas e instalacións similares, xa sexan provisionais ou permanentes.
i) A tala de masas arbóreas ou de vexetación arbustiva en terreos incorporados a procesos de transformación urbanística e, en todo caso, cando a devandita tala derive da lexislación de protección do dominio público.
2.-Quedarán suxeitos ao réxime de licenza de actividade, os espectáculos públicos e actividades recreativas cando concorran razóns de interese xeral derivadas da necesaria protección da seguridade e saúde pública, dos dereitos das persoas consumidoras e usuarias, do mantemento da orde pública, así como da adecuada conservación do ambiente e do patrimonio histórico artístico:
a) A apertura de establecementos e a celebración de espectáculos públicos ou actividades recreativas que se desenvolvan en establecementos públicos cunha capacidade superior a 500 persoas, ou que presenten unha especial situación de risco, de conformidade co disposto na normativa técnica en vigor.
b) A instalación de terrazas ao aire libre ou na vía pública, anexas ao establecemento.
c) A celebración dos espectáculos públicos e actividades recreativas ou deportivas que se desenvolvan no Concello de Cariño.
d) A celebración dos espectáculos e festexos taurinos.
e) A apertura de establecementos e a celebración de espectáculos públicos ou actividades recreativas cuxa normativa específica esixa a concesión de autorización.
Artigo 8.-Actos non suxeitos a licenza urbanística ou comunicación previa.
Non será esixible licenza urbanística ou comunicación previa nos seguintes supostos:
- Os parcelamentos, segregacións, modificacións ou calquera outro acto de división de predios ou parcelas efectuadas en virtude de proxectos de compensación, equidistribución, normalización ou similar.
- A demolición de construcións declaradas en ruína, agás que pola entidade das obras se esixa da solicitude de licenza acompañada do correspondente proxecto técnico.
- As obras de apontoamento e outras medidas de seguridade urxentes, cando sexan precisas.
- As obras derivadas dunha orde de execución, salvo que pola entidade das obras se esixa da solicitude de licenza acompañada do correspondente proxecto técnico.
- As obras derivadas de ordes impostas en expedientes de protección da legalidade urbanística.
- As obras de urbanización previstas nos proxectos de urbanización.
- As actuacións urbanísticas promovidas polo Concello de Cariño no seu propio termo municipal, entendéndose autorizadas polo acordo de aprobación do órgano competente do Concello, logo da acreditación no expediente do cumprimento da normativa.
- As obras públicas eximidas expresamente pola lexislación sectorial ou a de ordenación do territorio.
Artigo 9.-Erro na cualificación do escrito achegado.
1.-O erro na cualificación do escrito achegado pola persoa interesada na elección dalgúns procedementos de sometemento a licenza ou no de comunicación previa, non será obstáculo para a súa tramitación, sempre que do seu contido se deduza o seu verdadeiro carácter. O Concello notificarálle ao interesado para facerlle constar tal circunstancia e, no seu caso, requirirá a documentación que sexa precisa para a continuación do procedemento que corresponda.
2.-Cando a persoa interesada presentase ante o Concello unha comunicación previa, sendo o réxime aplicable o da licenza, advertiráselle que non poderá executar a obra ou iniciar a actividade ata que obteña a preceptiva licenza. Se iniciase a actividade ou executase a obra requiriráselle para que proceda de inmediato á súa paralización coas advertencias propias dos procedementos de reposición da legalidade urbanística e sancionadores.
3.-Cando a persoa interesada solicitase ante o Concello unha licenza cando o réxime aplicable é o de comunicación previa, notificaráselle para sinalarlle que debe de achegar a documentación e modelo correspondente e que non poderá executar a obra en tanto non presente a devandita documentación completa.
Artigo 10.-Responsabilidades.
1.-As e os técnicos asinantes da documentación técnica achegada son responsables da súa calidade e axuste ás normas que sexan aplicables en cada caso.
2.-As e os técnicos directores das obras e instalacións proxectadas (director/a de obra e director/a de execución) son responsables da súa correcta execución, consonte coa documentación técnica aprobada, coas normas aplicables e, en ausencia de regulamentación e instrucións específicas, coas normas técnicas de recoñecemento xeral e bo facer técnico.
3.-As e os técnicos asinantes das certificacións ou declaracións que se acheguen serán responsables da exactitude e da veracidade contida nelas.
4.-As e os titulares e promotores son responsables durante o desenvolvemento das actividades e execución das obras do cumprimento das determinacións contidas na documentación técnica anexa á comunicación previa, así como da efectiva instalación e cumprimento das condicións impostas pola administración municipal ou outra autoridade competente.
5.-A comunicación previa presentada para os actos de uso do solo suxeitos a ela implica a responsabilidade solidaria de quen promove as obras ou actividades, de quen ten a propiedade dos terreos, ou os/as empresarios/as das obras ou actividade dos/as técnicos/as redactores/as do proxecto e directores/as das obras e da súa execución, respecto da conformidade das obras e da actividade coa ordenación urbanística de aplicación e a súa adecuación ao proxecto presentado.
Artigo 11.-Alcance do control de legalidade da comunicación previa.
1.-A intervención municipal, a través da comunicación previa circunscribiráse estritamente á comprobación da integridade formal e da suficiencia legal do proxecto técnico e calquera outra documentación esixible para ser executadas as obras e instalacións e implantar as actividades, así como a habilitación legal do autor ou autores do proxecto, no caso de que a actuación o requirise e da conformidade ou non do proxectado ao pretendido coa ordenación urbanística de pertinente aplicación.
2.-En ningún caso a intervención municipal, a través da comunicación previa controlará os aspectos técnicos relativos á seguridade estrutural das construcións ou á calidade dos elementos ou materiais empregados.
3.-O control da legalidade realizado a través da comunicación previa acadará as condicións da edificación establecidas no planeamento municipal e a demais lexislación sectorial aplicable.
4.-Cando a comunicación previa presentada se refira á intervención parcial nun edificio, local ou actividade, o control municipal circunscribiráse á actuación pretendida e, no seu caso, á repercusión que poida ter no resto do edificio, local ou actividade co seu contorno.
Artigo 12. Consulta previa.
1.-Os interesados poderán presentar solicitudes de consulta previa sobre aspectos concernintes a un proxecto de apertura de establecemento ou inicio de actividade ou obra, que acompañarán dunha memoria descritiva ou dos datos suficientes que definan as características xerais da actividade proxectada e do inmoble en que se pretenda levar a cabo.
2.-A contestación á consulta realizarase de acordo cos termos da mesma e a documentación achegada, e farase indicación ao interesado de cantos aspectos concirnan á apertura do establecemento, inicio da actividade ou de obra e en concreto:
a) Requisitos esixidos.
b) Documentación a achegar.
c) Administración que sexa competente en cada caso, en atención ao tipo de actividade de que se trate.
d) Outros aspectos que sexan de interese para a apertura do establecemento ou o inicio da actividade.
3.-O sentido da resposta ás consultas formuladas non terá carácter vinculante para a Administración.
4.-Se se presentase a declaración responsable nun momento posterior, farase referencia clara ao contido da consulta previa e a súa contestación.
CAPÍTULO SEGUNDO.-PROCEDEMENTO
Artigo 13.-Regulación do procedemento.
1.-Os actos de control e intervención da administración municipal, nos supostos previstos no artigo 6 da presente ordenanza, axustaránse ao seguinte procedemento:
a) A comunicación previa formularase a instancia de calquera persoa interesada en iniciar unha actividade ou obra ou a través de representante autorizado e poderá presentarse en calquera dos rexistros sinalados no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 6 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
b) A presentación do impreso normalizado, acompañado dos documentos esixidos na presente Ordenanza, determinarán a iniciación do procedemento , rexéndose a mesma, así como a ordenación, instrucción e finalización de éste polas disposicións xerais do Título VI da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das Administracións públicas e do procedemento administrativo común.
c) O rexistro da documentación completa no órgano competente para coñecer da actuación de que se trate, equivalerá á toma de coñecemento por parte da Administración municipal.
d) As actuacións comunicadas respecto ás actividades que non requiran a execución de obras, poderán iniciarse dende a mesma data da súa posta en coñecemento na Administración ou a data que sinale expresamente a persoa interesada na comunicación previa, sempre e cando a documentación estea completa nos termos establecidos na presente Ordenanza e lexislación aplicable, e a actuación se axuste ao ordenamento xurídico.
e) As actuacións comunicadas respecto ás actividades que requiran da execución de obras, non poderán iniciarse ata tanto o interesado/a non comunique o inicio da actividade mediante o modelo normalizado.
f) No caso de execución de obras, o promotor dos actos de uso do solo e do subsolo presentará a comunicación previa ao concello cunha antelación mínima de quince días ao da data en que pretenda levar a cabo ou comezar a súa execución.
Artigo 14.-Tramitación da comunicación previa de execución de obras.
A comunicación previa deberá ir acompañada da documentación xunto cos modelos que se sinalan no Anexo á presente Ordenanza.
Analizada a documentación e e en función da adecuación ou non do seu contido ao ordenamento urbanístico, ás prescricións da presente ordenanza e ás demais lexislacións aplicable, a tramitación dos actos comunicados axustaráse ás seguintes regras:
1.-cando a actuación comunicada posúa toda a documentación esixida, ésta producirá os efectos establecidos na normativa de aplicación, e transcorrido o prazo de 15 días sinalado no último parágrafo do artigo anterior, a comunicación previa constitúe título habilitante para o inicio dos actos de uso do solo e subsolo suxeitos a ela, sen prexuízo das posteriores facultades de comprobación, control e inspección.
2.-Cando a comunicación achegada sexa insuficiente ou incorrecta, dentro do prazo de 15 días seguintes ao da comunicación, notificaráselle á persoa interesada para que se absteña de executar a súa actuación, concederáselle un prazo de 10 días para subsanar a documentación presentada. De non atender aos requirimentos anteriores, procederáse ao arquivo do expediente sen mais trámite, todo isto sen prexuízo, no seu caso, da tramitación dos correspondentes procedementos de reposición da legalidade urbanística e sancionador previstos na lexislación.
3.-Dentro do prazo dos 15 días seguintes ao da comunicación ou do da subsanación de deficiencias, o Concello, poderá declarar completa a documentación presentada, no caso de que o interesado así o solicitara.
4.-Cando se estime que actuación comunicada non está incluída entre as previstas para ser tramitadas por este procedemento, no prazo non superior a 15 días seguintes ao da comunicación, notificaráselle ao/a solicitante coa indicación de que se absteña de executar a actuación, procedendo, de ser o caso, a continuación da tramitación mediante o procedemento de outorgamento de licenza.
5.-Cando a actuación comunicada non se axuste ao planeamento vixente e demais normativa de obrigado cumprimento, no prazo de 15 días seguintes ao da comunicación, notificaráselle esta circunstancia a/ao solicitante indicando que debe de absterse de executar a súa actuación; concederáselle trámite de audiencia polo prazo de 10 días, con carácter previo ao arquivo do expediente, todo isto sen prexuízo, de que se executase a obra, adoptaránse motivadamente as medidas provisorias que se entendan oportunas para evitar toda alteraciónda realidade en contra da ordenación urbanística aplicable, coas advertencias propias dos procedementos de resposición da legalidade urbanística e sancionador previstos na lexislación. O Concello ditará a orde de execución que proceda para garantir a plena adecuación do acto ou actos á ordenación urbanística dentro dos 15 días seguintes ao da adopción de calquera medida provisional, producindo os efectos propios da licenza urbanística.
6.-Cando deban de realizarse diversas actuacións relacionadas coa mesma edificación ou inmoble, presentaráse unha única comunicación previa.
7.-A execución das obras cumprirán as disposicións vixentes en materia de edificación, infraestruturas, seguridade e saúde no traballo, e as dimensións e características das obras non excederán das comunicadas, considerándose infracción urbanística calquera extralimitación destas.
8.-As condicións manifestadas ao Concello deben de manterse durante a execución das obras, coa obriga de que de producírense cambios nas obras deberán de poñerse en coñecemento da Administración a través dos procedementos oportunos. De producírense cambios ou modificacións que requiran de licenza ou comunicación previa, non poderán executarse ata tanto non conte coa preceptiva licenza ou presente a comunicación previa, caso contrario, adoptaránse as medidas de restauración da legalidade e/ou sancionadoras que establece a normativa.
Artigo 15.-Execución de obras en dominio público.
Para a ocupación da vía pública como consecuencia da execución de obras, deberáse solicitar autorización municipal, coa licenza municipal ou posteriormente á concesión de ésta, e, no caso de obras suxeitas ao réxime de comunicación previa, previamente ou simultáneamente á presentación desta, non puidendo iniciar a execución das obras ata tanto non se obteña a autorización municipal.
A execución das obras en dominio público respectará os servizos municipais existentes, calquera dano ocasionado na vía pública comportará a obriga do seu resarcimento polo titular da obra, debendo previamente á concesión da licenza de obra ou coa presentación da comunicación previa, no seu caso, aportar garantía suficiente (aval ou depósito en metálico) para responder dos posibles danos.
A licenza concedida ou a comunicación previa presentada outórgase en precario, e no caso de que por calquera actuación futura no vial as obras obxecto da licenza ou comunicación previa impidan o ensanche do mesmo, a instalación, reparación ou mellora dos servizos municipais, as modificacións ou traslados necesarios serán por conta do titular da licenza ou comunicación previa presentada, no seu caso, sen dereito a percibir indemnización.
Artigo 16.-Tramitación da comunicación previa de inicio de actividade ou apertura de establecemento.
Con carácter previo ao inicio da actividade ou da apertura de establecemento, os interesados presentarán ante o Concello a documentación xunto co modelo correspondente que se sinalan no anexo da presente Ordenanza.
Analizada a documentación, e e en función da adecuación ou non do seu contido ao ordenamento urbanístico, ás prescricións da presente ordenanza e ás demais lexislacións aplicable, a tramitación dos actos comunicados axustaráse ás seguintes regras:
1.-cando a actuación comunicada se adecúe ao ordenamento xurídico e ás prescricións desta ordenanza, ésta producirá os efectos establecidos na normativa de aplicación, constituíndo título habilitante para o inicio da actividade, sen prexuízo das posteriores facultades de comprobación, control e inspección.
2.-Cando a comunicación achegada sexa insuficiente ou incorrecta, dentro do prazo de 15 días seguintes ao da comunicación, notificaráselle á persoa interesada para que se absteña de iniciar a súa actividade, concederáselle un prazo de 15 días para subsanar a documentación presentada. De non atender aos requirimentos anteriores, procederáse ao arquivo do expediente sen mais trámite, todo isto sen prexuízo, no seu caso, da tramitación dos correspondentes procedementos de reposición da legalidade urbanística e sancionador previstos na lexislación.
3.-Dentro do prazo dos 15 días seguintes ao da comunicación ou do da subsanación de deficiencias, o Concello, poderá declarar completa a documentación presentada, no caso de que o interesado así o solicitara.
4.-Cando se estime que actuación comunicada non está incluída entre as previstas para ser tramitadas por este procedemento, no prazo non superior a 15 días seguintes ao da comunicación, notificaráselle ao/a solicitante coa indicación de que se absteña de iniciar a actividade, procedendo, de ser o caso, a continuación da tramitación mediante o procedemento de outorgamento de licenza.
5.-Cando a actuación comunicada non se axuste ao planeamento vixente e demais normativa de obrigado cumprimento, no prazo de 15 días seguintes ao da comunicación, notificaráselle esta circunstancia a/ao solicitante indicando que debe de absterse de iniciar a actividade; concederáselle trámite de audiencia polo prazo de 10 días, con carácter previo ao arquivo do expediente, todo isto sen prexuízo, de que se executase a obra, adoptaránse motivadamente as medidas provisorias que se entendan oportunas para evitar toda alteraciónda realidade en contra da ordenación urbanística aplicable, coas advertencias propias dos procedementos de resposición da legalidade urbanística e sancionador previstos na lexislación urbanística.
6.-A implantación de actividades cumprirán as disposicións vixentes en materia de edificación, infraestruturas, seguridade e saúde no traballo, e as dimensións e características das actividades non excederán das comunicadas, considerándose infracción urbanística calquera extralimitación destas.
7.-As condicións manifestadas ao Concello deben de manterse durante a realización da actividade, coa obriga de que de producírense cambios na actividade deberán de poñerse en coñecemento da Administración a través dos procedementos oportunos. De producírense cambios ou modificacións que requiran de licenza ou comunicación previa, non poderán executarse ata tanto non conte coa preceptiva licenza ou presente a comunicación previa, caso contrario, adoptaránse as medidas de restauración da legalidade e/ou sancionadoras que establece a normativa.
Artigo 17.-Tramitación da comunicación previa de inicio de actividade ou modificación substancial de actividade ou da apertura do establecemento suxeita a avaliación ambiental.
Respecto das actividades suxeitas a avaliación ambiental, o solicitante deberá presentar ante o Concello previo ao inicio da actividade ou modificación substancial a documentación xunto co modelo correspondente que se sinalan nos anexos da presente ordenanza para cada unha das actividades, acompañando a autorización ou declaración ambiental que proceda segundo a lexislación aplicable. O procedemento para a obtención da autorización ou declaración ambiental correspondente será o previsto na lexislación específica.
Artigo 18.-Tramitación conxunta de obras e actividades.
Se para o desenvolvemento da actividade é precisa a realización dunha obra, a documentación correspondente á actividade de que se trate, presentarase xunto co modelo debidamente cuberto coa comunicación previa da obra prevista na normativa urbanística ou coa solicitude de licenza de obra, se procedera ésta. Logo de rematar a obra presentaráse comunicación previa de inicio de actividade.
Artigo 19.-Cambios de titularidade en obras e actividades comunicadas.
1.-En ningún caso serán susceptibles de cambio de titularidade as obras e actividades comunicadas que deberan ser obxecto dunha nova comunicación previa para o inicio da actividade ou execución das obras.
2.-Quen exerza a nova titularidade deberá presentar ante o Concello a documentación xunto co modelo correspondente que se sinalan nos anexos da presente Ordenanza. Non en tanto, e sempre que se acredite o consentemento do anterior titular da actividade ou obra comunicada non será preciso presentar de novo a documentación xa achegada anteriormente, sempre que non se alterasen as condicións relativas á normativa de aplicación, nin as condicións e medidas manifestadas que habilitaron a execución das obras ou inicio de actividade.
3.-En ningún caso, producirán efecto as comunicacións previas de cambio de titularidade respecto de locais ou inmobles nos que cesase a actividade por tempo superior ininterrompido de un (1) ano, o cal deberá cumprimentarse expresamente no modelo do anexo do cambio de titularidade.
4.-Cando se produza unha modificación na actividade, nos casos de cambio de clase de actividade, cambio de localización, reforma substancial dos locais, instalacións ou calquera cambio que implique unha variación que afecte á seguridade, salubridade, ou perigosidade do establecemento, deberá ser obxecto dunha nova comunicación previa ou licenza de actividade, no seu caso, coa documentación completa esixida.
5.-As comunicacións previas serán transmisibles nos termos establecidos na normativa de aplicación. O/A novo/a titular deberá comunicalo por escrito ao Concello de Cariño, de acordo cos modelos do Anexo, facendo expresa referencia á licenza que quere adquirir, sen o cal quedarán ámbolos dous (transmitente e adquirente) suxeitos ás responsabilidades derivadas da actuación.
Artigo 20.-Efectos das comunicacións previas.
1.-A toma de coñecemento non é unha autorización administrativa para exercer unha actividade ou executar unha obra, senón un medio para que a Administración coñeza a existencia da devandita actividade/obra e posibilitar un control posterior, distinto da facultade de inspección ordinaria, mediante as oportunas actuacións administrativas.
2.-As actuacións comunicadas producirán efectos entre o Concello e o suxeito a cuxa actuación se refiran, pero non alterarán as situacións xurídicas privadas entre este e as demais persoas. Realizaránse deixando a salvo o dereito de propiedade e sen prexuízo de terceiros.
3.-As comunicacións previas producirán os efectos que determinen en cada caso a lexislación correspondente, a presente ordenanza e demais normativa municipal, e permitirán con carácter xeral o recoñecemento ou exercicio dun dereito ou ben o inicio dunha actividade, sen prexuízo das facultades de comprobación, control e inspección que teña atribuída a administración municipal.
4.-A inexactitude, falsidade ou omisión, de carácter esencial, en calquera dato, manifestación ou documento que se achega ou incorpora á comunicación previa comporta, logo da audiencia do interesado, a declaración de ineficacia da comunicación efectuada e impide o exercicio do dereito ou da actividade afectada ou da execución da obra dende o momento en que se coñece, sen prexuízo das sancións que proceda impoñer por tales feitos.
5.-O incumprimento sobrevido das condicións de comunicación previa ou dos requisitos legais da actividade será causa de ineficacia da comunicación previa e habilitarán ao Concello para a súa declaración logo da audiencia do interesado.
Artigo 21.-Prazos para a execución das obras sometidas a comunicación previa.
As obras poderán iniciarse de forma inmediata, non obstante:
1.-Os prazos para iniciar as obras sometidas a comunicación previa serán os establecidos na lexislación urbanística e no Plan Xeral de Ordenación Municipal. Unha vez transcorridos, sen que se levaran a cabo as actuacións para a que foi presentada a comunicación ou ben non se remataran éstas, produciráse a extinción, audiencia previa ao interesado, do dereito que lle asiste, e no caso de querer iniciar ou continuar as obras, deberá presentar de novo unha comunicación previa con toda a documentación necesaria.
2.-Non se admitirá ningún tipo de prórroga naquelas actuacións urbanísticas que se tramiten a través de comunicación previa, agás paralización das mesma por forza maior ou xusta causa.
Artigo 22.-Extinción dos efectos derivados das comunicacións previas presentadas para o inicio de actividade/obra.
Poderán dar lugar á extinción dos efectos derivados das comunicacións previas:
a) A renuncia expresa da/o titular, comunicada por escrito á Administración municipal, e aceptada por ésta.
b) A revogación ou anulación nos casos establecidos e conforme aos procedementos sinalados na normativa aplicable.
c) A caducidade, nos casos establecidos na lexislación urbanística.
Artigo 23.-Caducidade das comunicacións previas para o desenvolvemento de actividade.
1.-Poderán declararse caducadas as comunicación previas para o desenvolvemento dunha actividade polas seguintes circunstancias:
a) Non poñer en marcha a actividade no prazo de tres meses dende a presentación da comunicación previa.
b) A inactividade ou peche por período superior a un ano, por calquera causa, agás que a mesma sexa imputable á Administración ou ao necesario traslado temporal da actividade debido a obras de rehabilitación, en cuxo caso non se computará o período de duración de aquelas.
2.-A declaración de caducidade corresponderá ao Alcalde, e poderá acordarse de oficio ou a instancia do interesado, previa audiencia da persoa responsable da actividade, unha vez transcorridos e incumpridos os prazos aos que se refire o apartado anterior, aumentados coas prórrogas, que no seu caso, se concederan.
3.-A declaración de caducidade extinguirá a comunicación previa, non podéndose exercer a actividade se non se solicita e obtén unha nova axustada á ordenación urbanística vixente. En consecuencia, as actuacións amparadas na comunicación previa caducada considéranse como non autorizadas dando lugar ás responsabilidades correspondentes.
4.-Antes do trancurso dos prazos que poidan dar lugar á caducidade, poderá solicitarse prórroga da súa vixencia, por unha soa vez e de forma xustificada, e por un prazo non superior á metade do inicialmente previsto.
CAPÍTULO TERCEIRO.-ACTIVIDADE DE CONTROL E INSPECCIÓN
Artigo 24.-Obxecto.
1.-A Administración municipal está obrigada a exercer de forma permanente e continuada as funcións de comprobación, vixilancia, control e inspección sobre as actividades e obras que se realicen no termo municipal, e realizaránse con posterioridade á presentación da comunicación previa. Esta obriga conlevará a realización de determinadas actividades administrativas que suporán no seu caso a exacción das pertinentes taxas.
2.-O persoal municipal adscrito á inspección e vixilancia urbanística, no exercicio das súas funcións, terá a consideración de axente da autoridade e gozará do estatuto regulado na lexislación urbanística. A actividade de control deberá de verificar a efectiva adecuación da actividade e obra á normativa aplicable, sen prexuízo do procedemento de protección da legalidade e sancionador que, no seu caso, poida iniciarse.
3.-A Administración municipal poderá, en calquera momento, de oficio ou por denuncia, efectuar visitas de control ou inspección as obras, establecementos e actividades anteditas.
Artigo 25.-Procedemento de inspección e control.
1.-A Administración procederá, mediante o/os funcionario/os habilitado/os ao efecto, ao control e inspección das obras, instalacións dos establecementos e actividades suxeitos á presente Ordenanza, ao obxecto de verificar a posesión de comunicación previa presentada en forma, e a súa adecuación á normativa vixente, levantando acta de inspección e emitindo o oportuno informe que poderá ser:
a) Favorable: no caso que a actividade/obra comprobada, inspeccionada ou controlada, se exerza de acordo coa normativa en vigor.
b) Condicionado: no caso que se aprecie que a actividade/obra comprobada, inspeccionada ou controlada, necesita adoptar determinadas medidas correctoras.
c) Desfavorable: no caso que a actividade/obra comprobada, inspeccionada ou controlada, mostre irregularidades substanciais e se aprecie a necesidade de suspensión da citada actividade/obra ate o momento no cal se adopten as medidas correctoras pertinentes, no suposto que fose posible adoptalas. En caso contrario proporase o cesamento definitivo da actividade/obra.
Como regra xeral entregaráse copia da acta ao interesado.
2.-Os resultados das inspeccións recolleranse en actas, que terán a consideración de documento público e valor probatorio nos procedementos sancionadores, sen prexuízo das probas que en defensa dos respectivos dereitos ou intereses poidan aportar os propios administrados.
3.-Cando da inspección dos establecementos onde se desenvolven as actividades, se conclúa que os mesmos non se adaptan á normativa aplicable, na acta de inspección detallaránse as anomalías detectadas e notificaráse ao interesado, outorgándolle un prazo de 15 días para que presente unha nova comunicación previa, onde sinale que foron realizados os axustes requiridos.
Artigo 26.-Suspensión da actividade.
1.-As actividades previstas na presente Ordenanza poderán ser obxecto de suspensión nos supostos que non sexan exercidas de acordo cos requisitos establecidos na normativa aplicable en cada caso.
2.-As denuncias que se formulen poderán dar lugar á apertura das dilixencias correspondentes a fin de comprobar a veracidade dos feitos denunciados.
3.-As actividades que se exerzan sen a presentación da correspondente comunicación previa, así como as que contraveñan as medidas correctoras que se determinaron, serán suspendidas pola Administración desde o mesmo momento en que se teña coñecementos de tales irregularidades.
4.-Así mesmo, a comprobación por parte da Administración Pública da inexactitude ou falsidade en calquera dato, manifestación ou documento, de carácter esencial, que se achegue, así como do incumprimento dos requisitos establecidos na lexislación vixente, determinarán a imposibilidade de continuar co exercicio da actividade desde o mesmo momento en que se teña constancia expresa dos feitos e sen prexuízo do procedemento sancionador que se poida incoar como consecuencia de tales feitos.
CAPÍTULO CUARTO.-RÉXIME SANCIONADOR
Artigo 27.-Infraccións e sancións.
As actividades e obras suxeitas ao réxime de comunicación previa e licenza, no seu caso, aplicaráselles, respecto ás medidas de reposición da legalidade urbanística e sancionadoras as determinadas na lexislación autonómica, en particular o Capítulo V do Título III da Lei 9/2013, do 12 de decembro, do emprendemento e competitividade económica de Galicia e na Lei 9/2002, de 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galici, así como doutra normativa sectorial que lle sexa aplicable.
Artigo 28.-Medidas provisionais.
Nos termos e cos efectos previstos no artigo 72 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, poderán adoptarse medidas de carácter provisional cando sexan necesarias para asegurar a eficacia da resolución que puidese recaer, as esixencias dos intereses xerais, a bo fin do procedemento ou evitar o mantemento dos efectos da infracción.
Artigo 29.-Reincidencia e reiteración.
1. Aos efectos da presente Ordenanza, entenderase que existe reincidencia nos casos de comisión dunha segunda infracción da mesma natureza no prazo de un ano dende que adquira firmeza a resolución administrativa.
2. Aos efectos da presente Ordenanza, considerarase que existe reiteración nos casos de comisión dunha segunda infracción de distinta natureza no prazo de dous anos desde que adquira firmeza a resolución administrativa.
Disposicións
Disposición adicionais
1. Establécense os correspondentes modelos normalizados no anexo da presente ordenanza. Estes modelos non teñen carácter regulamentario polo que o seu contido poderá ser ampliada ou modificado, se ben, cando se incorpore un novo modelo, se amplíe ou modifique, de xeito substancial, publicaráse no Boletín Oficial da Provincia e na páxina web municipal.
2. Facúltase o Alcalde para a aprobación e modificación de cantos modelos normalizados de documentos requira o desenvolvemento desta Ordenanza.
3. Cando na presente Ordenanza se realicen alusións a normas específicas, entenderáse estensiva a referencia á norma que por promulgación posterior, substitúa á mencionada.
Disposición derrogatoria
Quedan derrogadas cantas disposicións municipais de igual ou inferior rango se opoñan ao que se establece nesta Ordenanza.
Disposición final
A presente Ordenanza entrará en vigor aos quince días hábiles seguintes ao da súa completa publicación no Boletín Oficial da Provincia.
ANEXOS
ANEXO 1
OBRAS SUXEITAS A COMUNICACIÓN PREVIA
IMPRESO COMUNICACIÓN PREVIA DE OBRAS
Expte n.º ¿¿¿¿¿¿¿¿..
D. ¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿, no seu propio nome ou en representación de ¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿.., con domicilio a efectos de notificación en ¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿..............................................., provisto do DNI/NIF n.º ¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿., teléfono ¿¿¿¿¿¿., mail ¿¿¿¿¿¿¿..
Localización parcela:
Referencia catastral:
Descrición obras: ¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿
Orzamento de execución material:
Obras para o desenvolvemento dunha actividade: SI NON
Ocupación de vía pública: SI NON
DECLARA BAIXO A SÚA EXCLUSIVA RESPONSABILIDADE que é certo o que manifesta, e en todo caso:
- Que se cumpren os requisitos da normativa urbanística vixente.
- Que as características indicadas reflicten fielmente as obras a realizar.
- Que achega toda a documentación preceptiva.
- Que as obras solicitadas non afectan ao volume da cuberta nin á súa estrutura (só para obras en edificacións) .
- Que non se afecta a estrutura do inmoble nin ás súas instalacións ou elementos comúns (só para obras en edificacións).
- Que non se alterará a distribución interior das vivendas nin as condicións de habitabilidade (só para obras en edificacións).
- Que as obras e os materiais a empregar harmonizarán co conxunto do contorno.
- Que a edificación non está suxeita a ningún tipo de catalogación nin protección patrimonio histórico-artístico, nin afecta ao dominio público.
- Que as obras de construción gardarán os recuamentos previstos na normativa urbanística e demais lexislación aplicable.
- Que non se van a realizar obras suxeitas ao deber previo de obtención de licenza.
- Que conta coas autorizacións sectoriais e medioambientais que resulten necesarias.
- Que presenta a comunicación previa cunha antelación mínima de 15 días ao da data de execución ou comezo da obra.
E COMUNICA que iniciará as obras a partir do día ¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿...¿¿.., cun prazo de execución de ¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿.
Cariño, ¿¿¿¿¿¿¿¿¿. de 20
Sinatura do solicitante
SRA. ALCALDESA-PRESIDENTA DO CONCELLO DE CARIÑO
Cláusula de protección de datos: de acordo co disposto na Lei 15/1999, informámoslle que os seus datos persoais incorporaránse nun fixheiro cuxo responsable é o Concello de Cariño, con domicilio en Avda. da Paz, n.º 2, 15.360 Cariño (A Coruña) , onde poderá exercitar, en todo momento, os dereitos de acceso, rectificación, cancelación, e no seu caso, oposición. Mediante a facilitación dos seus datos persoais Vde. Autoriza o seu tratamento coa finalidade de tramitar o contido da presente instancia aos efectos oportunos. Advírteselle que consonte ao disposto no artigo 71.4 bis da Lei 30/1992, do 26 de novembro, a inexactitude , falsidade ou omisión, de carácter esencial, en calquera dato, manifestación ou documento que se achegue ou incorpore a unha declaración responsable ou comunicación previa, ou a non presentación ante a Administración competente da declaración responsable ou comunicación previa, determinará a imposibilidade de continuar co exercicio do dereito ou da actividade afectada dende o momento en que se teña constancia de tales feitos, sen prexuízo das responsabilidades penais, civís ou administrativas que houbera lugar.
DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR:
- Impreso de comunicación previa asinado polo promotor da obra ou polo seu representante, acreditando en tal caso dita representación.
- Se o solicitante é unha persoa xurídica, a persoa que asina a petición achegará documentación acreditativa da súa representación (fotocopia da escritura pública de constitución da sociedade, poder, etc) .
- Se o solicitante é unha comunidade de veciños deberá, ademais, presentar copia do acordo da comunidade de veciños autorizando a acometida das obras solicitadas.
- Memoria asinada por técnico competente no que se describan as obras a realizar, os correspondentes planos de situación e o orzamento detallado.
- Xustificante de pagamento do ICIO.
- Copia da autorización ou ditame ambiental, así como das restantes autorizacións,concesións ou informes sectoriais cando sexan esixibles.
- De aportar documentación técnica deberase achegar declaración do/a técnico/a ou os/as técnicos/as facultativos/as que autoricen o proxecto de que éste cumpre en todos os seus termos coa ordenación urbanística de aplicación. En caso de proxectos ou oficios de dirección sen visado colexial: declaración responsable (ou certificación) do/a técnico/a dos/as técnicos/as redactores do proxecto, no que figuren os seus datos persoais e profesionais de forma que permita a súa identificación e na que se acredite que non está inhabilitado ou incurso en causa de incompatibilidade.
- Se son obras de acondicionamento para o desenvolvemento dunha actividade é preciso aportar debidamente os modelos de comunicación previa de actividades ou solicitude de licenza, no seu caso, xunto coa documentación correspondente.
ANEXO 2
COMUNICACIÓN PREVIA DE CAMBIO DE TITULARIDADE DE OBRAS
Expte n.º ¿¿¿¿¿¿¿¿..
D. ¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿, no seu propio nome ou en representación de ¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿.., con domicilio a efectos de notificación en ¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿..............................................., provisto do DNI/NIF n.º ¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿., teléfono ¿¿¿¿¿¿., mail ¿¿¿¿¿¿¿..
Localización parcela:
Referencia catastral:
Descrición obras: ¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿
Cubrir a que corresponda:
Data rexistro comunicación previa ¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿.. Titular comunicación previa: ¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿
COMUNICA AO CONCELLO DE CARIÑO a transmisión da comunicación previa de obras, de conformidade co disposto na normativa de aplicación, e declara que son certos os datos que figuran na presente comunicación e que acompaña a seguinte documentación:
Fotocopia do NIF, NIE ou CIF do/a antigo titular e do novo/a titular.
Se para a obtención da comunicación previa que se transmite foi constituída garantía para responder de obras de urbanización ou da reposición de servizos urbanísticos, o/a novo/a titular debe achegar copia do mandamento de ingreso expedido pola Tesourería do Concello do novo aval bancario ou fianza en metálico, pola mesma cantidade e concepto que a garantía prestada polo titular anterior.
O/A novo/a titular da comunicación previa de obra DECLARA BAIXO A SÚA RESPONSABILIDADE:
- Que achega toda a documentación preceptiva.
- Que se subroga en todos os dereitos e obrigas derivados da comunicación previa.
- Que a comuicación previa que se transmite está en vigor.
Cariño, ¿¿¿¿¿¿¿¿¿. de 20
Asdo.: ............... Asdo.: ...............
TRANSMITENTE ADQUIRENTE
SRA. ALCALDESA-PRESIDENTA DO CONCELLO DE CARIÑO
Cláusula de protección de datos: de acordo co disposto na Lei 15/1999, informámoslle que os seus datos persoais incorporaránse nun fixheiro cuxo responsable é o Concello de Cariño, con domicilio en Avda. da Paz nº 2, 15.360 Cariño (A Coruña) , onde poderá exercitar, en todo momento, os dereitos de acceso, rectificación, cancelación, e no seu caso, oposición. Mediante a facilitación dos seus datos persoais Vde. Autoriza o seu tratamento coa finalidade de tramitar o contido da presente instancia aos efectos oportunos. Advírteselle que consonte ao disposto no artigo 71.4 bis da Lei 30/1992, do 26 de novembro, a inexactitude , falsidade ou omisión, de carácter esencial, en calquera dato, manifestación ou documento que se achegue ou incorpore a unha declaración responsable ou comunicación previa, ou a non presentación ante a Administración competente da declaración responsable ou comunicación previa, determinará a imposibilidade de continuar co exercicio do dereito ou da actividade afectada dende o momento en que se teña constancia de tales feitos, sen prexuízo das responsabilidades penais, civís ou administrativas que houbera lugar.
REGRAS XERAIS
En ningún caso, serán susceptibles de cambio de titularidade as obras que deberán ser obxecto dunha nova comunicación previa.
Quen exerza a nova titularidade deberá presentar ante o Concello a documentación xunto co modelo correspondente que se sinala no anexo (debidamente asinado polo transmitente e adquirente da comunicación previa) . Non en tanto, e sempre que se acredite o consentemento do anterior titular da obra non será preciso presentar de novo a documentación xa achegada anteriormente, sempre que non se alterasen as condicións relativas á normativa de aplicación, nin as condicións e medidas manifestadas que habilitaron a execución das obras.
A comprobación por parte do Concello de Cariño da inexactitude ou falsedade de calquera dato, manifestación ou documento, determinará a imposibilidade de continuar no exercicio do dereito, sen prexuízo das responsabilidades ás que houbera lugar.
O consentemento da/do titular anterior poderá ser substituído polo documento público ou privado traslativos da propiedade ou posesión do inmoble, local ou soar nos que se acredite de forma suficiente a transmisión da comunicación previa.
Os deberes urbanísticos sobre terreos, construcións, edificacións teñen carácter real. As transmisións realizadas por actos ¿inter vivos" ou ¿mortis causa" non modificarán a situación xurídica do titular, quedando o adquirente subrogado no lugar e posto do transmitente, tanto nos seus dereitos e deberes urbanísticos como nos compromisos que éste acordase coa Administración.
Non poderán ser invocados cambios de titularidade para excluír ou disminuír a responsabilidade civil ou penal en que tivesen incorrido os titulares no exercicio das actuacións autorizadas.
ANEXO 3
COMUNICACIÓN PREVIA DE ACTIVIDADES NON SUXEITAS A PREVIA AVALIACIÓN AMBIENTAL
Expte n.º ¿¿¿¿¿¿¿¿..
D. ¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿, no seu propio nome ou en representación de ¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿.., con domicilio a efectos de notificación en ¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿..............................................., provisto do DNI/NIF n.º ¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿., teléfono¿¿¿¿¿¿., mail ¿¿¿¿¿¿¿..
DATOS DO ESTABLECEMENTO:
1. Actividade ..............................................................................................................................................................................................
2. Situación ................................................................................................................................................................................................
3. Referencia catastral .................................................................................................................................................................................
4. Obras para o desenvolvemento dunha actividade: SI NON
DECLARA BAIXO A SÚA EXCLUSIVA RESPONSABILIDADE que é certo o que manifesta, e, en todo caso:
- Que se cumpre cos requisitos esixibles na normativa vixente para acceder ao recoñecemento do dereito ao exercicio da mencionada actividade.
- Que se compromete a manter o seu cumprimento durante o tempo inherente a dito recoñecemento ou exercicio da actividade.
- Que achega toda a documentación preceptiva.
E COMUNICA que iniciará a actividade a partir do día ¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿ (de non fixar data entenderáse que a actividade comezará dende a presentación da solicitude). No caso de executar obras suxeitas a licenza, non poderá exercer a actividade ata que se obteña a preceptiva licenza de obra. E, en todo caso (comunicación previa ou licenza), unha vez rematadas as obras, deberá presentar, previo ao inicio de actividade, o modelo de comunicación previa de inicio de actividades.
Cariño, a ¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿. de 20
Sinatura do/a solicitante
SRA. ALCALDESA-PRESIDENTA DO CONCELLO DE CARIÑO
Cláusula de protección de datos: de acordo co disposto na Lei 15/1999, informámoslle que os seus datos persoais incorporaránse nun fixheiro cuxo responsable é o Concello de Cariño, con domicilio en Avda. da Paz, n.º 2, 15.360 Cariño (A Coruña), onde poderá exercitar, en todo momento, os dereitos de acceso, rectificación, cancelación, e no seu caso, oposición. Mediante a facilitación dos seus datos persoais Vde. Autoriza o seu tratamento coa finalidade de tramitar o contido da presente instancia aos efectos oportunos. Advírteselle que consonte ao disposto no artigo 71.4 bis da Lei 30/1992, do 26 de novembro, a inexactitude , falsidade ou omisión, de carácter esencial, en calquera dato, manifestación ou documento que se achegue ou incorpore a unha declaración responsable ou comunicación previa, ou a non presentación ante a Administración competente da declaración responsable ou comunicación previa, determinará a imposibilidade de continuar co exercicio do dereito ou da actividade afectada dende o momento en que se teña constancia de tales feitos, sen prexuízo das responsabilidades penais, civís ou administrativas que houbera lugar.
DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR
- Impreso normalizado.
- DNI ou CIF do solicitante.
- Memoria técnica descritiva e gráfica da actividade e do establecemento onde se pretenda ubicar fisicamente a mesma e as súas instalacións, asinada por técnico competente ou Proxecto técnico, asinado por técnico competente e visado, se a actividade de que se trata o require segundo a lexislación sectorial reguladora da mesma e, en todo caso, cando deban de realizarse obras que poidan cualificarse como maiores ao tratarse das previdas polo artigo 2.2 da Lei de Ordenación da edificación.
- Plano de situación do local.
- Certificado de seguridade e solidez do local no que se pretende desenvolver a actividade, asinado por técnico competente.
- Certificado acústico emitido por empresa homologada (nas actividades que procedan).
- Declaración de que se cumpren todos os requisitos para o exercicio da actividade e de que os locais e as instalacións reúnen as condicións de seguridade, salubridade e as demais previstas no planeamento municipal.
- As autorizacións e os informes sectoriais que sexan preceptivos, xunto coa manifestación expresa de que se conta con todos os necesarios para o inicio da actividade.
- Fotocopia da escritura de propiedade ou contrato de arrendamento do local.
- Xustificante de ingreso de taxas.
- Se son necesarias obras de acondicionamento para o desenvolvemento dunha actividade é preciso aportar debidamente o modelo de comunicación previa dae obras ou solicitude de licenza, no seu caso, xunto coa documentación correspondente.
ANEXO 4
COMUNICACIÓN PREVIA DE ACTIVIDADES SUXEITAS A PREVIA AVALIACIÓN AMBIENTAL
Expte n.º ¿¿¿¿¿¿¿¿..
D. ¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿, no seu propio nome ou en representación de ¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿.., con domicilio a efectos de notificación en ¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿..............................................., provisto do DNI/NIF n.º ¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿., teléfono¿¿¿¿¿¿., mail ¿¿¿¿¿¿¿..
DATOS DO ESTABLECEMENTO:
1. Actividade ................................................................................................................................................................................................
2. Situación ................................................................................................................................................................................................
3. Referencia catastral .................................................................................................................................................................................
4. Obras para o desenvolvemento dunha actividade: SI NON
DECLARA BAIXO A SÚA EXCLUSIVA RESPONSABILIDADE que é certo o que manifesta, e, en todo caso:
- Que se cumpre cos requisitos esixibles na normativa vixente para acceder ao recoñecemento do dereito ao exercicio da mencionada actividade.
- Que se compromete a manter o seu cumprimento durante o tempo inherente a dito recoñecemento ou exercicio da actividade.
- Que achega toda a documentación preceptiva.
E COMUNICA que iniciará a actividade a partir do día ¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿ (de non fixar data entenderase que a actividade comezará dende a presentación da solicitude). No caso de executar obras suxeitas a licenza, non poderá exercer a actividade ata que se obteña a preceptiva licenza de obra. E, en todo caso (comunicación previa ou licenza), unha vez rematadas as obras, deberá presentar, previo ao inicio de actividade, o modelo de comunicación previa de inicio de actividades.
Cariño, a ¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿. de 20
Sinatura do/a solicitante
SRA. ALCALDESA-PRESIDENTA DO CONCELLO DE CARIÑO
Cláusula de protección de datos: de acordo co disposto na Lei 15/1999, informámoslle que os seus datos persoais incorporaránse nun fixheiro cuxo responsable é o Concello de Cariño, con domicilio en Avda. da Paz, n.º 2, 15.360 Cariño (A Coruña), onde poderá exercitar, en todo momento, os dereitos de acceso, rectificación, cancelación, e no seu caso, oposición. Mediante a facilitación dos seus datos persoais Vde. Autoriza o seu tratamento coa finalidade de tramitar o contido da presente instancia aos efectos oportunos. Advírteselle que consonte ao disposto no artigo 71.4 bis da Lei 30/1992, do 26 de novembro, a inexactitude , falsidade ou omisión, de carácter esencial, en calquera dato, manifestación ou documento que se achegue ou incorpore a unha declaración responsable ou comunicación previa, ou a non presentación ante a Administración competente da declaración responsable ou comunicación previa, determinará a imposibilidade de continuar co exercicio do dereito ou da actividade afectada dende o momento en que se teña constancia de tales feitos, sen prexuízo das responsabilidades penais, civís ou administrativas que houbera lugar.
DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR
- Impreso normalizado.
- DNI ou CIF do solicitante.
- A autorización ou declaración ambiental que proceda segundo a natureza da actividade.
- Memoria técnica descritiva e gráfica da actividade e do establecemento onde se pretenda ubicar fisicamente a mesma e as súas instalacións, asinada por técnico competente ou Proxecto técnico, asinado por técnico competente e visado, se a actividade de que se trata o require segundo a lexislación sectorial reguladora da mesma e, en todo caso, cando deban de realizarse obras que poidan cualificarse como maiores ao tratarse das previdas polo artigo 2.2 da Lei de Ordenación da edificación.
- Plano de situación do local.
- Certificado de seguridade e solidez do local no que se pretende desenvolver a actividade, asinado por técnico competente.
- Certificado acústico emitido por empresa homologada (nas actividades que procedan).
- Declaración de que se cumpren todos os requisitos para o exercicio da actividade e de que os locais e as instalacións reúnen as condicións de seguridade, salubridade e as demais previstas no planeamento municipal.
- As autorizacións e os informes sectoriais que sexan preceptivos, xunto coa manifestación expresa de que se conta con todos os necesarios para o inicio da actividade.
- Fotocopia da escritura de propiedade ou contrato de arrendamento do local.
- Xustificante de ingreso de taxas.
- Se son necesarias obras de acondicionamento para o desenvolvemento dunha actividade é preciso aportar debidamente o modelo de comunicación previa dae obras ou solicitude de licenza, no seu caso, xunto coa documentación correspondente.
ción¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿
3. Referencia catastral¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿
4.-Obras para o desenvolvemento dunha actividade: si non
DECLARA BAIXO A SÚA EXCLUSIVA RESPONSABILIDADE que é certo o que manifesta, e, en todo caso:
-Que se cumpre cos requisitos esixibles na normativa vixente para acceder ao recoñecemento do dereito ao exercicio da mencionada actividade.
-Que se compromete a manter o seu cumprimento durante o tempo inherente a dito recoñecemento ou exercicio da actividade.
-Que achega toda a documentación preceptiva.
-Que conta coa declaración ou autorización ambiental preceptiva.
ACTIVIDADES SUXEITAS A AVALIACIÓN AMBIENTAL (CATÁLOGO DE ACTIVIDADES CONTIDAS NO ANEXO DA LEI 9/2013, DO 19 DE DECEMBRO, DO EMPRENDEMENTO E DA COMPETITIVIDADE ECONÓMICA DE GALICIA)
1.-Instalacións de combustión.
1.1.-Instalacións de combustión cunha potencia térmica nominal superior a 1 MW e inferior a 50 MW:
a) Instalacións de produción de enerxía eléctrica en réxime ordinario ou en réxime especial, nas cales se produza a combustión de combustibles fósiles, residuos ou biomasa.
b) Instalacións de coxeración, caldeiras, xeradores de vapor ou calquera outro equipamento ou instalación de combustión existente nunha industria, sexa esta ou non a súa actividade principal.
2.-Produción e transformación de metais.
2.1.-Instalacións para a produción de funcións ou de aceiros brutos (fusión primaria ou secundaria).Incluídas as correspondentes instalacións de fundición continua dunha capacidade non superior a 2,5 toneladas por hora.
2.2.-Instalacións para a transformación de metais ferrosos:
a) Laminado en quente cunha capacidade non superior a 20 toneladas de aceiro bruto por hora.
b) Forxado con martelos cuxa enerxía de impacto non sexa superior a 50 quilojoules por martelo e cando a potencia térmica utilizada non sexa superior a 20 MW.
c) Aplicación de capas de protección de metal fundido cunha capacidade de tratamento non superior a 2 toneladas de aceiro bruto por hora.
2.3.-Fundicións de metais ferrosos cunha capacidade de produción non superior a 20 toneladas por día.
2.4.-Instalacións para a fusión de metais non ferrosos, incluída a aliaxe, así como os produtos de recuperación e outros procesos cunha capacidade de fusión non superior a 4 toneladas para o chumbo e o cadmio e non superior a 20 toneladas para todos os demais metais, por dia.
2.5.-Instalacións para o tratamento de superficie de metais e materiais plásticos por procedemento electrolítico ou químico, cando o volume das cubetas ou das liñas completas destinadas ao tratamento empregadas non sexa superior a 30 m2.
3.-Industrias minerais.
3.1.-Produción de cemento, cal e óxido de magnesio:
a) Fabricación de cemento por moenda cunha capacidade de produción non superior a 500 toneladas diarias.
b) Fabricación de clínker en fornos rotatorios cunha capacidade de produción non superior a 500 toneladas diarias, ou en fornos doutro tipo cunha capacidade de produción non superior a 50 toneladas por día.
c) Produción de cal en fornos cunha capacidade de produción non superior a 50 toneladas diarias.
d) Produción de óxido de magnesio en fornos cunha capacidade de produción non superior a 50 toneladas diarias.
3.2.-Plantas de preparación de formigón
3.3.-Instalacións para a fabricación de vidro, incluída a fibra de vidro, cunha capacidade de fusión non superior a 20 toneladas por día.
3.4.-Instalacións para a fundición de materiais minerais, incluída a fabricación de fibras minerais, cunha capacidade de funcdición non superior a 20 toneladas por día.
3.5.-Instalacións para a fabricación de produtos cerámicos mediante enfornado, en particular tellas, ladrillos, refractarios, azulexos, gres cerámico ou produtos cerámicos ornamentais ou de uso doméstico, cunha capacidade de produción non superior a 75 toneladas por día, ou unha capacidade de enfornado non superior a 4m3 e de menos de 300kg/m3 de densidade de carga por forno.
3.6.-Instalacións de tratamento de produtos minerais (serrado, puído, machucado, esmiuzado, trituración, pulverización, moenda, coadura, cribado, mestura, limpeza, ensacado) cando a capacidade sexa superior a 200.000 toneladas por ano ou para calquera capacidade cando a instalación estea a menos de 500 metros dun núcleo de poboación.
4.-Venda de combustibles e produtos químicos.
4.4.-Comercio por xunto de combustibles sólidos, líquidos e gaseosos e produtos similares.
4.2.-Gasolineiras e estacións de servizo.
4.3.-Comercio por xunto de produtos químicos industriais e outros produtos semielaborados.
5.-Turismo e actividades recreativas.
5.1.-Campos de golf.
6.-Industria derivada da madeira.
6.1.-Instalacións industriais destinadas á fabricación de papel ou cartón cunha capacidade de produción non superior a 20 toneladas diarias.
6.2.-Instalacións de produción de celulosa cunha capacidade de produción non superior a 20 toneladas diarias.
6.3.-Instalacións industriais destinadas á fabricación dun ou máis dos seguintes taboleiros derivados da madeira: taboleiros de labras de madeira orientadas, taboleiros aglomerados ou taboleiros de cartón comprimido, cunha capacidade de produción non superior a 600m3 diarios.
6.4.-Instalacións para a serradura ou transformación de madeira cunha superficie útil superior a 1.000 m2 ou unha potencia mecánica instalada superior a 250 kw.
7.-Industria téxtil.
7.1.-Instalacións para o tratamento previo (operacións de lavado, branqueo, mercerización) ou para a tintura de fibras ou produtos téxtiles cando a capacidade de tratamento non supere as 10 toneladas diarias.
8.-Industria de coiro.
8.1.-Instalacións para o curtido de coiros cando a capacidade de tratamento non supere as 12 toneladas de produtos acabados por día.
9.-Industria agroalimentaria e explotacións gandeiras.
9.1.-Instalacións para:
a) sacrificio e/ou despezamento de animais cunha capacidade de produción de canais de entre 5 e 50 toneladas por día.
b) tratamento e transformación, diferente do simple envasado, das seguintes materias primas, tratadas ou non previamente, destinadas á fabricación de produtos alimenticios ou piensos a partir de:
1.º.-Materia prima animal (que non sexa exclusivamente o leite) dunha capacidade de produción de produtos acabados non superior a 75 toneladas por día.
2.º.-Materia prima vexetal cunha capacidade de produción non superior a 300 toneladas por día de produtos acabados (valores medios trimestrais).
3.º.-Só materias primas animais e vexetais, tanto en produtos combinados coma por separado, cunha capacidade de produción de produtos acabados en toneladas por día non superior a 75, se A é igual ou superior a 10 ou (300 -(22,5xA) en calquera outro caso, onde ¿A" é a porción de materia animal (en porcentaxe do peso) da capacidade de produción de produtos acabados.
O envase non se incluirá no peso final do produto.
A presente subsección non será de aplicación cando a materia prima sexa só o leite.
c) Tratamento e transformación só de leite, cunha cantidade de leite recibida entre 20 e 200 toneladas por día (valor medio anual).
9.2.-Instalacións para a eliminación ou o aproveitamento de carcasas ou refugallos de animais cunha capacidade de tratamento non superior a 10 toneladas por día.
9.3.-Instalacións de gandería intensiva coas seguintes especialidades:
a) Entre 1.000 e 40.000 prazas de galiñas poñedoras.
b) Entre 1.000 e 55.000 prazas de polos.
c) Entre 50 e 2.000 prazas de porcos de engorda.
d) Entre 25 e 750 prazas de porcas de cria.
e) Entre 50 e 300 prazas para vacún de leite.
f) Entre 75 e 600 prazas para vacún de ceba.
g) Entre 1.000 e 20.000 prazas para coellos.
9.4.-Instalacións gandeiras de animais exóticos ou destinados a peletería.
9.5.-Cubís e centros ecuestres con máis de 20 prazas.
9.6.-Instalacións para acuicultura intensiva que teñan unha capacidade de produción non superior a 500 toneladas ao ano.
10.-Consumo de disolventes orgánicos.
10.1.-Instalacións para tratamento de superficie de materiais, de obxectos ou produtos con utilización de disolventes orgánicos, en particular para aprestalos, estampalos, revestilos e desengraxalos, impermeabilizalos, pegalos, lacalos, limpalos ou impregnalos, cunha capacidade de consumo de disolventes orgánicos non superior a 150 kg de disolvente por hora nin tampouco superior a 200 toneladas por ano.
11.-Tratamento de augas.
11.1.-Plantas de tratamento de augas residuais de capacidade entre 2.000 e 10.000 habitantes equivalentes.
12.-Industria de conservación da madeira.
12.1.-Conservación da madeira e dos produtos derivados da madeira utilizando produtos químicos, cunha capacidade de produción non superior a 75 m3 diarios, distinta de tratamentos para combater a albura existente.
ANEXO 5
COMUNICACIÓN PREVIA DE CAMBIO DE TITULARIDADE DE ACTIVIDADES
Expte n.º ¿¿¿¿¿¿¿¿..
D. ¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿, no seu propio nome ou en representación de ¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿.., con domicilio a efectos de notificación en ¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿..............................................., provisto do DNI/NIF n.º ¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿., teléfono ¿¿¿¿¿¿., mail ¿¿¿¿¿¿¿..
DATOS DA COMUNICACIÓN PREVIA OBXECTO DA TRANSMISIÓN:
1. Actividade ................................................................................................................................................................................................
2. Situación ¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿
3. Denominación comercial ¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿..
4. N.º de licenza ¿¿¿¿¿¿................¿¿¿¿.. Data outorgamento ¿¿¿.............¿¿¿¿¿¿¿. Órgano ¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿..
5. Data rexistro comunicación previa ¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿..
DATOS DA LICENZA OU COMUNICACIÓN PREVIA OBXECTO DA TRANSMISIÓN:
1. Actividade _____________________________________________________________________________________
2. Emprazamento _________________________________________________________________________________
3. Denominación comercial ___________________ _________________________________________________________
4. N.º da licenza __________ Data de outorgamento ________________ Órgano _______________________________________________
5. Data rexistro comunicación previa: ___________________________________________________________________________________
Consonte co establecido na normativa de aplicación, o adquirente da actividade DECLARA:
- Que son certos os datos que figuran na presente declaración.
- Que as características do local e da actividade seguen sendo as mesmas que as contempladas na licenza ou comunicación previa que se transmite.
- Que o establecemento mantén as mesmas condicións que tiña cando foi iniciada a actividade e que se compromete a manter o seu cumprimento durante o tempo de exercicio da actividade.
- Que o establecemento non cesou a actividade por tempo superior ininterrumpido de 1 ano.
- Que acompaña a documentación que o acredita, consistente en:
- Fotocopia do DNI/CIF do transmitente e adquirente.
- No caso de que a presente comunicación non se asine polo transmitente, documento público ou privado que acredita a transmisión ben da propia licenza ou comunicación previa.
- Xustificante pagamento taxas municipais.
- Xustificante de alta no IAE do novo titular.
Cariño, ¿¿¿¿¿¿¿¿¿. de 20
Asdo.: ................ Asdo.: ................
TRANSMITENTE ADQUIRENTE
SRA. ALCALDESA-PRESIDENTA DO CONCELLO DE CARIÑO
Cláusula de protección de datos: de acordo co disposto na Lei 15/1999, informámoslle que os seus datos persoais incorporaránse nun fixheiro cuxo responsable é o Concello de Cariño, con domicilio en Avda. da Paz, n.º 2, 15.360 Cariño (A Coruña), onde poderá exercitar, en todo momento, os dereitos de acceso, rectificación, cancelación, e no seu caso, oposición. Mediante a facilitación dos seus datos persoais Vde. Autoriza o seu tratamento coa finalidade de tramitar o contido da presente instancia aos efectos oportunos. Advírteselle que consonte ao disposto no artigo 71.4 bis da Lei 30/1992, do 26 de novembro, a inexactitude , falsidade ou omisión, de carácter esencial, en calquera dato, manifestación ou documento que se achegue ou incorpore a unha declaración responsable ou comunicación previa, ou a non presentación ante a Administración competente da declaración responsable ou comunicación previa, determinará a imposibilidade de continuar co exercicio do dereito ou da actividade afectada dende o momento en que se teña constancia de tales feitos, sen prexuízo das responsabilidades penais, civís ou administrativas que houbera lugar.
Nota do Servizo de Asistencia Económica a Municipios
A ordenanza dispón a súa entrada en vigor ós 15 días hábiles seguintes a súa publicación no B.O.P., pero se debe ter en conta que o artigo 70.2 da Lei 7/1985, de 2 de abril , reguladora das Bases do Réxime Local establece que:
¿¿..Las ordenanzas, incluídos el articulado de las normas de los planes urbanísticos, así como los acuerdos correspondientes a éstos cuya aprobación definitiva sea competencia de los entes locales, se publicarán en el ¿Boletín Oficial" de la provincia y no entrarán en vigor hasta que se haya publicado completamente su texto y haya transcurrido el plazo previsto en el artículo 65.2 salvo los presupuestos y las ordenanzas fiscales que se publican y entran en vigor en los términos establecidos en
Artigo 65.2: ¿El requerimiento deberá ser motivado y expresar la normativa que se estime vulnerada. Se formulará en el plazo de quince días hábiles a partir de la recepción de la comunicación del acuerdo."