Laxe - ORDENANZA FISCAL N.º 7, REGULADORA DA TAXA POLA PRESTACIÓN DO SERVICIO DO SUBMINISTRO DOMICILIARIO DE AUGA POTABLE E POLA CONSERVACIÓN DE CONTADORES E A SÚA REPARACIÓN
Artigo 1.º .-Fundamento e Natureza.
En uso das facultades concedidas polos artigos 131.2 e 142 da Constitución e polo artigo 105 da Lei 7/1995, do 2 de abril, reguladora das Bases de Réxime Local, e de acordo co disposto nos artigos 15 ó 19 da Lei 39/1988, do 28 de decembro, reguladora das Facendas Locais, este Concello establece a Taxa pola prestación do subministro domiciliario de auga potable e pola conservación de contadores e a súa reparación, que se rexerá pola presente ordenanza fiscal, aténdose as súas normas ó previsto no artigo 20 - apartado 1, letra B) e apartado 4, letra t), - e no artigo 58 da xa citada Lei 39/1988.
Artigo 2.º .-Feito Impoñible.
Artigo 3.º .-Suxeitos Pasivos.
1.-Son suxeitos pasivos contribuíntes as persoas físicas ou xurídicas e as entidades a que se refire o artigo 33 da Lei Xeral Tributaria, que sexan usuarios do servicio e as que resulten beneficiadas ou afectadas por dito servicio.
2.-Terá a consideración de suxeito pasivo substituto do contribuínte, o propietario das vivendas ou locais, que poderá repercutir, no seu caso, as cotas satisfeitas sobre os respectivos beneficiarios do servicio.
Artigo 4.º .-Responsables.
1.-Responderán solidariamente das obrigas tributarias do suxeito pasivo as persoas físicas e xurídicas a que se refiren os artigos 38.1 e 39 da Lei Xeral Tributaria.
2.-Serán responsables subsidiarios os Administradores das sociedades e os Síndicos, Interventores ou Liquidadores de quebras, concursos, sociedades e entidades en xeral, nos supostos e co alcance que sinala o artigo 40 da Lei Xeral Tributaria.
Artigo 5º . Bases de imposición e tipos de gravame.
1.-As bases de imposición e tipo de gravame son os contidos nas seguintes tarifas:
Consumo m3/mes | Doméstico | Comercial | Obras | Industrial |
Ata 10 m3/mes | 50,1 ptas./m3 | 55,2 ptas./m3 | 61 ptas./m3 | 70,5 ptas./m3 |
De 10 a 20 m3/mes | 60,3 ptas./m3 | 65,4 ptas./m3 | 70,5 ptas./m3 | 80,7 ptas./m3 de 10 a 30 m3 |
Mais de 20 m3/mes | 69,5 ptas./m3 | 75,6 ptas./m3 | 80,7 ptas./m3 | 91 ptas./m3 mais de 30 |
2.-A tarifa pola prestación e conservación de contadores e a súa reparación será de 28 pesetas/mes/aboado.
3.-Estas tarifas enténdense sen prexuízo da repercusión legal que, no seu caso, deba realizarse polos impostos indirectos que graven a prestación do servicio ou acto suxeito.
Artigo 6.º .-Exencións.
Non se concederá exención nin bonificación ningunha na exacción da presente taxa.
Artigo 7.º .-Devengo.
Devéngase a taxa e nace a obriga de contribuír dende o momento en que se inicia a prestación do servicio.
Artigo 8.º .-Liquidación e recadación.
1.-As tarifas anteriores serán liquidadas por períodos trimestrais vencidos.
2.-O período voluntario de cobramento será de dous meses, a contar dende o día en que se poñan os recibos ó cobro. Transcorrido dito período sen se ter efectuado o ingreso, abrirase a vía de constrinximento e reportarase o recargo do 20 por 100 da débeda non ingresada así como o dos intereses de demora correspondentes a este, computándose no seu caso, como pagos a conta, as cantidades pagadas fóra de prazo.
3.-Este recargo será do 10 por 100 cando a débeda non ingresada se satisfaga antes de que fose notificada ó debedor a providencia de constrinximento, e non se esixirán os intereses de demora reportados dende o comezo do período executivo.
Artigo 9.º .-Infraccións e sancións.
En todo o relativo á cualificación de infraccións tributarias, así como das sancións que as mesmas correspondan en cada caso, estarase ó previsto nos artigos 77 e seguintes de Lei Xeral Tributaria e disposicións concordantes.
Artigo 10.º .-Remisión ó regulamento do servicio.
En todo o non especialmente previsto nesta Ordenanza estarase ó disposto no Regulamento do Servicio Municipal de Abastecemento domiciliario de auga potable de Laxe, aprobado polo Pleno en sesión celebrada o 28 de marzo de 1998 e publicado no BOP nº .131 do 10 de xuño.
Disposición final.
A presente ordenanza entrará en vigor o 1 de xaneiro de 1999 permanecendo vixente ata que se acorde a súa modificación ou derrogación expresa.
Esta ordenanza foi publicada no Boletín Oficial da Provincia número ..., e data ..., de ..., de ...