Arzúa - ORDENANZA REGULADORA DA TAXA POLA SUBMINISTRACION DE AUGA E CONSERVACION DE CONTADORES E ACOMETIDAS

Publicación provisional: BOP Nº:
Publicación definitiva: 19/02/2024 BOP Nº: 35
Aplicable dende: 19/02/2024

Artigo 1º.- FUNDAMENTO E NATUREZA

No uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución e 106 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local e consonte o que dispoñen os artigos 15 a 19 e 20.4 t) do Real Decreto Lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora de Facendas Locais ( TRLRFL); este Concello establece a taxa por suministración de auga, conservación de contadores e acometidas que se rexerá pola presente Ordenanza fiscal, as normas da cal atenden ó previsto no artigo 57 do TRLRFL.

Artigo 2º.- FEITO IMPOÑIBLE

Constitúe o feito impoñible desta taxa:

1.- A utilización da rede de fornecemento de auga polos predios situados no termo municipal, os dereitos de acometida e o beneficio obtido polo mantemento do contador e a acometida.

2..- A utilización da rede de abastecemento de auga polas vivendas situadas no núcleo de O Pedral, parroquia de A Mella, conectados á rede de abastecemento de auga do concello de Boimorto; en virtude do convenio administrativo a formalizar entre ambos concellos; así como os dereitos de acometida e o beneficio obtido polo mantemento do contador e acometida.

Para os efectos de aplica-la taxa distinguense tres tipos de consumo:

- Usos domésticos: son os que atenden ás necesidades vitais, tales como bebida, preparación de alimentos, limpeza, aseo, etc.

- Usos industriais: son aqueles nos que a auga se emprega como motor ou como axente mecánico ou químico, e nos que se verifica a transformación en vapor, xeo, bebidas carbónicas, etc.

- Usos para obras: son os que atenden ás necesidades da construcción, como elaboración de argamasas e formigóns, rego e outras.

2.- O servicio de verificación e conservación de contadores nos térmos previstos no artigo 29 do Regulamento do servicio municipal de fornecemento de auga potable.

3.- O servicio de conservación de acometidas nos termos previstos no artigo 15 do Regulamento do Servicio municipal de fornecemento de auga potable.

Artigo 3º.- SUXEITO PASIVO.

1.- Son suxeitos pasivos desta taxa en concepto de contribuíntes as entidades físicas e xurídicas, e as entidades a que se refire o art. 35.4 da Lei xeral tributaria, que soliciten a prestación do servicio ou sexan usuarias do mesmo en virtude de calquera título.

2.- Terán a consideración de sustitutos do contribuínte os propietarios dos inmobles afectados, que poderán repercuti-las cotas, no seu caso, nos respectivos usuarios.

Artigo 4º.- RESPONSABLES.

1.- Responderán solidariamente das obrigas tributarias do suxeito pasivo, as persoas físicas e xurídicas a que se refire o artigo 42 da Lei xeral tributaria.

2.- Serán responsables subsidiarios os administradores das sociedades e os síndicos, interventores ou liquidadores de quebras, concursos sociedades e entidades en xeral, nos supostos e co alcance que sinala o artigo 43 da Lei xeral tributaria.

Artigo 5º.- BASE IMPOÑIBLE

A base impoñible da taxa por suministración de auga potable está constituida polo consumo de auga medido en metros cúbicos e dependendo do concepto de ingreso

Artigo 6º.- COTA TRIBUTARIA.

TIPO SUMINISTRO

€/m3

DOMESTICOS

Por mantemento do servizo

Mínimo 10 m3 /mes

0,5564

De 11 a 15 m3 /mes

0,7788

Más de 15 m3 /mes

1,0782

INDUSTRIAIS

Por mantemento do servizo

Mínimo 50 m3 /mes

0,7233

Por m3 que exceda do mínimo

1,1406

OBRAS

Mínimo 100 m3 /mes

Por mantemento do servizo

0,7130

Por m3 que exceda do mínimo

1,2802

Modificación do apartado II) do artigo 6º:

II.- ) Outras cotas:

A) Cota de alta no servizo: 89,38 €

B) Cota única por dereitos de acometida á rede xeral de abastecemento: 159,01 €

C) Cota mensual por verificación e conservación de contadores: 0,2737 €

D) Cota mensual por conservación de acometidas: 0,2737 €

Artigo 7º.- EXENCIÓNS E BONIFICACIÓNS

Non se aplicarán exencións, bonificacións ni reduccións para a determinación da débeda tributaria que os suxeitos pasivos teñan que satisfacer.

Artigo 8º.- OBRIGA DE CONTRIBUIR

A taxa devengaráse a partir do comezo da prestación do servicio.

Artigo 9º.- NORMAS DE XESTIÓN

1.- A facturación dos consumos faráse bimestralmente. Non obstante, e con carácter excepcional, o Concello poderá aproba-la facturación mensual no caso de aboados con consumos superiores a 500 m3 que o soliciten, e previo informe da empresa suministradora.

2.- Os suxeitos pasivos deberán presenta-la solicitude de alta ou baixa no servicio e, unha vez concedida a licencia de conexión á rede, incorporaránse o censo de suxeitos pasivos en concepto de taxa por suministración de auga potable.

3.- Os suxeitos pasivos que aparezan como titulares o comezo de cada periodo facturado están obrigados ó pagamento das liquidacións mensuais ou trimestrais correspondentes.

Artigo 10º.- INFRACCIÓNS E SANCIÓNS

Con respecto á calificación das infraccións rexerá o disposto nos artigos correspondentes do Regulamento do servicio municipal de suministración de auga potable, e para todo o relativo a calificación das infraccións tributarias e a imposición das sancións correspondentes, rexerá o disposto nos artigos 183 e seguintes da Lei xeral tributaria

Disposición Derogatoria

A partir da entrada en vigor desta Ordenanza queda derogada a anterior Ordenanza reguladora da taxa pola subministración de auga e conservación de contadores e acometidas.

Disposición Derradeira redacciones

A presente Ordenanza fiscal, cuia redacción foi aprobada polo Pleno da Corporación en sesión celebrada o 30 de novembro de 2007, e entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia e será de aplicación a partir do día 1 de xaneiro de 2.008, permanecendo en vigor ata que entre en vigor a Ordenanza non fiscal, reguladora das prestacións patrimoniais de carácter público non tributario..

(redacción modificada por acordos plenarios do 31/10/2008, 30/10/2009, 15/11/2010, 26/10/2011, 26/10/2012. 31/10/2013, 31/10/2014, 30/10/2015, 28/10/2016, 03/11/2017, 31/10/2018 e 08/11/2019 , 06/11/2020 e 28/10/2021)