Tordoia - Ordenanza fiscal reguladora da taxa por expedición de documentos administrativos

Publicación provisional: 29/03/2003 BOP Nº: 73
Publicación definitiva: 29/03/2003 BOP Nº: 73
Aplicable dende: 01/01/2008

Artigo 1.° .-Fundamento e natureza

No uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución e polo artigo 106 da Lei 7/1985 do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local e de conformidade co disposto no artigo 57 en relación co artigo 20 do Real Decreto Lexislativo 2/2005, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, o Concello de Tordoia establece a taxa pola expedición de documentos administrativos, que se regulará pola presente ordenanza fiscal, redactada conforme ó disposto no artigo 16 do citado R.D.L.

Artigo 2.° .-Feito impoñible

1. Constitúe o feito impoñible da taxa a actividade administrativa desenrolada con motivo da tramitación, a instancia de parte, de toda clase de documentos que expida e de expedientes de que entenda a Administración ou as autoridades municipais.
2. A estes efectos, entenderase tramitada a instancia de parte, calquera documentación administrativa que fora provocada polo particular ou redunde no seu beneficio aínda que non mediara solícitude expresa do interesado.
3. Non estará suxeita a esta taxa, a tramitación de documentos e expedientes necesarios para o cumprimento de obrigas fiscais. así como as consultas tributarias, os expedientes de devolución de ingresos indebidos, os recursos administrativos contra resolucións municipais de calquera índole e os relativos á prestación de servicios ou realización de actividades de competencia municipal e á utilización privativa ou o aproveitamento especial de bens de dominio público municipal, que estean gravados por outra taxa municipal.

Artigo 3.° .-Suxeito pasivo

Son suxeitos pasivos contribuíntes as persoas físicas e xurídicas e as entidades a que se refire o artigo 33 da Lei Xeral Tributaria que soliciten, provoquen ou nas que redunde a tramitación do documento ou expediente de que se trate.

Artigo 4.° .-Responsables

1. Responderán solidariamente das obrigas tributarias do suxeito pasivo as persoas físicas e xurídicas a que se refiren os artigos 38.1 e 39 da Lei Xeral Tributaria.
Serán responsables subsidiarios os administradores das sociedades e os síndicos, interventores ou liquidadores de quebras, concursos, sociedades e entidades en xeral, nos supostos e có alcance que sinala o artigo 40 da Lei Xeral Tributaria.

Artigo 5.° .-Exencións

De conformidade co disposto no artigo 9 da Lei 39/88, de 28 de decembro, non se recoñece beneficio tributario algún, salvo os que sexan consecuencia do establecido en Tratados ou Acordos Internacionais, ou os expresamente previstos en normas con rango de Lei.

Artigo 6.° .-Cota tributaria

1. A cota tributaria determinarase por unha cantidade fixa sinalada segundo a natureza dos documentos ou expedientes a tramitar, de acordo coa tarifa que contén o artigo seguinte.
A cota tributaria corresponderá á tramitación completa, en cada instancia, do documento ou expediente de que se trate, dende a súa iniciación ata a resolución final, incluída a certificación e notificación ó interesado do acordo recaído.
As cotas resultantes por aplicación das anteriores tarifas se incrementarán nun 50%0 cando os interesados solicitasen por carácter de urxencia a tramitación dos expedientes que motivasen a percepción.
A tarifa estructúrase nos seguintes epígrafes:
Epígrafe primeiro: padrón de habitantes
a) Certificacións do padrón informatizado e volantes de empadroamento: 1,80 €
b) Certificación do padrón en libros: 3,00 €
c) Certificados de convivencia : 1,80
d) Informes de convivencia: 3,00 €
e) Outros non incluídos nos anteriores: 3,00 €
Epígrafe segundo: Certificacións e compulsas.
a) Certificación de documentos ou acordos municipais: 6,00 €
b) Outros certificados: 3,00 €
c) Dilixencia de cotexo e compulsas: 0,60.
d) Por informes emitidos pola policía local: 24 €
e) Fotocopias DIN A-4: 0,20€
f) Fotocopias DIN A-3: 0,50€
g) Verificación de poderes que xurdan efectos nas oficinas municipais: 12,00 euros.
Epígrafe terceiro: Documentos expedidos e estendidos polas oficinas municipais.
a) Por cada comparecencia diante da Alcaldía para calquera finalidade con constancia por escrito solicitada polo interesado: 12,00€
b) Por cada contrato administrativo que se subscriba de obras, bens ou servicios: 0,2% de adxudicación da obra.
c) Informes emitidos sobre sinalización, distancias quilométricas ou outros, solicitados a instancia de parte: 3,00€€
Epígrafe cuarto: Documentos relativos ó servicio de urbanismo e catastro.
a) Por cada certificación que se expida polos servicios urbanísticos a instancia de parte: 30 €
b) Por cada informe ou cédula que se expida sobre características do terreo ou consulta a efectos de edificación e a instancia de parte:
* de natureza urbana: 30 €
* de natureza rústica: 30 € euros
c) Por cada copia de plano de aliñación da rúa, ensanches, etc: 6 €
d) Por consultas sobre ordenanzas de edificación: 30,00 €
* de natureza urbana: 30,00 €
* de natureza rústica: 30,00 €
e) Certificación de antigüidade de vivenda: 12,00 €
f) Copia de planos rústica ou urbana: 1,80 €
g) Copia do padrón de rústica ou urbana: 0,60 €
h) Expedientes de segregación/agregación fincas: 150.-€
i) Expedición certificacións oficiais: 12.-€
j) Certificacións de rústica e urbana: 2,40.-€
Epígrafe quinto: por calquera outro expediente ou documento non especialmente tarifado: 12,00 euros.
Epígrafe sexto: participación en procesos selectivos de persoal.
a) Posto de traballo grupo A ou asimilados: 30,00 €
b) Posto de traballo grupo B ou asimilados: 24,00€
c) Posto de traballo grupo C ou asimilados: 18,00€
d) Posto de traballo grupo D ou asimilados: 12,00€
e) Posto de traballo grupo E ou asimilados: 6,00 €
Non será de aplicación aos procesos selectivos de persoal laboral temporal financiados na súa totalidade ou en parte con aportacións de outras administracións públicas.

Artigo 7.° .-Bonificación da cota

Non se concederá bonificación algunha dos importes das cotas tributarias sinaladas na tarifa desta taxa.

Artigo 8.° .-Dereito a percepción.

1. Comeza o dereito a percibir a taxa e nace a obriga de contribuír cando se presente a solicitude que inicia a tramitación dos documentos e expedientes suxeitos ó tributo.
2. Nos casos a que se refire o número 2 do artigo 2.° , o dereito a percibir a taxa prodúcese cando teñan lugar as circunstancias que provocan a actuación municipal de oficio ou cando esta se inicie sen previa solicitude do interesado pero redunde no seu beneficio.

Artigo 9.° .-Declaración e ingreso

As certificacións ou documentos expedidas de acordo co disposto nesta Ordenanza non se entregarán nin remitirán sen que previamente se satisfaga a correspondente cota tributaria.

Artigo 10.° .-Infraccións e sancións

En todo o relativo á cualificación de infraccións tributarias, así como das sancións que ás mesmas correspondan en cada caso, estarase ó disposto nos artigos 77 e seguintes da lei Xeral Tributaria.

Disposición final

A presente Ordenanza Fiscal foi aprobada polo Pleno da Corporación en sesión do 27 de setembro de 2007, sendo de aplicación a partir do 1° de Xaneiro de 2008, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresa.