Arzúa - ORDENANZA REGULADORA DA TAXA POLA SUBMINISTRACION DE AUGA E CONSERVACION DE CONTADORES E ACOMETIDAS
Artigo 1º.- FUNDAMENTO E NATUREZA
No uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución e 106 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local e consonte o que dispoñen os artigos 15 a 19 e 20.4 t) do Real Decreto Lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora de Facendas Locais ( TRLRFL); este Concello establece a taxa por suministración de auga, conservación de contadores e acometidas que se rexerá pola presente Ordenanza fiscal, as normas da cal atenden ó previsto no artigo 57 do TRLRFL.
Artigo 2º.- FEITO IMPOÑIBLE
Constitúe o feito impoñible desta taxa:
1.- A utilización da rede de fornecemento de auga polos predios situados no termo municipal, os dereitos de acometida e o beneficio obtido polo mantemento do contador e a acometida.
2..- A utilización da rede de abastecemento de auga polas vivendas situadas no núcleo de O Pedral, parroquia de A Mella, conectados á rede de abastecemento de auga do concello de Boimorto; en virtude do convenio administrativo a formalizar entre ambos concellos; así como os dereitos de acometida e o beneficio obtido polo mantemento do contador e acometida.
Para os efectos de aplica-la taxa distinguense tres tipos de consumo:
- Usos domésticos: son os que atenden ás necesidades vitais, tales como bebida, preparación de alimentos, limpeza, aseo, etc.
- Usos industriais: son aqueles nos que a auga se emprega como motor ou como axente mecánico ou químico, e nos que se verifica a transformación en vapor, xeo, bebidas carbónicas, etc.
- Usos para obras: son os que atenden ás necesidades da construcción, como elaboración de argamasas e formigóns, rego e outras.
2.- O servicio de verificación e conservación de contadores nos térmos previstos no artigo 29 do Regulamento do servicio municipal de fornecemento de auga potable.
3.- O servicio de conservación de acometidas nos termos previstos no artigo 15 do Regulamento do Servicio municipal de fornecemento de auga potable.
Artigo 3º.- SUXEITO PASIVO.
1.- Son suxeitos pasivos desta taxa en concepto de contribuíntes as entidades físicas e xurídicas, e as entidades a que se refire o art. 35.4 da Lei xeral tributaria, que soliciten a prestación do servicio ou sexan usuarias do mesmo en virtude de calquera título.
2.- Terán a consideración de sustitutos do contribuínte os propietarios dos inmobles afectados, que poderán repercuti-las cotas, no seu caso, nos respectivos usuarios.
Artigo 4º.- RESPONSABLES.
1.- Responderán solidariamente das obrigas tributarias do suxeito pasivo, as persoas físicas e xurídicas a que se refire o artigo 42 da Lei xeral tributaria.
2.- Serán responsables subsidiarios os administradores das sociedades e os síndicos, interventores ou liquidadores de quebras, concursos sociedades e entidades en xeral, nos supostos e co alcance que sinala o artigo 43 da Lei xeral tributaria.
Artigo 5º.- BASE IMPOÑIBLE
A base impoñible da taxa por suministración de auga potable está constituida polo consumo de auga medido en metros cúbicos e dependendo do concepto de ingreso
Artigo 6º.- COTA TRIBUTARIA.
1.-Cota por subministración de auga: a cota tributaria en concepto de taxa por suministración de auga potable resulta de aplicar á base impoñible o precio por metro cúbico de consumo de auga, segundo segue:
A.- Usos domésticos:
1.- Por mantemento do servicio € / m3
1.1.- Mínimo de 10 m3 mes 0.4937 €/m3
1.2.- Desde 11 m3 a 15 m3 mes 0,6910 €/m3
1.3.- Máis de 15 m3/mes 0,9566 €/m3
B.- Usos industriais
1.- Por mantemento do servicio
1.1.- Mínimo de 50 m3 mes 0,6417 €/m3
1.2.- Por m3 que exceda do mínimo 1,0119 €/m3
C.- Usos para obras
1.- Por mantemento do servicio
1.1.- Mínimo de 100 m3 mes 0,6418 €/m3
1.2.- Por m3 que exceda do mínimo 1,1358 €/m3
2.- A cota que se esixirá en todo caso pola prestación do servicio será a mínima establecida segundo o tipo do consumo.
3.- No caso de avaría no equipo de medida ou falla de aboamento no momento de efectua-la lectura, estimaráse o consumo consonte co previsto no Regulamento do servicio municipal de suministración de auga potable.
4.- Os usuarios que carezan de contador pagarán unha cota mensual de 24 m3 polo uso doméstico e 240 m3 no caso de obras.
II.- Outras cotas:
A) Cota de alta no servicio 79,30 €.
B) Cota única por dereitos de acometida a red xeral de abastecemento: 141,07 €.
C) Cota mensual por verificación e conservación de contadores: 0,2428 €.
D) Cota mensual por conservación de acometidas: 0,2428€.
Artigo 7º.- EXENCIÓNS E BONIFICACIÓNS
Non se aplicarán exencións, bonificacións ni reduccións para a determinación da débeda tributaria que os suxeitos pasivos teñan que satisfacer.
Artigo 8º.- OBRIGA DE CONTRIBUIR
A taxa devengaráse a partir do comezo da prestación do servicio.
Artigo 9º.- NORMAS DE XESTIÓN
1.- A facturación dos consumos faráse bimestralmente. Non obstante, e con carácter excepcional, o Concello poderá aproba-la facturación mensual no caso de aboados con consumos superiores a 500 m3 que o soliciten, e previo informe da empresa suministradora.
2.- Os suxeitos pasivos deberán presenta-la solicitude de alta ou baixa no servicio e, unha vez concedida a licencia de conexión á rede, incorporaránse o censo de suxeitos pasivos en concepto de taxa por suministración de auga potable.
3.- Os suxeitos pasivos que aparezan como titulares o comezo de cada periodo facturado están obrigados ó pagamento das liquidacións mensuais ou trimestrais correspondentes.
Artigo 10º.- INFRACCIÓNS E SANCIÓNS
Con respecto á calificación das infraccións rexerá o disposto nos artigos correspondentes do Regulamento do servicio municipal de suministración de auga potable, e para todo o relativo a calificación das infraccións tributarias e a imposición das sancións correspondentes, rexerá o disposto nos artigos 183 e seguintes da Lei xeral tributaria
Disposición Derogatoria
A partir da entrada en vigor desta Ordenanza queda derogada a anterior Ordenanza reguladora da taxa pola subministración de auga e conservación de contadores e acometidas.
Disposición Derradeira redacciones
A presente Ordenanza fiscal, cuia redacción foi aprobada polo Pleno da Corporación en sesión celebrada o 30 de novembro de 2007, e entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia e será de aplicación a partir do día 1 de xaneiro de 2.008, permanecendo en vigor ata que entre en vigor a Ordenanza non fiscal, reguladora das prestacións patrimoniais de carácter público non tributario..
(redacción modificada por acordos plenarios do 31/10/2008, 30/10/2009, 15/11/2010, 26/10/2011, 26/10/2012. 31/10/2013, 31/10/2014, 30/10/2015, 28/10/2016, 03/11/2017, 31/10/2018 e 08/11/2019 , 06/11/2020 e 28/10/2021)