Laxe - ORDENANZA FISCAL N.º 7, REGULADORA DA TAXA POLA PRESTACIÓN DO SERVICIO DO SUBMINISTRO DOMICILIARIO DE AUGA POTABLE E POLA CONSERVACIÓN DE CONTADORES E A SÚA REPARACIÓN

Publicación provisional: 15/12/1998 BOP Nº: 286
Publicación definitiva: 15/12/1998 BOP Nº: 286
Aplicable dende: 13/04/2004

Artigo 1.º .-Fundamento e Natureza.

En uso das facultades concedidas polos artigos 131.2 e 142 da Constitución e polo artigo 105 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, e de acordo co disposto nos artigos 15 ó 19 da Lei 39/1988, do 28 de decembro, reguladora das Facendas Locais, este Concello establece a taxa pola prestación do subministro domiciliario de auga potable e pola conservación de contadores e acometidas, que se rexerá pola presente Ordenanza fiscal, aténdose as súas normas ó previsto no artigo 20 -apartado 1, letra B) e apartado 4, letra t)-, e no artigo 58 da xa citada Lei 39/1988.

Artigo 2.º .-Feito Impoñible.

Constitúe o feito impoñible desta taxa a prestación do servicio do subministro domiciliario de auga potable e a conservación de contadores e acometidas.

Artigo 3.º .-Suxeitos Pasivos.

1.-Son suxeitos pasivos contribuíntes as persoas físicas ou xurídicas e as entidades a que se refire o artigo 33 da Lei Xeral Tributaria, que sexan usuarios do servicio e as que resulten beneficiadas ou afectadas por dito servicio.

2.-Terá a consideración de suxeito pasivo substituto do contribuínte, o propietario das vivendas ou locais, que poderá repercutir, no seu caso, as cotas satisfeitas sobre os respectivos beneficiarios do servicio.

Artigo 4.º .-Responsables.

1.-Responderán solidariamente das obrigas tributarias do suxeito pasivo as persoas físicas e xurídicas a que se refiren os artigos 38.1 e 39 da Lei Xeral Tributaria.

2.-Serán responsables subsidiarios os Administradores das sociedades e os Síndicos, Interventores ou Liquidadores de quebras, concursos, sociedades e entidades en xeral, nos supostos e co alcance que sinala o artigo 40 da Lei Xeral Tributaria.

Artigo 5º . Bases de imposición e tipos de gravame.

1.-As bases de imposición e tipo de gravame son os contidos nas seguintes tarifas:

 

Consumo Doméstico Comercial Obras Industrial
10 m3/mes 0,33 eur/m3 0,36 eur/m3 0,40 eur/m3 10 m3/mes 0,47 eur/m3
de 10 a 20 m3/mes 0,40 eur/m3 0,43 eur/m3 0,47 eur/m3 de 10 a 30 m3/mes 0,53 eur/m3
más de 20 m3/mes 0,45 eur/m3 0,50 eur/m3 0,53 eur/m3 más de 30 m3/mes 0,60eur/m3

2.-A tarifa pola prestación e conservación de contadores e a súa reparación será de 0,17 euros/mes/aboado.

3.-A tarifa pola conservación de acometidas será de 0,16 euros/mes/aboado.

4.-Estas tarifas enténdense sen prexuízo da repercusión legal que, no seu caso, deba realizarse polos impostos indirectos que graven a prestación do servicio ou acto suxeito.

Artigo 6.º .-Exencións.

Non se concederá exención nin bonificación ningunha na exacción da presente taxa.

Artigo 7.º .-Devengo.

Devéngase a taxa e nace a obriga de contribuír dende o momento en que se inicia a prestación do servicio.

Artigo 8.º .-Liquidación e recadación.

1.-As tarifas anteriores serán liquidadas por períodos trimestrais vencidos.

2.-O período voluntario de cobramento será de dous meses, a contar dende o día en que se poñan os recibos ó cobro. Transcorrido dito período sen se ter efectuado o ingreso, abrirase a vía de constrinximento e reportarase o recargo do 20 por 100 da débeda non ingresada así como o dos intereses de demora correspondentes a este, computándose no seu caso, como pagos a conta, as cantidades pagadas fóra de prazo.

3.-Este recargo será do 10 por 100 cando a débeda non ingresada se satisfaga antes de que fose notificada ó debedor a providencia de constrinximento, e non se esixirán os intereses de demora reportados dende o comezo do período executivo.

Artigo 9.º .-Infraccións e sancións.

En todo o relativo á cualificación de infraccións tributarias, así como das sancións que as mesmas correspondan en cada caso, estarase ó previsto nos artigos 77 e seguintes de Lei Xeral Tributaria e disposicións concordantes.

Artigo 10.º .-Remisión ó regulamento do servicio.

En todo o non especialmente previsto nesta Ordenanza estarase ó disposto no Regulamento do Servicio Municipal de Abastecemento domiciliario de auga potable de Laxe, aprobado polo Pleno en sesión celebrada o 28 de marzo de 1998 e publicado no BOP nº .131 do 10 de xuño.

Disposición final.

A presente ordenanza entrará en vigor o 1 de xaneiro de 1999 permanecendo vixente ata que se acorde a súa modificación ou derrogación expresa.

Esta ordenanza foi publicada no Boletín Oficial da Provincia número ..., e data ..., de ..., de ...

Disposición derradeira.

A presente modificación entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia, permanecendo vixente ata que se acorde a súa modificación ou derrogación expresa, e será de aplicación a partires da data da resolución adoptada pola Dirección Xeral de Comercio e Consumo autorizando as tarifas establecidas naquela.